El plazo de presentación finalizó el 30/04/2019

IG258 - REFORMA-TUR: SELECCIÓN DE ENTIDADES COLABORADORAS

Finalidad / Objetivo

As entidades colaboradoras do Programa Reforma-Tur19 son as encargadas de tramitar as solicitudes de axuda (facer a reserva do crédito, presentar a solicitude e acompañar a documentación xustificativa das adquisicións).

As entidades colaboradoras actuarán de enlace entre os solicitantes das axudas e o Igape. Serán as encargadas da venda e promoción dos bens subvencionables indicados no artigo 3.1.d) das bases.

Na súa relación co Igape, as entidades colaboradoras realizarán as seguintes funcións:
a) Comprobación inicial dos requisitos dos solicitantes da axuda.
b) Realización ante o Igape dos trámites para solicitar a axuda.
c) Desenvolvemento das accións vinculadas ao programa.
d) Xustificación da axuda e a súa certificación ante o Igape.

Tipos de apoyo

Tramitación en réxime de concorrencia non competitiva.

Beneficiarios potenciales

Poderán ser entidades colaboradoras os establecementos de venda de calquera dos bens especificados nas bases. Deberán ser entidades privadas con personalidade xurídica, validamente constituídas, ou ben empresarios individuais sempre que, en ambos os dous casos, teñan o seu domicilio social ou algún centro de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia (non poderán ser entidades colaboradoras as sociedades civís, as comunidades de bens e outras entidades sen personalidade xurídica propia) e acrediten as condicións de solvencia técnica e económica que se establecen neste artigo.

Poderán adquirir a condición de entidade colaboradora aquelas entidades que reúnan os requisitos establecidos neste artigo e que o soliciten nos prazos que se indican na convocatoria, contados a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria destas bases no Diario Oficial de Galicia.

Non poderán obter a condición de entidade colaboradora aquelas nas cales concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 e 3 da Lei 9/2007 de subvencións de Galicia.

Sectores incentivables

Requisitos principales del proyecto

As entidades colaboradoras adheridas asumirán os seguintes compromisos:

a) Cubrir convenientemente os formularios de solicitude de axuda, que inclúe a documentación xustificativa, a través da aplicación informática que se habilite para o efecto.

b) Vender no marco da iniciativa só os produtos que cumpran coas condicións establecidas nas bases.

c) Aplicar os descontos correspondentes ao establecemento de venda e á subvención conforme o establecido nas bases, o cal reflectirá adecuadamente na correspondente factura.

d) Facilitar canta información e documentación precise para verificar a correcta aplicación das subvencións.

e) Cumprir coa normativa establecida para o desenvolvemento do programa.

Inversiones o gastos computables

a) Bens que poden ser obxecto de axuda:
- Materiais para rehabilitación de envolventes: fachadas, cubertas, porches, etc.
- Materiais e mobiliario suxeito a instalación de fixación, para a reforma de interiores e exteriores, cuartos de baño e cociñas.
- Sistemas de climatización, ventilación e auga quente sanitaria.
- Sistemas de iluminación
- Sistemas domóticos.

b) Os bens obxecto de axuda deberán ser empregados na reforma mediante instalacións fixas e constituír un compoñente da obra a realizar. Non se subvencionarán elementos non fixos.

c) Os bens obxecto de axuda deberán ser destinados, nun prazo de 6 meses desde a solicitude, á reforma ou nova instalación no enderezo do establecemento indicado na solicitude de axuda. A obriga de destinar os bens obxecto da axuda á reforma no establecemento indicado na solicitude recae en primeira instancia no beneficiario da axuda, sen prexuízo de que este poida demostrar a imposibilidade de realizar dita reforma en prazo por retrasos ou outras causas achacables ao establecemento colaborador en cuxo caso, e de quedar acreditadas as ditas circunstancias, procederase a incoar procedemento de incumprimento de condicións ao establecemento colaborador, que poderá rematar cunha resolución de revogación da axuda.

d) Os establecementos de venda deberán identificar claramente os bens susceptibles de axuda conforme ao establecido nestas bases.

e) Quedan expresamente excluídos: a man de obra da reforma e os electrodomésticos.

f) Só se admitirán pagos nos que unha entidade bancaria certifique que o pago ten sido realizado efectivamente dentro do prazo de execución do proxecto, identifique claramente o receptor e o emisor do pagamento e a súa data efectiva. En particular, non se admitirán pagos en efectivo.

Plazo de presentación de solicitudes

O prazo de adhesión das entidades colaboradoras remata o 30 de abril de 2019 (procedemento do Igape co código IG258).

Referencia legislativa

Resolución do 20 de decembro de 2018 (DOG Nº19 do 28/01/2019) - Bases reguladoras e convocatoria
Resolución do 22 de marzo de 2019 (DOG Nº60 do 27/03/2019) - Modificación de prazos

Información y tramitación en

As entidades colaboradoras interesadas deberán acceder á aplicación informática accesible desde a oficina virtual do Igape (http://tramita.igape.es) para cubrir a solicitude de adhesión mediante o procedemento co código IG258, en que se declarará a vontade de adherirse ao convenio publicado como anexo IV destas bases.

Unha vez xerada a solicitude, deberá presentarse obrigatoriamente por vía electrónica.

As entidades colaboradoras interesadas deberán achegar xunto coa solicitude a seguinte documentación:

a) Escritura ou documento xuridicamente válido de constitución e de nomeamento do representante legal e estatutos debidamente inscritos no rexistro competente e modificacións posteriores destes.

b) Certificado de situación censual emitido pola AEAT no caso de estar exento do imposto de actividades económicas (IAE).


*Información:

1. Páxina web do Igape: http://www.igape.es/reformatur
2. O teléfono de información do Igape: 900 81 51 51.
3. O enderezo electrónico: reformatur@igape.es; informa@igape.es
4. Presencialmente, nas oficinas do Igape solicitando cita en http://citaprevia.igape.es/

Observaciones

O prazo de execución do proxecto, entendido como o prazo no que se deben ter adquiridos os bens subvencionables, rematará o 14 de xuño de 2019.

O prazo de xustificación da axuda estenderase ata o 28 de xuño de 2019.