Deadline for submitting applications will end on 04/03/2024

IG272 - GALICIA EXPORTA DIXITAL - AXUDAS PARA A INTERNACIONALIZACIÓN DIXITAL DAS EMPRESAS GALEGAS (2024)

Purpose / Objective

Estas axudas teñen como obxecto apoiar as empresas galegas nos seus procesos de internacionalización dixital xa que o desenvolvemento das tecnoloxías dixitais supón un enorme potencial para a mellora da competitividade nos mercados internacionais. Considérase que o desenvolvemento de plans empresariais de internacionalización dixital repercute nas posibilidades de negocio das empresas, posibilita a presenza en mercados exteriores, facilita o aceso a clientes, reduce os custos de transacción e publicidade, e permite abrir novos canles comerciais, aportando así medios máis eficaces para a potenciación de actividades económicas internacionais e o incremento das exportacións. O obxecto último destas bases o desenvolvemento e a implementación dun plan de Internacionalización dixital de empresa, e as necesidades específicas en materia de marketing dixital internacional.

Types of support

Subvencións en réxime de concorrencia non competitiva.
Réxime de minimis

A convocatoria de axuda proposta ten un custo de 4.200.000 € no marco do Programa Galicia Feder 2021-2027, cunha taxa de cofinanciamento Feder do 60%, computándose como cofinanciamento nacional polo 40% restante, parte de cofinanciamento público do Igape e o investimento privado elixible dos beneficiarios.
En particular:
Obxectivo Político 1. Unha Europa máis competitiva e intelixente, promovendo unha transformación económica innovadora e intelixente e unha conectividade rexional ás tecnoloxías da información e das comunicación.
Prioridade P1A. Transición dixital e intelixente.
Obxectivo específico 1.2. Aproveitar as vantaxes que ofrece a dixitalización á cidadanía, ás empresas, ás organizacións de investigación e ás administracións públicas.
Actuación 1.2.01. Axudas á dixitalización avanzada das empresas galegas, incluídas as entidades do terceiro sector.
Ámbito de intervención 013. Dixitalización de pemes (incluídos o negocio e o comercio electrónicos e os procesos empresariais en rede, os polos de innovación dixital, os laboratorios vivintes, os ciberemprendedores, as empresas emerxentes baseadas en TIC, o comercio electrónico entre empresas).

Potential beneficiaries

1. Poderán ser beneficiarias destas axudas as empresas que cumpran os seguintes requisitos:

a) As pequenas e medianas empresas (pemes), segundo a definición establecida pola Comisión Europea, calquera que sexa a súa forma xurídica.

b) Que teñan algún centro de traballo radicado na Comunidade Autónoma de Galicia.

c) As pemes deberán contar no devandito centro, polo menos, cun traballador por conta allea na data de publicación no DOG destas bases de axudas.

d) Que teñan un importe de facturación no último exercicio con obriga de depósito de contas anuais no Rexistro Mercantil, ou de presentación da declaración da renda, como mínimo do dobro do proxecto presentado pola empresa na súa solicitude de axuda. Terase por cumprido este requisito cando exista unha aportación por parte dos socios aos fondos propios da sociedade por un importe mínimo do dobro do orzamento do proxecto presentado realizada no ano natural anterior ao de presentación de solicitudes.

e) Que teñan capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir as condicións da axuda.

f) Que estean dadas de alta en programas avanzados de Igape de apoio á internacionalización con informe positivo emitido a partir de 1 de xaneiro de 2013. A solicitude de alta en programas avanzados de Igape de apoio á internacionalización (IG192), deberá facerse antes do remate do prazo de presentación de solicitudes de axuda.

g) Que estean ao día das súas obrigas ca Facenda Pública estatal, coa Comunidade Autónoma de Galicia e coa Seguridade Social.

Main project requirements

Só se poderá presentar e aprobar unha solicitude por empresa, cun gasto subvencionable mínimo igual ou superior a 12.000€ e máximo de 100.000€ por empresa.
De superar este máximo procederase a axustalo a este límite máximo.

No caso de empresas do sector da produción agraria e da pesca o gasto subvencionable mínimo debe ser igual ou superior a 14.000€ e máximo de 40.000€ no caso de empresas do sector da pesca e 25.000€ no caso de empresas do sector da produción agraria. De superar este máximo procederase a axustalo a este límite máximo.

O período de execución dos investimentos e/ou gastos subvencionables denomínase prazo de execución do proxecto e abarcará desde a data de presentación da solicitude ata o final do prazo establecido na resolución de concesión, que non poderá superar a data establecida na resolución da convocatoria.

Cando o importe do gasto subvencionable supere as contías establecidas na Lei de contratos do sector público, para o contrato menor (importe igual ou superior a 15.000 € ), o beneficiario deberá solicitar un mínimo de tres ofertas de diferentes provedores independentes (do solicitante e entre si), con anterioridade á contratación da execución da obra, da prestación do servizo ou da adquisición do ben, agás que polas súas especiais características non exista no mercado suficiente número de provedores que as realicen, presten ou subministren. Neste caso, presentarase un escrito acreditativo desta circunstancia, asinado polo representante legal ou por un experto independente.

Os provedores non poderán estar asociados nin vinculados coa entidade solicitante ou cos seus órganos directivos ou Xestores.

No caso dos activos intanxibles, para ser considerados subvencionables deberán cumprir, ademais, todas estas condicións:
1) Empregaranse exclusivamente no establecemento beneficiario da axuda;
2) Consideraranse activos amortizables;
3) Adquiriranse en condicións de mercado a terceiros non relacionados co comprador;
4) Deberán incluírse nos activos da empresa beneficiaria e permanecer asociados ao proxecto a que se destina a axuda durante polo menos tres anos.

Investments or eligible costs

1. Serán subvencionables os gastos que correspondan de xeito indubidable á iniciativa de internacionalización dixital das pemes galegas.

2. Poderanse subvencionar os seguintes tipos de conceptos:

a) Consultaría.
b) Aplicacións informáticas
c) Outros conceptos.
d) Custos indirectos.

CUSTOS DIRECTOS

A. Consultaría.
Serán subvencionables os gastos de consultaría destinados á elaboración dos seguintes servizos:

a.1) Asesoría xurídica e legal para a internacionalización dixital.
Comprende aqueles gastos que se relacionen directamente coa operativa dixital internacional, como a adaptación ao Regulamento xeral de protección de datos e, en xeral, á operativa import-export no comercio electrónico.
Importe subvencionable máximo: 3.000 €.

B. Aplicacións Informáticas:
Englóbanse licenzas de programas, desenvolvementos a medida ou adaptacións e software de pago por uso.

b.1) Solucións tecnolóxicas P.I.M. (Product Information Management) para crear, xestionar e conectar catálogos dixitais internacionais multi-idioma.
Importe subvencionable máximo: 6.000 €.

b.2) Adquisición, programación a medida e integración de conectores entre plataformas e con sistemas de información (ERPs).
Importe subvencionable máximo: 20.000€.

b.3) Solucións de analítica e visualización de datos para elaborar cadros de mando con indicadores (KPI´s) para o seguimento e optimización das canles de venda e marketing en liña.
Importe subvencionable máximo: 20.000€.

b.4) Solucións de intelixencia automatizada para a optimización da supply chain e do fullfillment, por exemplo, para a venda preditiva e o aprovisionamento.
Importe subvencionable máximo: 18.000€.

b.5) Solucións tecnolóxicas que faciliten a operativa internacional, como por exemplo, a creación de suite de sinatura dixital, solucións de facturación electrónica internacional, solucións de xestión internacional de taxas ou outras solucións de similar natureza.
Importe subvencionable máximo: 18.000€.

No caso dos importes de subscrición a software de pago por uso, o custo subvencionable será en todo caso o aboado por parte do solicitante durante o período de gasto subvencionable, co límite de cobertura de un ano, sempre dentro dos límites establecidos en cada apartado.

Cando algún dos elementos mencionados neste punto sexan activos intanxibles, serán acreditables segundo o que se indica no artigo 18.5.g), e cumpran as condicións do artigo 14.8 do Regulamento (UE) nº 651/2014 (DOUE L 187, do 26 de xuño).

C. Outros conceptos subvencionables

c.1) Creación e adaptación de catálogos en liña para o marketing e as vendas en mercados electrónicos obxectivo, tanto B2B como B2C.
Importe subvencionable máximo: 4.000 €.

c.2) Creación e adaptación de aplicacións online a medida para o B2B en mercados electrónicos obxectivos.
Importe subvencionable máximo: 20.000 €.

c.3) Campañas de posicionamento SEM en directorios internacionais con buscadores e en plataformas, incluídos os gastos de axencia.
Importe subvencionable máximo: 12.000 €.

c.4) Solucións de inbound marketing internacional para lograr captar, reter, converter e fidelizar a usuarios de interese obxectivo do negocio en liña. Inclúe desde a compra das solucións tecnolóxicas (incluída a adquisición mediante pago polo uso), a súa integración, e tamén a súa xestión como servizo a vendedores en liña por parte das axencias.
Importe subvencionable máximo: 6.000 €.

c.5) Creación e adaptación de tendas en liña, tanto B2C como sistemas de comercio electrónico orientados da B2B.
Gasto subvencionable máximo: 12.000 €.
Cando algún dos elementos mencionados neste punto sexan activos intanxibles, serán acreditables segundo o que se indica no artigo 18.5.g), e cumpran as condicións do artigo 14.8 do Regulamento (UE) nº 651/2014 (DOUE L 187, do 26 de xuño).

CUSTOS INDIRECTOS

D. Custos indirectos do proxecto: serán aqueles custos que non poden vincularse directamente á actividade subvencionada pero resultan necesarios para a súa realización, nos que se inclúen os gastos administrativos (tales como xestión administrativa e contable), subministros (comunicacións, auga, electricidade, calefacción, teléfono), seguros, mantemento ou limpeza. Estes custos se fixan nun tipo fixo do 7% sobre os custos directos subvencionables indicados nas letras A), B) e C.

Non se consideran subvencionables os gastos relativos á renovación de licenzas en ningún dos anteriores apartados.

Exclúese o equipamento TIC básico, tal como ordenadores de sobremesa, portátiles, teléfonos intelixentes, tablets, impresoras.

Non será subvencionable o Imposto do Valor Engadido (IVE), que sexa recuperable conforme á normativa nacional.

Amount of aid

A contía da axuda será dunha subvención do 60% dos custos directos subvencionables relacionados nas letras a), b) e c) + un tipo fixo do 7% sobre a totalidade dos custos directos subvencionables en concepto de costes indirectos da operación.

Deadline for submitting applications

O prazo de presentación de solicitudes iniciarase ao día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e será de dous meses contados dende as 8.00 horas do día de inicio do prazo e ata as 14.00 horas do día no que se cumpra o devandito prazo de dous meses, agás que se produza o suposto de esgotamento do crédito.

Incompatibility

Estas axudas son incompatibles con outras axudas ou subvencións para os mesmos costes.

As axudas serán en todo caso incompatibles se a empresa solicitante foi beneficiaria noutras convocatorias desta mesma liña de subvencións salvo dúas excepcións: que solicite a axuda para conceptos de gasto diferentes aos de anteriores convocatorias ou se trate de proxectos referidos exclusivamente aos conceptos establecidos no artigo 5 puntos a.1, b.4 e b.5 e todos os do punto c sempre que se executen en país ou países diferentes aos de anteriores convocatorias e que se xustifique debidamente a súa necesidade na memoria técnica.

Non se apoiarán solicitudes de empresas que teñan sido beneficiarias da axuda IG240- Axudas á dixitalización industria 4.0 (bases reguladoras dos obradoiros e das axudas á dixitalización Industria 4.0) nalgunha das súas dúas últimas convocatorias.

Legislative Reference

Resolución do 19 de decembro de 2023 (DOG Nº2 do 03/01/2024) - Bases reguladoras e convocatoria 2024

Information and processing in

INFORMACIÓN:
- Teléfono: 900 81 51 51 ou 981 54 11 47
- Correo electrónico: informa@igape.es
- Oficinas territoriais do Igape

TRAMITACIÓN:

As persoas interesadas deberán cubrir previamente un formulario electrónico descritivo das circunstancias do solicitante e do proxecto para o cal solicita a subvención, a través da aplicación establecida na dirección de internet https://www.igape.gal/gl/oficinavirtual

A solicitude presentarase obrigatoriamente polos medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I) que se obterá de maneira obrigatoria na aplicación informática.
Para poder presentar a solicitude por medios electrónicos, os solicitantes deberán reunir os seguintes requisitos:

a) Será necesario que a persoa que asina a solicitude teña a representación legal da empresa ou entidade solicitante.
b) A oficina virtual do Igape acepta todos os certificados validados pola plataforma @firma: http://administracionelectronica.gob.es/PAe/aFirma-Anexo-PSC.
c) A presentación ante o Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia admite a firma da solicitude por parte dun único solicitante.

Unha vez asinado o formulario de solicitude co IDE, mediante certificado dixital do presentador, e transferido este ao Igape, procederase á anotación dunha entrada no Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia.

As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

a) Memoria descritiva do proxecto que se deberá cubrir no propio formulario electrónico de solicitude, no formato proposto pola aplicación, onde deberá constar, como mínimo:
- A descrición da entidade solicitante.
- Descrición dos produtos ou servizos ofrecidos e xustificación do seu potencial exportador a través de canles dixitais.
- Unha definición clara e concisa do principal obxectivo do proxecto e dos resultados esperados.

A información contida na memoria deberá ser axeitada e suficiente para avaliar a calidade e viabilidade do proxecto.

b) No caso de entidades non rexistradas no Rexistro Mercantil, escritura ou documento xuridicamente válido de constitución, estatutos debidamente inscritos no rexistro competente, modificacións posteriores destes e acreditación da representación con que se actúa.

c) No caso de persoas xurídicas: certificación actualizada do Rexistro Mercantil das contas anuais individuais depositadas no último exercicio económico pechado para o cal se cumpriu o prazo de depósito legalmente establecido, incluíndo o informe de auditoría, se é o caso.

d) No caso de xustificar as achegas dos socios ao fondo propio, deberá achegar a escritura pública onde conste a operación.

e) Informe de riscos actualizado expedido pola Central de Información de Riscos do Banco de España con data posterior á da publicación das bases, asinado electronicamente ou debidamente asinado e selado.

f) Plan de financiamento do proxecto: informe no que se indique a forma na que se vai a financiar o proxecto, especificando se se realizará con recursos propios, alleos ou con ambos tipos de financiamento. O Igape poderá solicitar documentación xustificativa do devandito plan (certificacións de entidades financeiras, escrituras de ampliación de capital, pólizas e préstamos formalizados bancarios ou con socios, etc.).

g) As tres ofertas que debe solicitar a persoa solicitante de acordo co establecido no artigo 5.5 das bases.

h) Declaración responsable do cumprimento do principio de non causar prexuízo significativo ao medio ambiente (principio “do no significant harm” – DNSH), segundo o Anexo IV das bases.

i) Para subvencións de importe superior a 30.000 €, as persoas beneficiarias deben cumprir coa normativa en materia de prazos a provedores, o que se acreditará do seguinte xeito, de acordo co Anexo III das bases:
i. Para aquelas sociedades que, de acordo coa normativa contable, poidan presentar conta de perdas e ganancias abreviada, mediante declaración responsable.
ii. Para aquelas sociedades que, de acordo coa normativa contable, non poidan presentar conta de perdas e ganancias abreviada, mediante certificación, emitida por auditor rexistrado no Rexistro Oficial de Auditores de Contas, que atenderá ao prazo efectivo dos pagos da empresa cliente con independencia de calquera financiamento para a cobranza anticipada da empresa provedora.

j) Anexo V de comprobación de datos de terceiras persoas interesadas.

Observations

O prazo de execución iniciarase na data de presentación da solicitude de axuda e rematará na data establecida na resolución de concesión, sen que nunca poida exceder do 30 de novembro de 2024, para as solicitudes con accións a realizar ata esta data, e 31 de marzo de 2025 para solicitudes con accións a realizar ata esta data. Estas datas, en cada caso, son as últimas admisibles de facturación e de pagamento. Dentro deste prazo de execución deberase presentar a solicitude de cobramento.

O aboamento da axuda realizarase unha vez que o Igape considere xustificada a realización e o pago do proxecto e o cumprimento das condicións dentro do prazo establecido na resolución de concesión.