El plazo de presentación finalizó el 30/11/2019

INVITACIÓN ÁS EMPRESAS A ENVIAR PROPOSTAS DE DESENVOLVEMENTO DE SOLUCIÓNS DE CARA AO PROGRAMA PILOTO MAQUINARIA 4.0.

Finalidad / Objetivo

O Igape invita ás empresas industriais galegas e outros operadores económicos interesados a remitir manifestacións do seu interese no desenvolvemento en Galicia de maquinaria e outros bens de equipo que formen parte do seu proceso industrial actual ou en proxecto, cara á ampliación, modernización, etc. a curto e medio prazo.

O obxectivo da convocatoria é a selección dos proxectos aos que se dirixirán posteriormente as Axudas en fase piloto: “Maquinaria 4.0” que o Igape convocará a continuación.

Beneficiarios potenciales

Empresas industriais galegas e outros operadores económicos.

Requisitos principales del proyecto

Vantaxes previstas para os axentes que remitan as manifestacións de interese:
• Coñecer capacidades alternativas de subministro de bens tecnolóxicos nos provedores de maquinaria e bens de equipo de Galicia.
• Poder especificar capacidades que non outorgan os provedores de produtos estándar.
• Conseguir aforros e outras vantaxes económicas tanto na adquisición inicial como no mantemento e actualización de máquinas e equipos.
• Contribuír ao desenvolvemento de capacidades avanzadas no tecido produtivo local.

O Igape seleccionará as mellores propostas en aplicación dos seguintes criterios:
- Non producido previamente en Galicia: non debe existir un provedor local do produto ou produtos similares.
- Factibilidade técnica: búscanse solucións tanxibles que poidan estar no mercado nun prazo de arredor de 6 meses.
- Produto con expectativas multi-demanda: preferente respecto a produtos moi específicos na súa aplicación.
- Potencialidade de mercado da proposta: local, nacional e internacional.
- Orixe da proposta: preferentemente de sectores estratéxicos da economía galega.
- Aplicabilidade de capacidades existentes noutros sectores en Galicia.
- Capacidade tractora da empresa ou axente económico que presenta a proposta.

Plazo de presentación de solicitudes

O proceso de presentación de propostas e a súa selección axustarase ás fases e prazos seguintes:

1. Presentación de propostas: ata o 30.11.2019. As manifestacións de interese axustaranse ás condicións e aos contidos recollidos no anexo desta resolución, deberán entregarse telematicamente ao Igape (Área de Competitividade) mediante a utilización dun dos seguintes procedementos:

- https://sede.xunta.gal (servizo PR004A - Presentación electrónica de solicitudes, escritos e comunicacións que non conten cun sistema electrónico específico nin cun modelo electrónico normalizado).
- http://tramita.igape.es (procedemento PE001.2017.1 - Presentación electrónica de solicitudes, escritos e comunicacións que non conten cun sistema electrónico específico nin cun modelo electrónico normalizado).

2. Selección de propostas: mediante a aplicación dos criterios establecidos nesta resolución, o Igape seleccionará un máximo de 5 propostas para o paso á fase de axuda piloto. Poderán establecerse listas de reserva para o caso de que algunha proposta preseleccionada desista ou non poida ser utilizada. Publicarase na oficina virtual do Igape unha resolución da Dirección Xeral do instituto na que se comunicarán as propostas elixidas. Data prevista de publicación: 12.12.2019.

3. Preparación das especificacións de requisitos das propostas seleccionadas: o Igape colaborará coa entidade que presentou a proposta para publicar un documento de especificación de requisitos básicos para cada unha delas. Data prevista de publicación: 26.12.2019.

4. Enlace coa fase de axuda: o réxime de axudas tomará como obxectivo os documentos de requisitos publicados, para os que os fabricantes de maquinaria e bens de equipo poderán presentar propostas de desenvolvemento que se subvencionarán a fondo perdido segundo as condicións establecidas nas bases reguladoras da axuda.

5. Participación na selección de candidaturas: o Igape articulará nas bases reguladoras a participación dentro da comisión de selección da empresa ou axente económico cuxa manifestación de interese fora elixida. Esta participación será en todo caso de carácter técnico e non vinculante para a Administración.

Referencia legislativa

Resolución do 4 de setembro de 2019 (DOG Nº183 do 26/09/2019) - Invitación ás empresas a enviar propostas
Resolución do 8 de novembro de 2019 (DOG Nº216 do 13/11/2019) - Novo prazo

Información y tramitación en

A presentación de propostas deberá entregarse telematicamente ao Igape (Área de Competitividade) mediante a utilización dun dos seguintes procedementos:

- https://sede.xunta.gal (servizo PR004A - Presentación electrónica de solicitudes, escritos e comunicacións que non conten cun sistema electrónico específico nin cun modelo electrónico normalizado).
- http://tramita.igape.es (procedemento PE001.2017.1 - Presentación electrónica de solicitudes, escritos e comunicacións que non conten cun sistema electrónico específico nin cun modelo electrónico normalizado).

Información: 900 81 51 51