Redacción individual de guións orixinais en lingua galega, co fin de estimular a creatividade e o talento na procura dun audiovisual con identidade e mirada propias.
Subvención a fondo perdido en réxime de concorrencia competitiva.
Persoas físicas residentes en Galicia e que teñan a intención de escribir un guión para longametraxe de ficción, documental ou película para televisión.
Sector Audiovisual.
As subvencións outorgaranse a proxectos de obras orixinais ou adaptacións de obras literarias e terán unha contía máxima de 15.000 euros.
As axudas terán unha contía máxima de 15.000 euros.
As solicitudes deberán presentarse no prazo dun mes, a partir do día seguinte á publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. (ata o 3 de xuño do 2007)
Orde do 24 de abril de 2007 (DOG Nº85 do 03/05/2007) - Bases e convocatoria 2007
Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural.
Tfn: 981-544805