Deadline for submitting applications will end on 31/10/2023

IG287 - PROXECTOS DE INVESTIMENTO EN EQUIPAMENTO PRODUTIVO (2023)

Purpose / Objective

Serán subvencionables os investimentos en activos fixos que impliquen unha ampliación de capacidade dun establecemento existente.

As axudas da presente convocatoria son susceptibles de seren cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Programa Galicia Feder 2021-2027, que ten unha taxa de cofinanciamento do Feder do 60 %, computando como cofinanciamento nacional o investimento privado elixible das persoas beneficiarias polo 40 % restante. En particular:
Obxectivo político 1. Unha Europa máis competitiva e intelixente, promovendo unha transformación económica innovadora e intelixente e unha conectividade rexional ás tecnoloxías da información e das comunicacións.
Obxectivo específico 1.3. O reforzo do crecemento sustentable e a competitividade das pemes e a creación de emprego nestas, tamén mediante investimentos produtivos.
Liña de actuación 1.3.01. Apoio financeiro a proxectos de investimento empresarial, especialmente das pemes, para promover o crecemento sustentable, a competitividade e a creación e o mantemento do emprego.
Campo de intervención TI0021. Desenvolvemento empresarial e internacionalización das pemes, incluídos os investimentos produtivos.

Types of support

Subvencións e préstamos en réxime de concorrencia non competitiva.
O financiamento da parte reembolsable dos préstamos farase con cargo a fondos propios da Comunidade Autónoma de Galicia.

Potential beneficiaries

1. As pequenas e medianas empresas (pemes) que proxecten levar a cabo un investimento nun centro de traballo localizado en Galicia, considerado subvencionable.

2. Consideraranse pemes as empresas que, á data da solicitude, respondan á definición de peme, calquera que sexa a súa forma xurídica, polo que tamén poderán acceder á condición de persoa beneficiaria as persoas físicas, as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, poidan levar a cabo os proxectos.

3. Non poderán ter a condición de persoas beneficiarias:

a) As empresas que propoñan un proxecto para unha actividade pertencente a un sector excluído.
b) As empresas que sexan prestadoras dos mesmos ou similares servizos ou subministradoras dos mesmos ou similares equipos para os que solicitan a axuda.
c) As empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación de axudas.
d) As empresas en crise.
e) As empresas nas que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 e 3 da Lei 9/2007, ou incumpran as obrigas do artigo 11 da citada Lei.
f) As empresas que incumpran os prazos de pago previstos na Lei 3/2004, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais, para subvencións de importe superior a 30.000 euros, cando os solicitantes sexan unicamente suxeitos incluídos no ámbito de aplicación da citada Lei.

Sectors eligible for subsidy

Serán subvencionables os proxectos para o desenvolvemento das seguintes actividades:

* CNAEs subvencionables: Do 08 ao 11, do 13 ao 18, 20 ao 23, 25 ao 33, 38.2, 38.31, 38.32, 45.2, 45.4 (só mantemento e reparación), 52.10, 52.24, 59, 71.20.

Exclúense as seguintes actividades:

- A produción e comercialización agrícola primaria
- As actividades do sector do aceiro, do lignito e do carbón, do sector do transporte así como as infraestruturas conexas, a producción, almacenamento, transporte e distribución de enerxía e as infraestruturas enerxética e ao sector da banda ancha.

- Sector dos produtos da pesca e acuicultura.

Main project requirements

Serán subvencionables os investimentos en activos fixos que impliquen unha ampliación de capacidade dun establecemento existente.
O investimento subvencionable debe ser igual ou superior a 25.000 € e non superior a 900.000 €. No caso de que o investimento subvencionable supere o límite máximo, axustarase o investimento subvencionable a esa contía máxima.

Requisitos:
1. A persoa beneficiaria deberá realizar unha aportación financeira mínima do 25% dos custos subvencionables, mediante os seus propios recursos ou mediante financiamento externo, exenta de calquera tipo de axuda pública.

2. A axuda solicitada debe supoñer un efecto incentivador para o proxecto presentado. Antes de iniciar o proxecto, a persoa solicitante deberá ter presentado a solicitude da axuda. Ningún dos custos alegados sobre os que se solicita subvención, poderán ser incorridos con carácter previo á solicitude; de ser así, a totalidade do proxecto será considerado non subvencionable.

3. O período de execución dos investimentos subvencionables abarcará desde a data de presentación da solicitude ata a data de remate do prazo establecido na resolución de concesión. Con carácter xeral, rematará dentro dos 9 meses seguintes á data de notificación da resolución de concesión.

4. Cando o importe do investimento subvencionable supere as contías establecidas na Lei de contratos do sector público, (importe igual ou superior a 15.000 € no caso de prestación do servizo ou adquisición do ben) a beneficiaria deberá solicitar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores con carácter previo á contratación da execución da obra, da prestación do servizo ou da adquisición do ben, excepto que polas súas especiais características non exista no mercado suficiente número de provedores que as realicen, presten ou subministren.

5. En ningún caso o custo de adquisición dos investimentos subvencionables poderá ser superior ao valor de mercado.

6. Todos os elementos do investimento proxectados deberán estar vinculados e responder á tipoloxía de proxecto para a que se solicita a axuda. Non serán subvencionables os elementos non relacionados ou que non contribúan á dita tipoloxía.

7. Os proxectos deberán estar vinculados ás actividades subvencionables establecidas nas bases.

Cando un ou varios elementos integrantes do proxecto estea ou estean vencellados a mais dunha actividade da empresa e unha ou máis non fosen subvencionables, considerarase subvencionable o importe do investimento proporcional á porcentaxe de facturación da empresa que supoña a actividade subvencionable nese establecemento, actual ou prevista.

8. Os proxectos deberán esta vinculados a un único establecemento por solicitude e a un único titular. Non serán subvencionables os investimentos que vaian ser utilizados por empresas distintas á solicitante ou noutros establecementos.

9. Non serán subvencionables os proxectos de investimento vinculados a un contrato de xestión de servizos públicos.

Investments or eligible costs

Serán subvencionables os investimentos en activos fixos que impliquen unha ampliación de capacidade dun establecemento existente.

* Conceptos de investimento subvencionables:

- Bens de equipamento: maquinaria de proceso, ferramenta (incluídos os moldes, modelos e cuños) e outros bens de equipamento relacionados co proceso produtivo e co proxec to de ampliación de capacidade presentado.

En ningún caso terán a consideración de bens de equipamento as obras necesarias para a súa instalación.

O número de bens de equipamento incluídos na solicitude de axuda non poderá ser superior a catro.

Un ben de equipamento poderá levar incorporados accesorios que, en todo caso, formarán parte do mesmo contrato, e deberán ser incluidos na oferta ou orzamento conxuntamente co equipo vinculado.

Non se considerarán como un único ben de equipamento as liñas de produción completas agás que cada elemento da liña non teña funcionalidade propia de maneira independente, o que deberá acreditar a persoa solicitante achegando informe de técnico independente.

En calquera caso, non se considerarán subvencionables bens suntuarios ou que teñan un custo moi superior a outros similares que cumpran a mesma funcionalidade.

- Os activos adquiridos deberán ser novos.
- Os bens obxecto de investimento deberán ser adquiridos en propiedade pola persoa beneficiaria.
- Os bens obxecto de investimento deberán ser adquiridos a terceiros. Os provedores non poderán estar asociados nin vinculados coa entidade solicitante ou cos seus órganos directivos ou xestores.

Quedan excluídos dos investimentos subvencionables:

a) Os investimentos de reposición ou mera substitución de elementos, salvo que a nova adquisición corresponda a elementos distintos dos anteriores, ben pola tecnoloxía usada ou polo seu incremento de rendemento manifesto, que estean vinculados coa tipoloxía do proxecto subvencionable.

b) Os custos de traslado de bens equipo que xa sexan propiedade da empresa.

c) Os custos de adaptacións á normativa vixente, salvo as directamente relacionadas cos elementos obxecto de investimento.

d) A adquisición das instalacións nas que a solicitante viña desenvolvendo a súa actividade en réxime de alugueiro ou dereito de uso de calquera tipo.

Amount of aid

A contía da axuda será o resultado de multiplicar o investimento subvencionable polas seguintes porcentaxes:

30 %, no caso das pequenas empresas.

20 %, no caso das medianas empresas.

Deadline for submitting applications

O prazo de presentación de solicitudes comezará ás 08:00 horas do día seguinte á publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia e finalizará ás 14:00 horas do 31 de outubro de 2023. O prazo comeza o 2 de outubro ás 8:00 horas

Admítese que as solicitudes presentadas á convocatoria de 2022 que non puidesen ser avaliadas por esgotamento do crédito e reiteren a mesma solicitude de proxecto na presente convocatoria 2023, manterían a data da solicitude inicial como referencia para o efecto incentivador da axuda e unicamente a este efecto, a súa nova solicitude terá a orde de prelación que lle corresponda na nova convocatoria, segundo a data de presentación.

Incompatibility

Estas axudas e préstamos son incompatibles con outras axudas ou subvencións públicas para os mesmos investimentos subvencionables.

Legislative Reference

Resolución do 18 de setembro de 2023 (DOG Nº186 do 29/09/2023) - Bases reguladoras e convocatoria
Resolución do 26 de xuño de 2024 (DOG Nº129 do 04/07/2024) - Esgotamento do crédito

Information and processing in

* Información:
- No Servizo de Atención Telemática a través do teléfono 900 81 51 51 ou 981 54 11 47
- A través de www.igape.es ou en informa@igape.es
- Nas oficinas territoriais do IGAPE

*Tramitación:
Só poderá presentarse unha única solicitude en toda a convocatoria. No caso de que a peme conte con máis dunha localización de instalacións en Galicia, poderá presentar ata dúas solicitudes, sempre que os proxectos se dirixan a dúas localizacións distintas.

Unha vez presentadas, as solicitudes non poderán modificarse para adaptarse aos requisitos para a obtención das axudas nin para evitar atender os requirimentos de emenda de documentación no seu caso. Só se admitirán modificacións relativas á localización, redución de elementos de investimento e á actualización do importe dos investimentos.

Para presentar a solicitude, a entidade solicitante deberá cubrir previamente un formulario electrónico descritivo das circunstancias da persoa solicitante e do proxecto para o que solicita a subvención, a través da aplicación https://www.igape.gal/gl/oficinavirtual.

Para poder presentar a solicitude por medios electrónicos, as persoas solicitantes deberán reunir os seguintes requisitos:

a) Será necesario que o asinante da solicitude teña a representación legal da empresa solicitante.
b) A oficina virtual do Igape acepta todos os certificados validados pola plataforma @firma da Administración Xeral do Estado.
c) A presentación ante o Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia admite a sinatura da solicitude por parte dun único solicitante.

Observations

O prazo de execución dos proxectos rematará na data establecida na resolución de concesión, sen que nunca poida exceder do 31 de marzo de 2026.

Unha vez pechada a convocatoria, abrirase un rexistro de presolicitudes que permanecerá aberto ata a apertura da seguinte convocatoria. As solicitudes de inscrición neste rexistro deberán conter todos os datos relativos ao proxecto de investimento e non poderán ser modificadas –agás actualización de importes- nin serán obxecto de revisión nin de requirimento de emenda, pero poderán rexeitarse se non conteñen datos abondo para identificar o proxecto. Unha vez aberta a seguinte convocatoria, para as solicitudes que opten daquela á concesión das axudas, terase en conta a data de presentación da presolicitude no rexistro en relación exclusivamente ao efecto incentivador e sempre que se trate do mesmo proxecto.