El plazo de presentación finalizó el 15/06/2022

IG208 - GALICIA EXPORTA ORGANISMOS INTERMEDIOS - ACCIÓNS DE PROMOCIÓN EXTERIOR CONXUNTA DAS EMPRESAS GALEGAS (2022) - Ata as 14:00 h.

Finalidad / Objetivo

O obxectivo destas bases é facilitar a internacionalización conxunta da empresa galega non exportadora ou con escasa internacionalización e apoiar empresas internacionalizadas para que non só non perdan a súa presenza nos mercados exteriores senón que a incrementen, poñendo ao seu alcance axudas financeiras que apoien a súa presenza exterior, ampliando o número de países e a diversificación dos sectores internacionalizados.

Esta convocatoria finánciase no marco do programa operativo Feder 2014-2020, que ten unha taxa de cofinanciamento do Feder do 80 %. En particular,
Obxectivo temático 03: mellorar a competitividade das pemes, do sector agrícola (no caso do Feader) e do sector da pesca e da acuicultura (no caso do FEMP).
Prioridade de investimento 03.04: apoio á capacidade das pemes para medrar nos mercados rexionais, nacionais e internacionais e nos procesos de innovación.
Obxectivo específico 03.04.03: promover a internacionalización das pemes.
Actuación 03.04.03.01: apoio á promoción da cultura da internacionalización, apoio ao incremento da presenza nos mercados exteriores, establecemento dunha estratexia de posicionamento internacional de Galicia aliñada coa Estratexia Horizonte 2020 da UE.
Campo de intervención 066: servizos de axuda avanzados para pemes e grupos de pemes.
Liña de actuación 15: promoción da cultura de internacionalización, presenza nos mercados exteriores, estratexia de posicionamento internacional de Galicia, aliñación coa axenda estratéxica Horizonte 2020 da UE.
Os indicadores de produtividade e resultado correspondentes a estas axudas son os seguintes:
– Indicador de produtividade código-denominación: C001 Número de empresas que reciben axudas.
– Indicador de produtividade código-denominación: C002 Número de empresas que reciben subvencións.
– Indicador de resultado R031: número de empresas exportadoras.

Tipos de apoyo

Subvención a fondo perdido en réxime de concorrencia competitiva. Réxime de mínimis.

As empresas que participen directamente nas accións subvencionadas consideraranse, así mesmo, beneficiarias aos efectos de imputación da axuda en minimis que lles corresponda segundo o gasto subvencionado.Ao organismo intermedio imputaráselle soamente o minimis correspondente ao gasto subvencionado daquelas accións que realice en representación de todo o sector.

Beneficiarios potenciales

1. Poderán ser beneficiarios destas axudas os organismos intermedios empresariais de Galicia. Por organismos intermedios empresariais enténdese: as asociacións empresariais, os consellos reguladores de denominacións de orixe protexidas, de indicacións xeográficas protexidas e de agricultura ecolóxica, clústers empresariais (con personalidade xurídica propia, sen ánimo de lucro e domiciliados en Galicia), que representen un colectivo de empresas galegas, e os centros tecnolóxicos e centros de apoio á innovación tecnolóxica domiciliados en Galicia e que estean inscritos con anterioridade ao 31.12.2016 no rexistro establecido para o efecto polo Ministerio de Ciencia e Innovación (Real decreto 2093/2008, do 19 de decembro, polo que se regulan os centros tecnolóxicos e os centros de apoio á innovación tecnolóxica de ámbito estatal e se crea o rexistro de tales centros, BOE núm. 20, do 23 de xaneiro de 2009).

Enténdese por cluster empresarial aos efectos destas bases as agrupacións empresariais innovadoras que colaboren e desenvolvan plans de internacionalización en cooperación no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia e que teñan creada unha entidade con personalidade xurídica propia e sen ánimo de lucro, que xestione a agrupación cluster.

2. Consideraranse así mesmo beneficiarias ás empresas -que cumpran a definición de peme e que teñan algún centro de traballo radicado na Comunidade Autónoma de Galicia- que participen directamente nas accións subvencionadas e ás que se lles imputará a axuda en minimis que lles corresponda segundo o gasto subvencionado. Cada peme participante deberá declarar o cumprimento dos requisitos de peme e as axudas en minimis solicitadas e/ou concedidas nos últimos tres exercicios fiscais.

3. Non poderán ter a condición de beneficiarios:

a) As empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación de axudas, consecuencia dunha decisión da Comisión Europea.

b) As empresas nas que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 e 3 da Lei 9/2007, ou incumpran as obrigas do artigo 11 da citada Lei.

Requisitos principales del proyecto

1. Estas axudas teñen como obxecto incentivar a posta en marcha de plans de internacionalización mediante a realización de accións de promoción no exterior de modo conxunto favorecendo a cooperación empresarial e o aproveitamento de sinerxías entre varias empresas. O Igape poderá conceder subvencións a fondo perdido aos seguintes tipos de accións que beneficien a un sector empresarial galego ou a máis dunha empresa galega dun mesmo sector ou sectores complementarios, promovidas e desenvolvidas por organismos intermedios para facilitar a internacionalización das empresas ás que representan:

a) Misións empresariais directas ou visitas a feiras que teñan lugar en calquera país estranxeiro, así como aqueloutros eventos promocionais do tipo congresos, conferencias (exceptuáse as remuneradas),ou simposios que aínda que non teñan un compoñente expositivo como tal, permitan a promoción do sector e as empresas a nivel internacional e teñan lugar no estranxeiro,co obxecto de dar a coñecer no exterior as posibilidades das empresas,produtos, e servizos galegos e/ou identificar boas prácticas, benchmarking, e/ou para sondar posibles fórmulas de cooperación. Inclúense neste tipo de actividades a organización e participación en misións empresariais con axendas virtuais e visitas a feiras virtuais e/ou outros eventos expositivos virtuais que se celebren no estranxeiro ou estean dirixidos ao público estranxeiro.

b) Participacións e/ou organización propia de feiras ou eventos expositivos no estranxeiro ou incluidos no calendario de feiras comerciais internacionais publicado pola Secretaría de Estado de Comercio para o ano 2022 ou 2023 no Boletín Oficial del Estado, así como as feiras virtuais que se celebren no estranxeiro ou estean dirixidos ao público estranxeiro.

c) Misións empresariais inversas de importadores, distribuidores, medios de comunicación ou outro tipo de prescritores, empresas, profesionais ou organismos estranxeiros, co obxecto de dar a coñecer ao exterior as posibilidades das empresas e produtos galegos e/ou para sondar posibles fórmulas de cooperación. Así como a participación e/ou organización propia de eventos virtuais dirixidos ao público internacional (catas ou seminarios virtuais, xornadas de formación a prescriptores).

d) Campañas conxuntas de publicidade en prensa, revistas, televisión, internet ou ou¬tros medios, sempre que a súa difusión se realice no estranxeiro e sempre que se trate de campañas de promoción dun sector empresarial galego ou de varias empresas galegas do mesmo sector ou sectores complementarios con similares intereses en determinados mercados.

e) Elaboración de material promocional conxunto como catálogos, contidos audiovisuais, folletos e similares, en calquera soporte, e que contribúan á divulgación e coñecemento no estranxeiro, sempre que se realice para un sector empresarial galego ou para varias empresas galegas do mesmo sector ou sectores complementarios con similares intereses en determinados mercados.

f) Contratación de bases de datos de intelixencia competitiva internacional.

g) Creación de plataforma aplicación de e-commerce para mercados internacionais (mercado en liña).

h) Xestión de tramitación de acordos de joint-ventures, contratos, certificacións, homologacións e rexistros de marca e patentes para o estranxeiro (inclúese o rexistro de códigos fonte).

i) Xestión de licitacións internacionais.

j) Accións cooperativas en destino para implantación promocional ou prospección de mercados.

k) Creación, adquisición ou contratación de plataformas que permitan o desenvolve¬mento e organización de feiras, catas, seminarios, accións e xornadas de formación en modo virtual.

En cada acción deben participar un mínimo de dúas pemes galegas e/ou o organismo solicitante da axuda representando a un mínimo de dúas pemes galegas.

So sé poderá presentar e aprobar unha solicitude por beneficiario, na cal se poderán incluír varias accións das mencionadas. No caso de presentar máis de unha solicitude entenderase implícita a desistencia ou renuncia da anterior, polo que se atenderá á última presentada.

Cualificación requerida del proyecto

As solicitudes que cumpran coas condicións necesarias serán avaliadas de acordo co seguinte baremo xeral,cunha base de puntuacion de 85 puntos:

a) Representatividade do organismo intermedio.
Nº total de empresas asociadas ou representadas polo organismo intermedio solicitante da axuda á data de solicitude da axuda:
1º Superior a 30 empresas: 25 puntos.
2º Entre 20 e 30 empresas: 10 puntos.
3º Entre 10 e 19 empresas:5 puntos.
4º Menos de 10 empresas: 0 puntos.

Esta condición acreditarase mediante declaración no formulario electrónico de solicitude.

b) Concreción sectorial do solicitante:Organismo intermedio sectorial (cluster, consello regulador, centro tecnolóxico ou asociación representativa dun sector ou varios sectores relacionados entre sí): 25 puntos. A efectos de priorizar as accións de organismos con especialización sectorial sobre accións de organismos multisectoriais, en liña coa estratexia galega de especialización intelixente (RIS3 Galicia).

c) Estudo previo -feito ou encargado polo organismo intermedio- de empresas pertencentes ao mesmo en relación a súa internacionalización: 20 puntos (no caso de telo elaborado no ano 2019 ou posterior). Para acreditar esta condición deberá cubrir a seguinte información no formulario electrónico de solicitude:
1º Número de empresas analizadas e a súa porcentaxe sobre o total de empresas representadas polo organismo (como mínimo deben estar analizadas todas as empresas para as que se solicita axuda).
2º Grado de internacionalización das empresas analizadas en función da porcentaxe do volume de exportacións ou negocio no estranxeiro sobre o volume de negocio total anual. Indicando: número de empresas por tramos de internacionalización, países nos que teñen feito exportacións ou negocios e número de empresas non internacionalizadas.
3º Debilidades e fortalezas das empresas analizadas de cara á súa internacionalización.

d) Novos solicitantes: Recibirán 15 puntos os organismos que non obtivesen resolución aprobatoria á solicitude de anteriores convocatorias destas bases anteriores á convocatoria IG208.2019.

e) Aproveitamento de axudas á internacionalización anteriores á convocatoria IG208.2019: 15 puntos. Avaliarase tendo en conta:

Informe de resultado de subvencións anteriores do Igape recibidas polo organismo para o mesmo fin de internacionalización das empresas asociadas ao organismo intermedio: 15 puntos no caso de cubrir este informe no formulario electrónico de solicitude e que se acadasen resultados positivos.
Este informe debe incluír, para cada subvención recibida polo organismo intermedio solicitante -con resolución de concesión entre o 1 de xaneiro de 2013 e o 31 de xaneiro de 2019 un detalle de:
1º Ano da resolución de concesión da axuda.
2º Importe da axuda recibida (no caso de expedientes finalizados, o importe menor entre a axuda liquidada e a concedida).
3º Finalidade da axuda.
4º Resultados en termos de:

i) Nº de empresas beneficiarias da axuda.
ii) Nº de contratos asinados polas empresas.
iii) Importe do volume de negocios estimado xerado grazas as accións subvencionadas.
iv) Nº de empresas que se iniciaron nos mercados obxecto das accións subvencionadas.
v) Nº de empresas que ampliaron mercado no país/es obxecto da subvención.

Inversiones o gastos computables

1. Considéranse conceptos subvencionables aqueles gastos do tipo dos descritos neste artigo facturados ao organismo intermedio e pagados por este.

2. Para os efectos de cálculo da subvención a fondo perdido poderán ser subvencionables os conceptos seguintes:

a) Gastos subvencionables para accións da letra a) do artigo 1. (Misións empresariais directas ou visitas a feiras).

a.1) Para accións con carácter presencial:

Nestes custos introdúcese o método de custos simplificados basado en sumas a tanto alzado. Englóbanse varios tipos de gasto:

1º Gastos de viaxe das persoas da empresa solicitante á cidade de celebración do evento.

2º Gastos de aloxamento das persoas da empresa no lugar de celebración do evento no que se participa.

3º Gastos de asistencia externa en destino para a realización axendas, detección de oportunidades, etc.

Para todos estes gastos relacionados coa accións fíxaxe un importe de gasto subvencionable ao que se lle aplicarán os índices correctores en función da área de actuación, segundo o establecido na tabla do artigo 6.1.a):

- Acción mínima (2 pemes ou 1 organismo representando a 2 pemes): importe límite de 959,44 euros por evento.

- Por cada empresa adicional participante na acción: límite de 959,44 euros por empresa. Límite de empresas participantes por evento: 20 empresas.

a.2) No caso de accións con carácter virtual:

Se subvencionarán: Gastos de servizos de consultoría para a realización de axendas (non será subvencionable a simple realización da axenda se non se executa coas reunións correspondentes (presenciais ou virtuais) dentro do prazo de execución da axuda), gastos de intérpretes, e os costes de inscripción como visitante en feiras e eventos expositivos virtuais (ata 10 persoas por acción).

O límite máximo deste gasto subvencionable: 2.000 euros por evento.

b) Gastos subvencionables para accións da letra b) do artigo 1.1 (Participación en feiras ou eventos expositivos).

b.1) Para accións con carácter presencial:

Nestes custos introdúcese o método de custos simplificados basado en sumas a tanto alzado. Englóbanse varios tipos de gasto:

1º Gastos de viaxe das persoas da empresa solicitante á cidade de celebración do evento.
2º Gastos de aloxamento das persoas da empresa no lugar de celebración do evento no que se participa.
3º Gastos de: alugueiro de espazos e servizos relacionados co devandito alugueiro; alugueiro de stand físico; construción, montaxe e desprazamento do stand; decoración do stand; alugueiro de mobiliario; contratación de persoal de apoio como intérpretes, modelos ou azafatas; envío de material promocional e mostras co seu seguro correspondente.
4º Gastos de asistencia externa en destino para a realización axendas, detección de oportunidades, etc.

Para todos estes gastos relacionados coa accións fíxaxe un importe de gasto subvencionable ao que se lle aplicarán os índices correctores en función da área de actuación, segundo o establecido na tabla do artigo 6.1.b):

- Acción mínima (2 pemes ou 1 organismo representando a 2 pemes): importe límite de 5.198,13 euros por evento.

- Por cada empresa adicional participante na acción: límite de 959,44 euros por empresa. Límite de empresas partipantes por evento: 20 empresas.

b.2) No caso de accións con carácter virtual:

Se subvencionarán gastos de alugueiro de stand virtual e dos servizos relacionados co aluguer; gastos de intérpretes, e as cotas de participación como expositor en feiras e eventos expositivos virtuais (ata 10 persoas por acción).

O límite máximo deste gasto subvencionable: 3.000 euros por evento.

c) Gastos subvencionables para accións da letra c) do artigo 1.1. (Misións empresariais inversas).

c.1) Para accións con carácter presencial:

Nestes custos introdúcese o método de custos simplificados basado en sumas a tanto alzado. Englóbanse varios tipos de gasto:

1º Gastos de viaxe a Galicia das persoas das empresas visitantes.

2º Gastos de aloxamento das persoas das persoas das empresas visitantes.

3º Gastos de desprazamentos en Galicia.

4º Gastos de asistencia externa en países de orixe dos visitantes para a realización axendas, detección de oportunidades, etc.

5º Gastos de alugueres de espazos e servizos relacionados. Gastos de organización eventos.

Para todos estes gastos relacionados coa accións fíxaxe un importe de gasto subvencionable ao que se lle aplicarán os índices correctores en función da área de actuación, segundo o establecido na tabla do artigo 6.1.c):

- Misión inversa procedente de 1 país: 6.382,52 euros por cada acción.

No caso de que a misión inversa estea formada por empresas/prescriptores procedentes de varios paises, o gasto subvencionable calcularase utilizando os límites da área xeográfica da que procedan a meirande parte dos mesmos. No caso de que coincida o número de empresas provintes de varias zonas, tomarase o límite da área xeográfica con maior porcentaxe de axuda.

c.2) Para accións con carácter virtual:

Se subvencionarán gastos de asistencia externa en países de orixe dos visitantes para a realización axendas: gastos de servizos de consultoría para a realización de axendas, (non será subvencionable a simple realización da axenda se non se executa coas reunións correspondentes (presenciais ou virtuais) dentro do prazo de execución da axuda), detección de oportunidades, etc. Gastos de alugueres de espazos; gastos de contratación de persoal de apoio como intérpretes, modelos, azafatas, cociñeiros, profesores,etc. Gastos de organización de eventos virtuais.

O límite máximo deste gasto: 3.000 euros por evento.

d) Gastos subvencionables para accións da letra d) do artigo 1.1. (Campañas conxuntas de publicidade):

Nestes custos introdúcese o método de custos simplificados basado en sumas a tanto alzado. Englóbanse varios tipos de gasto:

1º Gastos de compra de espazos publicitarios e inserción nos medios de comunicación.

2º Gastos de campañas de posicionamento dixital.

Para todos estes gastos relacionados coa acción fíxaxe un importe de gasto subvencionable de 5.683,30 euros por solicitude.

e) Gastos subvencionables para accións da letra e) do artigo 1.1. (Elaboración de material promocional conxunto):
Nestes custos introdúcese o método de custos simplificados basado en sumas a tanto alzado.

Os gastos subvencionables corresponden a gastos de asistencia técnica en orixe ou en destino para o deseño, elaboración, edición, montaxe, produción, tradución e impresión de material promocional.

Para estos gastos fíxaxe un importe de gasto subvencionable de 7.314,95 euros por solicitude.

f) Gastos subvencionables para accións da letra f) do artigo 1.1 (contratación bases de datos):

- Cotas de bases de datos de intelixencia competitiva internacional sectorial.

g) Gastos subvencionables para accións da letra g) do artigo 1.1 (Creación plataforma e-commerce):

- Gastos de asistencia técnica externa para deseño, creación e/ou aloxamento de aplicación soporte de comercio electrónico.
Non serán subvencionables os gastos de mantemento. Non será subvencionable este concepto de gasto para organismos que xa obtivesen axuda (axuda concedida sen mediar renuncia) para este concepto de gasto en convocatorias anteriores destas bases. Non serán subvencinables estes gastos no caso de que xa se dispuxese dunha aplicación deste tipo antes da solicitude de axuda ou se non se xustifica a operatividade desta aplicación dentro do prazo de execución da axuda.

h) Gastos subvencionables para accións da letra h) do artigo 1.1 (Xestión acordos joint-ventures,rexistro marcas):

- Gastos de asistencia técnica externa en orixe ou en destino: asistencia xurídica, técnica e servizos para traducción de documentación.

i) Gastos subvencionables para accións da letra i) do artigo 1.1 (Licitacións internacionais):

- Gastos de asistencia técnica externa en orixe ou en destino: asistencia xurídica, técnica e servizos para traducción de documentación.

j) Gastos subvencionables para accións da letra j) do artigo 1.1 (Accións cooperativas):

- Gastos de alugamento de locais no extranxeiro durante o período de execución establecido na resolución de concesión.

k) Gastos subvencionables para accións da letra k) do artigo 1.1 (Plataformas para organización feiras, formación, etc)

- Gastos de creación, adquisición de software ou gastos de contratación de servizos técnicos.

No caso dos activos intanxibles, para seren considerados subvencionables deberán cumprir, ademais, todas estas condicións: 1) Empregaranse exclusivamente no establecemento beneficiario da axuda; 2) Consideraranse activos amortizables; 3) Adquiriranse en condicións de mercado a terceiros non relacionados co comprador; 4) Deberán incluírse nos activos da empresa beneficiaria e permanecer asociados ao proxecto a que se destina a axuda durante polo menos tres anos.

En relación cos gastos de asistencia externa en destino (ou en orixe para as misións inversas),para a detección de oportunidades, a realización de axendas, desenvolvemento de clientes no estranxeiro e/ou seguimento de contactos iniciais, as empresas que presten este tipo de servizos deberán estar dadas de alta na base de datos de axentes comerciais mediadores no exterior do Igape.
Este requisito non se requirirá cando o servizo sexa prestado por oficinas comerciais ou cámaras de España no estranxeiro ou oficinas comerciais ou organismos públicos españoles ou estranxeiros que presten este tipo de servizos.

3. Quedan expresamente excluídos do ámbito de aplicación destas bases os seguintes conceptos:

a) Os custos de mailings, convites, regalos promocionais e os relativos á realización de cócteles e actos análogos.
b) Os custos de envío de mercadorías distintas ao material promocional ou mostras sen valor comercial.
c) Imposto sobre o valor engadido (IVE).
d) Folletos e outro material que non estea dirixido estritamente a fins promocionais.
e) Produtos de merchandising e outros regalos promocionais.
f) Aqueloutros que non estean directamente vinculados coa realización da acción subvencionable.

4. Os gastos subvencionables serán os realizados polo organismo solicitante dentro do prazo de execución e facturados e pagados entre o día 1 de xaneiro de 2022 e o derradeiro día do prazo de execución establecido na resolución de concesión para os efectos de cumprir todas as condicións nela establecidas. O prazo de execución iniciarase o 1 de xaneiro de 2022 (polo que a solicitude de axuda poderán incluír accións que se leven a cabo previamente á súa presentación), se ben o proxecto para o que se solicita a axuda non poderá estar executado integramente no momento de presentar a solictiude de axuda, e rematará na data establecida na resolución de concesión de axuda.

Excepcionalmente, tamén serán subvencionables os gastos efectuados e pagados previamente ao 1 de xaneiro de 2022 exixidos en concepto de reserva para accións que se realizarán nos exercicios 2022 e 2023.

5.Cando o importe do tipo de gasto subvencionable supere as contías establecidas na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público para o contrato menor (importe igual ou superior a 15.000 euros no caso de prestación do servizo ou adquisición do ben, no momento de publicar estas bases), o beneficiario deberá solicitar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores, con carácter previo á contratación do com¬promiso para a obra, a prestación do servizo ou a entrega do ben, agás que polas súas especiais características non exista no mercado suficiente número de provedores que as realicen, presten ou subministren (neste caso, presentarase escrito aclaratorio indicativo desta circunstancia, asinado polo representante legal), ou salvo que o gasto se realizase con anterioridade á solicitude de subvención. As ofertas ou orzamentos de provedores deberán conter, como mínimo, os datos identificativos do emisor e do destinatario (razón social, domicilio e número ou código de identificación fiscal), a data de emisión do documento, o importe por concepto (especificando se inclue ou non o IVE), e a descripción técnica dos elementos ou servizos ofertados. Os ofertantes deben demostrar habitualidade na realización dos servizos ofertados.

6. No caso de que o solicitante teña a condición de poder adxudicador nos termos previstos no artigo 3.3.d) da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, deberán presentar, se é o caso, o correspondente expediente de contratación tramitado ao efecto nos termos previstos nos artigos 316 a 320 da devandita Lei de contratos do sector público. Será responsabilidade da entidade beneficiaria o cumprimento da citada normativa, podendo o seu incumprimento dar lugar á perda do dereito ao cobro total ou parcial e demais responsabilidades previstas na normativa de subvencións públicas.

Conforme ao artigo 3.3.d) da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, teñen a consideración de poderes adxudicadores todos os entes, organismos ou entidades con personalidade xurídica propia distintas das administracións públicas, fundacións públicas ou mutuas colaboradoras coa Seguridade Social que fosen creados especificamente para satisfacer necesidades de interese xeral que non teñan carácter industrial ou mercantil, sempre que un ou varios suxeitos que deban considerarse poder adxudicador de acordo cos criterios dese apartado 3 financien maioritariamente a súa actividade, controlen a súa xestión, ou nomeen a máis da metade dos membros do seu órgano de administración, dirección ou vixilancia.

7. En ningún caso o custo dos gastos subvencionables poderá ser superior ao valor de mercado.

8. Todos os gastos deben ser facturados ao organismo intermedio solicitante e pagados por dito organismo. Non se admiten pagamentos en efectivo.

Cuantía de las ayudas

1. Para as accións incluídas nesta convocatoria límite máximo de subvención será de 400.000 euros por beneficiario e convocatoria.

A intensidade de axuda será do 80% de subvención sobre gastos subvencionables relacionados no artigo 5, para os seguintes gastos:

- Gastos das accións correspondentes ás letras a) b) c) do punto 1 do artigo 1 no caso de que se trate de accións virtuais;

- Gastos correspondentes as accións das letras f), g), h), i), j) e k) do punto 1 do artigo 1.

A intensidade de axuda será do 100% de subvención sobre gastos subvencionables relacionados no artigo 5, para os seguintes gastos:

- Gastos correspondentes as accións das letras d), e) do punto 1 do artigo 1.

As intensidades de axuda e importes de subvención, variarán segundo a área xeográfica na que se desenvolva a acción, para os seguintes gastos:

- Gastos das accións correspondentes ás letras a) b) c) do punto 1 do artigo 1; no caso de que se trate de accións presenciais;

a) Misións empresariais directas ou visitas a feiras (accións do artigo 1.1.a) que teñan carácter presencial.
Neste tipo de accións, non se establecen límites para o número de acción por país ou área xeográfica.

b) Participación en feiras (accións do artigo 1.1.b) que teñan carácter presencial.
Neste tipo de accións, non se establecen límites para o número de acción por país ou área xeográfica.

c) Misións empresariais inversas (accións do artigo 1.1.c) ), que teñan carácter presencial.
Neste tipo de accións exíxese un mínimo de 3 empresas/prescriptores visitantes.

No caso de que a misión inversa estea formada por empresas/prescriptores de varios paises, o importe de subvención calcularase utilizando os límites da área xeográfica da que procedan a meirande parte dos mesmos. No caso de que coincida o número de empresas provintes de varias zonas, tomarase o límite da área xeográfica con maior porcentaxe de axuda.

Plazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación remata o 15 de xuño de 2022 ás 14:00 h.

Incompatibilidades

1. Estas axudas son incompatibles con outras axudas ou subvencións, ingresos ou apoios para a mesma finalidade, procedentes de calesquera Administracións ou entes públicos ou privados, nacionais, da Unión Europea ou de organismos internacionais públicos ou privados. Unha operación non poderá recibir ningunha outra axuda.

2. Ao estar este réxime de axudas suxeito ao réxime de minimis, deberase garantir que de recibir o beneficiario outras axudas baixo o réxime de minimis non se supera o límite de 200.000 euros nun período de tres exercicios fiscais. Para as empresas do sector transporte de mercadorías por estrada este límite redúcese a 100.000 euros. Para as empresas do sector da pesca as axudas de minimis totais que se concedan a unha mesma empresa non poderán superar 30.000 euros durante calquera período de tres exercicios fiscais. Para as empresas do sector agrícola o límite de minimis redúcese a 20.000 euros durante calquera período de tres exercicios.

3. A obtención doutras axudas ou subvencións deberá comunicarse ao Instituto Galego de Promoción Económica tan axiña como se coñeza e, en todo caso, no momento en que se presente a documentación xustificativa do proxecto realizado. En todo caso, antes de conceder e pagar a axuda, requirirase do solicitante unha declaración sobre calquera outra axuda pública ou privada recibida e/ou solicitada para o mesmo proxecto e/ou para os mesmos conceptos para os que solicita esta subvención e sobre calquera outra axuda de minimis recibida e/ou solicitada durante os dous exercicios fiscais anteriores e durante o exercicio fiscal en curso. O incumprimento do disposto neste artigo considerarase unha alteración das condicións tidas en conta para a concesión da axuda e poderá dar lugar a un procedemento de reintegro.

Referencia legislativa

Resolución do 16 de marzo de 2022 (DOG Nº53 do 17/03/2022) - Bases reguladoras e convocatoria
Resolución do 23 de maio de 2022 (DOG Nº99 do 24/05/2022) - Modificación das bases e ampliación do prazo de presentación.
Resolución do 8 de marzo de 2023 (DOG Nº49 do 10/03/2023) - Ampliación do prazo de execución

Información y tramitación en

A solicitude presentarase obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I) que se obterá de xeito obrigatorio na aplicación informática http://www.tramita.igape.es, desde as 8:00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes ata as 14:00 horas da data de finalización, accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

Será necesario que o asinante da solicitude teña a representación legal da empresa ou entidade solicitante. Esta representación deberá ser individual ou solidaria, de xeito que coa súa sinatura abonde para acreditar a vontade do solicitante.

Os organismos interesados deberán xuntar coasolicitude a seguinte documentación:

a) Acta e estatutos de constitución, con acreditación da súa inscrición no rexistro correspondente e modificacións posteriores destes e acreditación da representación con que se actúa, no caso de entidades non inscritas no Rexistro Mercantil.
b) Certificado acreditativo da inscrición no Rexistro de Centros de Innovación e Tecnoloxía con anterioridade ao 31/12/2016, no caso de centros de innovación e tecnoloxía.
c) As tres ofertas que, se é o caso, en aplicación do artigo 29.3 da Lei de subvencións de Galicia, deba ter solicitado, de acordo co establecido no artigo 5.5 das bases reguladoras.

Observaciones

O prazo de execución iniciarase o 1 de xaneiro de 2022, se ben o proxecto para o que se solicita a axuda non poderá estar executado integramente no momento de presentar a solictiude de axuda, e rematará na data establecida na resolución de concesión, sen que nunca poida exceder do 31 de xullo do 2022 para as solicitudes con accións a realizar ata esta data, e do 30 de abril do 2023 para solicitudes con accións a realizar ata esta data. Estas dúas datas, en cada caso, son as datas últimas admisibles de facturación e pagamento. Dentro deste prazo de execución deberase presentar a solicitude de cobramento. As accións realizadas entre o 1 de agosto do 2022 e o 31 de decembro do 2022 poderán ser imputadas ao 2023.