El plazo de presentación finalizó el 21/07/2011

SUBVENCIÓNS A ENTIDADES PRIVADAS PARA A POTENCIACIÓN E MELLORA DO TURISMO DE SAÚDE (CT988A)

Finalidad / Objetivo

As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto a mellora da infraestrutura turística da Comunidade Autónoma de Galicia mediante a incentivación a entidades privadas para:

- Creación ou mellora de hoteis-balneario.

- Creación ou mellora de hoteis-talaso.

Tipos de apoyo

Subvencións en réxime de concorrencia competitiva

Beneficiarios potenciales

As empresas autónomas ou as constituídas baixo calquera tipo de sociedade mercantil, civil ou comunidade de bens que reúnan os requisitos establecidos nestas bases e sexan titulares dos establecementos hoteleiros en que se poidan realizar os investimentos obxecto de subvención.

Os titulares dos hoteis que se subvencionen terán que ser propietarios dos inmobles ou predios obxecto de actuación ou ben ter unha disposición sobre eles, acreditada por calquera título válido en dereito, que permita realizar o investimento proxectado. O dito título de disposición terá que ser outorgado en escritura pública e inscrito no Rexistro da Propiedade. En calquera caso, o beneficiario da subvención terá o pleno uso e desfrute dos inmobles e/ou dos predios.

Será requisito imprescindible para a concesión destas axudas que a empresa solicitante teña inscrita, no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Xunta de Galicia, a actividade turística para a que se solicita a axuda, ou ben que a partir da entrada en vigor o 23 de febreiro de 2010 da modificación da Lei 14/2008, do 3 de decembro, de turismo de Galicia, presentase a declaración responsable de inicio da actividade e o compromiso a que se refire o sinalado artigo.

Sectores incentivables

Hostelería

Inversiones o gastos computables

Poderán ser obxecto de subvención, os seguintes investimentos:

Liña A) de axudas destinadas a proxectos de creación de hoteis-balneario e de hoteis-talaso.

Liña B) de axudas destinadas a proxectos de mellora, remodelación ou modernización das instalacións existentes nos establecementos hoteleiros hoteis-balnearios e de hoteis-talaso.

- Obras destinadas a conseguir a elevación de categoría do hotel.

- Obras destinadas á reconversión de cuartos en suites.

- Obras destinadas a mellorar as condicións de accesibilidade e supresión de barreiras para procurar facilidades a persoas con discapacidade física ou sensorial.

- Ampliación e mellora das instalacións termais e da zona dedicada a tratamentos.

- Investimentos destinados a facilitar as estadías con nenos: gardarías, actividades específicas para miúdos, etc.

- Mellora de garaxes ou aparcadoiros para uso exclusivo de clientes no mesmo predio en que se sitúe o establecemento.

- Implantación de tecnoloxías e sistemas de organización relativos á mellora da xestión nos establecementos.

- Obras destinadas á renovación, tecnificación e innovación que conduzan á implantación de sistemas de protección e mellora ambiental, tales como mellor uso e depuración de augas, emisións atmosféricas, vertedura de augas, xeración e tratamento de residuos sólidos e non sólidos, contaminación acústica, substitución de materiais, etc.

As accións de mellora abranguen tanto actuacións de modernización e remodelación de todas as instalacións hoteleiras como aquelas definidas para a ou mellora da oferta complementaria do establecemento. A mellora subvencionable non poderá supoñer un incremento superior ao 10% das prazas autorizadas pola administración turística, (e no caso de ter desfrutado dunha subvención semellante nos últimos 5 anos, non poderá incrementar ningunha praza); no caso de que a mellora implique un incremento superior presentarase o desagregamento orzamentario do proxecto que reflicta o custo correspondente á de cada unha das novas prazas que permita a determinación da contía da subvención.

Considérase investimento subvencionable a execución material das obras que se acometan para a creación ou mellora dos establecementos obxecto desta orde. Igualmente, de ser o caso, a adecuación do contorno, as actuacións de recuperación dos elementos de arquitectura tradicional existentes e os honorarios técnicos.

Están comprendidos nos proxectos de obras e son, por tanto subvencionables, todos aqueles bens de equipamento que deben ser empregados nestas mediante instalacións fixas, sempre que constitúan complemento natural da obra (cociñas, cámaras frigoríficas, instalacións de aire acondicionado, equipamento termal, etc.). Non se considera subvencionable o equipamento que non cumpra as devanditas condicións.

Queda expresamente excluído do ámbito de aplicación desta orde o mobiliario, a lenzaría, enxoval doméstico, louza e análogos e a adquisición de terreos.

Unicamente poderán recibir subvención, no caso de pemes, aqueles proxectos que se executen unha vez confirmada pola Secretaría Xeral para o Turismo a súa elixibilidade.

Cuantía de las ayudas

Os proxectos de creación ou mellora que se recollen nesta orde como accións subvencionables poderán acadar unha subvención de ata o 40% (proxectos de creación) e 30% (proxectos de mellora) sobre o investimento subvencionable, sempre que non se superen os límites máximos de axuda establecidos na normativa aplicable.

Para os efectos de cálculo do investimento subvencionable, os honorarios técnicos de redacción de proxecto e dirección de obra non serán superiores ao 8% do orzamento de execución material subvencionable.

Plazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.

Referencia legislativa

Orde do 5 de maio de 2011 (DOG Nº 118 do 21/06/2011) - Bases reguladoras e convocatoria 2011

Información y tramitación en

Información:

a) Páxina web oficial da consellería (www.culturaeturismo.xunta.es), na súa epígrafe de axudas.

b) Páxina web oficial da Secretaría Xeral para o Turismo (www.sxturismo.org).

c) Os teléfonos 981 54 63 79 e 981 54 63 78 da devandita secretaría xeral.

d) Enderezo electrónico axudas.turismo@xunta.es.

d) Presencialmente.