Deadline for submitting applications will end on 30/12/2022

IG286 - PRÉSTAMOS PARA FINANCIAR A OPERATIVA DE INDUSTRIAS AFECTADAS POLO INCREMENTO DE PREZO DE MATERIAS PRIMAS E SUBMINISTRACIÓNS COMO CONSECUENCIA DA INVASIÓN DE UCRAÍNA POR RUSIA (2022)

Purpose / Objective

Apoiar financeiramente a empresas que desenvolven actividades no sector da industria manufactureira, especialmente afectadas polo incremento de prezo das materias primas consecuencia da invasión de Ucraína por Rusia, para permitirlles financiar a longo prazo pagos operativos, dispoñer dun fondo de manobra suficiente, financiar investimentos para a mellora competitiva, a través da produtividade, redución da dependencia de determinadas materias primas ou provedores e/ou mellora da eficiencia enerxética e/ou dispoñer de garantías peñoraticias para acceder aos avais técnicos e financeiros necesarios para a súa actividade.

Types of support

Préstamos directos do IGAPE en réxime de concorrencia non competitiva.

Potential beneficiaries

Poderán ser beneficiarias dos préstamos regulados nestas bases aquelas empresas que cumpran os seguintes requisitos:

a) Realicen unha iniciativa empresarial nun centro de traballo, obxecto da actuación a financiar, localizada na Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Cumpran as condicións establecidas especificamente para a correspondente modalidade de préstamo, conforme aos requisitos que se detallan no Anexo I.

c) Acheguen para a actuación unha contribución financeira mínima do 25 % do custo total, exenta de calquera tipo de apoio público.

Inclúense persoas físicas, agrupacións, sociedades civís e comunidades de bens que veñan desenvolvendo durante máis de 3 anos algunha das actividades comprendidas nos CNAE 10 a 33, e ademais acrediten mediante unha memoria explicativa, que a súa actividade se viu afectada en gran medida polo incremento de custos de aprovisionamentos e enerxéticos, sen poder repercutir en prezos a totalidade destes encarecementos. A memoria deberá estar sustentada en feitos cuantitativos, explicados sobre un balance e conta de resultados en 30 de xuño de 2022, comparados con estados financeiros históricos da empresa. A falta de explicación suficiente destes feitos poderá ser causa de denegación da solicitude.

Non poderán ter a condición de beneficiarios dos préstamos:
a) As empresas suxeitas a unha orde de recuperación de axudas, consecuencia dunha decisión da Comisión Europea.
b) As empresas inmersas nun procedemento de insolvencia, ou que reúnan os requisitos para someterse a un procedemento de quebra ou insolvencia por petición dos seus acredores. En particular, entenderanse nesta situación ao atoparse declarados en concurso, salvo que neste adquirise a eficacia un convenio, ou cando concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 2.4 do Real Decreto Lexislativo 1/2020, do 5 de maio, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei concursal. Tamén se encadrarán neste suposto aquelas empresas que estean en proceso de negociación cos seus acredores ao abeiro do Libro Segundo do devandito Real Decreto Lexislativo 1/2020, salvo que adquirise eficacia un acordo de refinanciamento ou un acordo extraxudicial de pagos.
c) As entidades nas que concorrese algunha das circunstancias previstas no art. 10.2 da Lei 9/2007.

Main project requirements

Condicións do produto financeiro.

1) Importes mínimo e máximo.

O importe mínimo do préstamo será de 300.000 € e o máximo de 1.000.000 €, e deberá ser aplicado exclusivamente ao pago dos conceptos indicados no punto C) anterior.

2) Prazos de amortización e de carencia.

O prazo de devolución dos préstamos será de 8 anos, incluíndo 2 de carencia na amortización de principal.

3) Tipo de xuro e axuda implícita.

a) Tipo de xuro ordinario.

O capital disposto e non amortizado do préstamo, devindicará diariamente, a contar desde a disposición dos fondos e ata que transcorra o prazo de vixencia do préstamo, un xuro nominal fixo que liquidarase e pagarase con periodicidade trimestral e con carácter vencido, o último día de cada trimestre natural, xunto coa cantidade destinada a amortización de principal salvo no período de carencia.
– Tipo de referencia: Será a media do Euribor a 1 ano do mes anterior á data da Proposta de Resolución da concesión do préstamo.
– Marxe adicional: Será de 1,5 puntos porcentuais. Se o resultado da subvención implícita no préstamo, obtida aplicando os criterios recollido no Anexo III, superase o límite de axuda de minimis, incrementarase a marxe adicional para diminuír a vantaxe financeira respecto ao mercado ata cumprir este límite.

O tipo de xuro será do 0 % cando resulte negativo.

b) Tipo de xuro de mora.

Sen prexuízo do dereito de resolución do préstamo, en caso de atraso no pago dalgunha das sumas debidas en virtude deste contrato, o prestameiro incorrerá de pleno dereito en mora sen necesidade de requirimento previo e virá obrigado a pagar sobre a suma vencida o tipo de xuro ordinario do período máis 6 puntos porcentuais anuais. Os ditos xuros liquidaranse coincidindo co seguinte vencemento trimestral de xuros.

c) Axuda implícita.

Con carácter xeral, os préstamos desta modalidade incluirán unha axuda implícita determinada conforme ao anexo III das bases.

4) Plan de amortización.

Unha vez finalizado o período de carencia, o reintegro do préstamo realizarase en cotas trimestrais vencidas, o último día de cada trimestre natural, xunto coa cantidade destinada ao pago de xuros. O plan de amortización será calculado polo Igape e incorporarase o acordo de concesión. Para o cálculo do plan de amortización, utilizarase o sistema de amortización francés, de forma que a carga para afrontar pola beneficiaria, resultante de sumar os xuros e as amortizacións para pagar ao trimestre pola beneficiaria mantéñase constante durante toda a vida do préstamo tras a carencia.

5) Garantías.

Con carácter xeral, para esta modalidade de préstamos non se esixirán garantías adicionais á responsabilidade universal da prestameira.

Required qualifications do proxecto

Considérase que todos os proxectos co obxecto descrito no apartado A) deste anexo son de interese para Galicia polo seu impacto no sector industrial e a súa importancia social, polo que non se establecen criterios específicos de avaliación, que poidan supoñer a denegación dos préstamos que superen os limiares de cualificación de risco de crédito establecidos no anexo IV.

Investments or eligible costs

Poderán ser financiados os seguintes conceptos:

a) Bens tanxibles cuxo uso previsto pola beneficiaria sexa a produción ou subministro de bens ou servizos, ou ben para fins administrativos: terreos e bens naturais, construcións, instalacións técnicas, maquinaria, utillaxe, outras instalacións, mobiliario, equipos para proceso de información e elementos de transporte, así como outro inmobilizado material necesario para o desenvolvemento da actividade. Exclúense os investimentos inmobiliarios, entendendo como tales os activos inmobles que se adquiran ou constrúan para obter rendas, plusvalías ou ambas.

b) Bens intanxibles, tales como investigación, desenvolvemento, concesións administrativas, propiedade industrial ou intelectual, dereitos de traspaso e aplicacións informáticas.

c) Gastos de investigación, desenvolvemento e innovación, aínda que contablemente teñan a consideración de gasto corrente, por non cumprirse as condicións para a súa activación previstas nas normas particulares sobre o inmobilizado intanxible recollidas no vixente Plan Xeral de Contabilidade, por canto unha vez finalizado o prazo para xustificar o proxecto poidan non presentarse motivos fundados de éxito técnico e rendibilidade económico-comercial.

d) Capital de explotación: entendendo como tal o incremento permanente de capital corrente necesario para a actividade , que deberá cumprir o seguintes dous requisitos:

1º. A contía financiable por este concepto será determinada polo Igape en base a solicitude da titular, aos estados financeiros históricos e as previsións de actividade.

2º. Os fondos obtidos do produto financeiro con esta finalidade, serán aplicados ao pagamento a provedores e acredores dos seguintes conceptos de gasto corrente do exercicio:

i) Compras de mercadorías, materias primas e outros aprovisionamentos, mediante transferencia ou pago de efectos.
ii) Prestación de servizos: arrendamentos e canons, reparacións e conservación, servizos de profesionais independentes, transportes, publicidade, propaganda e relacións públicas, subministracións e outros servizos relacionados coa actividade.
iii) Gastos de persoal: soldos e salarios, indemnizacións, seguros sociais e outros gastos sociais.
iv) Gastos financeiros asociados á operativa da conta específica.
v) Primas de seguros, en cobertura de riscos asociados á actividade empresarial.
vi) Cando así se contemple expresamente no acordo de concesión, os fondos do préstamo desembolsado poderán destinarse a constituír un depósito nunha entidade financeira en euros, peñorado a favor dun terceiro, como fianza ou contragarantía dun aval ou liña de avais que este terceiro emita, en garantía do cumprimento, por parte da beneficiaria, de compromisos, continxencias ou obrigas de carácter técnico ou financeiro relacionados coa actuación ou coa actividade corrente da beneficiaria. Nestes supostos:

vi1) O acordo de concesión determinará expresamente a porcentaxe de cobertura máxima desta contragarantía líquida sobre o nominal dos avais que se emitan, computándose, se é o caso, a parte do risco non cuberta por esta garantía peñoraticia para o 25% de contribución financeira exenta de apoio público requirida segundo o artigo 1.1.c).
vi2) O acordo de concesión determinará tamén a tipoloxía de compromisos, continxencias ou obrigas a garantir cos avais que se emitan, os requisitos dos terceiros ante os que se avala, e os requisitos dos avalistas beneficiados do peñoramento do depósito.
vi3) Sen prexuízo de que se poida instrumentar unha liña de avais revolving por un prazo máximo determinado, unha vez vencidas as obrigas garantidas co peñoramento do depósito, o importe líquido do mesmo deberá ser transferido ao Igape nun prazo máximo de 15 días hábiles. Estes fondos serán aplicados á amortización anticipada do préstamo ou, se é o caso, ao pagamento de débedas vencidas.

e) Salvo nos conceptos recollidos no punto d) anterior, se exclúen impostos, taxas e arbitrios, a excepción do IVE cando non sexa recuperable.

Os conceptos que se van financiar co préstamo serán os previstos no apartado 1 do artigo 3 das bases reguladoras, puntos a) e b) cando correspondan a investimentos para a mellora competitiva, a través da produtividade, redución da dependencia de determinadas materias primas ou provedores e/ou mellora da eficiencia enerxética, e punto d) capital de explotación.

Amount of aid

Con carácter xeral, os préstamos desta modalidade incluirán unha axuda implícita determinada conforme ao anexo III das bases.

Deadline for submitting applications

O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e finalizará o 30 de decembro de 2022, agás que se produza o suposto de esgotamento do crédito.

Incompatibility

Os préstamos contemplados nestas Bases Reguladoras serán compatibles con calquera outra axuda.

Para os casos nos que se contemple axuda implícita, serán compatibles con outras a condición de que o importe conxunto non supere os límites máximos de intensidade da axuda resultante da normativa de aplicación.

Legislative Reference

Resolución do 5 de abril de 2022 (DOG Nº69 do 08/04/2022) - Bases reguladoras dos préstamos directos
Resolución do 11 de outubro de 2022 (DOG Nº199 do 19/10/2022) - Modificación das bases

Information and processing in

* Información:

- No Servizo de Atención Telemática a través do teléfono 900 81 51 51 ou 981 54 11 47
- A través de www.igape.es ou en informa@igape.es

* Tramitación

1. O interesado deberá cubrir previamente un formulario descritivo das circunstancias do solicitante e do proxecto a través de https://www.igape.gal/gl/oficinavirtual

Unha vez xerada a solicitude deberase presentar obrigatoriamente por vía electrónica.
Será necesario que o asinante da solicitude teña a representación da empresa ou entidade solicitante. Esta representación deberá ser individual ou solidaria, de maneira que coa súa firma baste para acreditar a vontade do solicitante. O asinante deberá posuír un certificado dixital en vigor baixo a norma X.509 V3 válido.

2. As persoas interesadas deberán achegar xunto coa solicitude a seguinte documentación:

– Balance e conta de perdas e ganancias en 30.6.2022. Os ditos estados financeiros deberán contar cun informe de auditoría de balance ou, na súa falta, deberá estar conciliado coas declaracións de IVE do primeiro semestre, co CIRBE en xuño de 2022, e cos saldos en contas bancarias.
– Declaración do imposto de sociedades do exercicio 2021.
– Extractos bancarios de cada unha das contas bancarias da solicitante, comprensivos dos catro meses anteriores á data de presentación da solicitude, en formato PDF nativo (descargados directamente da aplicación web da entidade financeira ou facilitados por esta).
– Memoria da actuación, que desenvolverá o seguinte contido:
a) Antecedentes da empresa e dos seus promotores: historial, principais fitos na evolución da empresa, capacidades básicas (estratéxicas, capacitación da xerencia, organizativas e de control), capacidade técnica da entidade (recursos humanos, técnicos, materiais, colaboracións, cooperacións, certificacións de calidade e ambientais), capacidade tecnolóxica da entidade (recursos humanos, técnicos e económicos, patentes I+D+i), capacidade económica da entidade (análise dos estados financeiros, solvencia dos promotores, política de financiamento e rendibilidade).

b) Descrición dos aprovisionamentos, do proceso produtivo e do comercial. Orixe dos aprovisionamentos, principais provedores, mercado actual (tamaño, características, competencia, etc.) e potencial. Análise comercial do produto.

c) Xustificación do especial impacto da crise nas actividades da empresa, explicados sobre un balance e conta de perdas e ganancias en 30 de xuño de 2022, comparativo con estados financeiros históricos da empresa.

d) Cuantificación das necesidades financeiras para a operativa empresarial. Causas xustificadas da necesidade de financiar a operativa da empresa. No caso de considerar o financiamento de investimentos, xustificar razoadamente que o seu obxecto é a mellora competitiva, a través da produtividade, da redución da dependencia de determinadas materias primas ou provedores e/ou mellora da eficiencia enerxética.

e) Cadro de persoal, traballadores nos centros de traballo en Galicia, describindo funcións. Expectativas de mantemento de emprego. Relación de expedientes de regulación de emprego en vigor e presentados nos últimos 12 meses, que describan o seu contido e o número de traballadores afectados.

– Declaracións de IVE presentadas no exercicio 2021 en formato PDF nativo (descargadosdirectamente da web da AEAT).

Observations

O prazo máximo para resolver e notificar o acordo de concesión/denegación será de cinco meses desde a data de presentación da solicitude e, transcorrido este, poderase entender desestimada por silencio administrativo a solicitude de concesión.

A beneficiaria deberá presentar a solicitude de disposición antes do prazo establecido no acordo de concesión, sen que nunca poida exceder do 30.11.2023.