El plazo de presentación finalizó el 30/12/2020

IG253 - AXUDAS AOS PROXECTOS DE INVESTIMENTO EMPRESARIAL (2020)

Finalidad / Objetivo

Estimular a posta en marcha de proxectos de investimento empresarial en Galicia, coa finalidade principal de dinamizar a actividade económica na Comunidade Autónoma e potenciar o mantemento e creación de emprego, a través do desenvolvemento e mellora das empresas existentes, así como coa creación e posta en marcha de novas iniciativas empresariais.

Esta convocatoria finánciase no marco do Programa Operativo Feder Galicia 2014‑2020, que ten unha taxa de cofinanciamento do Feder do 80 %, computándose como cofinanciamento nacional o investimento privado elixible dos beneficiarios polo 20 % restante. En particular:
Obxectivo temático 03: mellorar a competitividade das pemes, do sector agrícola (no caso do FEADER) e do sector da pesca e a acuicultura (no caso do FEMP).
Prioridade de investimento 03.04: apoio á capacidade das pemes para crecer nos mercados rexionais, nacionais e internacionais e para implicarse en procesos de innovación.
Obxectivo Específico 03.04.01: promover o crecemento e a consolidación das pemes, en particular mellorando o seu financiamento, tecnoloxía e acceso a servizos de apoio avanzados; incluíndo os sectores agrícola, pesqueiro, mariño, marítimo e turístico, así como ás peme (...).
Actuación 3.4.1.3: apoio a proxectos de investimento empresarial para promover o crecemento e consolidación das pemes.
Campo de intervención CE001: investimento produtivo xenérico en pemes.
Liña de actuación 07: apoio financeiro a proxectos de investimento empresarial.

Tipos de apoyo

Subvención a fondo perdido en réxime de concorrencia non competitiva.

Beneficiarios potenciales

1. Poderán ser beneficiarias destas axudas as pequenas e medianas empresas (pemes), calquera que sexa a súa forma xurídica, polo que tamén poderán acceder á condición de beneficiario as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, poidan levar a cabo os proxectos, as actividades ou os comportamentos ou se atopen na situación que motiva a concesión da subvención.

Ademais deberán cumprir os seguintes requisitos:

a) Que proxecten levar a cabo un investimento nun centro de traballo localizado na Comunidade Autónoma de Galicia para desenvolver algunha das actividades subvencionables que se sinalan nestas bases.

b) Que acheguen para o proxecto de investimento unha contribución financeira exenta de calquera tipo de apoio público de polo menos un 25% dos custos subvencionables, sexa mediante recursos propios ou mediante financiamento externo.

2. Non poderán ter a condición de beneficiarias:

a) As empresas que propoñan un proxecto para unha actividade pertencente a un sector excluído segundo o disposto no artigo 5.1. das presentes bases.

b) As empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación de axudas, consecuencia dunha decisión da Comisión Europea.

c) As empresas en crise.

d) As empresas nas que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 e 3 da Lei 9/2007, ou incumpran as obrigas do artigo 11 da citada Lei.

Sectores incentivables

1. Serán subvencionables os investimentos realizados para o desenvolvemento de actividades relacionadas no anexo II destas bases, excluíndose as seguintes:

a) As empresas dedicadas á produción, transformación e comercialización de produtos da pesca e da acuicultura.

b) As actividades de produción e comercialización dos produtos agrícolas enumerados no anexo I do Tratado de Funcionamento da Unión Europea e as actividades de transformación de productos agrícolas enumerados no anexo I do Tratado de Funcionamento da Unión Europea en productos agrícolas enumerados no dito anexo I.

c) As actividades do sector do aceiro, do sector do carbón, do sector da construción naval, do sector das fibras sintéticas, do sector do transporte, así como as infraestruturas conexas e a produción e distribución de enerxía e as infraestruturas enerxéticas.

2. Serán subvencionables, así mesmo, os proxectos de carácter innovador levados a cabo por pemes que desenvolvan calquera actividade, excepto as relacionadas nas letras a), b) e c) do apartado 1 do presente artigo. A estes efectos, para que a actividade poida considerarse subvencionable, será preceptivo o informe da Axencia Galega de Innovación (Gain) que acredite o carácter innovador do proxecto.

Requisitos principales del proyecto

1. Estas axudas teñen como obxecto subvencionar aqueles proxectos de investimento en activos fixos vinculados a algunha das seguintes tipoloxías:

1.1. Creación dun novo establecemento.

1.2. Ampliación de capacidade dun establecemento existente.

1.3. Diversificación da produción dun establecemento existente en produtos que anteriormente non se producían no mesmo.

1.4. Transformación fundamental do proceso global de produción dun establecemento existente. Estes proxectos suporán a implementación dunha innovación no proceso global de produción que impliquen o uso por primeira vez de métodos de organización que inclúan melloras nas rutinas e procedementos de xestión do traballo, dos sistemas de produción ou a integración de áreas funcionais da empresa.

1.5. No sector da hostaleira só serán subvencionables os seguintes proxectos de investimento:

- A creación de novos establecementos hoteleiros coas seguintes categorías mínimas: hoteis de catro estrelas, cando os novos establecementos estean ubicados nos termos municipais de A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo, Santiago ou Ferrol, ou hoteis de tres estrelas no resto de localizacións.

- En establecementos hoteleiros xa existentes, os investimentos necesarios para incrementar a categoría preexistente, sempre que a categoría acadada co investimento sexa igual ou superior ás indicadas no parágrafo anterior para as zonas xeográficas indicadas.

2. Dimensión do proxecto de investimento:

O investimento subvencionable deberá ser igual ou superior a 50.000 euros e non superior a 2.000.000 euros, excluíndo impostos, taxas e arbitrios.

No caso dos proxectos do apartado 1.3. anterior, o investimento subvencionable deberá, ademais, superar o 200% do valor neto contable dos activos que se reutilizan, de acordo cos rexistros do balance de situación ao fin do exercicio económico anterior ao comezo do proxecto.

Cualificación requerida del proyecto

Condicións dos proxectos:

1. Naqueles casos de subvención ás construcións por cambio de localización dentro da Comunidade Autónoma de Galicia, o coste subvencionable máximo será o que resulte da diferenza entre o prezo de adquisición dos novos activos, unha vez aplicados os módulos e criterios recollidos no Anexo III, e o valor dos da antiga localización, segundo informe de taxación subscrito por sociedade de taxación homologada, sempre e cando as instalacións que se abandonen sexan propiedade do solicitante ou dos seus socios maioritarios, directa ou indirectamente.

2. A axuda solicitada debe supoñer un efecto incentivador para o proxecto presentado.Para tal efecto, antes de iniciar o proxecto, o solicitante deberá ter presentado a solicitude da axuda. Ningún dos custos alegados sobre os que se solicita subvención poderán ser incorridos con carácter previo á solicitude; de ser así, a totalidade do proxecto será considerado non subvencionable.

Considérase que o proxecto xa foi iniciado cando exista un primeiro compromiso en firme para a execución das obras ou para a adquisición dalgún dos elementos integrantes do proxecto, entendéndose por proxecto calquera dos investimentos comprendidos na solicitude da axuda. Neste sentido, considérase que existe compromiso en firme no caso da existencia dun contrato ou oferta asinado entre as partes, ou da existencia dun pedido, para calquera dos elementos subvencionables.

Para estes efectos, a compra dos terreos e determinados traballos preparatorios, como a obtención de permisos ou a realización de estudos previos de viabilidade, non se consideran inicio dos traballos.

3. O período de execución dos investimentos subvencionables denomínase prazo de execución do proxecto e abarcará desde a data de presentación da solicitude ata o remate do prazo establecido na resolución de concesión. Este prazo estará baseado no proposto polo solicitante no plan de investimentos e, en todo caso, rematará dentro dos 12 meses seguintes á data de notificación da resolución de concesión, sen que poida exceder o prazo máximo de execución establecido na resolución de convocatoria. Calquera investimento realizado fóra deste período non será subvencionable.

4. Cando o importe subvencionable dos elementos que se van adquirir a un mesmo provedor supere as contías establecidas na Lei de contratos do sector público, (importe igual ou superior a 15.000 euros no caso de prestación do servizo ou adquisición do ben e importe igual ou superior a 40.000 euros no caso de execución de obra, no momento de publicar estas bases) o beneficiario deberá solicitar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores independentes (do solicitante e entre si) con carácter previo á contratación da execución da obra, da prestación do servizo ou da adquisición do ben, agás que polas súas especiais características non exista no mercado suficiente número de provedores que as realicen, presten ou subministren.

5. En ningún caso o custo de adquisición dos investimentos subvencionables poderá ser superior ao valor de mercado.

6. Non serán subvencionables os proxectos de investimento vinculados a un contrato de xestión de servizos públicos.

Inversiones o gastos computables

1. Serán subvencionables os investimentos en activos fixos que estean vinculados ao proxecto e que se materialicen nos conceptos que se relacionan a continuación.

Estes conceptos estarán suxeitos, no seu caso, aos límites máximos de custo subvencionable establecidos nos módulos recollidos no anexo III.

1º Obra civil (nova construción, reforma ou rehabilitación): acondicionamento e urbanización, oficinas, laboratorios, servizos sociais e sanitarios do persoal, almacenamento de materias primas, edificios de produción, edificios de servizos industriais, almacenamento de produtos terminados e outras obras, levadas a cabo en instalacións ou terreos propiedade do solicitante, ou sobre os que o solicitante teña un dereito de superficie ou unha concesión administrativa —outorgados por entidades non vinculadas ao solicitante— cunha vixencia mínima de 5 anos a contar desde a data de finalización do prazo de execución do proxecto.

2º Adquisición de edificacións ou construcións novas ou usadas. Unicamente será subvencionable o valor da construción; non será subvencionable o valor do terreo. A tal efecto, deberá indicarse, separadamente, a parte do prezo de adquisición que corresponde ao solo e a que corresponde á construción. O prezo de adquisición non poderá superar o valor de mercado, polo que se deberá aportar informe de taxación subscrito por sociedade de taxación homologada do inmoble que recolla a dita desagregación. O importe da construción que se poderá considerar como subvencionable será o menor entre o importe indicado no informe de taxación e o valor de adquisición.

Admitirase a adquisición da edificación ou construción sen terreo ou solo cando exista un dereito de superficie ou unha concesión administrativa dos que a solicitante pase a ser titular —outorgados por entidades non vinculadas ao solicitante— cunha vixencia mínima de 5 anos, a contar desde a data de finalización do prazo de execución do proxecto.

No caso de adquisición de edificacións ou construcións usadas, ademais, estas non poderán ter sido obxecto de ningunha subvención autonómica, nacional ou comunitaria.

3º Bens de equipo: maquinaria de proceso, instalacións específicas para a actividade subvencionable, equipos e medios de transporte interno, vehículos especiais de transporte externo, medios de protección do ambiente e outros bens de equipamento.

4º Outros investimentos en activos fixos materiais incluíndo mobiliario. En ningún caso se subvencionarán os vehículos de transporte externo que non teñan a consideración de vehículo especial.

5º Activos intanxibles relacionados directamente co proceso produtivo (ou co de prestación de servizos, se é o caso) que cumpran os seguintes requisitos:
1) Empregaranse exclusivamente no establecemento beneficiario da axuda.
2) Deben ter a consideración de activos amortizables.
3) Deberán ser adquiridos a terceiros non relacionados co comprador en condicións de mercado.
4) Figurarán no activo da empresa e permanecerán no establecemento beneficiario da axuda durante un período mínimo de 3 anos.

6º Os custos de reformas de instalacións levadas a cabo en bens inmobles arrendados. O arrendamento deberá ter unha vixencia mínima de 5 anos a contar desde a data de finalización do prazo de execución do proxecto.

7º. As empresas que presenten proxectos de carácter industrial (manufactureiras) deberán de acadar a seguinte simetría entre o investimento subvencionable infraestrutural (obra civil e adquisición de inmobles), que denominaremos “O” e o investimento subvencionable en bens de equipo, que denominaremos “M”: o importe máximo que se subvencionará no conxunto de investimento “O” será de 3 X “M”.

2. Os activos adquiridos deberán ser novos, excepto no caso de edificacións ou construccións, no que poderán ser usados.

3. Os bens obxecto de investimento deberán ser adquiridos en propiedade polo beneficiario, admitíndose expresamente, a estes efectos, a obra civil en terreos sobre os que exista un dereito de superficie ou unha concesión administrativa e/ou as reformas de instalacións en inmobles alugados previstas nos puntos 1º e 6º, respectivamente, do apartado 1 anterior.

4. Os bens obxecto de investimento deberán ser adquiridos a terceiros. Os provedores non poderán estar asociados nin vinculados coa entidade solicitante ou cos seus órganos directivos ou xestores.

5. Quedan excluídos dos investimentos subvencionables:

- Os investimentos de reposición ou mera substitución de elementos, salvo que a nova adquisición corresponda a elementos distintos dos anteriores, ben pola tecnoloxía usada ou polo seu incremento de rendemento manifesto, que estean vinculados coa tipoloxía do proxecto subvencionable.

- Os investimentos non directamente relacionados e vinculados coa tipoloxía de proxecto a executar, segundo as modalidades definidas no artigo 1 destas bases.

- Os custos de traslado de bens equipo que xa sexan propiedade da empresa e non formen parte do proxecto de investimento a realizar.

- As custos de adaptacións á normativa vixente, salvo as directamente relacionadas cos elementos obxecto de investimento.

Cuantía de las ayudas

A contía da axuda será o resultado de multiplicar a porcentaxe de subvención aprobada polo importe do investimento subvencionable.

En todo caso, a intensidade máxima de axuda será de 30 puntos porcentuais no caso das pequenas empresas e de 20 puntos porcentuais no caso das medianas empresas.

A porcentaxe de subvención aprobada será a suma das porcentaxes obtidas na baremación dos seguintes criterios:

1. Tamaño da empresa:

24 % no caso de pequenas empresas
15 % no caso de medianas empresas.

2. Mantemento do emprego na Comunidade Autónoma de Galicia: determinarase en base á cifra de traballadores con contrato indefinido na data de presentación de solicitude da axuda (estrutura fixa de persoal da empresa).

Concederanse 3%, con carácter xeral, por mantemento de emprego.

3. Creación de emprego estable na Comunidade Autónoma de Galicia: determinarase en base ao compromiso de creación neta de postos de traballo con carácter indefinido durante o prazo de execución do proxecto.


- Microempresas:
2 % pola creación de cada posto de traballo (3 % no caso de persoas discapacitadas) cun máximo de 3 %

- Resto de pequenas empresas:
1 % pola creación de cada posto de traballo (2 % no caso de persoas discapacitadas) cun máximo de 3 %

- Medianas empresas:
0,5 % pola creación de cada posto de traballo (1 % no caso de persoas discapacitadas), cun máximo de 2 %.

Consideraranse persoas discapacitadas as que acrediten un grado de discapacidade igual ou superior ao 33% recoñecida polo órgano competente.

No caso de novos establecementos nos que non exista emprego que manter e, por tanto, a puntuación do criterio 2 anterior sería igual a cero, os límites máximos de puntuación no presente criterio de creación de emprego serán de 6 % no caso das pequenas empresas e 5 % no caso das medianas empresas.

Os proxectos de carácter innovador, acreditado mediante o informe da Axencia Galega de Innovación (Gain) ao que se fai referencia no apartado 4. do artigo 5 destas bases, obterán a puntuación máxima deste criterio con independencia de se crean ou non emprego.

Aos efectos de mantemento e creación de emprego, computarase como 1 posto de traballo os derivados de contratos a tempo completo. No caso de contratos a tempo parcial, computarase a equivalencia correspondente da xornada efectiva respecto á xornada completa.

Plazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes de axuda comezará o día seguinte á publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia e finalizará o 30 de decembro de 2020, agás que se produza o suposto de esgotamento do crédito.

Incompatibilidades

Estas axudas son compatibles con outras axudas ou subvencións públicas sempre que a contía das axudas acumuladas non supere a contía establecida no artigo 8 destas bases. Non obstante, estas axudas están suxeitas ao réxime de incompatibilidades establecido no artigo 65.11 do Regulamento (UE) 1303/2013, de xeito que unha operación poderá recibir axuda dun ou varios Fondos EIE ou dun ou varios programas e de outros instrumentos da Unión, a condición de que o gasto declarado nunha solicitude de pago correspondente a un dos Fondos EIE non se declare para solicitar axuda doutro Fondo ou instrumento da Unión, ou axuda do mesmo Fondo no marco dun programa operativo distinto. O importe do gasto que deberá consignarse nunha solicitude de pago dun Fondo EIE pode ser calculado para cada Fondo EIE e para o programa ou programas de que se trate a pro rata, conforme ao documento no que se establezan as condicións da axuda.

Referencia legislativa

Resolución do 13 de xaneiro de 2020 (DOG Nº22 do 03/02/2020) - Bases reguladoras e convocatoria 2020
Orde 6 de maio de 2020 (DOG Nº90 do 11/05/2020) - Continuación de determinados procedementos durante a vixencia do estado de alarma.
Resolución do 10 de agosto de 2020 (DOG Nº166 de 18/08/2020) - Modificación orzamentaria
Resolución do 27 de xuño de 2022 (DOG Nº130 do 08/07/2022) - Ampliación prazo de execución
Resolución do 21 de novembro de 2022 (DOG Nº228 do 30/11/2022) - Ampliación de crédito

Información y tramitación en

1. Información:

- Nas oficinas territoriais do IGAPE solicitando cita previa en http://citaprevia.igape.es/
- No Servizo de Atención Telemática a través do teléfono 900 81 51 51 ou 981 54 11 47
- A través de www.igape.es ou en informa@igape.es


2. Forma e lugar de presentación das solicitudes:
Para presentar a solicitude de axuda, a entidade solicitante deberán cubrir previamente un formulario a través de http://www.tramita.igape.es

Unha vez xerada a solicitude deberá presentarse obrigatoriamente por vía electrónica a través do formulario de solicitude normalizado co IDE (anexo I). Será necesario que o asinante da solicitude teña a representación legal da empresa ou entidade solicitante. O asinante deberá posuír un certificado dixital en vigor. A oficina virtual do Igape acepta todos os certificados validados pola plataforma @firma da Administración Xeral do Estado.
presentación ante o Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia admite a sinatura da solicitude por parte dun único solicitante.

3. As persoas interesadas deberán achegar xunto coa solicitude a seguinte documentación:

a) Documentación do expediente administrativo:

1º Certificado de situación censual expedido pola AEAT ou compromiso de alta no IAE (no caso de novos establecementos ou novas actividades)

2º Para sociedades xa constituídas:

- Escritura ou documento xuridicamente válido de constitución, estatutos debidamente inscritos no rexistro competente, modificacións posteriores destes e acreditación da representación con que se actúa, no caso de entidades non inscritas no Rexistro Mercantil ou as inscritas que se opoñan expresamente a que o Igape consulte estes datos. No caso de agrupacións referirase ao representante ou apoderado único da agrupación.
- No caso de entidades obrigadas a formular e aprobar contas anuais, contas anuais correspondentes ao último exercicio pechado para o que se cumpriu o prazo de aprobación legalmente establecido, ou de depósito, no caso de obriga de depósito no Rexistro Mercantil, xunto co informe de auditoría no caso de que a entidade estea obrigada a someter as súas contas a auditoría. Achegaranse, igualmente, as contas anuais de todas as entidades que deban ser tidas en conta aos efectos de determinar a consideración ou non de peme da entidade solicitante.

3º Para sociedades en constitución:
- Certificado do Rexistro Xeral de Sociedades Mercantís da Dirección Xeral dos Rexistros e do Notariado do Ministerio de Xustiza, ou do rexistro competente, de non figurar inscrita a futura denominación social da entidade que se vai constituír.
- Proxecto de estatutos da sociedade.

Nestes casos deberá acreditarse a válida constitución da sociedade con anterioridade a ditarse a proposta de resolución. A tal fin, a documentación establecida no primeiro punto do apartado 2º anterior, deberá ser presentada no Igape no prazo máximo de tres meses dende a presentación da instancia de solicitude.

4º Memoria descritiva do investimento proxectado, que deberá ser cuberta no formulario.

5º No caso de investimentos de diversificación da produción en establecementos existentes, deberán achegar o inventario de inmobilizado que serviu de base para a formulación das contas anuais correspondentes ao último exercicio económico pechado.

6º En relación á declaración doutras axudas para o mesmo proxecto, cando teña axudas concedidas, deberá achegar copia das resolucións das mesmas.

b) Documentación relativa aos investimentos:

1º As tres ofertas que deba ter solicitado o solicitante.

2º No caso de investimentos en obra civil deberán achegar os seguintes planos:

i) Esbozo de localización dentro do termo municipal.
ii) Plano xeral acoutado das instalacións, diferenciando a situación anterior da posterior ao investimento –nos que deberá poder verificarse a superficie correspondente á obra civil diferenciando a que corresponde a cada módulo dos previstos no Anexo III-.
iii) Planos de distribución en planta, nos que se aprecien os espazos da nova construción e a instalación dos novos bens de equipo.

3º No caso de adquisición de edificacións ou construcións usadas deberán achegar:
i) Declaración do vendedor sobre que a edificación ou construción non foi obxecto de ningún tipo de subvención autonómica, nacional ou comunitaria.
ii) Taxación de experto independente que certifique o valor de mercado dos bens a adquirir e que este é inferior ao custo de bens novos similares.

4º No caso de adquisición de edificacións ou construcións novas, deberá achegarse taxación de experto independente que certifique o valor de mercado dos bens a adquirir.

5º No caso de reforma en inmobles arrendados, ademais da documentación do apartado 2º anterior, o solicitante deberá presentar contrato de arrendamento do inmoble cunha duración mínima de 5 anos a contar desde a data de finalización do prazo de execución do proxecto.

6º No caso de reforma en inmobles que sexan propiedade do solicitante, documentación acreditativa da titularidade dos mesmos.

c) Documentación relativa aos criterios baremables de mantemento e creación de emprego:

No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta do informe de vida laboral, deberán achegar certificado de estar ao corrente nas obrigas da Seguridade Social (co obxecto de obter a relación das contas de cotización da empresa).

Observaciones

O prazo de execución dos proxectos que se estableza na resolución de concesión non pode exceder o 31 de marzo de 2023.

O beneficiario deberá presentar a xustificación dos investimentos e a solicitude de cobramento no prazo máximo dun mes desde a data de finalización do prazo de execución fixada na resolución de concesión e, como moi tarde, o 10 de outubro de 2022 para a anualidade 2022, e o 10 de abril de 2023 para a anualidade 2023. Os gastos executados a partir do 1 de outubro de 2022 poderán imputarse con cargo á xustificación da anualidade 2023.

O prazo para solicitar anticipos será de tres meses desde a data da notificación da resolución de concesión.