Deadline for submitting applications will end on 01/07/2013

AXUDAS PARA CUBRIR AS NECESIDADES DE LIQUIDEZ DAS EXPLOTACIÓNS LEITEIRAS

Purpose / Objective

Axudas destinadas a axudar a cubrir as necesidades de liquidez das explotacións leiteiras mediante a bonificación de xuros dos préstamos que subscriban os titulares de explotacións agrarias.

Types of support

Bonificación de xuros de préstamos.
Axuda de mínimis, en réxime de concorrencia non competitiva.

Potential beneficiaries

Os titulares de explotacións leiteiras de vacún de leite con cota asignada no intre da solicitude de axuda.

Sectors eligible for subsidy

Producción de leite.

Main project requirements

a) Que teñan solicitada a axuda do réxime de pagamento único (RPU) no ano 2013 (DOG nº 25, do 5 de febreiro), e/ou que teña solicitada a axuda para compensar as desvantaxes específicas que afectan os agricultores do sector de vacún de leite, recollida no capítulo IV, sección 2ª, subsección 6ª da dita orde.

b) Que formalicen, ata o 15 de xuño de 2013 incluído, un préstamo con algunha das entidades colaboradoras acollidas ao correspondente convenio, por unha contía máxima equivalente ao 90 por cento das cantidades solicitadas das axudas indicadas no parágrafo anterior, e non inferior a 1.000 euros.

c) Que cumpran os requisitos establecidos nos artigos 10.2 e 10.3 da Lei de subvencións de Galicia.

Amount of aid

A contía da axuda consistirá na bonificación de 3,30 puntos do tipo de xuro anual sobre o préstamo que o beneficiario subscriba coas entidades financeiras, e o xuro total máximo será do 5,50 %.

Esta contía non poderá exceder 7.500 € durante un período de 3 anos, incluíndo o total de axudas de minimis percibidas polo beneficiario nese mesmo período.

Incompatibility

As axudas financeiras previstas nesta orde serán incompatibles con outras que, polos mesmos conceptos, poidan conceder outras administracións públicas.

Legislative Reference

Orde do 3 de abril de 2013 (DOG Nº71 do 12/04/2013) - Convocatoria 2013

Information and processing in

Información:

SUBDIRECCIÓN XERAL DE APOIO ÁS EXPLOTACIÓNS AGRARIAS

SERVIZO DE EXPLOTACIÓNS AGRARIAS
Edificio Administrativo San Caetano, S/N
15781 SANTIAGO DE COMPOSTELA
Teléfono: 981546883 Fax: 981546892


Tramitación:

Os titulares de explotacións que teñan formalizado un préstamo coas entidades financeiras colaboradoras no marco do convenio poderán presentar nas oficinas agrarias comarcais da Consellería do Medio Rural e do Mar, ou en calquera forma das previstas pola Lei 30/1992 ata o 1 de xullo de 2013 incluído, a solicitude de axuda aos xuros de acordo co modelo do anexo I desta orde.
Tamén se poderá presentar electronicamente a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, no enderezo http://www.xunta.es/sede-electronica.

Observations

A Consellería do Medio Rural, a través do Fogga, no prazo de 15 días seguintes á entrada en vigor desta orde, remitirá de oficio aos interesados/beneficiarios o documento de recoñecemento de cumprimento das condicións para a presentación das solicitudes de axuda financeira previstas nesta orde, así como o importe máximo do préstamo que se pode solicitar