Deadline for submitting applications will end on 29/01/2010

AXUDAS A EMPRESAS PARA A PROMOCIÓN E MELLORA DA COMERCIALIZACIÓN DOS PRODUTOS AGRARIOS E AGROALIMENTARIOS

Purpose / Objective

Realizar actuacións de promoción e mellora da comercialización das súas producións, e dirixida especificamente a fomentar a asistencia a certames comerciais, contratación de estudos e asistencias técnicas, e a contratación e formación de persoal específico.

Types of support

Subvencións en réxime de concorrencia competitiva.

Potential beneficiaries

Poderán ser beneficiarias destas axudas as empresas agrarias e agroalimentarias, excluídas as do sector forestal e de alimentación animal, que cumpran os seguintes requisitos:

-Que teñan como actividade maioritaria a elaboración e/ou comercialización de produtos agrarios ou agroalimentarios galegos. Non serán subvencionables as empresas de comercio por xunto ou polo miúdo nin de distribución, salvo que estean participadas maioritariamente por produtores ou elaboradores de Galicia.

-Que figuren inscritas no Rexistro de Industrias Agrarias ou de Actividades Catalogables cando sexa preceptivo polo tipo de actividade.

-Que teñan o seu domicilio social en Galicia.

As empresas que soliciten axudas non poden estar en situación de crise conforme o establecido nas directrices comunitarias sobre axudas estatais de salvamento e de reestruturación de empresas en crise (2004/C244/02).

Sectors eligible for subsidy

Sector agrícola e agroalimentario.

Main project requirements

Os solicitantes deben ter como actividade a elaboración e/ou comercialización de produtos agrarios ou agroalimentarios galegos. Non serán subvencionables as empresas de distribución, salvo que estean participadas maioritariamente por produtores ou elaboradores de Galicia.
As empresas solicitantes deben figurar inscritas no Rexistro de Industrias Agrarias ou de Actividades Catalogables cando sexa preceptivo polo tipo de actividade.

Investments or eligible costs

As actuacións e conceptos subvencionables son os seguintes:

- Material divulgativo e promocional. O importe máximo subvencionable admisible por solicitante será de 20.000 €.

- Participación en certames comerciais. O importe máximo subvencionable admisible por solicitante será de 60.000 €.

- Estudos e asistencias técnicas. Os gastos deste capítulo só serán admisibles se corresponden a servizos realizados por consultores e empresas externas. En todo caso, o importe máximo subvencionable admisible será de 25.000 € por solicitante.

- Formación. O importe máximo subvencionable admisible será de 10.000 € por empresa solicitante.

- Contratación de persoal. O importe máximo subvencionable admisible por traballador contratado será de 30.000 €.

Amount of aid

Subvencións de ata o 60% dos investimentos considerados como subvencionables.

Deadline for submitting applications

O prazo de presentación de solicitudes rematará o 31 de xaneiro de 2009.

Incompatibility

As axudas concedidas a través desta orde son incompatibles con calquera outra concedida para os mesmos conceptos.

Ademais, o importe da subvención concedida sumado a outras axudas de minimis recibidas polo beneficiario non superará o importe de 200.000 € nun período de tres anos fiscais.

Legislative Reference

Orde do 22 de decembro de 2009 (DOG Nº252 do 29/12/2009) - Bases e convocatoria 2010

Information and processing in

Dirección Xeral de Produción, Industrias e Calidade Agroalimentaria.

Tfno: 981 540028