Apoiar o desenvolvemento de proxectos de produción audiovisual en lingua galega e a realización de producións audiovisuais en lingua galega.
Subvención a fondo perdido.
Produtoras audiovisuais e empresas de produción multimedia legalmente constituídas como tales no territorio da Unión Europea, que contan, polo menos, cunha axencia de representación en Galicia.
Comunicación Social.
Xenérico: os proxectos deberán realizarse un mínimo do 25% na Comunidade Autónoma de Galicia.
Específicos:
Subvención para o desenvolvemento de proxectos de produción audiovisual:
Longametraxes cinematrográficas.
Telefilmes.
Series de TV.
Produción multimedia.
Documentais.
As empresas solicitantes deben ter acordo ou contrato, como mínimo, cun guionista para desenvolver algún proxecto dos tipos sinalados no parágrafo anterior.
Subvencións á produción audiovisual en lingua galega:
Longametraxes, de duración superior ou igual a 60 minutos.
Vídeo-creación, os proxectos que expresen unha clara vontade de experimentación formal.
Telefilmes, películas dirixidas á emisión en televisión.
Programas pilotos de series de TV.
Documentais.
Produción multimedia, que conxuguen o emprego de medios informáticos e audiovisuais interactivos tanto na súa elaboración como no seu consumo.
Estar inscritos no Rexistro de Empresas do Instituto de Cinematografía e Artes Audiovisuais (ICAA).
Ver contía das axudas.
Subvención para o desenvolvemento de proxectos de produción audiovisual. As axudas poderán alcanzar, con carácter xeral, o 30% do importe subvencionable. Considerarase importe subvencionable o gasto asociado imputable e axustado aos proxectos seguintes:
Longametraxes cinematrográficas.
Telefilmes.
Series de TV.
Produción multimedia.
Documentais.
Excluídos impostos, que estará integrado pola suma dos gastos necesarios para a súa realización.
Subvención á produción audiovisual en lingua galega.
9 de Febreiro de 2.004
Os que foran beneficiarios dalgunha outra subvención da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo e incumpran as bases e a finalidade establecida na súa convocatoria, así como proxectos encargados por terceiras persoas e as producións didácticas e publicitarias.
Ademais, quedan excluídos aqueles solicitantes que, para o mesmo proxecto, xa foran beneficiarios dunha axuda para a realización de proxectos de produción audiovisual en lingua galega que incorporen novos realizadores, convocada pola Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.
En ningún caso o importe das subvencións concedidas poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia coas concedidas a través doutras administracións públicas ou doutros entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, supere o custo da actividade que vaia desenvolver o beneficiario ou, se é o caso, a porcentaxe máxima do investimento subvencionable que se estableza legalmente
Orde do 23 de decembro de 2004 (DOG Nº254 do 31/12/2004)
Orde do 25 de maio de 2005 (DOG Nº 104 do 01/06/2005) - Modificación
Os formularios para as solicitudes obteranse necesariamente no enderezo de internet http://www.xunta.es/conselle/cultura/index.htm ou en http://www.xunta.es/servicios, no caso de dúbida ou dificultades técnicas poderán dirixirse á Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual a través do tfno.: 981544523.
As solicitudes presentaranse:
En soporte papel nos rexistros das delegacións provinciais da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.
Presentación telemática. Os solicitantes que posúan certificado dixital.
Criterios de valoración:
Subvención para o desenvolvemento de proxectos de produción audiovisual.
O interese do proxecto e a calidade artística.
A contribución ao fomento do emprego no sector e a implicación no proxecto de recursos de Galicia.
Orzamento do proxecto de desenvolvemento achegado.
Redacción en lingua galega da versión orixinal do guión.
Contribución aos valores culturais de Galicia.
Subvención á produción audiovisual en lingua galega.
Calidade do proxecto.
A contribución ao fomento do emprego no sector e a aplicación no proxecto de recursos de Galicia.
Calidade artística.
Rodaxe en lingua galega da versión orixinal da produción audiovisual.
Historial profesional, técnico, económico e financeiro da produtora.