Deadline for submitting applications will end on 30/10/2012

INEGA - PLAN RENOVE DE FIESTRAS

Purpose / Objective

Establecer as bases reguladoras para a concesión de axudas dirixidas á rehabilitación dos ocos acristalados da fachada, tanto no referente ao acristalamento como aos marcos ou perfís, co fin de acadar melloras significativas na demanda enerxética do edificio e os conseguintes aforros en termos económicos.

Types of support

Subvención en réxime de concorrencia non competitiva

Potential beneficiaries

Persoas físicas e xurídicas de dereito público ou privado, propietarios ou titulares de calquera dereito sobre inmobles do sector
residencial e terciario, comunidades ou mancomunidades de veciños, sempre que a actuación subvencionable descrita no artigo 3 se realice en vivendas ou edificios do sector terciario sitos na Comunidade Autónoma de Galicia. No caso de persoas xurídicas de dereito
público ou privado, deberán ter o domicilio social ou algún centro de traballo en Galicia.

Non será subvencionable a actuación en edificios de natureza pública ou dos seus organismos ou sociedades dependentes, se teñen unha facturación enerxética e de mantemento das instalacións consumidoras de enerxía superior a 200.000 €/ano.

Main project requirements

Será subvencionable a renovación de fiestras que formen parte da envolvente térmica do edificio pola compra de novas fiestras que cumpran coas seguintes especificacións técnicas:

-Dispor de marcaxe CE conforme a norma UNE EN 14351-1:2006.

-Exixencias mínimas de eficiencia enerxética:

a) Opción A: carpintería de madeira ou PVC e acristalamento que cumpra algún dos seguintes requisitos:
a.1. Dobre acristalamento con cámara de 12 mm ou superior para vidros normais.
a.2. Dobre acristalamento con cámara de 6 mm ou superior e con cristal exterior baixo emisivo (con emisividade menor ou igual a 0,1).
b) Opción B: carpintería metálica con rotura de ponte térmica de 12 mm ou superior con dobre acristalamento con cámara de 6 mm ou superior e con cristal exterior baixo emisivo (con emisividade menor ou igual a 0,1).

A renovación consistirá na substitución dunha fiestra existente por outra de igual ou inferior tamaño.
Será subvencionable a colocación dunha nova fiestra paralela á existente (dobre fiestra), sempre e cando esta nova fiestra satisfaga os requisitos enerxéticos citados.

Tamén será subvencionable a renovación de portas que separen estancias calefactadas do exterior, sempre e cando cumpran coas especificacións técnicas deste artigo e teñan marco por todo o perímetro.

Considéranse custos subvencionables a retirada das fiestras existentes, a fabricación das novas fiestras e a súa instalación, sempre e cando veña detallado na factura.

Non son subvencionables:
• Os cerramentos acristalados que se instalen coa finalidade de pechar ambientes exteriores (terrazas e/ou tendedeiros), por non tratarse dunha renovación senón de modificacións na envolvente da vivenda.
• Ocos acristalados non situados na fachada como, por exemplo, as fiestras tipo velux.
• As fiestras que se atopen nas particións interiores das vivendas (fiestras interiores,
fiestras de cuartos de baño interiores,...), é dicir, aquelas que non separan estancias calefactadas do exterior.
• Escaparates.
En ningún caso serán subvencionables os gastos relativos a actuacións que xa foran obxecto de subvención nas anteriores campañas do «Plan Renove de Fiestras».
Con carácter xeral, e de acordo co establecido no artigo 29 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, considéranse gastos subvencionables aqueles que de
xeito indubidable respondan á natureza da actividade subvencionable.
Os gastos subvencionables deberán estar realizados e efectivamente pagados entre o
día seguinte da reserva de fondos e o derradeiro día do prazo de xustificación.
2. O IVE (imposto sobre o valor engadido) será subvencionable para os particulares,
entidades sen ánimo de lucro e administracións públicas, para o cal será necesario realizar unha declaración responsable (opción establecida na solicitude-anexo II) indicando que o obxecto da subvención non se dedica nin se adscribe a ningunha actividade empresarial ou profesional ou, no caso de ser Administración pública, que non pode repercutir o IVE.

Investments or eligible costs

Operación de renovación de fiestras que separen estancias calefactadas do exerior

Amount of aid

A contía da axuda ascenderá a un máximo de 100 €/m2 de oco, cuns límites de 3.000 € por vivenda unifamiliar/piso e 50.000 € en edificios do sector terciario. Para o caso de comunidades de propietarios ou edificios de vivendas, a axuda máxima será de 3.000 €
por vivenda unifamiliar/piso co máximo de 50.000 € por edificio. No caso de que o beneficiario obtivera outras axudas relativas ao cambio de fiestras na mesma vivenda/piso ou edificio para a que solicita a axuda a través de convocatorias anteriores de plans renoves
de fiestras, o límite máximo será de 10.000 € por vivenda unifamiliar/piso tendo en conta o sumatorio de todas as axudas outorgadas e solicitadas e 300.000 € en edificios do sector terciario ou edificios de vivendas, agás axudas outorgadas a empresas, cuxo límite será de 200.000 € (Regulamento (CE) núm. 1998/2006, da Comisión, do 15 de decembro de 2006, relativo á aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado ás axudas de minimis).

En calquera caso, a cantidade da subvención non poderá ser superior ao 25% do custo total da obra.

Soamente se concederá unha subvención por solicitante e vivenda ou edificio do sector terciario, a excepción da renovación de fiestras en vivendas ou edificios que foran obxecto de axuda en plans renove de fiestras de anos anteriores, e sempre que o solicitante
execute unha actuación non subvencionada anteriormente. Neste caso a nova actuación si poderá ser subvencionable. Non será necesario presentar o recibo do imposto de bens inmobles.

En ningún caso o custo dos gastos subvencionables poderá ser superior ao valor do mercado.

Deadline for submitting applications

O Plan entrará en vigor ao día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 30 de outubro de 2012.

Incompatibility

O importe da subvención outorgada en ningún caso poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con outras subvencións ou axudas procedentes de calquera outra Administración ou de entes públicos ou privados, estatais, da Unión Europea
ou doutros organismos internacionais, supere o 100% do investimento subvencionable.

Legislative Reference

Resolución do 1 de decembro de 2011 (DOG Nº235 do 12/12/2011) - Bases reguladoras e convocatoria 2011

Information and processing in

Para resolver dúbidas:

correo electrónico: renovefiestras1@inega.es

Tlfnos: 981 54 15 00 / 981 95 78 03 / 981 54 15 07

Os formularios das solicitudes e do convenio de adhesión como entidade colaboradora cubriranse obrigatoriamente a través da aplicación informática creada para tal efecto. O devandito enlace para acceder á aplicación publicarase na web do Inega www.Inega.es

Observations

O prazo máximo para resolver e notificar a resolución será de nove (9) meses contados desde a data da reserva de fondos na aplicación informática