Deadline for submitting applications will end on 01/08/2022

TR807I - PROGRAMA I: FOMENTO E CONSOLIDACIÓN DO EMPREGO NAS PEQUENAS EMPRESAS DE NOVA CREACIÓN - 2022

Purpose / Objective

Xerar emprego estable para persoas desempregadas, principalmente entre as mulleres, as persoas con discapacidade e en risco de exclusión social, apoiando e dinamizando o desenvolvemento de novas iniciativas empresariais na Comunidade Autónoma de Galicia, con especial atención aos concellos do rural galego.

Types of support

Axudas en réxime de concorrencia non competitiva. Réxime de mínimis

Potential beneficiaries

Poderán ser beneficiarias das axudas reguladas neste programa as empresas privadas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, agás as persoas físicas, comunidades de bens, sociedades civís, sociedades cooperativas e sociedades laborais, sempre que cumpran as condicións e os requisitos establecidos nesta orde para cada tipo de axuda e nas cales concorran, na data do seu inicio de actividade, as seguintes circunstancias:

a) Que sexan empresas de nova creación.
b) Que sexan viables técnica, económica e financeiramente.
c) Que xeren emprego estable para persoas desempregadas.
d) Que teñan o seu domicilio social, fiscal e o seu centro de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia.
e) Que sexan promovidas, como máximo, por cinco persoas e que entre os socios ou as socias promotores non figure ningunha persoa xurídica.
f) Que a empresa teña un capital social máximo de 120.202 euros.
g) Que, como mínimo, o 50 % do seu capital social sexa de titularidade das persoas promotores e que sexan persoas desempregadas que creen o seu propio posto de traballo na empresa.

Poderán ser beneficiarias as persoas promotoras para a axuda para a conciliación da vida persoal, laboral e familiar.

Main project requirements

SUBVENCIÓN Á XERACIÓN DE EMPREGO ESTABLE

1. A creación de postos de traballo estables de carácter indefinido, incluídos os das propias persoas promotoras, que sexan ocupados por persoas desempregadas incentivarase, ata un máximo de dez, cada un deles coa contía de 2.000 euros como desempregado en xeral.

2. Cada posto de traballo estable incentivarase con 4.000 euros€ para o caso de persoas desempregadas que se atopen nalgún dos seguintes colectivos, que non serán acumulables:

– Persoas desempregadas de longa duración.
– Persoas desempregadas con discapacidade.
– Persoas desempregadas que estean en situación ou risco de exclusión social.

3. Estas contías base incrementarase nun 25 % nos seguintes casos:

a) Se a persoa incorporada é unha muller.
b) No caso de que o centro de traballo (ou domicilio fiscal, no caso de carecer deste) da empresa estea situado nun concello rural.
c) Persoas maiores de 45 anos.
d) Se a persoa incorporada ten a condición de persoa emigrante retornada.
e) Persoas trans.

Estes incrementos son acumulables e deste xeito a contía máxima posible, de aplicarse todos os incrementos, sería de 9.000 euros €.

4. Cando a dedicación sexa a tempo parcial, as contías destes incentivos serán proporcionais ao tempo efectivo de traballo en función da xornada a tempo completo establecida no convenio colectivo de aplicación ou, na súa falta, da xornada ordinaria legal.

5. No suposto de ter dereito a un ou varios incrementos aplicarase a subvención aos indicados na solicitude, salvo que da documentación achegada coa solicitude quede acreditada a aplicación dalgún incremento superior.

6. Cando se trate de contratacións indefinidas de persoas traballadoras por conta allea, esta axuda, de ser o caso, será compatible coas bonificacións á Seguridade Social previstas na normativa estatal, sen que ambos os dous beneficios poidan superar o 70 % do custo salarial de dúas anualidades correspondente ao contrato obxecto de subvención. Este límite será ampliable ata o 80 % cando a persoa traballadora contratada pertenza a un dos seguintes colectivos: persoas desempregadas de longa duración, persoas desempregadas con discapacidade e persoas desempregadas que se encontren en situación ou risco de exclusión social.

7. Poderán ser obxecto desta subvención os postos de traballo estables de carácter indefinido creados desde o 1 de agosto de 2021 e ata o 31 de xullo de 2022.

SUBVENCIÓN PARA A FORMACIÓN

1. A subvención para a formación ten por obxecto financiar parcialmente a formación relacionada coas funcións xerenciais da persoa promotora ou empresaria e/ou a formación directamente relacionada coa actividade que van desenvolver, de xeito que estes estudos contribúan á boa marcha da empresa.

2. Subvencionaranse os cursos e as actividades formativas que a persoa promotora que cree o seu propio posto de traballo estable e polo que se obtivese a subvención establecida no artigo 21 desta orde realice para obter e mellorar os seus coñecementos sobre a función xerencial e as actividades formativas directamente relacionadas coa actividade económica en que estea de alta a empresa. Esta formación poderá ser impartida por entidades públicas ou privadas e deberá estar finalizada antes do fin do prazo para a xustificación.

3. O gasto orixinado deberase producir no período subvencionable e deberá ser efectivamente xustificado, mediante certificado de asistencia e as facturas e documentos bancarios acreditativos do seu pagamento, con anterioridade á finalización do período de xustificación establecido na resolución de concesión ou, en todo o caso, ata o 20 de decembro de 2021.

A contía da subvención, que só se poderá solicitar unha vez, será de ata o 75 % do custo dos servizos recibidos, excluído o IVE, cun límite máximo de 3.000 euros polo conxunto dos cursos e actividades de formación recibidas.

SUBVENCIÓN PARA O INICIO DE ACTIVIDADE

1. Poderase conceder para o financiamento dos primeiros gastos da actividade unha subvención de ata 2.000 euros por cada emprego subvencionable, ata un máximo de dez, por persoa desempregada en xeral.

2. A contía do incentivo será de 4.000 € por cada emprego subvencionable cando a persoa desempregada se encontre nalgún dos seguintes colectivos, que non serán acumulables:

– Persoas desempregadas de longa duración.
– Persoas desempregadas con discapacidade.
– Persoas desempregadas que se encontren en situación ou risco de exclusión social.

3. Estas contías base incrementaranse nun 25 % nos seguintes casos:

a) Se a persoa incorporada é unha muller.
b) No caso de que o centro de traballo (ou domicilio fiscal, no caso de carecer deste) da empresa estea situado nun concello rural.
c) Persoas maiores de 45 anos.
d) Se a persoa incorporada ten a condición de persoa emigrante retornada.
e) Persoas trans.

Deste xeito, a contía máxima posible por posto de traballo, de aplicarse todos os incrementos, sería de 9.000 euros€.

4. Cando a dedicación sexa a tempo parcial, as contías destes incentivos serán proporcionais ao tempo efectivo de traballo en función da xornada a tempo completo establecida no convenio colectivo de aplicación ou, na súa falta, na xornada ordinaria legal.

5. No suposto de ter dereito a un ou a varios incrementos, aplicarase a subvención aos indicados na solicitude, salvo que da documentación achegada coa solicitude quede acreditada a aplicación dalgún incremento superior.

6. Esta axuda destinarase a sufragar os gastos nos seguintes conceptos: honorarios de notaría e rexistrador, compra de mercadorías e materias primas, arrendamento do local, de maquinaria e de equipamentos informáticos, gastos do seguro do local, publicidade, páxina web, posicionamento web e subministracións, excluído o imposto sobre o valor engadido ou, de ser o caso, os impostos indirectos equivalentes cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación. Estes gastos poderán ser subvencionados sempre que as facturas estean expedidas a nome da entidade solicitante e non sexan emitidas por algunha das persoas promotoras da empresa. Exclúense, así mesmo, os impostos e os gastos referidos aos domicilios particulares dalgunha das persoas promotoras.

7. A través desta axuda serán subvencionables os gastos realizados desde un mes antes ao inicio da actividade empresarial e durante o período subvencionable, efectivamente xustificados mediante facturas e documentos bancarios acreditativos do seu pagamento, con anterioridade á finalización do período de xustificación establecido na resolución de concesión ou, en todo caso, ata o 20 de decembro de 2021.

8. No suposto de ter dereito a un ou varios incrementos, aplicarase a subvención aos indicados na solicitude, salvo que da documentación achegada coa solicitude quede acreditada a aplicación dalgún incremento superior.

SUBVENCIÓN PARA A CONCILIACIÓN DA VIDA PERSOAL, LABORAL E FAMILIAR DAS PERSOAS PROMOTORAS

1. Co obxecto de favorecer a conciliación da vida persoal, laboral e familiar das persoas emprendedoras concederase unha subvención do 75 % do custo dos servizos de gardaría, ata un máximo de 3.000 euros, para aquelas persoas promotoras que teñan fillos ou fillas menores de tres anos.

2. Co mesmo obxecto de favorecer a conciliación da vida familiar das persoas emprendedoras concederase unha subvención do 75 %, ata un máximo de 3.000 €, do custo do centro ou dos servizos de coidado de persoas maiores e/ou dependentes (graos I, II e III) ou con un grao de discapacidade igual ou superior o 33 %, recoñecidos pola Consellería de Política Social, sempre que se acredite a súa relación de parentesco e a acreditación da convivencia no mesmo domicilio, como mínimo, durante os tres meses anteriores a data da solicitude.

3. Poderán ser beneficiarias destas axudas as persoas promotoras que creen o seu propio posto de traballo estable e polos que se obtivese a subvención establecida no artigo 21 desta orde, sexan titulares de familias monoparentais ou nas cales os dous cónxuxes realicen unha actividade laboral e estean dados de alta no correspondente réxime da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional.

4. Serán subvencionables os gastos da gardaría e/ou dos persoas cuidadoras ou dos custos dos servizos en centros especializados, no caso das persoas con dependencia ou discapacidade, correspondentes desde os tres meses anteriores ao inicio definitivo da actividade e ata o mes de xullo de 2022, inclusive.

5. As axudas por gardería e por coidado de persoas dependentes e persoas con discapacidade son compatibles entre si.

Deadline for submitting applications

O prazo xeral para a presentación das solicitudes das axudas establecidas neste programa comezará o día seguinte ao da publicación da orde de convocatoria e finalizará o 31 de xullo de 2022.

Incompatibility

1. Non se poderán imputar os mesmos gastos aos distintos tipos de axuda previstos neste programa.

2. As subvencións reguladas neste programa serán incompatibles coas axudas establecidas nos programas de apoio ás iniciativas de emprego de base tecnolóxica, emprego autónomo e cooperativas convocados pola Consellería de Emprego e Igualdade Así mesmo, serán incompatibles coas axudas comprendidas no programa Emega para o fomento do emprendemento feminino convocadas pola Consellería de Emprego e Igualdade, así como con outras que polos mesmos conceptos poidan outorgar as administracións públicas como medida de fomento do emprego.

3. A subvención pola xeración de emprego estable polos contratos por conta allea será incompatible coas subvencións establecidas nos diferentes programas de fomento da contratación por conta allea convocados pola Consellería de Emprego e Igualdade. Os ditos incentivos serán compatibles, de ser o caso, coas bonificacións ás cotizacións á Seguridade Social.

4. As subvencións reguladas neste programa serán compatibles coa axuda prevista para a adaptación dos postos de traballo regulada nas diferentes axudas de integración laboral das persoas con discapacidade, e será incompatible co resto das axudas reguladas nos diferentes programas de integración laboral das persoas con discapacidade convocados pola Consellería de Emprego e Igualdade.

Legislative Reference

ORDE do 27 de xaneiro de 2022 (DOG Nº35 do 21/02/2022) - Bases reguladoras e convocatoria 2022

Information and processing in

Consellería de Emprego e Igualdade
Subdirección Xeral de Emprego
Teléfono: 981545625 / 981957729
Email: autónomos.emprego@xunta.gal

Observations

Exclúense dos beneficios do programa establecido nesta orde:

a) As persoas promotoras que, nos tres meses inmediatamente anteriores á data de inicio da nova actividade, estivesen de alta como persoas traballadoras autónomas en calquera réxime da Seguridade Social.

b) Os postos de traballo indefinidos creados que nos tres meses anteriores á data de alta tivesen un contrato indefinido con calquera empresa.

c) As persoas ou empresas que percibisen subvencións ao abeiro do programa de promoción do emprego autónomo, iniciativas locais de emprego ou iniciativas de emprego de base tecnolóxica, nos tres anos anteriores á data do inicio da nova actividade.

d) As persoas promotoras que percibisen subvencións ao abeiro das axudas deste programa nos tres anos anteriores á data do inicio da nova actividade.