Deadline for submitting applications will end on 02/04/2018

INCENTIVOS Á FORMACIÓN DE PERSOAS TRABALLADORAS OCUPADAS EN SECTORES ESTRATÉXICOS (TR310A)

Purpose / Objective

1. Esta orde ten por obxecto fixar as bases reguladoras do Programa de incentivos á formación de persoas traballadoras ocupadas en sectores estratéxicos para as empresas galegas e proceder a unha primeira convocatoria.

2. A finalidade deste programa de incentivos é mellorar a cualificación profesional das persoas traballadoras ocupadas en sectores estratéxicos da economía galega, contribuíndo a mellorar a competitividade das empresas que operan nestes sectores identificados como estratéxicos.

Potential beneficiaries

Poderán ser entidades beneficiarias das axudas reguladas nesta orde as empresas privadas con centro de traballo en Galicia, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, excepto as persoas traballadoras por conta propia, sempre que cumpran as condicións e os requisitos establecidos nesta orde.

Tamén poderán ser entidades beneficiarias as agrupacións de empresas, que deberán estar constituídas, como mínimo, por dúas empresas non vinculadas entre si con necesidades formativas similares, de tal modo que así se poida alcanzar o número mínimo de alumnado participante que se establece nestas bases. O tamaño máximo da agrupación será de seis empresas.

Sectors eligible for subsidy

As entidades beneficiarias desta orde deben pertencer a algún dos sectores de actividade considerados como estratéxicos pola Axenda da competitividade de Galicia: Industria 4.0.

En particular, pero sen carácter exclusivo, de acordo coa última actualización da Clasificación nacional de actividades económicas (CNAE 2009), segundo o disposto no Real decreto 475/2007, do 13 de abril de 2007, terán a consideración de sectores estratéxicos os seguintes:

a) Silvicultura:

021 Silvicultura e outras actividades forestais.
022 Explotación da madeira.
023 Recolección de produtos silvestres, excepto madeira.
024 Servizos de apoio á silvicultura.

b) Sector de transformación da madeira:

161 Serrado e cepillado da madeira.
162 Fabricación de produtos de madeira, cortiza, cestaría e espartaría.
1621 Fabricación de chapas e taboleiros de madeira.
1622 Fabricación de chans de madeira ensamblados.
1623 Fabricación doutras estruturas de madeira e pezas de carpintaría e ebanistería para a construción.
1624 Fabricación de envases e embalaxes de madeira.
1629 Fabricación doutros produtos de madeira; artigos de cortiza, cestaría e espartaría.

c) Fabricación de compoñentes electrónicos e ordenadores:

261 Fabricación de compoñentes electrónicos e circuítos de impresos ensamblados.
2611 Fabricación de compoñentes electrónicos.
2612 Fabricación de circuítos impresos ensamblados.
262 Fabricación de ordenadores e equipos periféricos.
263 Fabricación de equipos de telecomunicacións.

d) Sector automoción:

291 Fabricación de vehículos de motor.
292 Fabricación de carrozarías para vehículos de motor; fabricación de remolques e semirremolques.
293 Fabricación de compoñentes, pezas e accesorios para vehículos de motor.

e) Sector naval:

301 Construción naval.

f) Sector aeronáutico:

303 Construción aeronáutica e espacial e a súa maquinaria.

g) Fabricación de mobles:

310 Fabricación de mobles.
3101 Fabricación de mobles de oficina e de establecementos comerciais.
3102 Fabricación de mobles de cociña.
3103 Fabricación de colchóns.
3109 Fabricación doutros mobles.

h) Edición de programas informáticos:

5821 Edición de videoxogos.
5829 Edición doutros programas informáticos.

i) Telecomunicacións:

611 Telecomunicacións por cable.
612 Telecomunicacións sen fíos.
613 Telecomunicacións por satélite.
619 Outras actividades de telecomunicacións.

j) Actividades relacionadas coa informática:

620 Programación, consultoría e outras actividades relacionadas coa informática.
6201 Actividades de programación informática.
6202 Actividades de consultoría informática.
6203 Xestión de recursos informáticos.
6209 Outros servizos relacionados coas tecnoloxías da información e a informática.
631 Procesos de datos, hosting e actividades relacionadas; portais web.
6311 Proceso de datos, hosting e actividades relacionadas.
6312 Portais web.
9511 Reparación de ordenadores e equipos periféricos.
9512 Reparación de equipos de comunicación.

Main project requirements

O programa de incentivos prevé unha dobre tipoloxía de proxectos baixo os cales se articulan as actividades financiables, en función da caracterización da acción formativa.

1. Liña I. Apoio para formacións xa establecidas cun programa que se identificou acorde coas necesidades da entidade beneficiaria.

Resultarán subvencionables os custos derivados da participación de traballadores e traballadoras das entidades beneficiarias en accións formativas preestablecidas e promovidas por terceiros. As persoas traballadoras ocupadas participantes nas accións formativas deberán ter a consideración de persoas traballadoras ocupadas por conta allea nas entidades beneficiarias na data de publicación da convocatoria de axudas.

2. Liña II. Apoio para a implementación de proxectos de formación a medida.

Terán a consideración de subvencionables as actividades formativas deseñadas ad hoc, adaptadas ás necesidades de formación específicas das entidades solicitantes e que contribúan a mellorar a cualificación do seu cadro de persoal.

As accións formativas implementadas baixo esta modalidade deberán contar como mínimo con 5 persoas traballadoras ocupadas. Esta cifra mínima de participantes poderá ser alcanzada de forma individual coa participación dunha única entidade beneficiaria, no caso de proxectos individuais, ou mediante a participación de persoas traballadoras ocupadas de varias empresas pertencentes a unha agrupación promotora que adquire a condición de entidade solicitante.

A formación presencial organizarase en grupos de 30 participantes como máximo. Na formación vinculada con certificados de profesionalidade o máximo será de 25 participantes.

A duración mínima das accións formativas implementadas nesta liña deberá ser de 40 horas.

O orzamento máximo financiable para os proxectos propostos por cada unha das entidades solicitantes, ou agrupación de entidades solicitantes, é de 200.000 euros; neste importe computaranse ambas as liñas de actuación previstas.

As accións formativas incluídas na tipoloxía 1), liña I, deberán ter un custo mínimo de 500 euros por persoa alumna participante. Este custo mínimo non será aplicable no caso de formación ofrecida por institucións educativas públicas.

Para os proxectos incluídos na tipoloxía 2), liña II, non se prevé un orzamento mínimo.

Investments or eligible costs

As accións de formación recollidas nesta convocatoria están amparadas polo réxime de minimis, de modo que serán financiables as actuacións implementadas desde o 1 de xaneiro de 2018. As accións formativas apoiadas terán como data límite de finalización o 31 de xullo de 2019.

Só serán subvencionables os custos reais, efectivamente realizados e pagos no período de execución que estean xustificados mediante facturas ou documentos contables de valor probatorio equivalente, que respondan á natureza da actividade subvencionada e que resulten estritamente necesarios para a realización da actividade formativa proposta.

De acordo co establecido na Orde ESS/1924/2016, do 13 de decembro, pola que se determinan os gastos subvencionables polo Fondo Social Europeo durante o período de programación 2014-2020, os seguintes tipos de gastos:

1. Para os proxectos encadrados na tipoloxía 1), liña I, terán a consideración de elixibles as seguintes categorías de gastos:

a) Custo da matrícula do traballador ou traballadora na acción formativa. Baixo esta epígrafe incluiranse os custos derivados da matriculación na acción formativa apoiada.

b) Bolsa de viaxe para os desprazamentos ao lugar de impartición da formación. Naqueles casos en que unha parte ou a totalidade da acción formativa se desenvolva fóra do municipio en que se sitúe o centro de traballo da entidade solicitante, serán financiables os gastos de desprazamento desde o centro de traballo ata o lugar en que se efectúe a impartición ou as probas de avaliación do aproveitamento da acción formativa. Non se consideran financiables os gastos asociados á bolsa de viaxe que deriven dun desprazamento inferior a 100 quilómetros, considerando traxectos de ida e volta.

c) En calquera caso, establécese un custo máximo total da formación nun módulo máximo de 30 euros/hora de formación por alumno ou alumna, que incluiría os custos de matriculación e a bolsa de viaxe na modalidade integramente presencial, aínda que non se poderán superar os módulos máximos que determine, de ser o caso, a normativa que regule a formación certificable. Este sería o caso dos módulos dos certificados de profesionalidade ou de especialidades formativas do SEPE.

Analogamente, para as accións formativas que prevexan a modalidade mixta, establécese un módulo máximo de 20 euros/hora por alumno ou alumna.


2. Para os proxectos encadrados na tipoloxía 2), liña II, terán a consideración de elixibles as seguintes categorías de gastos:

a) Custo do provedor ou provedores externos contratados para realizar accións de formación. Entre estes custos poderanse prever as actividades de preparación, impartición, titoría e avaliación ás persoas participantes das accións formativas.

Estes gastos deberanse presentar debidamente desagregados por horas dedicadas á actividade que se imputen.

b) Se fose o caso, custo do persoal interno da empresa encargado de organizar e impartir a acción formativa.

c) Gasto de materiais necesarios para o proxecto.

Inclúense nesta categoría os gastos derivados da adquisición de materiais didácticos, así como os gastos en bens consumibles, efectivamente utilizados na realización das accións formativas, incluíndo o material de protección e seguridade, se fose necesario.

d) Gastos de alugamento de salas, instalacións ou infraestruturas adecuadas para a impartición da formación, no caso de ser necesario.

e) Gastos en seguros.

f) Gastos de desprazamento, coa condición de que a formación non se realice integramente nas instalacións propias da empresa.

g) En calquera caso, establécese un custo máximo total da formación impartida nesta liña de 40 euros/hora de formación por alumno ou alumna, que incluiría todos os custos asociados á implementación da acción formativa.

Amount of aid

A convocatoria financia a totalidade dos gastos elixibles das accións formativas. Unha mesma entidade beneficiaria non poderá superar os 200.000 euros para o conxunto do período que abrangue esta convocatoria. No caso de proxectos realizados na modalidade de agrupación de empresas, esta contía máxima mantense inalterada.

Deadline for submitting applications

O prazo de presentación de solicitudes será de dous meses a partir do día seguinte á publicación no Diario Oficial de Galicia da presente convocatoria. Se o último día do prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

Incompatibility

A subvención prevista nesta orde é incompatible coa percepción doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos pola mesma acción formativa procedentes de calquera outra Administración ou ente público ou privado, estatal, da Unión Europea ou organismos internacionais.

En calquera caso, as axudas deberán cumprir as condicións de exención e os límites do Regulamento (UE) núm. 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro. Atendendo ao mencionado regulamento, a contía total das axudas de minimis concedidas a unha entidade beneficiaria non poderá exceder os 200.000 euros nun período de tres exercicios fiscais, excepto no caso de empresas que realicen por conta allea operacións de transporte de mercadorías por estrada, cuxo límite máximo se sitúa en 100.000 euros durante o dito período.

Legislative Reference

Orde do 31 de decembro de 2017 (DOG nº 24 do 02/02/2018) - Bases reguladoras e convocatoria

Information and processing in

SECRETARÍA XERAL DE EMPREGO

DIRECCIÓN XERAL DE ORIENTACIÓN E PROMOCIÓN LABORAL

SUBDIRECCIÓN XERAL DE PROMOCIÓN LABORAL

SERVIZO DE XESTIÓN ADMINISTRATIVA DA PROMOCIÓN LABORAL


Rúa San Lázaro, s/n

15781 Coruña, A

Teléfono: 900 815 333