1. Estas axudas teñen como obxecto subvencionar proxectos que permitan a reorganización produtiva das empresas galegas para abordar a fabricación de calquera equipamento de utilidade na loita fronte ao Covid 19, nalgún dos seguintes ámbitos:
- Téxtiles sanitarios.
- Equipos de protección individual (mascarillas, cortinas, traxes, gorros, luvas,...).
- Kits e consumibles de diagnose.
- Alcoles e desinfectantes sanitarios.
- Dispositivos de intervención ou tratamento.
- Ventiladores ou das súas compoñentes.
- Elementos para a desinfección.
- Fabricación de maquinaria para a produción destes bens
- Outros equipamentos necesarios para a prevención e loita contra o COIVID-19 ou o tratamento da enfermidade.
2. Para poderen optar a subvención, despois da valoración do cumprimento de requisitos da solicitante e da proposta por parte da Área de Competitividade do Igape, os proxectos deberán ser obxecto de validación por parte do Comité de Fabricación de Equipamento Sanitario, aprobado mediante Consello da Xunta de data 17 de marzo de 2020.
Esta convocatoria finánciase no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, que ten unha taxa de cofinanciamento do Feder do 80 %, computándose como cofinanciamento nacional o investimento privado elixible dos beneficiarios polo 20 % restante. En particular:
Obxectivo temático 03: mellorar a competitividade das pemes, do sector agrícola (no caso do Feader) e do sector da pesca e a acuicultura (no caso do FEMP).
Prioridade de investimento 03.04: apoio á capacidade das pemes para crecer nos mercados rexionais, nacionais e internacionais e para implicarse en procesos de innovación.
Obxectivo específico 03.04.01: promover o crecemento e a consolidación das pemes, en particular mellorando o seu financiamento, tecnoloxía e acceso a servizos de apoio avanzados; incluíndo os sectores agrícola, pesqueiro, mariño, marítimo e turístico, así como as pemes (...).
Actuación 3.4.1.3: apoio a proxectos de investimento empresarial para promover o crecemento e consolidación das pemes.
Campo de intervención CE001: investimento produtivo xenérico en pemes.
Liña de actuación 07: apoio financeiro a proxectos de investimento empresarial.
Subvencións en réxime de concorrencia non competitiva. Réxime de minimis.
1. Pequenas e medianas empresas, galegas ou cun centro de traballo en Galicia, que desenvolvan nun centro de traballo localizado na Comunidade Autónoma de Galicia un proxecto de fabricación de equipamento sanitario nos termos do artigo 1.
2. Poderán acceder á condición de beneficiario as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, poidan levar a cabo os proxectos, as actividades ou os comportamentos ou se atopen na situación que motiva a concesión da subvención.
3. Poderán ser subvencionables os proxectos de fabricación presentados por empresas de calquera sector de actividade excluíndose os seguintes:
a) Empresas que operan nos sectores da pesca e da acuicultura.
b) Empresas dedicadas á produción primaria de produtos agrícolas.
c) Empresas que operan no sector da transformación e comercialización de produtos agrícolas cando o importe da axuda se determine en función do prezo ou da cantidade de produtos deste tipo adquiridos a produtores primarios ou comercializados polas empresas interesadas, ou cando a axuda estea supeditada a que unha parte ou a totalidade da mesma se repercuta aos produtores primarios
d) Actividades relacionadas coa exportación a terceiros países ou Estados membros, é dicir, as axudas directamente vinculadas ás cantidades exportadas, ao establecemento e a explotación dunha rede de distribución ou a outros gastos correntes vinculados á actividade exportadora.
e) As axudas condicionadas á utilización de produtos nacionais en lugar de importados.
4. Non poderán ter a condición de beneficiarias as empresas en que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 e 3 da Lei 9/2007 ou que incumpran as obrigas do artigo 11 da citada lei e as empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación de axudas consecuencia dunha decisión da Comisión Europea.
Calquera sector de actividade excluíndose os seguintes:
a) Empresas que operan nos sectores da pesca e da acuicultura.
b) Empresas dedicadas á produción primaria de produtos agrícolas.
c) Empresas que operan no sector da transformación e comercialización de produtos agrícolas cando o importe da axuda se determine en función do prezo ou da cantidade de produtos deste tipo adquiridos a produtores primarios ou comercializados polas empresas interesadas, ou cando a axuda estea supeditada a que unha parte ou a totalidade da mesma se repercuta aos produtores primarios
d) Actividades relacionadas coa exportación a terceiros países ou Estados membros, é dicir, as axudas directamente vinculadas ás cantidades exportadas, ao establecemento e a explotación dunha rede de distribución ou a outros gastos correntes vinculados á actividade exportadora.
e) As axudas condicionadas á utilización de produtos nacionais en lugar de importados.
1. Os proxectos terán que ser validados polo Comité de Fabricación de Equipamento Sanitario, aprobado mediante Consello da Xunta de data 17 de marzo de 2020.
2. Os proxectos terán que propor unha obtención cuantificada dos equipamentos sanitarios para producir antes do remate do prazo de execución o 30 de novembro de 2020.
3. Os produtos que estean suxeitos á certificación previa á súa utilización deberán obtela ou, cando menos, xustificar a presentación da solicitude de certificación antes do remate do prazo de execución o 30 de novembro de 2020.
4. O período de execución dos investimentos subvencionables denomínase prazo de execución do proxecto e abranguerá desde a entrada en vigor do Real decreto 463/2020 polo que se declara o estado de alarma (14 de marzo de 2020) ata o 30 de novembro de 2020. Calquera gasto realizado fóra deste período non será subvencionable.
1. Serán subvencionables os investimentos e gastos que estean vinculados ao proxecto e que se materialicen nos conceptos que se relacionan a continuación.
- Bens de equipo: maquinaria de proceso, instalacións específicas para a actividade subvencionable, equipos e medios de transporte interno, medios de protección do ambiente e outros bens de equipamento.
- Outros investimentos en activos fixos materiais.
- Activos intanxibles relacionados directamente co proceso produtivo (ou co de prestación de servizos, se é o caso).
- Aprovisionamentos e adquisición de materiais necesarios para fabricar o equipamento sanitario descrito no artigo 1.
- Asistencias técnicas para a identificación e control das especificacións técnicas e/ou certificación de produto necesarias para que o anterior equipamento sanitario poida ser utilizado inmediatamente despois da súa produción.
2. Os activos poderán ser adquiridos en propiedade ou utilizarse en réxime de arrendamento durante o período de execución do proxecto. Neste caso, o custo subvencionable será o importe das cotas periódicas sen recargos, xuros ou outros custos adicionais.
3. Os custes de adquisición de activos de segunda man poderán ser subvencionables sempre que cumpran os seguintes requisitos:
a) Que conste unha declaración do vendedor sobre a orixe dos bens e de que non foron obxecto de ningunha subvención nacional ou comunitaria
b) O prezo non sexa superior ao valor de mercado e sexa inferior ao custo dos bens novos similares, para o cal deberá achegarse certificado de taxador independente.
4. Os bens, materiais e servizos obxecto do proxecto deberán ser contratados a terceiros. Os provedores non poderán estar asociados nin vinculados coa entidade solicitante ou cos seus órganos directivos ou xestores, entendéndose esta vinculación nos termos especificados no artigo 43.2 do Decreto 11/2009.
5. Quedan excluídos os investimentos e gastos non directamente relacionados e vinculados coa finalidade do proxecto a executar segundo se define no artigo 1 destas bases.
6. Non serán subvencionables o IVE nin outros impostos recuperables.
O período de execución dos investimentos subvencionables denomínase prazo de execución do proxecto e abarcará abarcará desde a entrada en vigor do Real Decreto 463/2020 polo que se declara o estado de alarma (14 de marzo de 2020) ata o 30 de novembro de 2020. Calquera gasto realizado fóra deste período non será subvencionable. No caso de que os proxectos estiveran comezados na data de presentación da solicitude, non poderán estar rematados materialmente ou executados integramente antes da devandita solicitude
Cando o importe subvencionable supere os 15.000 euros o beneficiario deberá solicitar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores independentes (do solicitante e entre si) con carácter previo á contratación da prestación do servizo ou da adquisición do ben, agás que a adquisición se realizara despois do 14 de marzo de 2020 e antes da presentación da solicitude ou que polas súas especiais características non exista no mercado suficiente número de provedores que as realicen, presten ou subministren. Neste caso, presentarase un escrito acreditativo desta circunstancia, asinado polo representante legal ou por un experto independente.
A contía da axuda será do 75 % dos importes indicados nos investimentos subvencionables, co límite máximo de 100.000 euros por empresa ou o importe máximo de minimis que poida recibir de acordo co que establece o Regulamento (UE) 1407/2013.
No caso de que o produto non obteña a certificación téndoa solicitado, considerarase un incumprimento parcial, reducindo a subvención ao 40 % do importe subvencionable.
O prazo de presentación de solicitudes de axuda comezará o día seguinte á publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia e rematará o 10 de xullo de 2020, agás que se produza o suposto de esgotamento do crédito.
Estas axudas son compatibles con outras axudas ou subvencións públicas sempre que a contía das axudas acumuladas non supere o 100% dos custos subvencionables aprobados. Non obstante, unha operación poderá recibir axuda dun ou varios Fondos EIE ou dun ou varios programas e de outros instrumentos da Unión, a condición de que o gasto declarado nunha solicitude de pago correspondente a un dos Fondos EIE non se declare para solicitar axuda doutro Fondo ou instrumento da Unión, ou axuda do mesmo Fondo no marco dun programa operativo distinto. O importe do gasto que deberá consignarse nunha solicitude de pago dun Fondo EIE pode ser calculado para cada Fondo EIE e para o programa ou programas de que se trate a pro rata, conforme ao documento no que se establezan as condicións da axuda.
O Regulamento (UE) 1407/2013 limita a 200.000 euros as axudas en réxime de minimis concedidas a unha mesma empresa nun período de 3 anos.
Resolución do 13 de abril de 2020 (DOG Nº72 do 15/04/2020) - Bases reguladoras e convocatoria 2020
Resolución do 14 de maio de 2020 (DOG Nº96 do 19/05/2020) - Modificación das bases
Resolución do 17 de xullo de 2020 (DOG Nº149 do 27/07/2020) - Esgotamento do crédito
Resolución do 29 de outubro de 2020 (DOG Nº219 do 30/10/2020) - Ampliación prazo de execución
* Información:
- No Servizo de Atención Telemática a través do teléfono 900 81 51 51 ou 981 54 11 47
- A través de www.igape.es ou en informa@igape.es
- Nas oficinas territoriais telefónicamente.
* Tramitación:
A solicitude presentarase obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I) que se obterá de xeito obrigatorio na aplicación informática http://www.tramita.igape.es
Unha vez xerada a solicitude deberá presentarse obligatoriamente por vía electrónica. Para achegar xunto co formulario de solicitude os documentos en formato electrónico o solicitante deberá previamente dixitalizar os documentos orixinais obtendo arquivos en formato PDF (máx. 4 MB). O asinante deberá posuír un certificado dixital en vigor baixo a norma X.509 V3 válido e será necesario que o asinante da solicitude teña a representación legal da empresa ou entidade solicitante.
A solicitude deberá presentarse xunto coa seguinte documentación complementaria:
a) Escritura ou documento xuridicamente válido de constitución, estatutos debidamente inscritos no rexistro competente, modificacións posteriores destes e acreditación da representación con que se actúa, no caso de entidades non inscritas no Rexistro Mercantil.
b) Memoria descritiva do proxecto, que deberá ser cuberta no formulario electrónico de solicitude, e deberá conter unha descrición dos seguintes aspectos:
- Capacidade técnica e experiencia da empresa para o desenvolvemento do proxecto e para acadar o obxectivo proposto. Recursos e capacitación do persoal.
- Exposición razonada da capacidade de produción de equipamento sanitario a acadar co proxecto e características técnicas dese equipamento.
- Correspondencia entre os investimentos e gastos propostos coa posta en marcha do proceso produtivo novo ou adaptado. Xustificación razonada.
- Prazo estimado de posta en marcha da produción e periodificación do resultado: previsión da obtención da primeira e seguintes remesas de produtos.
- Posibilidade de exportación dos equipamentos sanitarios fabricados
- Posibilidade de que o novo proceso produtivo se constitúa nunha nova liña de produción estable na empresa.ou alternativas de utiización do equipamento adquirido na actual ou en futuras liñas de produción unha vez rematada a necesidade ocasionada pola emerxencia sanitaria.
- Posibilidades reais de utilización dos equipamentos producidos polos seus usuarios potenciais, públicos ou privados, acompañados de pedidos ou cartas de intención no caso de dispoñeren deles.
c) As tres ofertas que, en aplicación do artigo 29.3 da Lei 9/2007, deba ter solicitado o solicitante.
O prazo máximo para resolver e notificar a resolución será de 45 días hábiles desde a data de presentación de solicitude de axuda e, transcorrido este, poderase entender desestimada por silencio administrativo a solicitude de concesión de axuda.
O 30 de novembro de 2020 é a data límite tanto para finalizar a execución dos proxectos como para presentar a xustificación da súa execución.
O aboamento do 100% do importe da axuda realizarase anticipadamente unha vez concedida, co límite da anualidade prevista no exercicio orzamentario.