Deadline for submitting applications will end on 15/12/2023

IG294 - AXUDAS PARA FACILITAR O FINANCIAMENTO DA ADQUISICIÓN DE UVA POLAS ADEGAS DE ELABORACIÓN DE VIÑO (2023)

Purpose / Objective

Facilitar o financiamento da adquisición de uva polas adegas de elaboración de viño acollido ás denominacións de orixe e indicacións xeográficas protexidas vitivinícolas galegas para a campaña 2023.

Types of support

As axudas financeiras que se concedan terán a consideración de axuda de mínimis.
Réxime de concorrencia non competitiva.

Potential beneficiaries

1. As empresas que teñan cando menos un centro de traballo en Galicia, e que sexan titulares de adegas de elaboración de viño (CNAE 1102), acollido ás denominacións de orixe e indicacións xeográficas protexidas vitivinícolas galegas.

2. As empresas poderán ser persoas físicas ou xurídicas. Tamén poderán ter a condición de persoas beneficiarias as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, as comunidades de bens, as sociedades civís, ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, cumpran os requisitos do anterior número 1.
No caso das cooperativas, o préstamo poderá estar asinado por un representante da entidade, logo de autorización dela, ou polos cooperativistas, que asumirán a débeda en proporción á súa porcentaxe de participación.

3. Non poderán ter a condición de persoas beneficiarias:
a) As empresas suxeitas a unha orde de recuperación de axudas.
b) As empresas inmersas nun procedemento de insolvencia, ou que reúnan os requisitos para someterse a un procedemento de quebra ou insolvencia por petición dos seus acredores. En particular, entenderanse nesta situación ao atoparse declarados en concurso, salvo que neste adquirise a eficacia un convenio. Tamén se encadrarán neste suposto aquelas empresas que estean en proceso de negociación cos seus acredores ao abeiro do Libro segundo do Real decreto lexislativo 1/2020, salvo que adquirise eficacia un plan de reestruturación.
c) As entidades nas que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 da Lei 9/2007.
d) Para subvencións de importe superior a 30.000 €, as empresas que incumpran os prazos de pagamento establecidos na Lei 3/2004, de 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais.

Sectors eligible for subsidy

CNAE 1102 - Elaboración de viños

Amount of aid

1. A axuda consistirá na subvención das comisións e xuros aplicados polas entidades bancarias, e sociedades de garantía recíproca se é o caso, nas operacións de préstamo necesarias para o financiamento da adquisición da colleita de uva do ano 2023, por parte dos titulares de adegas de elaboración de viño acollido ás denominacións de orixe e indicacións xeográficas protexidas vitivinícolas galegas. Para tal efecto, considérase que serán susceptibles de apoio os préstamos formalizados entre o 1 de setembro de 2023 e o 30 de decembro de 2023, incluíndo as operacións aprobadas pendentes de formalizar no momento da solicitude.

2. Os préstamos subvencionados destinaranse ao pago pola adquisición de uva a terceiros na campaña 2023, destinada á súa vinificación na propia adega. As entregas de uva ás cooperativas agrarias e outras entidades asociativas por parte dos seus socios, cando isto sexa obrigatorio en virtude dos seus estatutos, terán tamén a consideración de uva adquirida a terceiros.

3. Para ter dereito á subvención, as operacións financeiras de préstamo, e os seus avais de SGR no seu caso, deberán cumprir coas seguintes condicións:

a) Para o caso dos préstamos avalados por SGR:
Condicións dos préstamos:
- Prazo de vixencia de 3 anos, incluíndo un mínimo de 6 meses de carencia.
- Tipo de xuro máximo determinado en base ao euribor a 12 meses + 2,50% durante o primeiro ano, o resto da vida do préstamo, poderá ser determinado en función do estipulado nos convenios bilaterais entre a entidade bancaria e a SGR.
- Comisión á formalización máximo do 0,5%.
- Comisión por amortización anticipada 0%.
- Garantía: aval da SGR polo 100 %.

Condicións dos avais das SGR:

- Comisión de apertura e/ou estudo 0,5% do principal.
- Comisión de aval anual 1,25%.
- Comisión de amortización anticipada 0%.
- A SGR poderá tomar garantías adicionais aos reavais públicos, agás o peñoramento de depósitos do titular que detraian liquidez á titular.
- Dúas ou máis SGR poderán coavalar unha operación de préstamo subvencionable, nas condicións que elas acorden, pero en ningún caso as comisións cobradas superarán conxuntamente as porcentaxes antes relacionadas.

b) Para o caso dos préstamos sen aval de SGR:

- Prazo de vixencia mínimo de 1 ano, incluíndo un mínimo de 6 meses de carencia.
- Tipo de xuro máximo determinado en base ao euribor a 12 meses + 2,50% durante o primeiro ano, o resto da vida da operación poderá fixarse libremente entre as partes.
- Comisión á formalización máximo do 0,5%.
- Comisión por amortización anticipada 0%.
- A entidade financeira poderá tomar garantías reais e/ou persoais, agás o peñoramento de depósitos do titular que detraian liquidez á titular.

As operacións de préstamo non poderán incluír comisións adicionais, agás a comisión de reclamación de posicións debedoras.

4. A base subvencionable que será utilizada para a determinar a contía da axuda, será a menor das seguintes:

a) A suma dos importes dos préstamos formalizados e/ou dispostos nas operacións de financiamento por cada persoa beneficiaria, que cumpran os requisitos dos puntos anteriores, e que foran relacionados na solicitude da axuda.

b) O importe total de uva adquirida a terceiros na campaña 2023 das denominacións de orixe e indicacións xeográficas protexidas, incluíndo o IVE correspondente.

5. O importe da axuda será o resultado de sumar os seguintes conceptos:

- Un máximo do 0,5% da base subvencionable, co límite da comisión de apertura e formalización cobrada pola entidade de crédito.
- Un máximo do 0,5% da base subvencionable, co límite da comisión de apertura e estudo cobrada pola sociedade de garantía recíproca que avale a operación. No caso de préstamos sen aval de SGR, a subvención por concepto será de 0€.
- Un máximo do 1,25% da base subvencionable, co límite da comisión de aval cobrada pola sociedade de garantía recíproca que avale a operación. No caso de préstamos sen aval de SGR, a subvención por concepto será de 0€.
- Un 5% da base subvencionable, como de estimación de xuros correspondentes ao primeiro ano de vixencia do/s préstamo/s.

Deadline for submitting applications

O prazo de presentación de solicitudes comezará ás 8.00 horas do día hábil seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e finalizará ás 14.00 horas do 15 de decembro de 2023, agás que se produza o suposto de esgotamento do crédito, o que será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia e na páxina web do Igape, mediante resolución da persoa titular da Dirección Xeral do Igape.

Incompatibility

Serán compatibles con calquera outra axuda pública ou privada, pero, en ningún caso, illadamente ou en concorrencia con outras, poderán superar os límites máximos de intensidade de axuda establecidos pola Unión Europea para as axudas de mínimis que estean vixentes no momento da concesión da axuda.

No caso de que a axuda calculada supere os límites de mínimis, axustarase o importe total da axuda bruta aos ditos límites. Será causa de denegación se as axudas de mínimis xa percibidas no exercicio corrente e os dous anteriores superan os ditos límites.

Legislative Reference

Resolución do 16 de outubro de 2023 (DOG Nº202 do 24/10/2023) - Bases reguladoras e convocatoria

Information and processing in

* Información:

- Nas oficinas territoriais do IGAPE
- No Servizo de Atención Telemática a través do teléfono 900 81 51 51 ou 981 54 11 47
- A través de www.igape.es ou en informa@igape.es

*Tramitación:

1. Para presentar a solicitude, a persoa ou entidade solicitante, deberá cubrir previamente un formulario electrónico descritivo das circunstancias do solicitante e do proxecto, a través de https://www.igape.gal/gl/oficinavirtual.
2. A solicitude presentarase obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I) que se obterá de xeito obrigatorio na aplicación informática https://www.igape.gal/gl/oficinavirtual
3. Para poder presentar a solicitude por medios electrónicos, as persoas solicitantes deberán reunir os seguintes requisitos:
a) Será necesario que o asinante da solicitude teña a representación legal da empresa ou entidade solicitante.
b) A oficina virtual do Igape acepta todos os certificados validados pola plataforma @firma da Administración Xeral do Estado.
c) A presentación ante o Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia admite a sinatura da solicitude por parte dun único solicitante.

4. Unicamente será admitida unha solicitude por persoa beneficiaria na convocatoria, que estará referida a todas as operacións de préstamo subvencionables desta campaña.

Deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
a) Para subvencións de importe superior a 30.000 €, as persoas interesadas deberán achegar acreditación do cumprimento dos prazos de pagamento establecidos na Lei 3/2004, de 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais. Esta acreditación será:
-Para empresas que de acordo á normativa contable en vigor poidan presentar contas de perdas e ganancias abreviada, unha declaración responsable.
-Para sociedades que de acordo coa normativa contable non poidan presentar contas de perdas e ganancias abreviada, mediante un certificado dun auditor inscrito no Rexistro Oficial de Contas.

b) Comunicación/s por parte da/s entidade/s bancaria/s da/s operación/s concedida/s para adquisición de uva ou financiamento de circulante de explotación, coa seguinte información mínima:
-Titular da operación.
-Prazo de vixencia.
-Calendario de amortización previsto.
-Importe concedido.
-Tipo de xuro aplicable durante o primeiro ano de vixencia.
-Comisión de formalización.
-Data de formalización.
-Importe disposto.

c) Comunicación/s da/s SGR/s do/s aval/is concedido/s, no seu caso, coa seguinte información mínima:
-Titular da operación.
-Importe avalado.
-Entidade de crédito ante quen se presta o aval.
-Vixencia do aval.
-Comisión de apertura e/ou estudo.
-Comisión de aval anual.
-Data de formalización.

d) Declaración responsable da persoa beneficiaria relativa ao importe total de uva adquirida a terceiros na campaña 2023 das denominacións de orixe e indicacións xeográficas protexidas, incluíndo o IVE correspondente.