El plazo de presentación finaliza el 16/12/2024

IG294 - AXUDAS PARA FACILITAR O FINANCIAMENTO DA ADQUISICIÓN DE UVA POLAS ADEGAS DE ELABORACIÓN DE VIÑO (2024) (IG408F)

Finalidad / Objetivo

Axudas para facilitar o financiamento da adquisición de uva polas adegas de elaboración de viño acollido ás denominacións de orixe e indicacións xeográficas protexidas vitivinícolas galegas para a campaña 2024.

Tipos de apoyo

Concesión en réxime de concorrencia non competitiva.

Beneficiarios potenciales

1. As empresas que teñan cando menos un centro de traballo en Galicia, e que sexan titulares de adegas de elaboración de viño (CNAE 1102), acollido ás denominacións de orixe e indicacións xeográficas protexidas vitivinícolas galegas.

2. As empresas poderán ser persoas físicas ou xurídicas. Tamén poderán ter a condición de persoas beneficiarias as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, as comunidades de bens, as sociedades civís, ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, cumpran os requisitos do anterior número 1.

No caso das cooperativas, o préstamo poderá estar asinado por un representante da entidade, logo de autorización dela, ou polos cooperativistas, que asumirán a débeda en proporción á súa porcentaxe de participación.

3. Non poderán ter a condición de persoas beneficiarias:

a) As empresas suxeitas a unha orde de recuperación de axudas, consecuencia dunha decisión da Comisión Europea.

b) As empresas inmersas nun procedemento de insolvencia, quebra ou insolvencia por petición dos seus acredores. Entenderanse nesta situación ao atoparse declarados en concurso.
c) As entidades nas que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 da Lei 9/2007.

d) As empresas que incumpran os prazos de pagamento previstos na Lei 3/2004 de medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais, para subvencións de importe superior a 30.000 euros, cando os solicitantes sexan unicamente suxeitos incluídos no ámbito de aplicación da citada Lei.

Sectores incentivables

Elaboración de viño (CNAE 1102)

Requisitos principales del proyecto

Os préstamos subvencionados destinaranse ao pago pola adquisición de uva a terceiros na campaña 2024, destinada á súa vinificación na propia adega. As entregas de uva ás cooperativas agrarias e outras entidades asociativas por parte dos seus socios, cando isto sexa obrigatorio en virtude dos seus estatutos, terán tamén a consideración de uva adquirida a terceiros.

Para ter dereito á subvención, as operacións financeiras de préstamo, e os seus avais de SGR no seu caso, deberán cumprir coas seguintes condicións:

a) Para o caso dos préstamos avalados por SGR:
Condicións dos préstamos:
- Prazo de vixencia de 3 anos, incluíndo un mínimo de 6 meses de carencia.
- Tipo de xuro máximo determinado en base ao euribor a 12 meses + 2,50% durante o primeiro ano, o resto da vida do préstamo poderá ser determinado en función do estipulado nos convenios bilaterais entre a entidade bancaria e a SGR.
- Comisión á formalización máximo do 0,5%
- Comisión por amortización anticipada 0%.
- Garantía: aval da SGR polo 100 %.

Condicións dos avais das SGR:
-Comisión de apertura e/ou estudo 0,5% do principal.
-Comisión de aval anual 1,25%.
-Comisión de amortización anticipada 0%.
-A SGR poderá tomar garantías adicionais aos reavais públicos, agás o peñoramento de depósitos do titular que detraian liquidez á titular.
-Dúas ou máis SGR poderán coavalar unha operación de préstamo subvencionable, nas condicións que elas acorden, pero en ningún caso as comisións cobradas superarán conxuntamente as porcentaxes antes relacionadas.

b) Para o caso dos préstamos sen aval de SGR:

- Prazo de vixencia mínimo de 1 ano, incluíndo un mínimo de 6 meses de carencia.
- Tipo de xuro máximo determinado en base ao euribor a 12 meses + 2,50% durante o primeiro ano, o resto da vida da operación poderá fixarse libremente entre as partes.
- Comisión á formalización máximo do 0,5%
- Comisión por amortización anticipada 0%.
- A entidade financeira poderá tomar garantías reais e/ou persoais, agás o peñoramento de depósitos do titular que detraian liquidez á titular.

As operacións de préstamo non poderán incluír comisións adicionais, agás a comisión de reclamación de posicións debedoras.

Cuantía de las ayudas

A axuda consistirá na subvención das comisións e xuros aplicados polas entidades bancarias, e sociedades de garantía recíproca, se é o caso, nas operacións de préstamo necesarias para o financiamento da adquisición da colleita de uva do ano 2024, por parte dos titulares de adegas de elaboración de viño acollido ás denominacións de orixe e indicacións xeográficas protexidas vitivinícolas galegas. Para tal efecto, considérase que serán susceptibles de apoio os préstamos formalizados entre o 1 de setembro de 2024 e o 30 de decembro de 2024, incluíndo as operacións aprobadas pendentes de formalizar no momento da solicitude.

A base subvencionable que será utilizada para determinar a contía da axuda, será a menor das seguintes:

a) A suma dos importes dos préstamos formalizados e/ou dispostos nas operacións de financiamento por cada persoa beneficiaria, que cumpran os requisitos dos puntos anteriores, e que foran relacionados na solicitude da axuda.
b) O importe total de uva adquirida a terceiros na campaña 2024 das denominacións de orixe e indicacións xeográficas protexidas, incluíndo o IVE correspondente.

O importe da axuda será o resultado de sumar os seguintes conceptos:
- Un máximo do 0,5% da base subvencionable, co límite da comisión de apertura e formalización cobrada pola entidade de crédito.
- Un máximo do 0,5% da base subvencionable, co límite da comisión de apertura e estudo cobrada pola sociedade de garantía recíproca que avale a operación. No caso de préstamos sen aval de SGR, a subvención por concepto será de 0 €.
- Un máximo do 1,25% da base subvencionable, co límite da comisión de aval cobrada pola sociedade de garantía recíproca que avale a operación. No caso de préstamos sen aval de SGR, a subvención por concepto será de 0 €.
- Un 5% da base subvencionable, como de estimación de xuros correspondentes ao primeiro ano de vixencia do/s préstamo/s.

Plazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes de axuda comezará o día 3 de outubro de 2024 ás 9:00 horas e rematará o 16 de decembro de 2024 ás 14:00 horas, agás que antes desa data se produza o esgotamento do crédito.


Incompatibilidades

As axudas financeiras que se concedan ao abeiro destas bases terán a consideración de axuda de minimis e cumprirán co establecido no Regulamento (UE) nº 2023/2831, da Comisión, do 13 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis (DOUE L, do 15 de decembro).

As axudas de minimis totais que se concedan a unha mesma empresa non poderán superar 300.000 € nos tres anos previos á concesión da axuda.

No caso de que a axuda calculada conforme ao punto primeiro supere os límites indicados no punto 6, axustarase o importe total da axuda bruta aos ditos límites

Referencia legislativa

Resolución do 12 de setembro de 2024 (DOG Nº185 do 25/09/2024) - Bases reguladoras e convocatoria 2024

Información y tramitación en

* Información:

- Nas oficinas territoriais do IGAPE
- No Servizo de Atención Telemática a través do teléfono 900 81 51 51 ou 981 54 11 47
- A través de www.igape.es ou en informa@igape.es

*Tramitación:

1. Para presentar a solicitude, as persoas interesadas deberán cubrir previamente un formulario electrónico, a través da aplicación establecida no enderezo da internet https://www.igape.gal/gl/oficinavirtual.
Para poder presentar a solicitude por medios electrónicos, as persoas ou entidades solicitantes deberán reunir os seguintes requisitos:

a) Será necesario que a persoa asinante da solicitude teña a representación legal da empresa ou persoa ou entidade solicitante.
b) A oficina virtual do Igape acepta todos os certificados validados pola plataforma @firma da Administración Xeral do Estado.
c) A presentación ante o Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia admite a sinatura da solicitude por parte dunha única persoa solicitante. No caso de que deba ser asinada por máis dunha persoa solicitante, deberá necesariamente anexar un documento en papel con sinaturas manuscritas e deberá ser escaneado en formato PDF para ser anexado.

Unicamente será admitida unha solicitude por persoa beneficiaria na convocatoria.

As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

a) Para subvencións de importe superior a 30.000 euros, deberá acreditarse o cumprimento dos prazos de pagamento que se establecen na Lei 3/2004, do 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais, do seguinte xeito:

- As persoas físicas e xurídicas que, de acordo coa normativa contable poden presentar conta de perdas e ganancias abreviada, mediante certificación na que afirmen alcanzar o nivel de cumprimento dos prazos de pago previstos na citada Lei 3/2004, do 29 de decembro.
- As persoas xurídicas que, de acordo coa normativa contable non poden presentar conta de perdas e ganancias abreviada, mediante:

1.º Certificación emitida por auditor rexistrado no Rexistro Oficial de Auditores de Contas
Esta certificación será válida ata que resulten auditadas as contas anuais do exercicio seguinte.

2.º No caso de que non sexa posible emitir o certificado ao que se refire o número anterior, «Informe de Procedementos Acordados», elaborado por un auditor rexistrado no Rexistro Oficial de Auditores de Contas,

b) Comunicación/s por parte da/s entidade/s bancaria/s da/s operación/s concedida/s para adquisición de uva ou financiamento de circulante de explotación.

c) Comunicación/s da/s SGR/s do/s aval/is concedido/s.

d) Declaración responsable da persoa beneficiaria relativa ao importe total de uva adquirida a terceiros na campaña 2024 das denominacións de orixe e indicacións xeográficas protexidas, incluíndo o IVE correspondente.

e) Anexo II de Comprobación de datos de terceiras persoas interesadas, se é o caso.

Observaciones

Será de obrigado cumprimento por parte das persoas beneficiarias dar publicidade á axuda concedida colocando un cartel tamaño A4 como mínimo, ou pantalla electrónica equivalente, na entrada das instalacións.