El plazo de presentación finalizó el 23/08/2021

AXUDAS PARA O FOMENTO DA COMERCIALIZACIÓN DA ARTESANÍA GALEGA E IMPULSO DA COMPETITIVIDADE DO SECTOR ARTESÁN (IN201G)

Finalidad / Objetivo

As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto o fomento da comercialización da artesanía galega a través do apoio aos obradoiros artesanais, concellos galegos e asociacións profesionais e empresariais de artesás/ans.

Tipos de apoyo

Subvencións a fondo perdido en réxime de concorrencia competitiva en réxime de mínimis.

Beneficiarios potenciales

As persoas físicas ou xurídicas, comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado sen personalidade xurídica, legalmente constituídas.

Poderán ser persoas beneficiarias das subvencións, sen prexuízo de reuniren os demais requisitos establecidos nestas bases e sempre que nas persoas solicitantes non concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, as persoas físicas ou xurídicas, comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado sen personalidade xurídica, legalmente constituídas e que, en todo caso, cumpran ademais os seguintes requisitos:

1. Titulares de obradoiros artesanais, xa sexan persoas físicas ou xurídicas ou comunidades de bens, inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia. No caso de novos obradoiros, terán de termo ata o último día de prazo para a presentación da solicitude de subvención para solicitar a inscrición no dito rexistro.

2. Asociacións profesionais e empresariais de artesás/áns de Galicia legalmente constituídas das cales cando menos o 90 % dos seus membros, cun mínimo de 10, figuren inscritos na Sección Segunda (obradoiros artesáns) do Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia.

3. Concellos da Comunidade Autónoma de Galicia. Os concellos deberán cumprir co deber de remisión das contas xerais de cada exercicio ao Consello de Contas, nos termos previstos no artigo 4 do Decreto 139/2011, do 6 de outubro, polo que se regulan especialidades nas subvencións ás entidades locais galegas.

Primaranse aqueles concellos que coordinen as súas solicitudes e compartan ou mancomunen obras ou servizos, dando cumprimento así ao Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 28 de febreiro de 2013, polo que se aproban os criterios aplicables ás axudas e subvencións destinadas ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para primar proxectos de xestión compartida e incentivar procesos de fusión municipal.

Sectores incentivables

Sector artesanal.

Requisitos principales del proyecto

Considéranse actuacións subvencionables as desenvolvidas por titulares de obradoiros artesanais, concellos galegos e asociacións profesionais e empresariais de artesáns que a seguir se especifican, sempre que estas sexan realizadas e efectivamente pagadas desde o 1 de xaneiro de 2016 ata a data límite de xustificación establecida no artigo 19, coa excepción dos gastos efectuados no ano 2015 exixidos para a participación en eventos expositivos do ano 2016 e, se for o caso, os gastos efectivamente realizados e pagados das feiras que teñan lugar entre o 1 de novembro e o 31 de decembro de 2016.

Todos os investimentos deberán estar plenamente realizados, operativos e verificables na data límite de xustificación das actuacións.

Inversiones o gastos computables

En concreto, considéranse actuacións subvencionables as previstas no artigo 4, sempre que estas sexan realizadas e efectivamente pagadas desde o 1 de xaneiro de 2021 ata a data límite de xustificación establecida no artigo 20. Así mesmo, excepcionalmente considérase subvencionable a organización e participación en feiras do período do Nadal 2020/21 e os gastos efectuados desde o 1 de novembro ata o 31 de decembro de 2020 derivados destas.

Actuacións subvencionables .

1. Actuacións de comercialización física subvencionables.

1) Titulares dos obradoiros artesanais

Considéranse actuacións subvencionables a participación como expositora/or en feiras ou eventos de interese artesanal, nacionais ou internacionais:

a) Feiras profesionais de artesanía.

b) Feiras non profesionais.

c) Feiras profesionais e non profesionais do período do Nadal 2020/21.

As ditas feiras deberán ter indubidable interese comercial para o sector artesanal galego.

A Dirección Xeral de Comercio e Consumo poderá solicitar un informe da Fundación Pública Artesanía de Galicia ou unha certificación das asociacións profesionais de artesás/áns de Galicia máis representativas que acrediten estas calidades.

Non se considerará subvencionable a participación en feiras cuxa organización sexa subvencionada ás asociacións profesionais e empresariais de artesás/áns, concellos ou que conten cunha axuda financeira da Fundación Pública Artesanía de Galicia.

A axuda consistirá en tíckets de impulso á comercialización se non dispoñen da documentación acreditativa da actividade realizada, que terán as seguintes modalidades:

a) Tícket de feira profesional cun importe máximo de axuda cada un de: 500,00 €, 1.000,00 €, 1.500,00 €, 2.000,00 € e 3.000,00 € (IVE excluído), cun máximo de 6 tíckets por obradoiro. Os tíckets concederanse unicamente para a participación en feiras cuxo investimento subvencionable (sen IVE) sexa igual ou superior ás anteditas cantidades.

A porcentaxe subvencionable por cada feira acadará o 80 % do investimento subvencionable (IVE excluído).

b) Tícket de feira non profesional cun importe máximo de axuda cada un de: 400,00 € e 750,00 € euros (IVE excluído), cun máximo de 6 tíckets por obradoiro. Os tíckets concederanse unicamente para a asistencia a feiras cuxo investimento subvencionable (sen IVE) sexa igual ou superior ás anteditas cantidades. Quedan excluídas as feiras do período de Nadal 2020/21.

A porcentaxe subvencionable por cada feira acadará o 80 % do investimento subvencionable (IVE excluído).

Dado que a asistencia a feiras do período de Nadal 2020/21 para as cales se solicite subvención xa se realizou ao tempo da presentación da solicitude, deberá presentarse a documentación sinalada no artigo 5, alínea 1.3.1, xunto con esta solicitude.

O importe máximo de axuda para estas feiras de Nadal será do 80 % do investimento subvencionable (IVE excluído), cun máximo de 1.500,00 € por cada unha e cun límite de 3 feiras para este período.

Así mesmo, se xa se asistiu a algunha feira a que se refiren as alíneas a) e b) e, polo tanto, xa se conta coa documentación xustificativa que así o acredite, o solicitante poderá substituír a solicitude de tícket pola antedita documentación do artigo 5, alínea 1.3.1, o que sinalará no anexo II.

O importe máximo de subvención para o conxunto de todas estas actuacións subvencionables non poderá superar 8.000,00 €, IVE excluído.

O pagamento do tícket realizarase unha vez que se xustifiquen os gastos nos termos do artigo 20, sempre que se xustifique, como mínimo, o 40 % do importe do tícket concedido.

2) Concellos

Considéranse actuacións subvencionables a organización e celebración de feiras ou eventos de interese artesanal:

a) Feiras monográficas cuxo obxectivo sexa a venda e posta en valor de produtos dun mesmo oficio tradicional.

A porcentaxe subvencionable acadará o 80 % do investimento subvencionable (IVE excluído), cun máximo de 15.000,00 € de subvención por feira.

b) Feiras non monográficas de distintos oficios.

A porcentaxe subvencionable acadará o 80 % do investimento subvencionable (IVE excluído). O importe máximo de subvención será de 3.000,00 € por feira se contan cun mínimo dun 80 % de expositores sobre o total de postos, de produtos artesanais inscritos na Sección Segunda do Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia (obradoiros artesáns). O importe máximo de subvención será de 1.500,00 € por feira para as que conten cun mínimo do 40 % de expositores mencionados na alínea anterior.

O importe máximo de subvención para o conxunto de todas as actuacións subvencionables non poderá superar os 15.000,00 €.

3) Asociacións profesionais e empresariais de artesáns.

Considéranse actuacións subvencionables:

A organización de feiras de artesanía no ámbito da Comunidade Autónoma de distintos oficios e que conten cun mínimo dun 80 % de expositores (sobre o total de postos) de produtos artesanais inscritos na Sección Segunda do Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia (obradoiros artesáns).

– De 10 a 20 expositores: a porcentaxe acadará o 80 % do investimento subvencionable (IVE excluído), cun máximo de 10.000,00 €.

– De 21 a 29 expositores: a porcentaxe acadará o 80 % do investimento subvencionable (IVE excluído), cun máximo de 12.000,00 €.

– Mais de 30 expositores: a porcentaxe subvencionable acadará o 80 % do investimento subvencionable (IVE excluído), cun máximo de 15.000,00 €.

O importe máximo de subvención para o conxunto de todas as actuacións subvencionables non poderá superar os 30.000,00 €.

2. Gastos subvencionables:

a) Son gastos subvencionables para a asistencia a feiras como expositor/a:

– Os que ocasione o alugamento do espazo expositivo que se contrata.

– Os seguros e aqueles servizos de carácter básico e obrigatorios sinalados polo regulamento da feira.

– O transporte do material expositivo realizado por un transportista profesional.

– No caso de feiras internacionais, os servizos de tradución e de transporte realizados por un transportista profesional.

b) Son gastos subvencionables para a organización de feiras:

– A infraestrutura e os servizos propiamente feirais.

– A publicidade

En todo caso, no suposto dos concellos, os gastos subvencionables deberán cumprir o establecido no artigo 3 do Decreto 193/2011, do 6 de outubro, polo que se regulan especialidades nas subvencións ás entidade locais galegas.

3. Non se consideran gastos subvencionables:

a) Gastos derivados da participación en feiras: construción das casetas, seguros non obrigatorios, vixilancia, contratación de persoal de atención ao público, de intérpretes (coas excepcións recollidas nos puntos anteriores), axudas de custo de manutención, desprazamentos, aloxamento e publicacións.

b) Organización e celebración de feiras: gastos derivados de seguros non obrigatorios, axudas de custo de manutención, desprazamentos e aloxamento, regalos promocionais e a realización de cócteles e actos análogos, gastos de persoal propio da entidade de que se trate, así como calquera outro gasto derivado da súa actividade habitual.

c) Organización, celebración e participación de feiras de carácter gastronómico, turístico e festivais musicais.

d) Segundo o artigo 29.8 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, en ningún caso se consideran gastos subvencionables os impostos indirectos cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación nin os impostos persoais sobre a renda.

e) Aqueles que non estean directamente vinculados coa realización da actuación subvencionable e/ou directamente relacionada coa cualificación dos obradoiros inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia.

En ningún caso o custo da adquisición dos gastos subvencionables poderá ser superior ao valor de mercado.

Plazo de presentación de solicitudes

O prazo para presentar as solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.

Incompatibilidades

O importe da subvención regulada nesta orde en ningún caso poderá ser de tal contía que, illada ou en concorrencia con outras axudas das distintas administracións ou calquera dos seus entes públicos e privados, nacionais ou internacionais, supere o 100 % do investimento subvencionable.

As subvencións previstas nesta orde serán incompatibles con calquera outra das reguladas por esta consellería e entes dependentes, para os mesmos conceptos subvencionables.

Referencia legislativa

Orde do 9 de xullo de 2021 (DOG nº 139 do 22/07/2021) - Bases reguladoras

Información y tramitación en

Fundación Pública Artesanía de Galicia

Área Central, 1º-Local 25MN.
15707 Santiago de Compostela (Coruña, A)

Teléfono: 881999171/ 881999175

Email: centro.artesania@xunta.gal

http://artesaniadegalicia.xunta.gal

Observaciones

O pagamento da subvención quedará condicionado á presentación da documentación xustificativa da realización do investimento que fose obxecto de subvención, para o que ten de prazo ata o 31 de outubro de 2016.