Deadline for submitting applications will end on 30/09/2021

TR802L - BONO CONSOLIDA ENTIDADES DE ECONOMIA SOCIAL

Purpose / Objective

Este programa ten como finalidade apoiar a consolidación das entidades da economía social de Galicia co fin de remediar a grave perturbación que na economía galega provocou o brote da COVID-19, facilitándolles acceso á liquidez e protección fronte a outros prexuízos económicos significativos que xurdisen por mor da COVID-19 mediante liñas de axudas que, con especial incidencia na transformación dixital, melloren a súa actividade económica, incrementen a súa competitividade e, en definitiva, manteñan empregos de calidade.

Types of support

Subvención.

Potential beneficiaries

Poderanse acoller ás subvencións recollidas nesta orde as sociedades cooperativas, sociedades laborais, empresas de inserción e centros especiais de emprego previstas no artigo 6 da Lei 6/2016, do 4 de maio, da economía social de Galicia, que cumpran os seguintes requisitos:

a) Figurar inscritas como tales nos correspondentes rexistros administrativos da Comunidade Autónoma de Galicia

b) Ter presentadas as contas anuais do último ano no Rexistro Mercantil, no Rexistro de Cooperativas ou no Rexistro de Fundacións, segundo corresponda á súa forma xurídica.

No caso de centros especiais de emprego que teñan forma xurídica de asociación, deberán ter aprobado o balance e conta de resultados pola súa asemblea xeral.

c) Acreditar unha antigüidade de 42 meses na data de solicitude.

d) Ter a capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir as condicións da axuda.

e) Estar ao día no pagamento das súas obrigas tributarias e da Seguridade Social.

f) Non ter sido sancionadas mediante resolución firme coa perda da posibilidade de obter subvencións.

- Non poderán obter a condición de beneficiarias:

a) As entidades en que concorran as circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

b) As entidades que estean excluídas do acceso aos beneficios derivados da aplicación dos programas de emprego, conforme o establecido no artigo 46 e 46 bis do texto refundido da Lei de infraccións e sancións na orde social, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

- Tampouco poderán obter a condición de beneficiarias destas axudas as empresas en crise en 31 de decembro de 2019, sen prexuízo da posibilidade de conceder axudas ás microempresas e pequenas empresas que estivesen en crise en 31 de decembro de 2019, sempre e cando non se atopen inmersas nun procedemento concursal nin recibisen unha axuda de salvamento ou de reestruturación.

Investments or eligible costs

1. Establécense as seguintes liñas de axuda:

a) Liña 1. Transformación dixital da entidade.

Esta liña comprende as subvencións orientadas aos seguintes conceptos:

a.1) Plan de uso das novas tecnoloxías no negocio e/ou de optimización da produción.
a.2) Equipamento informático.
a.3) Adquisición e desenvolvemento de software e páxinas web.

b) Liña 2: Profesionalización e desenvolvemento estratéxico co apoio de servizos externos especializados, que impliquen novos métodos de organización, melloras nas rutinas e procedementos de xestión do traballo.

Esta liña comprende subvencións para a contratación dos seguintes servizos externos:

b.1) Investigacións de mercado e análise de potencial competitivo.
b.2) Plan de márketing, de comunicación ou de relanzamento comercial.
b.3) Plan de futuro e de mellora do negocio.
b.4) Plan de mellora da xestión financeira
b.5) Plan de integración empresarial ou de actuación conxunta
b.6) Análise de cumprimento normativo e riscos legais.
b.7) Obtención de certificacións de calidade
b.8) Creación e desenvolvemento da imaxe corporativa da entidade

c) Liña 3: Mellora da competitividade empresarial a través de investimentos comúns.

Esta liña comprende as subvencións para os investimentos consistentes en:

c.1) Adquisición de equipamento.
c.2) Reforma do local do negocio.
c.3) Mobiliario.

2. Os servizos descritos na liña a.1), así como os contidos nas liñas b.2) a b.7), inclúen tanto a fase de estudo e planificación como a de implantación na empresa dos plans correspondentes, incluída a formación e adestramento para a súa efectiva posta en práctica, sempre que se execute durante o período subvencionable.

3. A axuda para a contratación dos servizos sinalados na letra a.1) é incompatible coa sinalada na letra b.3).

4. Os investimentos e gastos sinalados neste artigo poderán ser compartidos entre varias entidades solicitantes que desenvolvan un proxecto conxunto, facéndoo constar así na solicitude.

Amount of aid

A contía da axuda será equivalente ao 80 % do custo total dos gastos subvencionables, cos límites seguintes:

• 10.000 euros para os gastos incluídos na liña 1 (transformación dixital).

• 5.000 euros para os gastos incluídos na liña 2 (profesionalización e desenvolvemento estratéxico).

• 5.000 euros para os gastos incluídos na liña 3 (investimentos comúns).

O límite máximo das axudas establécese en 20.000 euros por cada solicitante. No caso de superarse esta contía na solicitude priorizaranse os gastos presentados seguindo a orde das liñas establecida no artigo precedente (primeiro os da liña 1, en segundo lugar os da liña 2 e, por último, os da liña 3).

Deadline for submitting applications

O prazo de presentación de solicitudes comezará a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e finalizará o 30 de setembro de 2021, agás que se produza o suposto de esgotamento do crédito.

Legislative Reference

Orde do 4 de agosto de 2021 (DOG Nº158 do 18/08/2021) - Bases reguladoras e convocatoria

Information and processing in

Dirección Xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social
Servizo de Fomento do Emprego en Economía Social

Edificios Administrativos de San Lázaro, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)

Teléfono: 881 999 711 /981 545 701