Deadline for submitting applications will end on 02/09/2024

IG300 - AXUDAS EXTRAORDINARIAS Á INDUSTRIA DA AUTOMOCIÓN EN GALICIA (2024) - LIÑA B: EFICIENCIA ENERXÉTICA (IN422P)

Purpose / Objective

Apoiar á industria da automoción galega na transición á mobilidade sustentable.

Liña B:
1. Axuda a proxectos de aforro e eficiencia enerxética.
2. Axuda a proxectos de enerxías renovables.

Types of support

Subvención en réxime de concorrencia non competitiva.
Fondos propios da Comunidade Autónoma de Galicia.

Potential beneficiaries

1. As empresas industriais do sector de automoción galegas ou cun centro de traballo en Galicia.

Consideraranse industrias de automoción aquelas cuxa actividade se desenvolva no CNAE 29, en calquera dos seus subepígrafes e tamén aquelas empresas que non estando dadas de alta en actividades do CNAE 29 senón en actividades industriais xenéricas, estean asociadas á Fundación Clúster de Empresas de Automoción de Galicia.

2. Non poderán ter a condición de persoas beneficiarias:
a) As empresas nas que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 e 3 da Lei 9/2007.
b) As empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión da Comisión que teña declarada unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.
c) As empresas que incumpran os prazos de pago previstos na Lei 3/2004, do 31 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais, para subvencións de importe superior a 30.000 euros, cando os solicitantes sexan unicamente suxeitos incluídos no ámbito de aplicación da citada Lei 3/2004.
d) As empresas que no momento da resolución da axuda non se atopen ao corrente de débedas coas distintas administracións: AEAT, Seguridade Social e Consellería de Facenda e Administración Pública.
e) As que entren dentro da categoría de empresas en crise.

Sectors eligible for subsidy

Automoción

Main project requirements

O investimento mínimo para que un proxecto sexa subvencionable establécese en 100.000 €.

a) Proxectos de aforro e eficiencia enerxética.

Axudas ao investimento que permitan ás empresas mellorar a eficiencia enerxética en ámbitos distintos do dos edificios. Teranse en conta as seguintes actuacións:

i. Mellora da eficiencia enerxética en equipos e procesos industriais.
ii. Implantación de sistemas de monitorización e control destinados á mellora da xestión enerxética.

Serán subvencionables os custos de investimento adicionais necesarios para lograr un nivel máis elevado de eficiencia enerxética. Cando o investimento consista nun investimento claramente identificable destinado unicamente a mellorar a eficiencia enerxética e para a que non exista un investimento de contraste con menos eficiencia enerxética, os custos subvencionables serán o total dos custos de investimento. En caso contrario o custo subvencionable determinásese comparando os custos do investimento cos dunha hipótese de contraste sen axuda.

A hipótese de contraste corresponderá a un investimento cunha capacidade de produción e un ciclo de vida comparables que cumpra normas da Unión que xa estean en vigor. A hipótese de contraste será crible á luz dos requisitos legais, as condicións do mercado e os incentivos xerados polo réxime de comercio de dereitos de emisión da UE.

De forma alternativa, os custos subvencionables poderanse determinar sen a identificación dunha hipótese de contraste. No devandito caso, os custos subvencionables serán o total dos custos de investimento directamente vinculados á consecución dun nivel máis elevado de eficiencia enerxética e as intensidades de axuda aplicables reduciranse nun 50 %.

O custo subvencionable estará limitado en función do aforro enerxético xustificado, a un máximo de 1 euro por cada 0,08 kWh de aforro enerxético de enerxía final. Os custos que non estean directamente vinculados á consecución dun nivel máis elevado de eficiencia enerxética non serán subvencionables.

Non se concederán axudas en virtude do presente artigo para os investimentos que se realicen co fin de cumprir normas da Unión que fosen adoptadas e estean en vigor.

As axudas para a instalación de equipos de enerxía alimentados por combustibles fósiles, incluído o gas natural, non estarán incluídos.

b) Proxectos de enerxías renovables.

Axudas ao investimento para o desenvolvemento de proxectos relacionados coa enerxía procedente de fontes renovables e co hidróxeno de orixe renovable. Teranse en conta as seguintes consideracións xerais:

i. No caso de proxectos relacionados co aproveitamento de enerxías renovables para a xeración de electricidade, só serán elixibles aqueles destinados ao autoconsumo.

ii. Axudas ao investimento para proxectos de almacenamento de electricidade unicamente na medida en que se concedan a proxectos combinados de enerxía renovable e almacenamento (behind-the-meter —«tras o contador»), sempre que ambos elementos sexan compoñentes dun único investimento ou que o almacenamento estea conectado a unha instalación de enerxías renovables existente. O compoñente de almacenamento absorberá polo menos o 75% da súa enerxía de instalacións de xeración de enerxía renovable directamente conectadas, sobre unha base anual, non sendo subvencionables as baterías de chumbo-ácido. As mesmas normas serán de aplicación ao almacenamento térmico conectado directamente a unha instalación de produción de enerxías renovables.

iii. Axudas ao investimento para instalacións de produción, distribución e/ou consumo de hidróxeno renovable unicamente na medida en que a electricidade utilizada para a produción no electrolizador sexa de orixe renovable. Para a acreditación da orixe renovable da electricidade estarase ao disposto no Regulamento delegado (UE) 2023/1184 polo que se completa a Directiva (UE) 2018/2001 sobre fontes de enerxía renovable.

iv. No caso de instalacións de biocarburantes, biolíquidos, biogás, e combustible de biomasa deben xustificar que cumpren os criterios de sostibilidade e redución das emisións de gas de efecto invernadoiro da Directiva (UE) 2018/2001 e os seus actos de execución ou delegados e se produciran a partir das materias primas enumeradas no anexo IX de dita Directiva.

Serán custos subvencionables os custos totais do investimento asociado á xeración renovable, sendo de aplicación os seguintes custos elixibles máximos en función da potencia e requisitos específicos para as seguintes tecnoloxías:

i. Renovables eléctricas:

Tecnoloxía - Investimento elixible máximo (IVE non incluído)
Fotovoltaica - 1.000 €/kW
Minieólica - 4.000 €/kW
Almacenamento (baterías) - 750 €/kWh

Para os efectos destas bases considérase potencia nominal da instalación a potencia mínima entre a potencia nominal dos inversores e o sumatorio da potencia pico dos paneis instalados. En instalacións illadas da rede a potencia nominal coincidirá co sumatorio da potencia pico dos paneis instalados.

No caso de instalacións de xeración eléctrica de autoconsumo con excedentes nas que a suma da potencia instalada (tendo en conta a instalación prevista e as preexistentes) no centro de traballo sexa superior a 500 kW será condición imprescindible para ser subvencionable a presentación da autorización administrativa previa e de construción na fase de solicitude de axuda.

Os módulos fotovoltaicos deberán ter unha eficiencia enerxética igual ou superior ao 20,5 % para unha irradiación de 1000 W/m2 e a unha temperatura de 25 ºC.

Non serán subvencionables as baterías de chumbo-ácido.

ii. Renovables térmicas:

Tecnoloxía - Investimento elixible máximo (IVE non incluído)
Biomasa - 450 €/kW
Aerotermia - 1.000 €/kW
Xeotermia - 1.800 €/kW
Solar térmica (paneis planos) - 1.000 €/kW
Solar térmica (tubos de baleiro) - 1.500 €/kW

No caso de instalacións de bombas de calor (aerotermia e xeotermia), tomaranse como temperaturas de referencia para o cálculo da potencia: 0/35 ºC para bombas de calor xeotérmicas e 7/35 ºC para aerotermia.

Ademais, en calquera dos casos anteriores, o sistema deberá poder ser considerado como renovable, o que se verificará conforme a norma UNE-EN 14825/2012, UNE-EN 12309 ou mediante o cumprimento dos requirimentos mínimos incluídos no documento “Prestacións medias estacionais das bombas de calor para a produción de calor en edificios”, emitido polo Instituto para la Diversificación y Ahorro de la Energía, en función das características da instalación. Polo tanto, para xustificar esta condición, deberá achegarse a documentación xustificativa do SCOPnet para clima cálido ou ben o ensaio para a obtención do COP, do factor de corrección FC e do factor de ponderación FP segundo a zona climática e o tipo de instalación.

No caso das instalacións de solar térmica, a efectos destas bases considerarase como potencia térmica nominal a correspondente a unha radiación de 1.000 W/m2 e un salto térmico de 50º C.

Investments or eligible costs

Poderán ser subvencionables os investimentos realizados desde a data de presentación da solicitude de axuda ata o 16 de decembro de 2024. Calquera investimento realizado fóra deste período non será subvencionable.

A axuda solicitada debe supoñer un efecto incentivador para o proxecto presentado. Para tal efecto, antes de iniciar o proxecto, a persoa solicitante deberá presentar a solicitude da axuda. Ningún dos custos alegados sobre os que se solicita subvención poderán ser incorridos con carácter previo á solicitude; de ser así, a totalidade do proxecto será considerado non subvencionable.

Amount of aid

A intensidade de axuda a aplicar sobre o custo subvencionable, en función da tipoloxía de proxecto e da tipoloxía de empresa, é a que se indica a continuación:

Tipoloxía do proxecto: Gran empresa / Mediana empresa / Pequena empresa

• Proxectos de aforro e eficiencia enerxética: 35 % / 45 % / 55 %
• Proxectos de enerxías renovables:

1 - Investimentos asociados á xeración de enerxía procedente de fontes renovables: 45% / 55% / 65%
2 - Investimentos non asociados á xeración: 30% / 40% / 50%

A axuda máxima por solicitude establécese en 700.000 €.

Deadline for submitting applications

O prazo de presentación comezará ás 09:00 horas do día 8 de xullo de 2024 e rematará e ás 14:00 horas do 2 de setembro de 2024, agás que antes desas datas se produza o esgotamento do crédito.


Incompatibility

Estas axudas serán compatibles con calquera outra axuda, ingresos ou recursos para a mesma finalidade, procedentes de calquera outra Administración ou ente público ou privado sempre que a intensidade de axuda acumulada non supere o importe da actuación nin a intensidade permitida nos artigos 38 e 41 do Regulamento 651/2014.

Estas axudas son incompatibles con calquera outra subvención a fondo perdido do Igape ou do Inega para os mesmos gastos e investimentos.

Legislative Reference

Resolución do 1 de xullo de 2024 (DOG Nº127 do 02/07/2024) - Bases reguladoras
Resolución do 15 de novembro de 2024 (DOG Nº225 do 21/11/2024) - Ampliación de crédito

Information and processing in

• Información:

- Nos teléfonos: 981 54 15 20 / 881 049 207 / 981 54 15 23

- Na web: www.inega.gal/gl/axudas/axudas-extraordinarias-ao-sector-da-automocion-en-galicia


• Tramitación: A instrución do procedemento da Liña B correspóndelle á Xerencia do Inega.

1. Formulario previo: as persoas interesadas deberán cubrir previamente un formulario electrónico descritivo das circunstancias da entidade solicitante e do proxecto para o cal solicita a subvención en https://www.igape.gal/gl/oficinavirtual

Cada empresa, por cada centro de traballo, poderá presentar ata dúas solicitudes, unha para cada tipoloxía, da Liña B; previstas no artigo 1 destas bases.

2. Solicitude: a solicitude presentarase obrigatoriamente por medios electrónicos en https://www.igape.gal/gl/oficinavirtual

As persoas interesadas deberán achegar xunto coa solicitude a seguinte documentación, xunto coa documentación complementaria específica de cada liña:

a) No caso de entidades non inscritas no Rexistro Mercantil, escritura ou documento xuridicamente válido de constitución, estatutos debidamente inscritos no rexistro competente, modificacións posteriores destes e acreditación da representación con que se actúa.

b) Ofertas: as tres ofertas que deba ter solicitado a persoa beneficiaria cando o importe dos investimentos ou gastos subvencionables proxectados superen o importe do contrato menor (igual ou superior a 15.000 € ou de 40.000 € no caso de obra civil) Deberá solicitar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores con carácter previo á contratación da execución da obra, da prestación do servizo ou da adquisición do ben, agás que polas súas especiais características non exista no mercado suficiente número de provedores que as realicen, presten ou fornezan.

Documentación complementaria específica:

a) Memoria técnica do proxecto segundo o modelo dispoñible na web do Inega (www.inega.gal) segundo a tipoloxía do proxecto.

b) Características técnicas dos equipos para os que se solicita a axuda subministradas polo fabricante (catálogo, certificado ou ficha técnica do fabricante) onde se inclúan datos de produtividade do equipo, potencia nominal e rendemento enerxético.

c) Fotografías do lugar previsto para a instalación do novo equipamento. No caso de substitución de equipamentos existentes achegar tamén fotografías destes.

d) Plano de situación onde se indique a localización dos equipamentos. Fotografía de vista aérea na que se indique de forma apreciable a edificación/parcela onde se executará a instalación (SIXPAC, CATASTRO, etc.). Croques ou planos nos que se localicen os equipamentos na edificación.

e) No caso de que proceda, oferta dun proveedor ou documento xustificativo que avale a hipótese de contraste conforme ao recollido no artigo 38.3 do Regulamento 651/2014 . A hipótese de contraste corresponderá a un investimento cunha capacidade de produción e un ciclo de vida comparables que cumpra normas da Unión que xa estean en vigor. A hipótese de contraste será crible á luz dos requisitos legais, as condicións do mercado e os incentivos xerados polo réxime de comercio de dereitos de emisión da UE.

f) Proxectos que requiran autorización administrativa previa ou de construción da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais deberá achegarse copia da autorización na fase de solicitude de axuda.

Observations

O prazo máximo de execución e xustificación rematará o 16 de decembro de 2024.

Cando o proxecto non estea realizado ou rematado á data de solicitude, resolverase a concesión de axuda e o anticipo do 100% da axuda, e unha vez comprobado o cumprimento de todos os requisitos establecidos nas presentes bases para o seu pagamento.

Neste caso, antes do 16 de decembro de 2024, a persoa beneficiaria deberá presentar toda a documentación xustificativa dos gastos e investimentos subvencionados.