El plazo de presentación finalizó el 31/10/2017

IG204 - APOIO FINANCEIRO ÁS PEMES - BONIFICACIÓN DOS CUSTOS DO FINANCIAMENTO DE PRÉSTAMOS SUPERIORES A 25.000 EUROS (2017)

Finalidad / Objetivo

Bonificación dos custos financeiros das pequenas e medianas empresas de Galicia titulares de préstamos superiores a 25.000 euros, instrumentadas mediante convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), as entidades financeiras e as sociedades de garantía recíproca.

Tipos de apoyo

Axudas en réxime de concorrencia non competitiva.

Beneficiarios potenciales

Poderán ser beneficiarios aquelas empresas que teñan a consideración de microempresa ou pequenas empresas, incluídos os autónomos, calquera que sexa a súa forma xurídica, polo que tamén poderán acceder á condición de beneficiario as persoas físicas, agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, poidan levar a cabo as actividades ou se atopen na situación que motiva a concesión das axudas.

Terán que ter formalizada unha operación de préstamo cunha entidade financeira adherida ao convenio de colaboración asinado ao efecto, previamente ou con posterioridade á entrada en vigor das presentes bases, con fondos do ICO das Liñas ICO-Empresas e Emprendedores 2017, ICO-Garantía SGR/SAECA 2017 ou ben con fondos da propia entidade financeira sempre que estean avalados por unha SGR ou polo Igape.

No caso de sociedades civís e comunidades de bens e outras entidades sen personalidade xurídica, o préstamo deberá estar formalizado a nome da entidade e deberá ser asinado por cada una dos seus membros. No caso das cooperativas, o préstamo poderá esta asinado por un representante da entidade, previa autorización dela, ou polos cooperativistas, que asumirán a débeda en proporción á súa porcentaxe de participación.

En calquera caso, os préstamos deberán estar formalizados a partir do 1 de xaneiro de 2017 e con anterioridade á data de presentación da solicitude de axuda, por un importe superior a 25.000 euros, a un prazo igual ou superior a cinco anos e cumprir coas condicións específicas e características dos proxectos a financiar, establecidas nestas bases.

Os solicitantes poderán acreditar o cumprimento das súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da comunidade autónoma ou ser debedor por resolución de procedencia de reintegro mediante unha declaración responsable que se cubrirá no formulario electrónico de solicitude.

Ademais deberán cumprir os requisitos para obter a condición de beneficiario establecidos no artigo 10 da Lei de subvencións de Galicia e cumprir as obrigas do artigo 11 da citada Lei e non ser considerados empresas en crise.

Sectores incentivables

Os proxectos obxecto de financiamento a través desta liña terán que corresponderse con algunha das actividades sinaladas no anexo II.

Non obstante, no caso de proxectos que se van desenvolver por emprendedores considéranse atendibles todas as actividades, agás as excluídas nas letras c), d) e e) do artigo 1 do Regulamento (UE) nº 1407/2013 da Comisión do 18 de decembro de 2013.

O investimento obxecto de financiamento deberá realizarse en Galicia.

Requisitos principales del proyecto

1. Con independencia do importe do préstamo formalizado, o importe máximo bonificable, para as operacións sen aval ou con aval dunha sociedade de garantía recíproca, será de 100.000 euros para o tipo de xuro e 500.000 euros para a comisión de aval.

2. A porcentaxe de financiamento poderá alcanzar o 100% do proxecto, non obstante a bonificación do Igape calcularase para o 75% do importe do préstamo.

* Tipos de xuro e comisións

1. Os tipos de xuro máximos, segundo o prazo e modalidade escollida, serán os publicados quincenalmente polo ICO na súa páxina web, www.ico.es

2. A entidade de crédito non aplicará ningunha comisión ao cliente pola concesión do financiamento. No caso de contar con aval financeiro este será do 100%, e a SGR poderá aplicar unha comisión de estudo máxima do 0,50% do importe total da operación.

3. As SGR, poderán cobrar ao cliente en concepto de comisión de aval ata un máximo do 1,5% do risco vivo anual e ata o 4 % do importe do financiamento avalado en concepto de cota social mutualista, que se aboará ao inicio da operación. Este importe será reembolsado ao cliente unha vez que remate a súa relación coa SGR.

Inversiones o gastos computables

1. O financiamento con fondos do ICO das Liñas ICO-Empresas e Emprendedores 2017, ICO-Garantía SGR/SAECA 2017 ou ben con fondos da propia entidade financeira avalados por unha SGR, poderá destinarse aos seguintes conceptos:

a) Activos fixos produtivos novos ou de segunda man (IVE incluído).

b) Vehículos industriais sen límite de prezo e vehículos turismos, cun prezo máximo de 30.000 euros, máis IVE.

c) Adquisición de empresas: adquisición dunha unidade produtiva (conxunto de medios organizados que poidan levar a cabo unha actividade económica) ou das participacións sociais necesarias para obter o control sobre o negocio adquirido.

d) Liquidez co límite do 50% do financiamento.

2. Por activo produtivo deberá entenderse aqueles bens que, directa ou indirectamente, permitan realizar a actividade da empresa.

3. Os beneficiarios das axudas establecidas nestas bases deberán manter os investimentos obxecto de financiamento durante a vixencia da bonificación á operación financeira.

4. Non se concederá axuda, por parte do Igape, ao financiamento destinado a:

a) Vehículos de transporte, no sector de transporte de mercadorías por estrada.
b) Adquisición ou construción de buques de pesca.
c) O Imposto sobre o valor engadido (IVE) ou calquera outro tributo ligado ao investimento.

5. Os bens obxecto do investimento deberán ser adquiridos polo beneficiario en propiedade. Poderanse financiar investimentos realizados no prazo de execución, comprendido entre o 1 de xaneiro de 2016 ata un ano dende a formalización do préstamo. A diferenza entre os importes correspondentes aos investimentos e o importe disposto do financiamento, considérase utilizado para liquidez.

6. Os provedores non poderán estar vinculados coa entidade solicitante ou cos seus órganos directivos ou xestores.

Cuantía de las ayudas

1. Consistirá nunha axuda financeira que se deberá destinar á amortización anticipada do principal do préstamo. A dita axuda determinarase do seguinte xeito:

a) Axuda ao tipo de xuro de 1,5 puntos porcentuais, con carácter xeral e, no caso de emprendedores ou proxectos pertencentes ao sector industrial, en 0,5 puntos porcentuais adicionais.

b) Axuda á comisión do aval financeiro, no seu caso, que se calculará como na axuda ao tipo de xuro.

2. Considérase autónomo a persoa ou persoas físicas que realicen de xeito habitual, persoal, directa, por conta propia e fóra do ámbito de dirección e organización doutra persoa, unha actividade económica ou profesional a título lucrativo.

3. Terán a consideración de emprendedores, as persoas físicas e xurídicas que se encontren realizando unha actividade empresarial ou profesional con ata corenta e dous meses de antigüidade ou ben os trámites previos para poder desenvolver unha actividade económica. Dito prazo computarase dende a data de formalización do préstamo.

4. Considéranse proxectos pertencentes ao sector industrial aqueles que desenvolven unha actividade económica das relacionadas na sección C do CNAE-2009

5. A entidade financeira non poderá cobrar comisión ningunha pola amortización anticipada do principal do préstamo, coma consecuencia do pagamento da axuda.

6. No suposto de que o tipo de xuro alcanzase niveis inferiores aos puntos de bonificación, a axuda do Igape limitaríase ao tipo de xuro establecido para a vixencia da operación, ou ben para o primeiro período, no caso de operacións a tipo de xuro variable. É dicir, o tipo de xuro resultante, tras a redución, non poderá ser inferior a cero.

Plazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes por parte do interesado no Igape, iniciarase o día seguinte ao da publicación destas bases reguladoras no Diario Oficial de Galicia e rematará o 31 de outubro de 2017

Incompatibilidades

Serán compatibles con calquera outras axudas públicas ou privadas - pero en ningún caso, illadamente ou en concorrencia con outras, poderán superar os límites máximos de intensidade de axuda establecidos pola Unión Europea para as axudas de minimis.

De xeito xeral as axudas de minimis totais que se concedan a unha mesma empresa non poderán superar 200.000 euros durante calquera período de tres exercicios fiscais; para as empresas do sector transporte de mercadorías por estrada este límite redúcese a 100.000 euros. Para as empresas do sector da pesca as axudas de minimis totais que se concedan a unha mesma empresa non poderán superar 30.000 euros durante calquera período de tres exercicios fiscais. Para as empresas do sector agrícola o límite de minimis redúcese a 15.000 euros durante calquera período de tres exercicios.

As axudas de minimis non se acumularán con ningunha axuda estatal en relación cos mesmos gastos subvencionables se a dita acumulación excedese da intensidade de axuda fixado por un regulamento de exención por categorías.

A obtención doutras axudas ou subvencións deberá comunicarse ao Instituto Galego de Promoción Económica tan axiña como se coñeza e, en todo caso, no momento en que se presente documentación xustificativa do proxecto realizado.

Referencia legislativa

Resolución do 14 de xullo de 2017 (DOG Nº 142 do 17/08/2016) - Bases reguladoras e convocatoria 2017
Extracto da Resolución do 14 de xullo de 2017 (DOG Nº 142 do 27/07/2017)
Resolución do 3 de outubro de 2017 (DOG Nº196 do 16/10/2017) - Adhesión entidade financeira
Resolución do 23 de outubro de 2017 (DOG Nº209 do 03/11/2017) - Adhesión entidade financeira

Información y tramitación en

INFORMACIÓN: 900 81 51 51 e nas Oficinas Territoriais do Igape.

TRAMITACIÓN:

a) Para presentar unha solicitude de axuda o interesado deberá cubrir previamente un formulario descritivo da empresa, do proxecto e da operación financeira a través da aplicación establecida no enderezo da internet http://www.tramita.igape.es.

Unha vez cuberto o formulario na aplicación informática obterase o formulario normalizado de solicitude (anexo I).

b) Unha vez xerada a solicitude deberá presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario de solicitude normalizado (anexo I), accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

c) A presentación electrónica será obrigatoria para as persoas xurídicas.

d) No caso de que o solicitante sexa unha persoa física, opcionalmente, poderá presentar a solicitude presencialmente no rexistro xeral dos servizos centrais do Igape, nas oficinas territoriais do Igape ou por calquera dos medios establecidos no art. 16.4 da Lei do procedemento administrativo común das administracións públicas, utilizando o formulario de solicitude normalizado (anexo I).

Observaciones

Entidades financeiras adheridas ata o momento:

- Caixa Rural Galega, Sociedad Cooperativa
- Banco Popular Español, S.A.
- Banco Pastor, S.A.
- Banco Caixa Geral, S.A.
- Bankinter, S.A.
- Banco Bilbao Vizcaya Argentaria, S.A.
- CaixaBank, S.A.
- Abanca Corporación Bancaria, S.A.
- Banco de Sabadell, S.A.
- Banco Santander, S.A.