El plazo de presentación finalizó el 11/06/2020

IG272 - GALICIA EXPORTA DIXITAL (2020)

Finalidad / Objetivo

Apoiar as empresas galegas no desenvolvemento e a implementación dun plan de Internacionalización dixital de empresa, co obxectivo de facilitar a súa presenza en mercados, o aceso a clientes, a redución dos custos de transacción e publicidade e permita abrir canles comerciais novos, para a potenciación de actividades económicas internacionais e o incremento das exportacións.

Tipos de apoyo

Subvención a fondo perdido en réxime de concorrencia competitiva. Estas axudas incardínanse no réxime de axudas de minimis.

Beneficiarios potenciales

Poderán ser beneficiarias destas axudas as empresas que cumpran os seguintes requisitos:

a) Que teñan algún centro de traballo radicado na Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Que estean dadas de alta en programas avanzados de Igape de apoio á internacionalización con informe positivo emitido a partir de 1 de xaneiro de 2013. En todo caso a solicitude de alta en programas avanzados de Igape de apoio á internacionalización, deberá presentarse antes do remate do prazo de presentación de solicitudes de axuda, a través do procedemento do Igape IG192.

c) Que estean ao día das súas obrigas coa Facenda Pública estatal, coa Comunidade Autónoma de Galicia e coa Seguridade Social

Requisitos principales del proyecto

Só se poderá presentar e aprobar unha solicitude por empresa, cun gasto subvencionable mínimo igual ou superior a 25.000 euros e máximo de 125.000 euros por empresa. De superar este máximo procederase a axustalo gasto a este límite máximo.

Poderán subvenciónanse os seguintes tipos de gastos:

A. Consultaría necesaria para a elaboración de:

a) Diagnóstico de potencial exportador dixital.
b) Plans de internacionalización dixital multicanle.
c) Plans de mercados electrónicos concretos.
d) Gastos de asesoría xurídica e legal para a internacionalización dixital.

B. Software de:

a) Soluciones tecnolóxicas P.I.M. (Product Information Management).
b) Adquisición, programación a medida e integración de conectores entre plataformas e con sistemas de información (ERPs).
c) Solucións de analítica e visualización de datos.
d) Solucións de intelixencia automatizada.
e) Solucións de inbound márketing internacional.

Estes activos intanxibles serán acreditables segundo se indica no artigo 15.5.g), que cumpran as condicións do artigo 14.8 do Regulamento (UE) nº 651/2014 (DOUE L 187, do 26 de xuño).

C. Outros gastos de:

a) Creación e adaptación de tendas online e catálogos online.
b) Campañas de posicionamento SEM.
c) Servizos de call center internacionais.

Os gastos subvencionables non poderán ter comezado antes da presentación da solicitude de axuda no Igape. Ningún dos custos alegados sobre os que se solicita subvención poderán ser incorridos con carácter previo a esta presentación; de ser así, o proxecto no seu conxunto sería non subvencionable.

O período de execución dos gastos subvencionables (prazo de execución do proxecto) abarcará desde a data de presentación da solicitude ata o remate do prazo establecido na resolución de concesión, que non poderá superar a data establecida na resolución de convocatoria. Calquera gasto realizado fóra deste período non será subvencionable.

Os provedores non poderán estar asociados nin vinculados coa entidade solicitante ou cos seus órganos directivos ou xestores, entendéndose esta vinculación nos termos especificados no artigo 43.2 do Decreto 11/2009.

Inversiones o gastos computables

Para os efectos de cálculo da subvención a fondo perdido poderán ser subvencionables os conceptos seguintes:

A. Consultaría necesaria para a elaboración de:

a) Diagnóstico de potencial exportador dixital.
Esta análise debe como mínimo analizar a madurez dixital e internacional da empresa e xustificar as oportunidades dunha estratexia de internacionalización dixital para a empresa tendo en conta os seus recursos. Gasto subvencionable máximo: 3.000 euros.

b) Plans de internacionalización dixital multicanle.
Estes plans deben incluír como mínimo unha investigación, avaliación e selección de mercados e canles de vendas tendo en conta o potencial exportador dixital da empresa e os seus recursos dispoñibles. Gasto subvencionable máximo: 3.000 euros.

c) Plans de mercados electrónicos concretos.
Estes plans deben de conter como mínimo a estratexia e as accións necesarias para deseñar, programar, conectar e posicionar tendas e catálogos online multi-idioma. Así como unha análise SEO de web, catálogos online e/ou tendas online. Análise SEO por mercado xeográfico para Google e/ou buscadores de referencia (Baidu, Yandex para China e Rusia, por exemplo), e/ou SEO en marketplaces tipo Amazon, AliExpress, eBay.
Gasto subvencionable máximo: 5.000 euros.

d) Gastos de asesoría xurídica e legal para a internacionalización dixital.
Aqueles que se relacionen directamente coa operativa dixital internacional como a adaptación ao Regulamento xeral de protección de datos e, en xeral, á operativa import-export no comercio electrónico. Gasto subvencionable máximo: 5.000 euros.

B. Software de:

a) Soluciones tecnolóxicas P.I.M. (Product Information Management) para crear, xestionar e conectar catálogos dixitais internacionais multi-idioma. Gastos subvencionable máximo: 6.000 euros.

b) Adquisición, programación a medida e integración de conectores entre plataformas e con sistemas de información (ERPs). Gasto subvencionable máximo: 25.000 euros.

c) Solucións de analítica e visualización de datos para elaborar cadros de mando con indicadores (KPI´s) para o seguimento e optimización de canles de vendas e de márketing online. Gasto subvencionable máximo: 25.000 euros.

d) Solucións de intelixencia automatizada para a optimización da supply chain e do fullfillment, por exemplo, para a venda preditiva e o aprovisionamento. Gasto subvencionable máximo: 20.000 euros.

e) Solucións de inbound márketing internacional para lograr captar, reter, converter e fidelizar a usuarios de interese obxectivo do negocio online. Inclúese desde a compra das solucións tecnolóxicas, a súa integración e tamén a súa xestión como servizo a vendedores online por parte de axencias. Gasto subvencionable máximo: 6.000 euros.

Estes activos intanxibles serán acreditables segundo se indica no artigo 15.5.g), que cumpran as condicións do artigo 14.8 do Regulamento (UE) nº 651/2014 (DOUE L 187, do 26 de xuño).

C. Outros gastos de:

a) Creación e adaptación de tendas online e catálogos online para o márketing e vendas en mercados electrónicos obxectivo, tanto B2B como B2C. Gasto subvencionable máximo: 10.000 euros.

b) Campañas de posicionamento SEM en directorios internacionais con buscadores e en plataformas. Gasto subvencionable máximo: 10.000 euros.

c) Servizos de call center internacionais para dar soporte á venda online. Gasto subvencionable máximo: 12.000 euros.

Cando o importe do gasto subvencionable supere as contías establecidas na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, para o contrato menor (importe igual ou superior a 15.000 euros no caso de prestación do servizo ou adquisición do ben no momento de publicar estas bases), o beneficiario deberá solicitar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores con carácter previo á contratación da execución da obra, da prestación do servizo ou da adquisición do ben, agás que polas súas especiais características non exista no mercado suficiente número de provedores que as realicen, presten ou subministren. Neste caso, presentarase un escrito acreditativo desta circunstancia, asinado polo representante legal ou por un experto independente.

En ningún caso o custo de adquisición dos gastos subvencionables poderá ser superior ao valor de mercado.

No caso dos activos intanxibles, para seren considerados subvencionables deberán cumprir, ademais, todas estas condicións: 1) Empregaranse exclusivamente no establecemento beneficiario da axuda; 2) Consideraranse activos amortizables; 3) Adquiriranse en condicións de mercado a terceiros non relacionados co comprador; 4) Deberán incluírse nos activos da empresa beneficiaria e permanecer asociados ao proxecto a que se destina a axuda durante polo menos tres anos.

Cuantía de las ayudas

A subvención será dun máximo do 80% dos gastos subvencionables recollidos no artigo 5, coa seguinte distinción dependendo do tipo de empresa solicitante:
a) Pemes: 80%
b) Empresas con ata 500 empregados: 70%
c) Empresas con máis de 500 empregados: 60%

Só se poderá presentar e aprobar unha solicitude por empresa, cun gasto subvencionable mínimo igual ou superior a 25.000 euros e máximo de 125.000 euros por empresa. De superar este máximo procederase a axustalo gasto a este límite máximo.

Plazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes comezará ao día seguinte da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia e finaliza o 24/03/2020 a primeira convocatoria. O PRAZO QUEDA SUSPENDIDO POR COVID-19

Derogación da disposición adicional terceira do Real Decreto 463/2020 polo que ser reanudan os prazos con efecto desde o 1 de xuño de 2020. Novo prazo de presentación de solicitudes ata o 11/06/2020

Incompatibilidades

Estas axudas son compatibles con outras axudas ou subvencións públicas sempre que a contía das axudas acumuladas non supere o 100% do gasto subvencionable.

Ao estar este réxime de axudas suxeito ao réxime de minimis, deberase garantir que de recibir o beneficiario outras axudas baixo o réxime de minimis non se supera o límite de 200.000 euros nun período de tres exercicios fiscais. Para as empresas do sector transporte de mercadorías por estrada este límite redúcese a 100.000 euros. Para as empresas do sector da pesca as axudas de minimis totais que se concedan a unha mesma empresa non poderán superar 30.000 euros durante calquera período de tres exercicios fiscais. Para as empresas do sector agrícola o límite de minimis redúcese a 20.000 euros durante calquera período de tres exercicios.

Referencia legislativa

Resolución do 8 de xaneiro de 2020 (DOG Nº16 do 24/01/2020) - Bases reguladoras
Real Decreto 463/2020 (BOE Nº67 de 14/03/2020) - Suspensión de prazos administrativos.
Resolución do 20 de maio de 2020 (BOE Nº145 de 23/05/2020) - Derogación da disposición adicional terceira do Real Decreto 463/2020 polo que ser reanudan os prazos con efecto desde o 1 de xuño de 2020
Resolución do 8 de xuño de 2020 (DOG Nº119 do 18/06/2020) - Modificación das bases reguladoras

Información y tramitación en

* Información:

- Nas oficinas territoriais do IGAPE
- No Servizo de Atención Telemática a través do teléfono 900 81 51 51 ou 981 54 11 47
- A través de www.igape.es ou en informa@igape.es

* Tramitación:

As solicitudes de axuda presentaranse mediante o formulario normalizado que se obterá de xeito obrigatorio na aplicación www.tramita.igape.es e que se xunta como anexo I a estas bases a título informativo.

Unha vez xerada a solicitude deberá presentarse obligatoriamente por vía electrónica a través do formulario de solicitude normalizado co IDE (anexo I), accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es. Para achegar xunto co formulario de solicitude os documentos en formato electrónico o solicitante deberá previamente dixitalizar os documentos orixinais obtendo arquivos en formato PDF (máx. 4 MB). O asinante deberá posuír un certificado dixital en vigor baixo a norma X.509 V3 válido e será necesario que o asinante da solicitude teña a representación legal da empresa ou entidade solicitante.

Observaciones

O prazo máximo para resolver e publicar a resolución será de cinco meses contados desde a publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, transcorrido o cal se poderá entender rexeitada por silencio administrativo a solicitude de concesión de axuda.

O prazo máximo de execución iniciarase no momento da solicitude da axuda e rematará o 30 de xullo de 2021, esta data será a última admisible de facturación e pagamento. Dentro deste prazo de execución deberase presentar a solicitude de cobramento.