Estimular a creación de novos/as profesionais da industria audiovisual galega e contribuír ao cumprimento das tarefas que a Lei do audiovisual atribúe ao sector na normalización da lingua galega.
Axudas a fondo perdido.
Poderán optar a estas subvencións tanto persoas físicas naturais ou residentes en Galicia nos dous anos anteriores á data desta convocatoria, como produtoras audiovisuais independentes legalmente constituídas como tales, con domicilio social e fiscal en Galicia.
Sector audiovisual
No caso de produtoras cinematográficas deberán estar inscritas como produtoras audiovisuais no Rexistro de Empresas do Sector Audiovisual de Galicia.
Quedan excluídos/as aqueles/as solicitantes que, para o mesmo proxecto, fosen xa beneficiarios/as no ano 2005 dunha subvención para a produción audiovisual das convocadas anteriormente pola Consellería de Cultura e incumprisen as bases ou a finalidade establecida na súa convocatoria.
Modalidade A: curtametraxes en soporte cinematográfico.
Modalidade B: curtametraxes de animación.
Modalidade C: curtametraxes de produción en soporte dixital.
Modalidade D: producións innovadoras ou experimentais.
Modalidade A: Axuda máxima de 15.000 euros.
Modalidade B: Axuda máxima de 30.000 euros.
Modalidade C: Axuda máxima de 6.000 euros.
Modalidade D: Axuda máxima de 15.000 euros.
Corenta días contados a partir do día seguinte da publicación desta orde (3 de abril de 2006)
Orde do 24 de marzo de 2006 (DOG Nº65 do 03/04/2006)
Corrección de erros - Orde do 24 de marzo de 2006 (DOG Nº71 do 11/04/2006)
Consellería de Cultura e Deporte
Tfn: 981 577132