Deadline for submitting applications will end on 14/04/2014

AXENCIA TURISMO DE GALICIA - SUBVENCIÓNS A AXENCIAS DE VIAXE PARA A PROMOCIÓN E COMERCIALIZACIÓN DO DESTINO GALICIA (TU983J)

Purpose / Objective

As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto a concesión das subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, a axencias de viaxes para a promoción e comercialización do destino Galicia a través do deseño de paquetes turísticos especializados en produtos cabeceira de marca turística de Galicia.

Types of support

Subvencións en réxime de concorrencia competitiva.

Potential beneficiaries

As persoas físicas, xurídicas, constituídas baixo forma civil ou mercantil, ou comunidades de bens, que reúnan os requisitos establecidos nestas bases e sexan titulares de axencias de viaxes que realicen a súa actividade en Galicia, e que estean comprendidas na definición de pequena ou mediana empresa (peme). As axencias deberán contar con clasificación turística expedida pola Comunidade Autónoma de Galicia por estar radicada nesta a súa casa central, ou ben ter sucursais debidamente inscritas no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas de Galicia.

Poderán ser beneficiarias destas subvencións as asociacións, legalmente constituídas, cuxos asociados sexan nun 50 % entidades que reúnan os requisitos establecidos no parágrafo 1 do artigo 3 desta orde. Tales asociacións deberán estar inscritas no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas de Galicia.

Así mesmo, poderán ter a condición de beneficiarias as agrupacións das persoas físicas, xurídicas ou comunidades de bens nas cales aínda carecendo de personalidade xurídica, polo menos un 50 % dos agrupados reúnan os requisitos establecidos no parágrafo 1 do artigo 3 desta orde.

Sectors eligible for subsidy

Turismo.

Main project requirements

Consideraranse proxectos subvencionables todos aqueles que se inicien a partir do 1 de xaneiro de 2014.

Os proxectos subvencionables consistirán principalmente no deseño de accións e actuacións especializadas na promoción e comercialización dos produtos cabeceira da marca turística de Galicia.

Os produtos cabeceira de marca de Galicia poden ser consultados na páxina web oficial de promoción turística, na epígrafe denominada «experiencias» http://www.turgalicia.es/goza-destas-experiencias

– Camiño de Santiago. Inclúense nesta epígrafe os produtos que articulen unha proposta de aloxamentos coordinados entre si para realizar por etapas os distintos camiños de Santiago en Galicia, incluíndo servizos de manutención e transfers que faciliten un paquete integral aos usuarios turísticos. Estes produtos poderán denominarse Bono Iacobus –marca rexistrada pola Xunta de Galicia–, xunto a outro termo que identifique as especificidades que introduza o comercializador e o diferencie dos competidores.

– Bosques de Galicia (Natureza).

– Mananciais de Galicia (Termalismo).

– Paseando entre viñedos (Enogastronomía).

– Turismo mariñeiro.

– Ruta das Camelias (Xardíns de Galicia).

– Faros e praias salvaxes.

– Patrimonio oculto.

– Santuarios máxicos.

– «Top Ten dez lugares únicos»: Ribeira Sacra, Muralla de Lugo, Serra da Capelada, Ferrol da Ilustración, Torre de Hércules, Camiño de Santiago, Santiago de Compostela, Cabo Fisterra, Illas Cíes e Santa Tegra.

Tamén serán proxectos subvencionables os paquetes turísticos orientados ao turismo de golf e/ou turismo ornitolóxico.

Investments or eligible costs

Terán a consideración de gastos subvencionables os derivados das seguintes actuacións:

a) Edición de folletos e/ou outros soportes que se vaian usar para a promoción dos produtos turísticos para comercializar obxecto desta orde de subvención.

b) Gastos relativos á realización de campañas de promoción específicas dos paquetes e servizos turísticos ofertados (publicidade en medios de comunicación convencionais, internet, revistas especializadas...).

c) Viaxes de promoción e familiarización do destino Galicia, en relación cos paquetes e servizos turísticos para comercializar obxecto desta orde de subvención (gastos de xestión, aloxamentos, manutención, transportes, entrega de materiais promocionais…).

d) Desenvolvemento das TIC na xestión, promoción e comercialización da oferta turística.

e) Proxectos dirixidos á creación e posta en funcionamento de centrais de reserva e outras canles de comercialización online.

f) Asistencias técnicas de apoio á promoción e comercialización de produtos turísticos.

En ningún caso serán obxecto de subvención os gastos de mantemento e conservación e a compra de activos materiais ou inmateriais.

Amount of aid

Os proxectos que se recollen como accións subvencionables poderán acadar unha subvención de ata o 40 % sobre o investimento subvencionable. A porcentaxe de axuda sobre o investimento subvencionable calcularase con base na puntuación que alcancen os proxectos presentados.

Deadline for submitting applications

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.

Se o último día de prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes do vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o derradeiro día do mes.

Incompatibility

Estas axudas son compatibles con calquera outra axuda para o mesmo obxecto e finalidade pero o seu importe, en ningún caso, poderá ser de tal contía que, illadamente o en concorrencia con outras subvencións, axudas, ingresos ou recursos, supere o custo da actividade subvencionada.

Legislative Reference

Resolución do 4 de marzo de 2014 (DOG Nº50 do 13/03/2014) - Bases reguladoras e convocatoria 2014

Information and processing in

Poderase obter documentación normalizada ou información adicional na Axencia Turismo de Galicia, a través dos seguintes medios:

a) Páxina web oficial da Axencia Turismo de Galicia ((http://turismo.xunta.es/).
b) Os teléfonos 981 54 74 04 e 981 54 63 64 e o fax 981 54 63 71 da devandita axencia
c) Presencialmente