Deadline for submitting applications will end on 30/07/2012

SUBVENCIÓNS PARA A MELLORA DE ESTABLECEMENTOS HOTELEIROS E CREACIÓN OU MELLORA DA OFERTA COMPLEMENTARIA DE ESTABLECEMENTOS HOTELEIROS DO GRUPO I (TU989A)

Purpose / Objective

Mellora da infraestrutura turística da Comunidade Autónoma de Galicia mediante a incentivación a entidades privadas para:
• Mellora e equipamento de establecementos hoteleiros grupo I.
• Creación ou mellora de oferta complementaria dos establecementos hoteleiros do grupo I existentes.

Types of support

Subvención a fondo perdido en réxime de concorrencia competitiva.

Potential beneficiaries

As persoas físicas ou xurídicas ou comunidades de bens, que reúnan os requisitos establecidos nestas bases e sexan titulares dos establecementos hoteleiros nos cales se poidan realizar os investimentos obxecto de subvención.

Os titulares dos establecementos hoteleiros terán que ser propietarios dos inmobles ou predios obxecto de actuación ou ben ter unha disposición sobre eles, acreditada por calquera título válido en dereito, que permita realizar o investimento proxectado. En calquera caso, o beneficiario da subvención terá o pleno uso e desfrute dos inmobles e/ou dos predios.

Será requisito imprescindible para a concesión destas axudas que a empresa solicitante teña inscrita no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Xunta de Galicia a actividade turística para a cal se solicita a axuda.

Os requisitos para ser beneficiario deberán cumprirse na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

Non poderán obter a condición de beneficiario aqueles nos cales concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Sectors eligible for subsidy

Hostalaría e Turismo.

Investments or eligible costs

En concreto, poderán ser obxecto de subvención, de conformidade co que se establece nesta resolución, os seguintes investimentos:

Liña A) de axudas destinadas a proxectos de mellora, remodelación ou modernización das instalacións existentes dos establecementos hoteleiros (grupo I):

- Obras destinadas a conseguir a elevación de categoría do hotel.

- Obras destinadas á reconversión de cuartos en suites.

- Obras destinadas a mellorar as condicións de accesibilidade e supresión de barreiras para procurar facilidades a persoas con discapacidade física ou sensorial.

- Mellora de garaxes ou aparcamentos para uso exclusivo de clientes no mesmo predio onde se sitúe o establecemento.

- Ampliación ou mellora de instalacións dedicadas ao coidado da saúde.

- Implantación de tecnoloxías e sistemas de organización relativos á mellora da xestión nos establecementos.

- Obras destinadas á renovación, tecnificación e innovación que conduzan á implantación de sistemas de protección e mellora ambiental, tales como: aforro enerxético, mellor uso e depuración de augas, emisións atmosféricas, vertedura de augas, xeración e tratamento de residuos sólidos e non sólidos, contaminación acústica, substitución de materiais, etc.

- Obras destinadas á adecuación e modernización das instalacións.

Liña B) de axudas destinadas a proxectos de creación ou mellora da oferta complementaria de servizos nos establecementos hoteleiros existentes do grupo I (instalacións deportivas, recreativas ou de ocio, garderías, spa...) e aqueloutras actividades destinadas especialmente para público infantil e todas aquelas que a priori se revelen como susceptibles de xerar máis gasto e/ou maior estadía media dos viaxeiros.

Liña C) de axudas destinadas a equipamentos dos establecementos hoteleiros (grupo I).

- Equipamento subvencionable para cuartos. Considérase investimento subvencionable o correspondente ao seguinte equipamento: camas, mesas de noite, mesas auxiliares/escritorio, cadeiras, butacas, sofás, lámpadas, minibar e colchóns. Será requisito indispensable que o hotel teña un período mínimo de funcionamento de sete anos.

- Equipamento subvencionable para espazos comúns: lobby/recepción, salón social, salóns e/ou salas e corredores. Considérase investimento subvencionable o correspondente ao seguinte equipamento: mesas, cadeiras, butacas, sofás, lámpadas. Será requisito indispensable que o hotel teña un período mínimo de funcionamento de sete anos.

- Sinalización turística. O solicitante deberá indicar o tipo de sinal e a súa situación exacta a través de planos de detalle coa súa descrición e situación, que deberá cumprir o estipulado no Decreto 138/2008, do 22 de maio de sinalización turística de Galicia. O investimento subvencionable máximo por hotel nesta epígrafe ascende a 10.000,00 € e a súa xustificación quedará supeditada a achega da licenza ou permiso do concello ou administración titular dos terreos onde se pretenda situar cada un dos sinais.
En ningún caso se financiarán as obras de mantemento do establecemento.

Unicamente poderán recibir subvención aqueles proxectos que se inicien e executen a partir do 1 de xaneiro do 2012.

Amount of aid

Os proxectos que se recollen nesta resolución como accións subvencionables poderán acadar unha subvención de ata o 40% sobre o custo elixible Feder, sempre que non se superen os límites máximos de axuda establecidos na normativa aplicable.

Deadline for submitting applications

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.

Incompatibility

Estas axudas son compatibles con calquera outra para o mesmo obxecto e finalidade, pero o seu importe en ningún caso poderá ser de tal contía que, en concorrencia con subvencións ou axudas doutras administracións públicas ou doutros entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, supere o custo elixible da actividade subvencionada. Estas axudas son incompatibles con outras financiadas con fondos europeos.

Os proxectos desenvolveranse no territorio de Galicia e financiaranse con cargo a fondos Feder.

O procedemento de concesión destas subvencións quedará suxeito ao Regulamento (CE) nº 1998/2006, da Comisión, do 15 de decembro, relativo a aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado ás axudas de minimis

Legislative Reference

Resolución do 22 de xuño de 2012 (DOG Nº124 do 29/06/2012) - Bases reguladoras e convocatoria 2012

Information and processing in

Sobre este procedemento administrativo poderase obter documentación normalizada ou información adicional na Secretaría Xeral para o Turismo, a través dos seguintes medios:
a) Páxina web oficial da Secretaría Xeral para o Turismo (www.sxturismo.org).
b) Os teléfonos 981 54 63 79 e 981 54 63 78 e o fax 981 54 63 71 da devandita secretaría xeral.
c) Enderezo electrónico axudas.turismo@xunta.es
d) Presencialmente.

Secretaría Xeral para o Turismo
Praza Mazarelos, 15
15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA
Teléfono: 981546350 Fax: 981546356