El plazo de presentación finalizó el 17/08/2020

IG279 - REACTIVA COMERCIO SEGURO

Finalidad / Objetivo

Axudas aos proxectos dos comercios ao retallo galegos para contribuír á reactivación do comercio galego garantindo a seguridade laboral e a xeración de confianza no consumidor e convocar para o ano 2020 as ditas axudas en réxime de concorrencia non competitiva.

Esta convocatoria é susceptible de financiamento no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 que, en aplicación das medidas excepcionais para a utilización dos fondos EIE en resposta ao brote de COVID-19, ten unha taxa de cofinanciamento do Feder do 100 %. En particular:
Obxectivo temático 03: mellorar a competitividade das pemes, do sector agrícola (no caso do Feader) e do sector da pesca e a acuicultura (no caso do FEMP).
Prioridade de investimento 03.04: apoio á capacidade das pemes para crecer nos mercados rexionais, nacionais e internacionais e para implicarse en procesos de innovación.
Obxectivo específico 03.04.01: promover o crecemento e a consolidación das pemes, en particular mellorando o seu financiamento, tecnoloxía e acceso a servizos de apoio avanzados; incluíndo os sectores agrícola, pesqueiro, mariño, marítimo e turístico, así como as pemes (...).
Campo de intervención CE001: investimento produtivo xenérico en pemes.
Liña de actuación 07: apoio financeiro a proxectos de investimento empresarial.

Tipos de apoyo

Axudas en concorrencia non competitiva. Réxime de minimis

Beneficiarios potenciales

1. Poderán ser beneficiarias as pequenas e medianas empresas (pemes), calquera que sexa a súa forma xurídica, polo que tamén poderán acceder á condición de beneficiario as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, poidan levar a cabo os proxectos, as actividades ou os comportamentos ou se atopen na situación que motiva a concesión da subvención.

2. Exímese ás persoas beneficiarias desta subvención do requisito de atoparse ao corrente no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social ou fronte á Administración pública da Comunidade Autónoma, no momento da concesión da axuda e do pagamento do anticipo concedido. No momento da xustificación, os beneficiarios deberán estar ao día das súas obrigas coa Facenda Pública, coa Comunidade Autónoma de Galicia e coa Seguridade Social.

3. Non poderán ter a condición de beneficiarias as empresas nas que concorra algunha do resto de circunstancias previstas no artigo 10.2 e 3 da Lei 9/2007, ou incumpran as obrigas do artigo 11 da citada Lei, as empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación de axudas, consecuencia dunha decisión da Comisión Europea.

4. Ademais deberán cumprir as seguintes condicións:

- Que desenvolvan a súa actividade en Galicia a lo menos nun centro de traballo.
- Que, tendo a condición de peme, empreguen menos de dez (10) traballadores e non teñan a consideración de grande establecemento comercial segundo a normativa aplicable.
- Que estean dados de alta nalgúns dos epígrafes do IAE que se relacionan no Anexo I.
- Que desenvolvan a actividade comercial nun ou varios establecementos, que individualmente non superen unha superficie total de 300 metros cadrados, agás que a actividade comercial se encadre na epígrafe 653 do IAE.

Sectores incentivables

As actividades que se relacionan no Anexo I.

Requisitos principales del proyecto

1. Os proxectos subvencionables terán que incluír un conxunto de actuacións de entre as descritas no artigo 1.2, aliñadas coas recomendacións do Autodiagnóstico efectuado coa ferramenta ComercioSeguroGalicia.

2. O importe dos proxectos subvencionables estará comprendido entre 300 e 1.200 euros

3. En ningún caso o custo dos gastos e dos investimentos subvencionables poderá ser superior ao valor de mercado.

4. En ningún caso se admitirán os pagamentos xustificados mediante recibo do provedor, nin os pagamentos por caixa ou en efectivo.

Inversiones o gastos computables

Estas axudas teñen como obxecto subvencionar aqueles proxectos que inclúan unha ou varias das seguintes actuacións:

1. Medidas de protección dos empregados e clientes no establecemento comercial, tales como:

- Pantallas protectoras para mostradores e zonas de caixa.
- Vinilos adhesivos para a delimitación no chan de zonas seguras, marcación dos fluxos de clientes, de marcación de posicionamento e a da distancia de seguridade interpersoal.
- Dispositivos de control de aforos e de sistemas de conteo de clientes ou outro sistema para garantir a distancia entre clientes.
- Dispositivos de control de temperatura.
- Calquera outra medida das recomendadas pola autoridade sanitaria que permita incrementar a protección dos empregados e clientes.

2. A adaptación do establecemento comercial para reducir o contacto do cliente con elementos e superficies e evitar a súa contaminación, tales como:

- Portas de apertura automática.
- Instalación de puntos de autopago.
- Sensores de luz.
- Calquera outra medida ou dispositivo para minimizar o contacto.

3. A adquisición de medios de protección e hixiene para comerciantes e clientes: máscaras protectoras individuais, máscaras para o persoal do establecemento comercial, luvas, calzas, dispensadores automáticos de xeles hidroalcólicos e calquera outro para a protección persoal que sexa adecuada á específica actividade no comercio. A cantidade destinada a este apartado non poderá exceder do 20% do total de actuacións subvencionables; consecuentemente, ningún proxecto poderá constar unicamente de actuación contempladas neste epígrafe.

4. A instalación de equipos de desinfección de superficies, ambientes e produtos.

5. A contratación de servizos para reforzar a limpeza dos locais e realizar desinfeccións de forma periódica. A cantidade destinada a este apartado non poderá exceder do 20% do total de actuacións subvencionables, para un período máximo de prestación de servizos de 6 meses. Consecuentemente, ningún proxecto poderá constar unicamente de actuación contempladas neste epígrafe.

6. A adquisición de equipos ou realización de obras que permitan a ventilación e renovación do aire do establecemento comercial.

7. Cartelaría e puntos de informacións, físicos ou dixitais, sobre as medidas de prevención ante a COVID-19 implementadas no establecemento comercial.

8. De xeito excepcional, outros que poidan contribuír a protexer a saúde dos comerciantes, empregados e clientes fronte ao COVID-19, o cal se motivará na resolución de concesión.

Tódolos equipamentos e materiais adquiridos en calquera das actuacións anteriores deben cumprir as normas e directivas que son necesarias para a fabricación de equipos de protección individual, material sanitario e outros produtos necesarios para a loita contra o COVID-19. Unha guía orientativa desta normativa está dispoñible en: https://marketplacecovid19.gal/info/normas-e-directivas-para-fabricacion-de-produto

Serán subvencionables os gastos e investimentos, realizados entre o 15 de Marzo de 2020 e a data límite de xustificación establecida na resolución de concesión, necesarios para desenvolver as actividades descritas no artigo 1.2.

Cuantía de las ayudas

A contía da axuda será do 100% dos conceptos subvencionables, cun límite máximo por solicitante de 1.200 euros

Plazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes de axuda comezará o día seguinte á publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia e finalizará o 17 de agosto de 2020, agás que se produza o suposto de esgotamento do crédito.

Incompatibilidades

Estas axudas son incompatibles con outras axudas ou subvencións públicas destinadas ás mesmas actuacións.

Referencia legislativa

Resolución do 15 de xuño de 2020 (DOG Nº120 do 19/06/2020) - Bases reguladoras e convocatoria
Cuestionario de exemplo
Resolución do 23 de xullo de 2020 (DOG Nº152 do 30/07/2020) - Ampliación prazo presentación solicitudes
Resolución do 14 de outubro de 2020 (DOG Nº212 do 21/10/2020) - Ampliación prazo de execución

Información y tramitación en

* Información:

- No Servizo de Atención Telemática a través do teléfono 900 81 51 51 ou 981 54 11 47
- A través de www.igape.es ou en informa@igape.es


* Tramitación:

Para presentar a solicitude, a entidade solicitante deberá cubrir previamente un formulario electrónico descritivo das circunstancias do solicitante e do proxecto para o que solicita a subvención, a través da aplicación establecida no enderezo da internet http://www.tramita.igape.es

A solicitude presentarase obrigatoriamente por medios electrónicos.
Para poder presentar a solicitude por medios electrónicos, os solicitantes deberán reunir os seguintes requisitos:

Será necesario que o asinante da solicitude teña a representación legal da empresa. A oficina virtual do Igape acepta todos os certificados validados pola plataforma @firma da Administración Xeral do Estado. A presentación ante o Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia admite a sinatura da solicitude por parte dun único solicitante.

Á solicitude deberá anexarse o informe obtido do Autodiagnóstico efectuado coa ferramenta ComercioSeguroGalicia, da Consellería de Economía, Emprego e Industria.

O formulario de solicitude incluirá unha opción para que os solicitantes poidan pedir un anticipo do 50% da subvención concedida.

Observaciones

O prazo máximo para resolver e notificar a resolución será de 2 meses desde a data de presentación de solicitude de axuda. Transcorrido este, poderase entender desestimada por silencio administrativo a solicitude de concesión de axuda.

O prazo para presentar a solicitude de cobramento e a xustificación de execución dos proxectos rematará na data establecida na resolución de concesión, sen que nunca poida exceder do 15 de decembro de 2020