Deadline for submitting applications will end on 26/07/2014

SUBVENCIÓNS PARA IMPLANTAR A RESPONSABILIDADE SOCIAL EMPRESARIAL (RSE) E A IGUALDADE NAS PEQUENAS E MEDIANAS EMPRESAS (TR375)

Purpose / Objective

Implantar a responsabilidade social empresarial (RSE) e o fomento da igualdade laboral a través da implantación de plans de igualdade, da eliminación da infrarrepresentación feminina ou da garantía da conciliación da vida familiar e laboral.

Types of support

Subvencións en réxime de concorrencia competitiva.

Potential beneficiaries

Poderán ser beneficiarias destas axudas as empresas privadas con domicilio social e centro de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia.

Así mesmo, poderán ser beneficiarias as empresas con axencia, sucursal, delegación ou calquera outra representación en Galicia sempre que teñan contratado un mínimo dun 10 % do seu persoal en Galicia e, cando menos, dez persoas.

As empresas beneficiarias deben reunir as seguintes condicións:

a) Que non superen os 50 millóns de euros de volume de negocio anual ou o seu balance anual sexa inferior a 43 millóns de euros.
b) Que conten cun número de persoas traballadoras inferior a 250. Para os efectos de determinar o número de persoas traballadoras na empresa, atenderase ao número de persoas traballadoras no momento da presentación da solicitude.
c) Non teñen consideración de beneficiarias as entidades sen ánimo de lucro.
d) Atoparse ao corrente das súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e da Seguridade Social e non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda, por ningún concepto,
coa Administración pública da comunidade autónoma, con anterioridade á proposta de resolución, así como, antes das correspondentes propostas de pagamento.
e) Cumprir todos os requisitos exixidos pola normativa en materia de axudas e subvenciónse demais normas de aplicación.
f) Cumprir os requisitos específicos exixidos para cada liña das establecidas nesta orde.

Sectors eligible for subsidy

Todos

Investments or eligible costs

* Liña I (TR357B). Axudas para implantar a RSE nas empresas galegas.

Mediante esta liña subvencionarase a formación de persoal das empresas en materia de responsabilidade social empresarial. O obxecto desta formación é capacitar o persoal das empresas galegas para que elaboren a memoria de sustentabilidade ou memoria de RSE.

1. Para os efectos desta liña I, terán a consideración de gastos subvencionables a asistencia de persoal da empresa a actividades formativas en materia de elaboración de memorias de RSE ou memorias de sustentabilidade.

2. Requisitos que debe cumprir a actividade formativa para ser subvencionable:

a) Persoas destinatarias: a formación irá dirixida, exclusivamente, ao persoal da empresa que vaia elaborar a memoria de RSE ou memoria de sustentabilidade, é dicir, persoal de dirección ou de administración.

b) Entidade formadora:
- Deberá ser impartida por unha entidade pública ou privada dedicada a este fin, que acredite ter experiencia en impartir cursos sobre memorias de RSE. Así mesmo, deberán acreditar que contan con persoal con experiencia en impartir os ditos cursos.
- A formación non poderá ser impartida pola mesma entidade ou empresa que solicita a axuda nin por unha empresa vinculada coa solicitante da axuda.

c) Contido: o programa do curso debe recoller contidos sobre a elaboración de memorias de RSE ou memorias de sustentabilidade. Deberá ter unha duración mínima de 30 horas.

d) Modalidade de formación: os cursos deberán ser impartidos de forma presencial ou por medios telemáticos (on line). No suposto de cursos por medios telemáticos deberá realizarse mediante unha plataforma telemática na que se rexistre o acceso de cada alumno ou alumna a esta. Considéranse excluídos os seminarios, xornadas, congresos e similares, así como os cursos realizados na modalidade de a distancia.

3. Só se subvencionarán os gastos realizados e facturados directamente pola propia entidade que imparte a actividade formativa. Non se subvencionarán os gastos relativos ao funcionamento ordinario das empresas nin á adquisición de material inventariable.

* Liña II (TR357C). Axudas para o fomento da igualdade laboral.

Programa 1. Axudas para a implantación de plans de igualdade nos termos e nos ámbitos definidos na Lei 2/2007, de traballo en igualdade das mulleres de Galicia, tanto de xeito voluntario como en cumprimento da obriga establecida nun convenio colectivo de ámbito superior á empresa. Polo tanto, non será de aplicación ás empresas coa obriga legal de implantar plans de igualdade, segundo o establecido no artigo 45.2 da Lei orgánica 3/2007, do 22 de marzo.

Requisitos das empresas beneficiarias da liña II, programa 1

1. Serán beneficiarias destas axudas as empresas que, ademais dos requisitos do artigo 4 desta orde, se atopen nalgún dos supostos seguintes:

a) Empresas que implanten dun xeito voluntario un plan de igualdade nos termos exixidos nos artigos 9 e 10 da Lei 2/2007, do 28 de marzo, do traballo en igualdade das mulleres de Galicia, para os plans legalmente obrigatorios.

Para estes efectos, enténdese voluntaria a implantación do plan aínda que sexa obrigatoria para a empresa por ter acordado ou asinado un compromiso coa representación legal dos traballadores e traballadoras.

b) Empresas que implanten, en cumprimento de obriga establecida nun convenio colectivo de ámbito superior á empresa, un plan de igualdade nos termos exixidos nos artigos 9 e 10 da Lei 2/2007, do 28 de marzo, do traballo en igualdade das mulleres de Galicia, para os plans legalmente obrigatorios.

Tanto no punto A como no B, os plans de igualdade elaborados deberán ser acordados coa representación legal do seu persoal, no caso de habela, ou coas persoas traballadoras, e prever a súa participación no seu desenvolvemento.

2. Para seren beneficiarias destas axudas, as empresas deberán contar cun mínimo de 10 persoas traballadoras. Para os efectos de determinar o número de persoas traballadoras na empresa, atenderase ao número de persoas traballadoras no momento da presentación da solicitude. O número mínimo de persoas traballadoras deberá quedar acreditado tamén no momento da xustificación da realización da actividade e dos gastos satisfeitos.

3. As empresas que resulten beneficiarias desta subvención, cofinanciada con fondos europeos, deberán manter un sistema de contabilidade separado ou un código contable adecuado en relación con todas as transaccións relacionadas coa operación, sen prexuízo das normas de contabilidade nacional. De acordo co artigo 60 d) do Regulamento (CE) nº 1083/2006 que regula as funcións da autoridade de xestión, a dita autoridade deberá asegurarse, no momento da emisión da resolución, de que as empresas beneficiarias das operacións manteñen o citado sistema de contabilidade separada ou un código contable adecuado

Programa 2. Axudas para investimentos tendentes á eliminación da infrarrepresentación feminina nos eidos laborais ocupados predominantemente por homes.

Requisitos das empresas beneficiarias da liña II, programa 2

Serán beneficiarias destas axudas as empresas que, ademais dos requisitos do artigo 4, no momento da solicitude conten cun máximo do 10 % de mulleres no seu cadro de persoal e sempre que concorran os requisitos seguintes:

1. Que se trate dun sector de actividade no que sexa habitual a infrarrepresentación laboral feminina. Para estes efectos, a Orde do 25 de novembro de 2010, da Consellería de Traballo e Benestar, publicou unha relación das profesións con subrepresentación feminina no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia (Diario Oficial de Galicia nº 234, do 7 de decembro).
2. Que a empresa se comprometa a incrementar a porcentaxe de representación feminina, xa ben por incluílo no se u plan de igualdade ou ben por propia iniciativa.

Programa 3. Axudas para os investimentos tendentes a garantir e mellorar o dereito á conciliación da vida familiar e laboral.

Requisitos das empresas beneficiarias da liña II, programa 3

Serán beneficiarias destas axudas as empresas que reúnan os requisitos exixidos no artigo 4 desta orde e que, de xeito individual ou mancomunado, poñan en marcha medidas de conciliación.

Amount of aid

Liña I:

1. A contía da axuda acadará o 100 % dos gastos necesarios para a realización da actividade, que sexan debidamente xustificados, cun máximo de 800 euros por persoa que asista á formación.

2. En ningún caso o importe total por empresa beneficiaria poderá superar os 2.400 euros.

3. Dos gastos subvencionables excluirase o IVE.

Liña II, programa 1:

– Letra a), realización dunha diagnose da realidade da empresa:

A contía da axuda acadará ata o 100 % do gasto necesario e desglosado para a realización da actividade, entendendo por tal o importe que acredite a empresa solicitante da axuda mediante certificación, se é esta a que realiza a diagnose con persoal propio, ou ben o importe facturado pola consultora privada que realice o asesoramento. Das contías acreditadas excluirase o IVE e o IRPF.

A contía máxima da axuda será de 2.000 euros por entidade beneficiaria.

– Letra b), asistencia a cursos de formación:

A contía destas axudas acadará ata o 100 % dos gastos necesarios para a realización da actividade cun máximo de 600 euros por persoa formada.

En ningún caso o importe total por empresa beneficiaria poderá superar os 1.800 euros.

– Letra c), contratación de persoal:

A axuda será como máximo de 800 euros/mes e unicamente mentres persista o asesoramento.

Se as persoas contratadas son mulleres con especiais dificultades de inserción laboral ou en situación marcada pola desvantaxe social a que se refire a disposición adicional sexta da Lei 2/2007, do 28 de marzo, do traballo en igualdade das mulleres de Galicia,
incrementarase nun 100 % a axuda prevista no parágrafo anterior.

Soamente se poderá subvencionar unha contratación por empresa.

Os importes así calculados non poderán superar os salarios netos mensuais das persoas contratadas.

– Letra d), contratación de empresa ou entidade externa:

A contía da axuda acadará ata o 10 % do importe efectivamente satisfeito pola contratación, sen IVE, dunha empresa ou entidade a que se refire este suposto, cun máximo de 500 euros.

Liña II, programa 2:

1. A contía destas axudas acadará ata o 100 % dos gastos efectivamente satisfeitos e desagregados, sen incluír o IVE, e conforme os prezos do mercado, necesarios para a realización das actuacións consideradas como subvencionables, cun máximo de 20.000 euros
por entidade beneficiaria no suposto de que o compromiso de contratación supoña un incremento de entre un 5 % e un 10 % da representación feminina da empresa, cun mínimo dunha traballadora, se se trata de empresas de menos de 50 persoas traballadoras, ou cun mínimo de 3 traballadoras, no caso de empresas de máis de 50 persoas traballadoras.

2. O importe máximo acadará os 22.000 euros por entidade beneficiaria no suposto de que o compromiso de contratación supoña un incremento de máis do 15 % da representación feminina da empresa, cun mínimo de dúas traballadoras, se se trata de empresas
de menos de 50 persoas traballadoras, ou cun mínimo de seis traballadoras, no caso de empresas de máis de 50 persoas traballadoras.

Liña II, programa 3:

A contía destas axudas acadará ata o 100 % dos gastos necesarios para a realización das actuacións consideradas como subvencionables, excluído o IVE, cun máximo de 6.000 euros por entidade beneficiaria, no caso de habilitar lugares axeitados para repouso de traballadoras embarazadas, salas de lactación ou instalacións análogas, e un máximo de 10.000 euros cando se trate de habilitar servizos de comedor e gardaría.

Deadline for submitting applications

O prazo para a presentación de solicitudes de axudas rematará nun mes a contar desde o día seguinte ao da publicación da norma no Diario Oficial de Galicia.

Incompatibility

As axudas recollidas nesta orde son compatibles coas concedidas por outros entes públicos ou privados, tendo en conta que, en ningún caso, o importe das subvencións ou axudas concedidas ao abeiro desta orde poderá ser de tal contía que, illadamente ou en
concorrencia coas concedidas por outras administracións ou entes públicos ou privados, estatais ou internacionais, supere o custo total da actividade que vaia desenvolver a persoa ou entidade beneficiaria. Non se poderán imputar os mesmos gastos aos distintos tipos de axudas previstos nesta orde.

Os gastos cofinanciados polos fondos comunitarios non poderán acollerse a axudas procedentes de ningún outro instrumento financeiro comunitario.

Legislative Reference

Orde do 12 de xuño de 2014 (DOG Nº119 do 25/06/2014) - Bases reguladoras e convocatoria 2014

Information and processing in

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR

DIRECCIÓN XERAL DE TRABALLO E ECONOMÍA SOCIAL

SUBDIRECCION XERAL DE TRABALLO

SERVIZO DE RELACIÓNS LABORAIS
Edificios Admvos. San Lázaro, s/n
15781 SANTIAGO DE COMPOSTELA
Teléfono: 981957752 / 981544615 Fax: 981957751
Email: dxtes.ctb@xunta.es

Observations

Esta orde cubre as accións que se realizarán entre o día 1 de xaneiro de 2014 e a data de remate do prazo de xustificación destas axudas.