Deadline for submitting applications will end on 22/07/2013

IN214A - SUBVENCIÓNS AO COMERCIO MINORISTA PARA INCORPORACIÓN DE TIC E FOMENTO DO COMERCIO ELECTRONICO

Purpose / Objective

Incentivar o comercio de proximidade mediante a incorporación das tecnoloxías da información (TIC) e fomento do comercio electrónico

Types of support

Subvencións en concorrencia competitiva.

Potential beneficiaries

Poderán ser beneficiarios das axudas os comerciantes retallistas, xa sexan persoas físicas ou xurídicas, sociedades civís ou comunidades de bens, legalmente constituídas, que cumpran os seguintes requisitos:

a) Desenvolver a súa actividade en establecementos comerciais ou no comercio ambu¬lante no territorio galego e que, se é o caso, os investimentos se realicen en establecemen¬tos comerciais situados na Comunidade Autónoma de Galicia, e deben, así mesmo, ter o seu enderezo social en Galicia.

b) Figurar inscritos no Rexistro Galego de Comercio ou ter solicitada a inscrición con anterioridade á data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

c) Que a súa actividade principal estea incluída nalgunha das agrupacións ou epígrafes correspondentes á clasificación do imposto de actividades económicas relacionadas no anexo II desta orde. A data de alta deberá ser anterior á data de publicación desta convo¬catoria no Diario Oficial de Galicia.

d) Non superar os 10 traballadores.

e) Que, de ser o caso, os seus locais comerciais non superen os 150 m2 de superficie comercial destinada á exposición e venda ao público. Esta limitación non será de aplica¬ción para as actividades encadradas nas epígrafes 653.1 e 663.

f) Os/as beneficiarios/as de ordes de convocatoria desta consellería para equipamentos similares dos exercicios 2008 a 2012 non poderán ser novamente beneficiarios/as para os mesmos conceptos xa subvencionados, a menos que se trate de investimentos destinados a un establecemento comercial de nova apertura.

Sectors eligible for subsidy

-

Investments or eligible costs

Actuacións subvencionables, sempre que estas sexan reali¬zadas e efectivamente pagadas desde o 1 de xaneiro de 2013 ata a data límite de xustifi¬cación 31 de outubro de 2013 (establecida no artigo 17) a adquisición de:

1. Ordenadores de sobremesa para uso comercial.
2. Paquetes de software de xestión:
• Módulo de xestión comercial e/ou almacén máis control económico.
• Complemento do módulo de xestión: soporte técnico e a implantación in situ.
3. Páxinas web comerciais cos seguintes elementos mínimos:
• Portada ou páxina de inicio.
• Formulario de contacto.
• Sistema de catálogo en liña ou páxinas de produtos ou servizos facilmente actualiza¬bles desde o xestor, incluíndo o servizo de maquetación das dúas primeiras páxinas como mínimo.
• Formación para actualización das páxinas polo xestor.
• Como mínimo un complemento preinstalado tipo blog, foro, xestor de noticias, xestor de enquisas ou similar.
• Epígrafe de situación cos datos de contacto da empresa.
• Rexistro nome de dominio.
• Outras características: a tecnoloxía da páxina debe ser facilmente accesible e indexa¬ble polos motores de busca.
4. Periféricos e outros compoñentes:
• Lectores de código de barras.
• Caixóns portamoedas.
• Impresoras de tickets.
5. TPV integrados

Amount of aid

O investimento máximo subvencionable (IVE excluído) esta¬rá determinado polos diferentes tipos de actuación, segundo se indica a seguir:

1. Ordenadores de sobremesa para uso comercial: 600,00 €.
2. Paquetes software de xestión:
• Módulo de xestión comercial e/ou almacén máis control económico: 1.000,00 €.
• Complemento do modulo de xestión: soporte técnico e implantación in situ: 400,00 €.
3. Páxinas web comerciais: 1.000,00 €.
4. Periféricos e outros compoñentes:
• Lector de código de barras: 200,00 €.
• Caixón portamoedas: 60,00 €.
• Impresora de tickets: 230,00 €.
5. TPV integrados: 2.000,00 €.

Os solicitantes en ningún caso poderán superar polo conxunto de subvencións a que concorran o límite máximo de investimento subvencionable de 2.000,00 € (IVE excluído).

O importe da subvención regulada nesta orde será do 75 % do investimento sub¬vencionable para establecementos comerciais situados en concellos de menos de 5.000 habitantes e para comerciantes ambulantes e do 70 % para o resto dos establecementos comerciais. En ningún caso poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con outras axudas das distintas administracións ou calquera dos seus entes públicos e privados, nacionais ou internacionais, supere o 100 % do investimento subvencionable.

Deadline for submitting applications

O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Para estes efectos, en¬tenderase que o prazo vence o día cuxo ordinal coincida co que serviu de partida, que é o de publicación no DOG e, se é festivo, o primeiro día hábil seguinte.

Incompatibility

En ningún caso poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con outras axudas das distintas administracións ou calquera dos seus entes públicos e privados, nacionais ou internacionais, supere o 100 % do investimento subvencionable.

Legislative Reference

Resolución do 11 de agosto de 2011 (DOG Nº164 do 29/08/2011) - Bases reguladoras e convocatoria 2011
Orde do 26 de setembro de 2011 (DOG Nº187 do 29/09/2011) - Modificación dos prazos de presentación
Orde do 16 de decembro de 2011 (DOG Nº241 do 20/12/2011) - Modificación das bases
Orde do 26 de decembro de 2011 (DOG Nº247 do 28/12/2011) - Modificación das bases
Orde do 13 de xullo de 2012 (DOG Nº139 do 20/07/2012) - Apertura do prazo de presentación e relación de entidades colaboradoras
Orde do 8 de outubro de 2012 (DOG Nº204 do 25/10/2012) - Finalización do prazo de presentación
Orde do 21 de xuño de 2013 (DOG Nº118 do 21/06/2013) - Bases reguladoras e convocatoria 2013

Information and processing in

Sobre este procedemento administrativo poderase obter documentación normalizada ou información adicional na Dirección Xeral de Comercio, a través dos seguintes medios:

a) Na guía de procedementos e servizos da Xunta de Galicia no enderezo:
https://sede.xunta.es
b) Na páxina web oficial da Consellería de Economía e Industria, na súa epígrafe de axudas (http://economiaeindustria.xunta.es).
c) Nos teléfonos 981 54 55 25 ou 881 99 94 81 da Dirección Xeral de Comercio.
d) No enderezo electrónico cei.dxc.axudas@xunta.es
e) Presencialmente.