Deadline for submitting applications will end on 15/11/2024

IG285 - AXUDAS A SERVIZOS MODULARES DE ASESORAMENTO ESPECIALIZADO A EMPRESAS GALEGAS PRESTADOS POR ENTIDADES COLABORADORAS (PROGRAMA RE-ACCIONA)

Purpose / Objective

Estas bases teñen como obxecto conceder axudas en especie destinadas a facilitar a execución dun conxunto de servizos profesionais por parte de entidades colaboradoras previamente seleccionadas mediante Resolución do 12 de decembro de 2023.

Os servizos para os que se poderá conceder axuda en especie consistentes na execución de servizos para a súa realización en empresas galegas están integrados nas seguintes categorías:

* Profesionalización e desenvolvemento estratéxico:
- Servizos de análise do potencial competitivo e primeiras accións de mellora.
- Servizos de desenvolvemento estratéxico integral da empresa (para solicitar este servizo as pemes deben ter realizado previamente unha análise da empresa que achegue a información necesaria para o arranque do servizo).
- Servizos de análise do cumprimento normativo e os riscos legais (Compliance).
- Servizos de Captación, Fidelización e Xestión de Talento.
- Servizos para o desenvolvemento dunha estratexia de integración ESG.
- Servizos de mellora da xestión financeira e procura de financiamento.
- Servizos de circularización e optimización dos procesos de produción e cadea loxística.
- Servizos de asesoramento para o relanzamento comercial.
- Servizos de preparación de procesos certificables.
- Servizo de apoio para empresas emerxentes innovadoras.

* Innovación:
- Servizos de deseño e lanzamento de produtos e servizos innovadores.
- Servizos de protección da innovación.
- Servizos de asesoramento para o financiamento da innovación.

Para todos os servizos, agás o “servizo de apoio para empresas emerxentes innovadoras” polas características deste tipo de empresas, as solicitantes deberán contar cun cadro medio de traballadores, no ano anterior á solicitude da axuda, non inferior a 3, de acordo co informe do “cadro medio de traballadores en situación de alta” emitido pola Seguridade Social.

Types of support

Axudas en especie e tramitarase en réxime de concorrencia non competitiva.

A prestación destes servizos é susceptible de ser cofinanciada no marco do programa Galicia Feder 2021-2027, que ten unha taxa de cofinanciamento do Feder do 60 %, e computa como cofinanciamento nacional o cofinanciamento do 20 %, mediante fondos propios da Comunidade Autónoma, e o investimento privado elixible dos beneficiarios polo 20 % restante. En particular:

Obxectivo político 1. Unha Europa máis competitiva e intelixente, promover unha transformación económica innovadora e intelixente e unha conectividade rexional ás tecnoloxías da información e das comunicacións.

Obxectivo específico 1.3. Reforzar o crecemento sostible e a competitividade das pemes e a creación de emprego nestas empresas, tamén mediante investimentos produtivos.

Liña de actuación 1.3.04. programa Re-acciona (prestación de servizos avanzados de competitividade para as empresas galegas, especialmente pemes).

Ámbito de intervención 024. Servizos avanzados de apoio ás pemes e agrupacións de pemes (incluídos os servizos de xestión, comercialización e deseño).

Potential beneficiaries

1. As pequenas e medianas empresas (pemes), incluíndo os autónomos, comunidades de bens, asociacións, fundacións ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, leven a cabo actividade empresarial e poidan levar a cabo os proxectos, as actividades ou os comportamentos ou se atopen na situación que motiva a concesión da subvención.
Deberán ter radicado algún centro de traballo en Galicia, e cumprir a definición de peme.

Main project requirements

Para todos os servizos, agás o “servizo de apoio para empresas emerxentes innovadoras” polas características deste tipo de empresas, as solicitantes deberán contar cun cadro medio de traballadores, no ano anterior á solicitude da axuda, non inferior a 3, de acordo co informe do “cadro medio de traballadores en situación de alta” emitido pola Seguridade Social.

Para o “Servizo de desenvolvemento estratéxico integral da empresa”, as pemes deben ter realizado previamente unha análise da empresa que achegue a información necesaria para o arranque do servizo.

Os servizos serán prestados pola entidade colaboradora que elixa o solicitante, de entre as seleccionadas para cada tipo de servizo.

Poden consultarse as entidades colaboradoras de cada servizo en reacciona.igape.es

Investments or eligible costs

1. Serán subvencionables os gastos de prestación dos servizos enumerados no artigo 1.2, prestados polas entidades colaboradoras seleccionadas para cada servizo, realizados entre a data de solicitude e a data límite de execución establecida na resolución de convocatoria das axudas.

2. As entidades colaboradoras non poderán estar asociadas nin vinculadas coa entidade solicitante ou cos seus órganos directivos ou xestores.

O período de execución dos gastos e investimentos subvencionados denomínase prazo de execución do proxecto e abarcará desde a data de presentación da solicitude ata o remate do prazo establecido na resolución de concesión, que non poderá superar a data para a execución dos proxectos establecida na resolución de convocatoria.

Amount of aid

Estas axudas configúranse como axudas en especie. A subvención será do 80 % dos importes definidos para cada servizo.
O importe definido para cada tipo de servizo determínase segundo o esquema do artigo 7.

Deadline for submitting applications

O prazo de presentación de solicitudes de axuda comezará ás 8.00 horas do 1 de abril de 2024 e rematará ás 14.00 horas do 15 de novembro de 2024, agás que se produza o suposto de esgotamento do crédito.

Incompatibility

Estas axudas son incompatibles con outras axudas ou subvencións públicas para o mesmo proxecto.

Ao estar este réxime de axudas suxeito ao réxime de minimis, deberase garantir que de recibir a persoa beneficiaria outras axudas baixo o réxime de minimis non se supera o límite de 300.000 euros nos tres anos previos ao da concesión da axuda. Para as empresas do sector transporte de mercadorías por estrada este límite redúcese a 100.000 euros. Para as empresas do sector da pesca e a acuicultura o límite redúcese a 40.000 euros. E para as empresas do sector agrícola o límite de redúcese a 20.000 euros.

Legislative Reference

Resolución do 27 de decembro de 2023 (DOG Nº10 do 15/01/2024) - Bases reguladoras e convocatoria
Resolución do 13 de marzo de 2024 (DOG Nº59 do 22/03/2024) - Selección de entidades colaboradoras

Information and processing in

As entidades colaboradoras do Programa Re-acciona son as encargadas de tramitar o procedemento (presentar a solicitude e presentar a documentación xustificativa da actuación) a petición da empresa solicitante.
Poden consultarse as entidades colaboradoras de cada servizo en https://igape.gal/gl/pemes-e-autonomos/reacciona

Observations

O prazo máximo para resolver e notificar a resolución será de 2 meses desde a data de presentación de solicitude da axuda. Transcorrido este, poderase entender desestimada por silencio administrativo a solicitude de concesión de axuda.

Tanto o prazo para executar o proxecto como o prazo para presentar a xustificación de execución rematarán na data establecida na resolución de concesión, sen que nunca poidan exceder o 30.11.2025.