El plazo de presentación finalizó el 30/12/2020

IG282 - PRÉSTAMOS IFI EXTRAORDINARIOS COVID-19

Finalidad / Objetivo

Apoiar financeiramente ás pemes afectadas pola crise causa pola COVID-19 que, coas medidas de apoio financeiro postas en marcha ata o momento polas administracións central e autonómica, non obtiveran financiamento suficiente para manter a súa capacidade de funcionamento.

A presente convocatoria finánciase no marco do programa operativo Feder Galicia 2014‑2020, que ten unha taxa de cofinanciamento Feder do 80 %, en particular:
Préstamos IFI extraordinarios COVID-19:
Obxectivo temático 03: mellorar a competitividade das pemes.
Prioridade de investimento 03.d: apoio á capacidade das pemes para o crecemento nos mercados rexionais, nacionais e internacionais e nos procesos de innovación.
Obxectivo específico: 03.04.01: promover o crecemento e a consolidación das pemes, en particular mellorando o seu financiamento, tecnoloxía e acceso a servizos de apoio avanzados; inclúense os sectores agrícola, pesqueiro, mariño, marítimo, turístico, cultural e comercial.
Actuación: 3.4.1.3.b: instrumentos financeiros para proxectos de investimento empresarial para promover o crecemento e a consolidación das pemes.
Campo de intervención CE001: investimentos produtivos xenéricos nas pequenas e medianas empresas (pemes).

Tipos de apoyo

Contratos de préstamo a instrumentar entre e o beneficiario e o Igape. Concorrencia non competitiva.

Beneficiarios potenciales

1. Poderán ser beneficiarios aquelas pequenas, medianas ou microempresas, que cumpran os seguintes requisitos:

a) Realizar unha iniciativa empresarial nun centro de traballo, obxecto do proxecto de investimento, localizado na Comunidade Autónoma de Galicia, salvo nas modalidades de préstamos que no Anexo I eximan expresamente deste requisito.

b) Cumprir as condicións establecidas especificamente para a correspondente modalidade de préstamo, conforme aos requisitos que se detallan no anexo I.

c) Achegar para o proxecto de investimento unha contribución financeira mínima do 25% do proxecto, exenta de calquera tipo de apoio público.
En préstamos destinados ao financiamento de capital de explotación, non será de aplicación este requisito nin tampouco necesaria a execución dun proxecto de investimento. As referencias realizadas nestas bases ao “proxecto de investimento” e a “conceptos de investimento” entenderanse realizadas ao “proxecto financiable” e a “conceptos financiables”.

Poderán ser beneficiarias aquelas empresas que, cumprindo estos requisitos, acrediten estar afectadas pola crise causada pola COVID-19 e xustifiquen a necesidade de financiamento para o capital de explotación necesario para reforzar o desenvolvemento das súas actividades xerais en Galicia.

Excepciónase do requisito previsto no artigo 1.1. a) (centro de traballo localizado na Comunidade Autónoma de Galicia) a aquelas empresas cuxa actividade sexa o comercio ao detalle fóra de establecementos comerciais permanentes, e outras actividades vencelladas a feiras e verbenas, sempre que acrediten que a súa actividade económica no ano 2019 desenvolveuse predominantemente en Galicia.

As beneficiarias terán que acreditar razoablemente no expediente de solicitude, que cumpren polo menos unha das seguintes condicións:

1. Atoparse ante a necesidade de recuperar o capital de explotación perdido durante a crise de saúde pública, tras presentar os dous últimos anos EBITDA positivo, non poder ter axustado os seus custos á caída da facturación motivada pola crise de saúde pública, e que isto supuxera unha redución do activo corrente e/ou un aumento do pasivo corrente no balance, situando a diferenza de ambas magnitudes por debaixo do fondo de manobra necesario para o normal funcionamento.

2. Atoparse ante a necesidade de incrementar o seu capital de explotación en previsión dunha lenta recuperación do mercado. Entenderase que sucede isto, exclusivamente nos seguintes casos:

- Nas industrias ou nas actividades comerciais que adquiren os seus aprovisionamentos de materia prima ou de mercadorías de forma estacional, dependendo de colleitas ou campañas, e deben almacenar as súas existencias durante un período de tempo moito máis longo do habitual a causa da previsible caída das vendas.

- En empresas cuxos clientes estean especialmente afectados pola crise, e deban conceder períodos de cobro máis dilatados nas súas vendas.

3. Empresas que, polas súas características particulares, sufran habitualmente dificultades de acceso ao financiamento bancario para capital de explotación, e que na situación de crise vexan empeorada a súa capacidade de acceso ao crédito. Enténdese que se atopan nesta situación:

- Pemes de economía social (Cooperativas, Sociedades Laborais, Centros Especiais de Emprego, Empresas de Inserción Laboral, e outras entidades de economía social con actividade empresarial significativa).

- Pemes cuxa actividade sexa fundamentalmente estacional, vinculada á celebración de eventos que foran cancelados pola crise de saúde pública.

2. Tamén poderán ser beneficiarias as persoas físicas e as sociedades civís e comunidades de bens, que cumpran o establecido no apartado 1 anterior.

Requisitos principales del proyecto

1.- Importe do préstamo:

O mínimo do/s préstamo/s por beneficiaria será de 3.000 euros e o máximo de 500.000 euros. A titular deberá solicitar a cantidade que estime necesaria para reforzar o seu capital de explotación, en coherencia coa memoria explicativa que deberá xuntar á solicitude.

2. - Prazos de amortización e de carencia:
O prazo de amortización será como máximo de 7 anos, incluíndo un máximo de 3 anos de carencia na amortización de principal.

3. - Tipo de xuro:

a) Tipo de xuro ordinario:

O tipo de xuro nominal anual, determinarase para toda a vida do préstamo no momento da concesión, resultado de sumar:

-Tipo de referencia: Será a media do Euribor a 1 ano do mes anterior á data da Proposta de Resolución da concesión do préstamo.

- Marxe adicional: Será de 0,2 puntos porcentuais.

O tipo de xuro será do 0% cando resultase negativo.

b) Tipo de xuro de mora:
En caso de atraso no pago dalgunha das sumas debidas en virtude deste contrato, o prestameiro incorrerá de pleno dereito en mora sen necesidade de requirimento previo e virá obrigado a pagar sobre a suma vencida o tipo de xuro ordinario do período máis 6 puntos porcentuais anuais. Os devanditos xuros liquidaranse coincidindo co seguinte vencemento trimestral de xuros

4. - Plan de amortización:

Unha vez finalizado o período de carencia, o reintegro do préstamo realizarase en cotas trimestrais vencidas, o último día de cada trimestre natural, xunto coa cantidade destinada ao pago de xuros. O plan de amortización será calculado polo Igape e incorporarase á resolución de concesión. Para o cálculo do plan de amortización, utilizarase o sistema de amortización francés, de forma que a carga para afrontar polo beneficiario, resultante de sumar os xuros e as amortizacións para pagar ao trimestre polo beneficiario mantéñase constante durante toda a vida do préstamo tras a carencia.

5 - Garantías:
Para préstamos de importe igual ou inferior a 200.000 euros, non se requirirá a achega de garantías adicionais á responsabilidade da prestameira. Para préstamos de importe superior, Igape tomará garantías en función da súa dispoñibilidade e das características do beneficiario. As garantías serán puntuadas conforme aos criterios sinalados no Anexo IV.

Cualificación requerida del proyecto

Non se establecen criterios específicos de avaliación, concedéndose todas as solicitudes que superen os limiares de cualificación do risco e cumpran os requisitos das bases reguladoras, ata o esgotamento do presuposto.

Inversiones o gastos computables

Será financiable o capital de explotación, que incluirá os seguintes conceptos de gasto aos que poderá aplicarse o préstamo:

a) O financiamento de contas a pagar por compras de materias primas, outros aprovisionamentos e mercadorías, gastos de persoal (soldos e salarios, indemnizacións, seguridade social, e outros gastos sociais), impostos, arrendamentos e cánones, reparacións e conservación, servizos de profesionais independentes, transportes, primas de seguros, publicidade, propaganda e relacións públicas, subministracións e outros servizos relacionados coa actividade.

b) O financiamento das contas a cobrar de clientes, que se reflicta nun incremento de saldo do balance.

Os fondos do préstamo non poderán ser aplicados a finalidades distintas das relacionadas, tales como o pago de investimentos ou o pago de débedas bancarias.

Plazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, e rematará cando se produza a primeira das seguintes circunstancias:

a) Que conforme ás solicitudes recibidas, se esgote o crédito orzamentario para a respectiva modalidade de préstamo.

b) O 30 de decembro de 2020.

Incompatibilidades

Os préstamos contemplados nesta liña de financiamento serán compatibles con outras axudas, sempre que non supoñan un dobre financiamento do capital de explotación nas beneficiarias que foran tamén apoiadas por outras operación financiadas pola UE.

Unha operación poderá recibir axuda dun ou varios fondos EIE ou dun ou varios programas e doutros instrumentos da Unión, coa condición de que o gasto declarado nunha solicitude de pagamento correspondente a un dos fondos EIE non se declare para solicitar axuda doutro fondo ou instrumento da Unión, ou axuda do mesmo fondo no marco dun programa distinto. O importe do gasto que deberá consignarse nunha solicitude de pagamento dun fondo EIE pode ser calculado para cada fondo EIE e para o programa ou programas de que se trate a pro rata, conforme o documento en que se establezan as condicións da axuda.

Referencia legislativa

Resolución do 13 de novembro de 2020 (DOG Nº235 do 20/11/2020) - Modificación das bases dos préstamos IFI e convocatoria IFI Extraordinario Covid-19
Resolución do 3 de agosto de 2020 (DOG Nº163 do 14/08/2020) - Bases reguladoras préstamos IFI
Resolución do 27 de abril de 2021 (DOG Nº84 do 05/05/2021 ) - Modificación do prazo de disposición

Información y tramitación en

* Información:

- Nas oficinas territoriais do IGAPE
- No Servizo de Atención Telemática a través do teléfono 900 81 51 51 ou 981 54 11 47
- A través de www.igape.es ou en informa@igape.es

*Tramitación:
Para presentar a solicitude de préstamo, a entidade solicitante deberá cubrir previamente un formulario electrónico descritivo das circunstancias do solicitante e do proxecto, a través de http://www.tramita.igape.es

A solicitude presentarase obrigatoriamente por medios electrónicos. Será necesario que o asinante da solicitude teña a representación da empresa ou entidade solicitante. Esta representación deberá ser individual ou solidaria, de maneira que coa súa sinatura baste para acreditar a vontade do solicitante.

A solicitude deberá presentarse xunto coa seguinte documentación complementaria:

a) A documentación específica sinalada no anexo I para cada modalidade do produto financeiro.

b) Informe detallado da Central de Información de Riscos do Banco de España (CIR) correspondente ao último período dispoñible, consistente nun arquivo en formato PDF asinado electrónicamente que o solicitante deberá obter da Oficina Virtual do Banco de España (actualmente no enderezo da internet https://sedeelectronica.bde.es).

c) En caso de sociedades mercantís:

1º. Escritura de constitución e dos estatutos e as súas modificacións posteriores, e poder do representante que presenta a solicitude.
2º. Contas anuais correspondente ao último exercicio pechado.
3º. Balance e conta de resultados recentes, asinados polos administradores.

d) No caso de persoas físicas ou comunidades de bens: copias das declaracións de IVE (resumo anual do exercicio anterior e liquidacións periódicas do exercicio corrente).

Ademais da documentación sinalada, deberá figurar xunto coa solicitude a documentación específica para o Préstamo IFI extraordinario Covid-19:

1. Memoria explicativa do cumprimento das condicións previstas no punto C). En particular, deberá conter:

a) Para os solicitantes que se encadren no número 1 do punto C.1), unha comparativa de balances de situación e contas de resultados en 30.6.2019 e 30.6.2020, xunto cunha explicación do impacto da crise sanitaria na súa actividade económica, así como unha estimación do fondo de manobra necesario para as actividades habituais da empresa.

b) Para os solicitantes que se encadren no número 2 do punto C.1), unha comparativa de balances históricos e previsionais, con detalle dos principais clientes e provedores, os períodos de cobramento, pagamento e mantemento de existencias históricos e previsionais, xunto cunha explicación do impacto da crise sanitaria no seu mercado.

c) Para os solicitantes que se encadren no número 3 do punto C.1), detalle dos activos e pasivos bancarios afectos á actividade que dispuñan en 31.12.2019 e dos actuais.

2. Memoria explicativa sobre o cumprimento dos criterios de valoración de risco de crédito sinalados no anexo III, xuntando documentación acreditativa se é o caso. No caso de persoas físicas, deberá achegar copia da declaración do IRPF do último exercicio e unha declaración responsable de bens e débedas.

Observaciones

O prazo máximo para a disposición será ata o 30 de decembro de 2021