Deadline for submitting applications will end on 09/07/2024

IG166 - AXUDAS PARA A CONTRATACIÓN DE XESTORES DE INTERNACIONALIZACIÓN (2024)

Purpose / Objective

Estas axudas teñen como obxectivo facilitar a adquisición de competencias profesionais en materia de internacionalización e a incorporación ou reinserción ao mercado laboral de profesionais no ámbito do comercio exterior -priorizando aos xóvenes sen ou con pouca experiencia e aos sénior experimentados maiores de 45 anos en situación de desemprego-, ao mesmo tempo que se apoia ás pemes galegas no seu proceso de internacionalización poñendo a disposición das pemes información sobre profesionais con formación especializada e unha subvención a fondo perdido para a súa contratación.

Types of support

Subvencións en réxime de concorrencia non competitiva.
As solicitudes resolveranse atendendo á súa prelación temporal ata o esgotamento do crédito. No caso de presentación de achegas ou de que a solicitude requira emenda, terase en conta a data e hora en que a persoa solicitante presente correctamente toda a documentación e a información requirida.

Réxime de minimis.

Potential beneficiaries

1. As empresas que teñan o seu domicilio social na Comunidade Autónoma de Galicia e que cumpran a definición de peme segundo o anexo I do Regulamento da Comisión, incluídas as pemes con obxecto social destinado á prestación de servizos técnicos, comerciais ou loxísticos, e que teñan como proxecto iniciar ou consolidar o seu proceso de internacionalización.

As empresas terán que dispor do informe de alta en programas avanzados do Igape de apoio á internacionalización realizado a través de programas de Igape a partir de 2013. De non dispor do citado Informe de alta, debe solicitalo a través da oficina virtual do Igape (procedemento IG192) dentro do prazo de presentación de solicitudes.

2. As persoas solicitantes deberán ter, polo menos, UN CENTRO DE TRABALLO radicado na Comunidade Autónoma de Galicia.

3. As persoas solicitantes acreditarán ter un proxecto de internacionalización para o que se require contratar profesionais en comercio exterior.

4. As persoas solicitantes deberán estar ao día das súas obrigas coa Facenda pública, coa Comunidade Autónoma de Galicia e coa Seguridade Social.

Main project requirements

O período de contratación subvencionable deberá iniciarse entre a data de solicitude da axuda e ata un máximo de 45 días hábiles a partir da notificación da resolución de concesión e, en todo caso, debe estar comprendido dentro do prazo de execución.

O contrato de traballo do xestor deberá ter unha duración mínima de 6 meses.

Required qualifications do proxecto

Condicións da contratación

1. RELATIVAS AO XESTOR DE EXPORTACIÓN:

Todos os xestores deberán cumprir as condicións xerais na data de contratación, e estar dados de alta na bolsa de xestores de internacionalización do Igape, a máis tardar, na fase de acreditación da contratación.

* Condicións xerais:

b) Os xestores deben contar con titulación universitaria, con titulación de formación profesional de técnico superior en comercio internacional, ou con certificado de profesionalidade de comercio exterior ou comercio internacional.

c) No caso de que a titulación universitaria do xestor non sexa específica de comercio internacional, deberán acreditar unha das opcións seguintes:

i. Bolsa de prácticas de posgrao en internacionalización empresarial por un período superior a 6 meses, en organismos públicos nacionais ou estranxeiros, dentro do ámbito da internacionalización empresarial.
ii. Mestrado de comercio exterior.
iii. Certificado de profesionalidade de comercio exterior ou comercio internacional.
iv. Curso completo de comercio exterior de duración igual ou superior a 140 horas.

d) Deberán estar dados de alta como demandantes de emprego (ou demandantes de mellora de emprego) no Servizo Público de Emprego de Galicia na data da contratación.

Investments or eligible costs

1. Será subvencionable o salario bruto por conta allea a tempo completo de xestores de internacionalización, baixo calquera das modalidades previstas na lexislación laboral vixente no momento da contratación, acordes á finalidade de axuda, excepto contratos de alta dirección.

2. A solicitude de axuda virá referida ao desenvolvemento dun proxecto de comercio exterior que a persoa solicitante deberá describir en detalle no formulario de solicitude da axuda.
Se a persoa solicitante ten previsto desenvolver máis dun proxecto pode solicitar ata un máximo de dous xestores. Nese caso, debe cubrir no formulario electrónico de solicitude a descrición en detalle de cada un dos proxectos, delimitando e diferenciando o proxecto a desenvolver por cada xestor.

3. Os contratos laborais subvencionables deben ser indefinidos ou temporais por un período mínimo de duración de 6 meses.

4. O período de contratación subvencionable será o establecido na resolución de concesión de axuda, sen que poida ser inferior a seis meses nin superior aos dezaoito meses.

5. O custo subvencionable estableceuse como un baremo estándar de custo unitario. Para determinar o seu importe tomouse como referencia o salario medio do sector do comercio en Galicia para o ano 2021, que ascendería a 19.238 €/ano (1.603,16 €/mes con rateo de pagas extra, sen incluír os custos extrasalariais).

2. RELATIVOS AO CONTRATO:

a) O obxecto do contrato é a realización de actividades relacionadas co proxecto de comercio exterior detallado pola persoa beneficiaria na súa solicitude de axuda.

b) A modalidade do contrato poderá ser calquera das previstas na lexislación laboral vixente no momento de contratación, excepto contratos de alta dirección.

3. Exclusións:

a) Exclúese das axudas a contratación dun xestor con vínculos de parentesco (cónxuxe, ascendentes, descendentes e demais parentes, por consanguinidade ou afinidade, ata o segundo grao inclusive) cos cargos de dirección ou membros dos órganos de administración do solicitante ou das súas empresas vinculadas.

b) Exclúense os contratos con persoas que tivesen algunha relación laboral coa persoa solicitante ou con outras empresas vinculadas nos 2 últimos anos antes da solicitude de axuda (ser bolseiro non se entende como relación laboral).

Amount of aid

A contía da axuda calcúlase aplicando as seguintes porcentaxes sobre o custo subvencionable indicado no punto 5 do artigo anterior:
a) 85% no caso de mozas e mozos profesionais nacidos/as a partir do 1 de xaneiro de 1989.
b) 90% no caso de mozas e mozos inscritos no Sistema nacional de garantía xuvenil.
c) 80% no caso de profesionais nacidos despois do 1 de xaneiro de 1979 e antes de 1 de xaneiro de 1989.
d) 90% no caso de profesionais sénior en paro de difícil reinserción laboral de idade igual ou superior a 45 anos (nacidos antes do 1 de xaneiro de 1979).
e) 80% no caso de profesionais sénior en activo de idade igual ou superior a 45 anos (nacidos antes do 1 de xaneiro de 1979).

Deadline for submitting applications

O prazo de presentación de solicitudes de axuda comezará ás 8.00 horas do día seguinte á publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia e finalizará seis meses despois da data de publicación ás 14.00 horas, agás que se produza o suposto de esgotamento do crédito.


Incompatibility

Estas axudas son incompatibles con outras axudas ou subvencións públicas.

Legislative Reference

Resolución do 18 de decembro de 2023 (DOG Nº6 do 09/01/2024) - Bases reguladoras e convocatoria 2024

Information and processing in

As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

a) Escritura ou documento xuridicamente válido de constitución e estatutos debidamente inscritos no rexistro competente e modificacións posteriores destes, no caso de entidades non inscritas no Rexistro Mercantil.

b) Acreditación da representación coa que se actúa, no caso de entidades non inscritas no Rexistro Mercantil.

c) Contas anuais correspondentes ao último exercicio pechado para o que se cumpriu o prazo de aprobación legalmente establecido, ou de depósito, no caso de obriga de depósito no Rexistro Mercantil, xunto co informe de auditoría no caso de que a entidade estea obrigada a someter as súas contas a auditoría. Igualmente, as contas anuais de todas as entidades que deban ser tidas en conta aos efectos de determinar a consideración ou non de peme da entidade solicitante.

d) Documentación relativa ao emprego: informe de traballadores en alta (ITA) emitido pola Tesouraría Xeral da Seguridade Social no mes natural da solicitude de axuda.

e) Informes da vida laboral necesarios para a comprobación do emprego.

Observations

O prazo de execución do procedemento iniciarase ao día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia e rematará o 30 de xuño de 2026.

Os prazos máximos para presentar a solicitude de cobro da subvención son:
- 15 de decembro de 2024, para as solicitudes con accións que se realicen ata esta data.
- 15 de decembro de 2025, para as solicitudes con accións que se realicen ata esta data.
- 30 de xuño de 2026, para as solicitudes con accións que se realicen ata esta data.

As persoas beneficiarias da axuda poderán solicitar un anticipo de ata o 50 % da subvención. As datas límite para solicitar os devanditos anticipos son:
- 30 de setembro de 2024 para as accións con prazo máximo de execución ata o 15 de decembro de 2024.
- 30 de marzo de 2026 para as accións con prazo máximo de execución ata o 30 de xuño de 2026.

A persoa beneficiaria disporá dun prazo máximo de quince días hábiles a partir da contratación do xestor, para presentar a documentación acreditativa da contratación dun xestor de conformidade coas bases.

As persoas beneficiarias poderán solicitar un anticipo de ata o 50% do importe da subvención total concedida, marcando esta opción na solicitude de cobramento, unha vez notificada a resolución de concesión e dentro do prazo indicado na mesma. A solicitude de anticipo será obxecto de resolución motivada polo órgano que concede a subvención. O importe do anticipo non poderá exceder da anualidade prevista en cada exercicio orzamentario