Deadline for submitting applications will end on 29/04/2011

SUBVENCIÓNS PARA POTENCIAR O DESENVOLVEMENTO DO SECTOR EMPRESARIAL DA SOCIEDADE DA INFORMACIÓN (PR520A)

Purpose / Objective

A concesión das subvencións da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica para potenciar o desenvolvemento do sector empresarial da sociedade da información, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2011.

Types of support

Subvencións en réxime de concorrencia competitiva.

Potential beneficiaries

As empresas privadas, con personalidade xurídica validamente constituídas no momento de presentación das solicitudes, que realicen actividades con ánimo de lucro, así como os empresarios individuais, que teñan a súa sede social ou algún centro de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia, que reúnan os requisitos establecidos en cada un dos tipos de actuación subvencionables.

Non poderán ser beneficiarias as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade, que careza de personalidade xurídica propia, aínda que realice actividade empresarial.

Non poderán obter a condición de beneficiario aqueles en que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Non poderán ter a condición de beneficiarios as entidades que entren dentro da categoría de empresas en crise.

Sectors eligible for subsidy

Sectores excluídos:

- Pesca e acuicultura (produción, transformación e comercialización).
- Produción primaria dos produtos agrícolas que figuran na lista do anexo I do Tratado CE.
- Sector do carbón.

Main project requirements

Destinadas para que as empresas que desenvolven a súa actividade económica especificamente no ámbito das tecnoloxías da información e as comunicacións, isto é, as empresas TIC, poderán xerar e ofertar ao mercado novos produtos e servizos TIC.

Poderanse considerar solicitudes en que se recolla:

Liña A) Desenvolvementos TIC.

Destinada para que as empresas que desenvolven a súa actividade económica especificamente no ámbito das tecnoloxías da información e as comunicacións, isto é, as empresas TIC, poidan desenvolver novos produtos ou servizos TIC, que sexan propiedade do solicitante, e que estean suxeitos a un pagamento por uso, licenza, adquisición, soporte ou posterior personalización, por parte de terceiros. Poderán considerarse novas versións ou evolucións substanciais de produtos anteriores xa desenvolvidos e comercializados con anterioridade, e deberán, neste caso, acreditar as funcionalidades existentes no produto actual, así como a evolución e mellora que se pretende acadar na nova versión que se propón.

Poderanse considerar solicitudes nos seguintes tipos de actuación:

A1) Desenvolvementos centrados en áreas tecnolóxicas.

Estes novos produtos e servizos TIC que se oferten ao mercado terán que incidir nalgunha das seguintes áreas:

- Converxencia e accesibilidade IP. Produtos e servizos avanzados a través de banda larga orientados á converxencia entre a telefonía fixa/móbil e internet para persoas e máquinas, así como solucións tecnolóxicas que fomenten o acceso á internet de calidade desde calquera dispositivo distinto de móbil ou ordenador.

- Mobilidade, localización e GIS. Produtos e servizos emerxentes de mobilidade, sobre todo aqueles orientados a crear arquitecturas de comunicacións móbiles avanzadas, como as solucións multicanle e multidispositivo (PDA, terminal móbil, axendas...), deseño de servizos baseados na localizacións (GPS, celular...), integración con sistemas de mensaxaría (SMS, MMS...) e loxística, deseño de solucións revestidas con diferentes tecnoloxías sen fíos, así como para produtos e servizos relacionados cos sistemas de información xeográfica (GIS).

- Avance na TDT. Produtos e servizos interactivos para a TDT fixa e móbil, considerándose os investimentos necesarios para o desenvolvemento, claramente diferenciados, de ser o caso, dos de posterior prestación, xestión ou operación a través dos medios de comunicación social.

- Eficiencia enerxética. Produtos e servizos TIC que acaden melloras na eficiencia da rede eléctrica, na xestión enerxética dos edificios e veciñanzas, así como aplicacións intelixentes na iluminación.

- Fogar dixital. Produtos e servizos TIC que melloren a xestión e o mantemento do fogar, aforren enerxía, custos e tempo, aumenten a seguridade e o confort, melloren as comunicacións electrónicas, ofrezan novas formas de lecer, ocio e outros servizos dentro do fogar.

- Tecnoloxías RFID, transporte e sector marítimo. Produtos e servizos TIC que apliquen as tecnoloxías de identificación por radiofrecuencia en sectores de gran demanda (téxtil, sanitario, tráfico, posicionamento, etc.), novas utilidades TIC aplicadas ao transporte, loxística ou sector marítimo que aumenten a eficiencia e seguridade ou acaden unha integración entre outras tecnoloxías.

A2) Desenvolvementos centrados no cidadán.

Desenvolvemento de produtos e servizos TIC para a mellora dos servizos de interese xeral para os cidadáns. Poderán considerarse aqueles en que o usuario final é o cidadán ou mesmo aqueles dirixidos a entidades que pola súa vez prestan os servizos ao cidadán e prodúcese una innovación manifesta na calidade dos servizos. Consideraranse actuacións nos seguintes ámbitos:

- Servizos sociais e sanitarios: desenvolvemento e implantación de aplicacións para a prestación e xestión de servizos sociosanitarios, especialmente os relacionados coa saúde ou a dependencia (teleasistencia, servizos e dispositivos de localización, de alarma, etc.).

- Educación: ferramentas de creación de contidos dixitais de carácter educativo, plataformas de aprendizaxe en liña, plataformas de control do alumnado na aula, etc.

- Outros ámbitos de servizos electrónicos de interese xeral, non necesariamente vinculados á Administración.

Investments or eligible costs

Os gastos subvencionables deberán estar realizados e efectivamente pagados entre o 1 de xaneiro e o 31 de outubro de 2011, data límite de xustificación .

Poderanse atender solicitudes en que a comisión de valoración identifique uns investimentos subvencionables de polo menos 30.000 €.

* Gastos subvencionables:

- Equipamentos da rede de datos interna: electrónica activa (conmutadores, encamiñadores (routers), barreiras de seguridade), servidores da rede e dispositivos fixos de almacenamento da información, armarios bastidores e sistemas de alimentación ininterrompida (SAI) necesarios para a execución do proxecto.

- Elementos hardware para probas, validación de prototipos ou da compatibilidade de produtos ou servizos.

- Equipamentos informáticos de usuario necesarios para a execución do proxecto.

- Licenzas de software específico e imprescindible para o desenvolvemento.

- Custo de persoal técnico propio con relación laboral (réxime xeral da Seguridade Social) e con dedicación ao proxecto. Considerarase a parte proporcional dedicada ao proxecto da nómina, gastos sociais ou pagas extras efectivamente pagadas dentro dos prazos considerados.

* Gastos non subvencionables:

- Páxinas web e licenzas de software de uso xeral.
- Custos de persoal directivo, xerencial ou administrativo, así como os de persoal que non se estea vinculado coa empresa mediante relación laboral (agás as excepcións sinaladas para o persoal técnico nas microempresas), ou aquel en que a categoría laboral ou posto de traballo que desempeñe na empresa non se corresponda co labor técnico indicado na solicitude.
- Outras ferramentas hardware.
- Elementos funxibles ou removibles (discos, cintas, etc.) ou gastos xerais.
- Servizos de mantemento ou garantía adicional sobre os equipamentos adquiridos.
- Conceptos tales como cotas de conexión, mantemento ou hospedaxe.
- Calquera gasto que non sexa posible identificar o alcance concreto do gasto ou no que figuren incluídos e sen cuantificar outros gastos non subvencionables.
- Calquera gasto do que non se achegue documentación económica completa.

Amount of aid

Con carácter xeral, as axudas poderán acadar ata o 50% dos investimentos subvencionables recollido nunha solicitude. Esta porcentaxe poderá elevarse cos seguintes incrementos:

- Ata un 10% adicional, para as solicitudes presentadas por medianas empresas.

- Ata un 25% adicional, para as solicitudes presentadas por pequenas empresas e microempresas.

Deadline for submitting applications

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Poderanse cubrir e obter os formularios a través da aplicación informática ata as 14.00 horas do día anterior ao da data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

Incompatibility

Non serán compatibles con calquera outra das reguladas por esta secretaría xeral, mais serán compatibles, para os mesmos gastos subvencionables, con outras axudas concedidas por entidades públicas ou privadas sempre que a acumulación de axudas non supere a totalidade do custo elixible e se respecten as condicións establecidas en cada réxime de axudas, na normativa nacional e comunitaria aplicable.

Ao estar este réxime de axudas dentro do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013 os gastos cofinanciados por un fondo non poderán acollerse a outras axudas procedentes do mesmo fondo ou doutros fondos ou instrumentos financeiros comunitarios.

Ao estar este réxime de axudas suxeito ao Regulamento Relativo ás axudas de minimis, deberase garantir que no caso de recibir o beneficiario outras axudas baixo este réxime de minimis, non se supera o límite de 200.000 € nun período de tres exercicios fiscais. Polo que respecta ás axudas ás empresas que operan no sector do transporte por estrada este límite fíxase en 100.000 €.

Legislative Reference

Resolución do 22 de marzo de 2011 (DOG Nº62 do 29/03/2011) - Bases reguladoras e convocatoria 2011

Information and processing in

Sobre este procedemento administrativo (PR520A), poderase obter documentación normalizada ou información adicional na Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica a través das seguintes canles:

a) Páxina web oficial da secretaría xeral (http://imit.xunta.es), no seu punto de axudas.
b) O teléfono 881 99 50 58 da devandita secretaría xeral.
c) O enderezo electrónico sxmit.axudas@xunta.es
d) Presencialmente

As solicitudes presentaranse en formato electrónico, ante o Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia, mediante sinatura electrónica do representante legal da entidade solicitante.

Observations

Os gastos subvencionables deberán estar realizados e efectivamente pagados entre o 1 de xaneiro e o 31 de outubro de 2011, data límite de xustificación.

Para cobrar a subvención concedida, o beneficiario deberá presentar no Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia toda a documentación xustificativa, tendo de prazo para presentala ata o 31 de outubro de 2011.