The deadline ended on 19/05/2006

SUBVENCIÓNS A EMPRESAS PRIVADAS PARA A CREACIÓN DE INFRAESTRUCTURA HOTELEIRA.

Purpose / Objective

Subvencionar investimentos dirixidos á creación dos denominados “Hoteis con encanto” que non superen unha oferta aloxativa de máis de 75 prazas.

Types of support

Subvención a fondo perdido.

Potential beneficiaries

Empresas turísticas xa constituídas, así como ás de nova creación e ás agrupacións delas.

Sectors eligible for subsidy

Hostalería e turismo.

Main project requirements

Subvenciónanse actuacións dirixidas á creación de hoteis de natureza, montaña, rústicos, monumentos ou outras que poidan catalogarse para efectos de comercialización turística, como “Hoteis con encanto”.
Os proxectos serán globais.
Adscrición á central de reservas, que, de ser o caso, crea a Administración turística galega.
Manter a súa actividade durante 15 anos.
Crear os postos de traballo a que se compromete e mantelos durante un período de 5 anos.
Sometemento ás actuacións de inspección e control da Consellería de Industria.
Comezar a súa execución durante o ano 2006.
Publicitar a colaboración da Consellería de Industria – Dirección Xeral de Turismo.

Required qualifications do proxecto

O proxecto requirirá un informe favorable do xefe do servizo de Investimentos e Supervisión Técnico-Turística da Dirección Xeral de Turismo.

Investments or eligible costs

Execución material das obras que se acometan para a creación dos hoteis obxecto desta orde, adecuación do contorno e as actuacións de recuperación ambiental e dos elementos de arquitectura, a cultura e a sociedade tradicional e os honorarios técnicos.
Non se considera subvencionable ningún tipo de equipamento ou mobiliario. Tampouco, a lencería, o enxoval, as vaixelas e análogos, nin a adquisición de terreos, nin ningún tipo de taxas ou impostos.
Investimento mínimo de 200.000 €.

Amount of aid

Ata o 20% sobre o investimento, engadiránselle 6.100 € por posto de traballo que se cree con carácter indefinido e que supere a porcentaxe mínima de contratación estable que, para ser beneficiario de subvención, se esixe.
A porcentaxe máxima de axuda non poderá superar, en ningún caso, o 40% do custo do proxecto en termos de subvención neta.

Deadline for submitting applications

19 de Maio de 2.006

Incompatibility

É posible a concorrencia con calquera outra axuda para o mesmo obxecto e finalidade pero o seu importe, en ningún caso, poderá ser de tal contía que, en concorrencia con subvencións e axudas doutras administracións públicas ou doutros entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, superen a porcentaxe máxima do investimento subvencionable do 40%.

Legislative Reference

Orde do 10 de Abril de 2006 (DOG Nº 75 do 19/04/06)
Corrección de erros - Orde do 10 de Abril de 2006 (DOG Nº 82 do 28/04/06)
Orde do 11 de outubro de 2006 (DOG Nº203 do 20/10/2006) - Modificación do prazo de execución

Information and processing in

Consellería de Innovación e Industria. Delegacións provinciais.
Tfn: 981 546378 / 981 546379

Observations

A condición de beneficiario da subvención, sen prexuízo dos demais requisitos que nela se establecen, só poderá adquirirse cando polo menos o 35% do cadro de persoal da empresa solicitante da axuda teña contratos por tempo indefinido.
A porcentaxe de estabilidade mínima laboral, no caso de empresas con menos de 10 traballadores e para os efectos de adquirir a condición de beneficiario, será dun 33%.
Non será preciso darlles cumprimento a estes requisitos de estabilidade laboral no caso de que a subvención solicitada ou, se é o caso, concedida, sexa inferior a 60.101 €.