As presentes bases teñen por finalidade o fomento da competitividade, a innovación e a cooperación empresarial en distintos sectores da actividade económica en Galicia mediante a concesión de axudas ás entidades xurídicas xestoras de agrupacións empresariais (clúster) innovadoras galegas para a realización de actividades neses eidos.
O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia competitiva.
As axudas das bases reguladoras anexas á presente convocatoria fináncianse con fondos propios da Comunidade Autónoma de Galicia.
1. As axudas contempladas nestas bases destínanse ás agrupacións empresariais (clúster) innovadoras segundo a definición do Regulamento (UE) 651/2014, do 17 de xuño de 2014, que cumpran todas estas condicións:
a) Que teñan creada unha entidade con personalidade xurídica propia e sen ánimo de lucro que xestione a agrupación clúster.
b) Que representen un ámbito de actividade/sector definido como prioritario segundo a orientación sectorial do documento Axenda da Competitividade Industrial Galicia: Industria 4.0
1º Estratéxicos: Agroalimentación, produtos do mar e acuicultura, Automoción, Enerxías Renovables, Madeira/Forestal, Naval/Industria marítima, Pedra Natural, Téxtil-moda.
2º Emerxentes e de alto potencial: Aeronáutico/aeroespacial, Industria da saúde e do benestar, Industrias creativas, Biotecnoloxía, Novos materiais, Ecoindustria, TIC.
3º De soporte da nova industria: Telecomunicacións, Enerxía, Loxística.
c) Que colaboren e desenvolvan proxectos en cooperación no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.
d) Que representen a un ámbito de actividade cuxa facturación conxunta en Galicia supere o valor do 1% no PIB da Comunidade Autónoma no ano 2020.
e) Que cando menos o 60% dos seus asociados directos sexan empresas e, destas, que o 50% ou máis dispoñan dun centro de traballo en Galicia.
f) Que teñan como socios directos un número de empresas que cumpra cando menos con dous dos tres seguintes requisitos:
1º 30% da facturación do ámbito de actividade englobado
2º 10% das empresas do ámbito de actividade
3º 20% do emprego do ámbito de actividade.
g) Capacidade tecnolóxica e de innovación. O clúster deberá contar con centros tecnolóxicos propios ou postos á súa disposición mediante colaboración con outras entidades. Neste último caso, só se considerarán válidos a estes efectos os acordos de colaboración con contidos específicos respecto da innovación e a tecnoloxía, rexeitándose os acordos con contidos de carácter xeral, de xestión ou administrativos aínda que estean asinados con centros ou institucións tecnolóxicas.
h) Proxección internacional. O ámbito de actividade do clúster deberá ter vocación e proxección cara a mercados internacionais pola súa propia natureza e non representar un negocio de proximidade ou local.
i) Capacidade de execución de proxectos implicando aos seus asociados. O clúster deberá acreditar esta capacidade mediante memoria de actividades realizadas nos últimos 3 anos, enumerando e describindo brevemente os proxectos desenvolvidos xunto cos seus asociados ou promovendo a súa participación, tiveran ou non financiamento público. Considerarase que ten esta capacidade se acredita a execución de polo menos dous proxectos por ano.
2. Tamén poderán ser beneficiarias as entidades que, sen cumprir calquera das condicións d), e), f) ou g) do apartado anterior, teñan en vigor á data da solicitude o recoñecemento como AEI (Agrupación Empresarial Innovadora) dentro do programa de excelencia do Ministerio de Industria, Comercio y Turismo ou ben que posúan a etiqueta Gold de excelencia na xestión de clústeres expedida pola ESCA (European Secretariat for Cluster Analysis).
3. Non poderán ser entidades beneficiarias as que estean suxeitas a unha orde de recuperación de axudas como consecuencia dunha decisión previa da Comisión Europea que as declare ilegais ou incompatibles co mercado común, nin as empresas que estivesen en crise a 31 de decembro de 2019, segundo a definición do artigo 2 do Regulamento (UE) 651/2014, da Comisión.
4. Non poderán ter a condición de beneficiarios as entidades en que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2º e 3º da Lei de subvencións de Galicia.
Os proxectos que cumpran coas condicións necesarias serán avaliados de acordo co seguinte baremo xeral, polas características da agrupación clúster:
1º Importancia do ámbito da actividade na economía galega: a partir do requisito mínimo do 1% establecido no artigo 4.1.d): 1 punto por cada 0,2% adicional de facturación conxunta sobre o PIB galego ata un máximo de 10 puntos.
2º Fortaleza da entidade clúster: número de empresas asociadas galegas ou con centro de traballo en Galicia sobre o total de empresas do ámbito de actividade en Galicia. A partir do requisito mínimo do 10% establecido no artigo 4.1.f).2º: 1 punto por cada 5% adicional ata un máximo de 10 puntos.
3º Capacidade de dinamización das empresas asociadas: asignarase un máximo de 10 puntos, de acordo coa expresión (P-50%)*20, onde P e a porcentaxe de empresas asociadas que participaran en, polo menos, unha das actividades organizadas polo clúster no ano anterior ao da solicitude da axuda: xornadas, presentacións, foros, conferencias, feiras, congresos e outros eventos e reunións, incluída a asemblea xeral. Se esta expresión é negativa, asignaranse 0 puntos.
4º Capacidade de mobilización de proxectos. Teranse en conta os proxectos promovidos ou nos que fora participante a entidade clúster no último exercicio. Outorgarase un punto por proxecto no que só participe a entidade clúster e 2 por cada proxecto no que tamén participen empresas asociadas ata un máximo de 10 puntos.
5º Posuír a etiqueta Gold de excelencia na xestión de clúster acreditada pola ESCA (European Secretariat for Cluster Analysis) en vigor ou estar inscrita no Rexistro de AEI (Agrupacións Empresariais Innovadoras) dentro do programa de excelencia do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo: 50 puntos. Só se valorará este apartado para os solicitantes que accedan á condición de beneficiario cumprindo as condicións do artigo 4.1
6º Contribución da carteira de proxectos requiridos no Artigo 1 aos obxectivos estratéxicos da Axenda de Competitividade nos ámbitos de a) reforzo das persoas e das organizacións, b) crecemento empresarial, c) innovación e d) expansión de mercados e internacionalización; e cos retos da RIS3 de Galicia: xestión innovadora de recursos naturais e culturais, o modelo industrial da Galicia do futuro e novo modelo de vida saudable baseado no envellecemento activo. Concederase 1 punto por cada actuación a desenvolver no eido dun obxectivo estratéxico ou dun reto da RIS3 ata un máximo de 10 puntos.
Poderán concederse axudas ao funcionamento das entidades clúster definidas no artigo 4 con arranxo ao seguinte:
Serán subvencionables os custos de persoal con contrato laboral, actual ou de nova contratación, que se dedique a tarefas de xestión da entidade clúster. Non se terá en conta ao persoal que desenvolva traballo de especialización técnica e/ou de investigación. A estes efectos, a entidade solicitante achegará unha declaración das tarefas de xestión que desenvolve cada traballador para cuxos gastos solicite axuda.
Aos efectos desta axuda considéranse custos de persoal:
a) Salario bruto: retribucións do persoal que teñan a consideración de concepto retributivo. Non terán esa consideración os finiquitos e indemnizacións por finalización de contrato por calquera causa, as dietas nin as compensacións de transporte ou comida. O período no que o traballador estea de baixa por incapacidade laboral non computará aos efectos de xustificar o gasto. As retribucións non periódicas como pagas por produtividade, beneficios ou similares, aínda que teñan a consideración de salario, só se terán en conta como gasto subvencionable se estiveran recollidas no convenio colectivo de aplicación ou en pacto particular co traballador con anterioridade á publicación destas bases, o que deberá acreditar o beneficiario.
Non se aceptarán con cargo a estas axudas incrementos retributivos agás os derivados da aplicación das leis, do convenio colectivo ou do cumprimento de sentenzas. A estes efectos, a entidade solicitante deberá certificar o salario bruto anual percibido por cada traballador dedicado no último exercicio. No caso de contratacións novas deberán declarar as condicións nas que se fará dita contratación en canto a tipo de contrato, duración, categoría profesional, funcións e retribución total anual diferenciando salario por todos os conceptos e custo da Seguridade Social.
O persoal tamén poderá ser autónomo economicamente dependente da agrupación, conforme á Lei 20/2007 do Estatuto de Traballo Autónomo.
Un traballador con contrato laboral non poderá ao mesmo tempo facturarlle á entidade clúster por ningún tipo de servizo como colaborador externo, nin directamente nin a través doutra persoa física ou xurídica interposta. A estes efectos a auditoría da conta xustificativa aos que se refire o artigo 17.6 destas bases reguladoras deberá conter unha mención expresa sobre este extremo.
b) Seguridade Social a cargo do empregador beneficiario da axuda.
Non serán subvencionables os gastos do persoal que teña un custe anual de salario bruto máis Seguridade Social superior a 97.000 euros.
2. Viaxes interurbanas e aloxamento, tanto nacionais como internacionais, necesarias para a realización da actividade de xestión da entidade clúster por parte do persoal aludido no punto 1 deste artigo, por medio de servizos de transporte prestados por ámbitos públicos ou privados (ferrocarril, transporte aéreo, autobús ou vehículo de aluguer). Establécese un custo máximo de 75 euros/día para os custes de aloxamento para todas as categorías de persoal.
3. Gastos relativos a servizos necesarios para a xestión operativa da entidade, excepto gastos financeiros e de investimento. Por exemplo, gastos por arrendamento, reparación e conservación de elementos do inmobilizado e material de oficina entre outros. Este concepto calcularase como un 10% dos custos de persoal imputados.
4. Custos de auditoría da conta xustificativa aos que se refire o artigo 17.6 destas bases reguladoras.
5. No suposto de que o importe do IVE dos gastos subvencionables supoña un custo real soportado polo beneficiario poderá ser considerado tamén un gasto subvencionable. Neste caso deberase presentar un certificado relativo á situación do beneficiario con respecto ao IVE. No caso de que o réxime do IVE sexa a pro rata, o gasto subvencionable calcularase en base a pro rata definitiva do último exercicio pechado antes da concesión da axuda, sendo responsabilidade do beneficiario realizar os axustes correspondentes na liquidación das obrigas fiscais.
O período de execución dos gastos subvencionados denomínase prazo de execución do proxecto e abarcará desde a data de presentación da solicitude ata o remate do prazo establecido na resolución de concesión, que non poderá superar a data establecida na resolución de convocatoria.
Tamén se considerarán como gasto realizado en prazo os ingresos a conta do IRPF ou cotas da Seguridade Social liquidables con posterioridade á data de execución. O importe destes ingresos ou cotas considerarase xustificado coa presentación do documento de gasto en que se reflicta o importe de retención ou cotizacións devindicadas na data de xustificación. A entidade subvencionada deberá presentar os documentos acreditativos da súa liquidación nos dez días seguintes ao remate dos prazos legalmente establecidos para o seu ingreso no período voluntario.
1. Con carácter xeral, a subvención será do 40% dos custos relacionados no artigo 5.
2. A intensidade da axuda poderá incrementarse ata un máximo do 50% nos seguintes casos:
a. Nun 5% adicional se a entidade participa polo menos en 2 proxectos a nivel nacional, resultando unha intensidade de axuda do 45%.
b. Outro 5% adicional, se a entidade participa polo menos en 2 proxectos a nivel europeo, resultando unha intensidade de axuda do 50%.
3. Alén do anterior, en calquera caso a subvención aos custos de auditoría do apartado 4 do artigo anterior será do 50% ata un máximo de 2.000 euros por cada liquidación parcial.
4. Estas axudas só poderán concederse durante un máximo de 10 anos a partires da data na que se notifique a resolución de concesión. Para aquelas entidades que tiveran unha axuda concedida ao abeiro da Resolución do 5 de agosto de 2016 (DOG núm. 155, do 18 de agosto) o período de 10 anos comeza a contar o 09/12/2016
O prazo de presentación de solicitudes será de un mes a contar dende o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
1. Estas axudas son compatibles con outras axudas ou subvencións públicas sempre que a contía das axudas acumuladas non supere o 100% do custo subvencionable aprobado.
2. A obtención doutras axudas ou subvencións deberá comunicarse ao Igape tan axiña como se coñeza e, en todo caso, no momento en que se presente documentación xustificativa do proxecto realizado. En todo caso, antes de conceder e pagar a axuda, requirirase do solicitante unha declaración sobre calquera axuda pública ou privada recibida e/ou solicitada para o mesmo proxecto e/ou para os mesmos conceptos para os que solicita esta subvención. O incumprimento do disposto neste artigo considerarase unha alteración das condicións tidas en conta para a concesión da axuda e poderá dar lugar a un procedemento de reintegro.
Resolución do 29 de novembro de 2021 (DOG Nº 236 do 10/12/2021) - Bases reguladoras
* Información:
- No Servizo de Atención Telemática a través do teléfono 900 81 51 51 ou 981 54 11 47
- A través de www.igape.es ou en informa@igape.es
*Tramitación:
As entidades interesadas deberán cubrir previamente un formulario electrónico descritivo das circunstancias do solicitante e do proxecto para o cal solicita a subvención, a través da aplicación establecida no enderezo da internet http://www.tramita.igape.es
A solicitude presentarase obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I) que se obterá de xeito obrigatorio na aplicación informática http://www.tramita.igape.es, desde as 8.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes ata as 14.00 horas da data de finalización.
A solicitude presentarase obrigatoriamente por medios electrónicos.
Será necesario que o asinante da solicitude teña a representación da empresa ou entidade solicitante. Esta representación deberá ser individual ou solidaria, de maneira que coa súa sinatura baste para acreditar a vontade do solicitante.
* Documentación complementaria:
As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
a) Memoria descritiva do proxecto que deberá conter toda a información necesaria para acreditar os requisitos e condicións dos artigos 1 e 4, a declaración dos gastos e mención explícita aos criterios sinalados no artigo 6 destas bases.
b) Escritura de constitución e dos estatutos debidamente inscritos no rexistro competente e modificacións posteriores destes, no caso de entidades non inscritas no Rexistro Mercantil.
c) Acreditación da representación con que se actúa, no caso de entidades non inscritas no Rexistro Mercantil.
A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
O prazo de execución dos gastos subvencionables non poderá superar o 15 de outubro de 2024. Os beneficiarios deberán presentar unha solicitude de cobramento da subvención. O prazo para presentala rematará o 15 de outubro de 2024.
Os beneficiarios deberán, así mesmo, presentar solicitudes de cobramento parcial da subvención para cada anualidade do proxecto. Para cada anualidade poderán presentar un máximo de dúas solicitudes de cobramento parcial, entre o 1 e o 31 de maio e o 1 e 30 de novembro de cada ano.
A primeira anualidade comprenderá gastos executados dende a data de presentación da solicitude de axuda ata o 30 de novembro de 2022, a segunda irá dende o 1 de decembro de 2022 ata o 30 de novembro de 2023 e a derradeira, dende o 1 de decembro de 2023 ata o 15 de outubro de 2024.
Os beneficiarios da axuda poderán solicitar un anticipo de ata o 50% do importe da primeira anualidade no prazo de 3 meses a contar dende a concesión da axuda. Posteriormente, poderanse solicitar semestralmente solicitudes de cobro parciais, de acordo co establecido a tal fin nas bases reguladoras