El plazo de presentación finalizó el 24/04/2013

INEGA - PLAN RENOVE DE CALDEIRAS INDUSTRIAIS 2013

Finalidad / Objetivo

A concesión de axudas dirixidas á substitución de caldeiras pertencentes a procesos industriais co fin de acadar redución do consumo de enerxía das empresas e os conseguintes aforros en termos económicos.

Beneficiarios potenciales

a) As empresas legalmente constituídas e os empresarios autónomos, incluídos no sector da industria (Sección C e D do CNAE-2009), coa excepción da industria extractiva enerxética, as de refinación do petróleo e biocombustible, así como as empresas de xeración, transporte e distribución de enerxía eléctrica.

b) As empresas que teñan contratada a xestión enerxética, total ou parcialmente das instalacións en empresas incluídas nas seccións C e D do CNAE-2009, e que o obxecto destes contratos sexa a consecución de aforro económico derivado dun menor consumo de enerxía. O pagamento dos servizos que prestan ditas empresas baséase na obtención de melloras de eficiencia enerxética e no cumprimento dos demais requisitos de rendemento convidos. Contarase en todo caso co visto e prace do titular da instalación, por se dese lugar á modificación do contrato existente entre ambas as partes.

Sectores incentivables

Industria

Inversiones o gastos computables

A substitución dunha ou varias caldeiras de fuelóleo, gasóleo ou calquera outro combustible non renovable, por caldeiras novas de gas natural de alto rendemento que formen parte do proceso produtivo sempre e cando se demostre a consecución dun aforro enerxético que deberá acadar un mínimo dun 5% respecto do consumo inicial.

Partidas subvencionables, o custo da caldeira e os seus accesorios, así como a súa montaxe e conexión.

Non se subvencionará o imposto sobre o valor engadido (IVE).

Non serán subvencionables os proxectos que consistan unicamente en substitucións de queimadores en caldeiras xa existentes.

Cuantía de las ayudas

Será do 20% do investimento subvencionable. Esta contía incrementarase en 20 puntos porcentuais para axudas a pequenas empresas e 10 puntos porcentuais para axudas a medianas empresas.

Plazo de presentación de solicitudes

A partir das 9.00 horas do quinto día hábil despois da publicación da resolución de convocatoria e aprobación de bases no DOG, e permanecerá aberta ata as 14.00 horas do día 2 de setembro de 2013.

Anulación da convocatoria de axudas por resolución do 12 de abril de 2013.

Referencia legislativa

Resolución do 20 de marzo de 2013 (DOG Nº61 do 27/03/2013) - Bases reguladoras e convocatoria 2013
Resolución do 12 de abril de 2013 (DOG Nº79 do 24/04/2013) - Anulación da resolución

Información y tramitación en

Información:

INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA
R/ Avelino Pousa Antelo, 5 San Lázaro
15707 SANTIAGO DE COMPOSTELA
Teléfono: 981541520 Fax: 981541515

Para resolver dúbidas:

correo electrónico: inega.info@xunta.es
Tlfnos: 981 957 803, 981 957 436, 981 541 507

Tramitación:

Só se admite a presentación electrónica de solicitudes.

Os interesados deben dirixirse á aplicación informática habilitada para cubrir os formularios e presentalos electronicamente xunto coa documentación complementaria dixitalizada que se indica no artigo 10 das bases reguladoras.

Para poder facer a presentación electrónica o solicitante ou representante legal deberá posuír un DNI electrónico ou calquera outro certificado dixital en vigor baixo a norma X.509v3.

Observaciones

Prazo para a execución da actuación: Comezará unha vez se teña efectuada a solicitude de axuda e rematará aos tres meses dende o día seguinte á notificación da resolución pola que se concede a axuda, sen que en ningún caso poida excederse do día 15 de setembro de 2013, aínda que do cómputo do prazo lle correspondese unha data posterior.