Fomento de emprego en colaboración coas entidades locais no medio rural a través da contratación de persoas traballadoras desempregadas para a realización de obras ou servizos de interese xeral e social, co obxecto de proporcionarlles a experiencia e a práctica profesional necesarias para facilitar a súa inserción laboral.
O procedemento de concesión das axudas será o de concorrencia non competitiva.
1. Poderán ser beneficiarios das axudas e subvencións previstas nesta orde os concellos cuxa poboación sexa inferior a 10.000 habitantes no padrón municipal de habitantes do ano 2016, segundo as cifras oficiais publicadas polo Instituto Galego de Estatística en 24 de xaneiro de 2017, sempre que dispoñan de capacidade técnica e de xestión suficiente para a execución dos correspondentes proxectos.
2. Non poderán ser beneficiarias as entidades que estean incursas nalgunha das circunstancias establecidas no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
* Requisitos das obras ou servizos:
As obras ou servizos que se desenvolverán mediante a actividade das persoas traballadoras desempregadas deberán ser de interese xeral e social, competencia das entidades locais e cumprir os seguintes requisitos:
a) Que sexan executados polas entidades locais en réxime de administración directa ou polos organismos, entes ou empresas públicas a que se encomende a súa execución.
b) Que, na súa execución ou prestación, se favoreza a formación e prácticas profesionais das persoas desempregadas.
c) Que a entidade local dispoña de asignación orzamentaria suficiente para facerse cargo das partidas orzamentarias non subvencionadas para a realización das obras ou servizos.
d) Que a duración dos contratos das persoas desempregadas que desenvolvan a prestación dos servizos sexa de 9 meses.
e) Que as contratacións sexan para xornada a tempo completo.
1. A contía da subvención que percibirán as entidades beneficiarias será, para efectos salariais, a equivalente á necesaria para sufragar os custos salariais totais, incluída a cotización empresarial á Seguridade Social por todos os conceptos na mesma cantidade que a fixada para o salario segundo o convenio colectivo vixente no momento de formular a solicitude, por cada persoa traballadora desempregada contratada, cos seguintes máximos:
Para o grupo de cotización 1: 16.200 .
Para o grupo de cotización 2: 13.200 .
Para o grupo de cotización 3: 12.000 .
Para o grupo de cotización 4: 11.400 .
Para o grupo de cotización 5: 10.800 .
Para o grupo de cotización 6: 10.200 .
Para o grupo de cotización 7: 9.600 .
Para o grupo de cotización 8: 9.000 .
Para o grupo de cotización 9: 9.000 .
Para o grupo de cotización 10: 9.000 .
Estes importes máximos incrementaranse nun 15 % no caso de que as contratacións se realicen nunha obra ou servizo solicitado conxuntamente, de acordo co número 2.3 do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 28 de febreiro de 2013.
2. Para os efectos destas subvencións non se consideran custos salariais subvencionables o importe da indemnización prevista polo artigo 49.1.c) do Estatuto dos traballadores, así como os incentivos e complementos extrasalariais que non formen parte da base de cotización.
3. O importe das subvencións reguladas nesta orde en ningún caso poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con subvencións ou axudas doutras administracións ou entes públicos ou privados, estatais, da Unión Europea ou internacionais, supere o custo da actividade que vai desenvolver a entidade beneficiaria ou, se é o caso, a porcentaxe máxima do investimento subvencionable que legalmente se estableza.
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia. Para estes efectos, entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se este último día é inhábil, entenderase prorrogado ata o primeiro día hábil seguinte. Se no mes de vencemento non houber día equivalente, entenderase que o prazo expira o último día do mes.
Orde do 29 do agosto de 2017 (DOG Nº171 do 08/09/2017) - Bases reguladoras e convocatoria 2017
XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA
R/ Vicente Ferrer, 2
15071 Coruña, A
Teléfono: 981184901 Fax: 981184790
XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA DE LUGO
Ronda da Muralla, 70
27071 Lugo
Teléfono: 982294656 Fax: 982294681
XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA DE OURENSE
Curros Enríquez, 1º - 4º
32003 Ourense
Teléfono: 988386748 Fax: 988386727
Email: ana.isabel.perez.souto@xunta.es
XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA DE PONTEVEDRA
Fernández Ladreda, 43-5º
36003 Pontevedra
Teléfono: 986805240 Fax: 986805247
Email: jose.manuel.estevez.heredia@xunta.es
XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA
R/ Concepción Arenal, 8-2ª
36201 Vigo
Teléfono: 986817685 / 986817632 Fax: 986817010