Deadline for submitting applications will end on 30/12/2022

IG262 - PRÉSTAMOS PARA FINANCIAR INVESTIMENTOS EN INFRAESTRUTURAS DE USO COMPARTIDO E DESENVOLVEMENTO DE PROXECTO POR PARTE DE CENTROS TECNOLÓXICOS E ASOCIACIÓNS EMPRESARIAIS (2022)

Purpose / Objective

Financiamento de actuacións a desenvolver por centros tecnolóxicos, asociacións empresariais fundacións e entidades que desenvolvan ou proxecten desenvolver actividades económicas, de investigación e desenvolvemento ou presten servizos de interese para o tecido empresarial galego.

Types of support

Préstamos directos do IGAPE en réxime de concorrencia non competitiva.

Potential beneficiaries

Poderán ser beneficiarias dos préstamos regulados nestas bases aquelas empresas que cumpran os seguintes requisitos:

a) Realicen unha iniciativa empresarial nun centro de traballo, obxecto da actuación a financiar, localizada na Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Cumpran as condicións establecidas especificamente para a correspondente modalidade de préstamo, conforme aos requisitos que se detallan no Anexo I.

c) Acheguen para a actuación unha contribución financeira mínima do 25 % do custo total, exenta de calquera tipo de apoio público.

Ademais deberán ser entidades vinculadas a sectores produtivos de Galicia ou actuacións a desenvolver na Comunidade Autónoma.

A titular poderá ceder a actuación a unha Agrupación de Interese Económico cando estea xustificado por motivos de optimización fiscal respecto á deducións por investimentos en I+D e transferencia de bases impoñibles negativas, que facilite o financiamento da actuación, sempre que os gastos a financiar sexan realizados e sufragados pola beneficiaria, ou os depósitos a peñorar afiancen avais en garantía de obrigas ou continxencias da mesma.

Non poderán ter a condición de beneficiarios dos préstamos:

a) As empresas suxeitas a unha orde de recuperación de axudas, consecuencia dunha decisión da Comisión Europea.
b) As empresas inmersas nun procedemento de insolvencia, ou que reúnan os requisitos para someterse a un procedemento de quebra ou insolvencia por petición dos seus acredores. En particular, entenderanse nesta situación ao atoparse declarados en concurso, salvo que neste adquirise a eficacia un convenio, ou cando concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 2.4 do Real Decreto Lexislativo 1/2020, do 5 de maio, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei concursal. Tamén se encadrarán neste suposto aquelas empresas que estean en proceso de negociación cos seus acredores ao abeiro do Libro Segundo do devandito Real Decreto Lexislativo 1/2020, salvo que adquirise eficacia un acordo de refinanciamento ou un acordo extraxudicial de pagos.
c) As entidades nas que concorrese algunha das circunstancias previstas no art. 10.2 da Lei 9/2007.

Main project requirements

.As actuacións a desenvolver en Galicia deberán presentar un custo financiable igual ou superior a 100.000 euros máis impostos.

* Condicións do produto financeiro.

1) Importes mínimo e máximo.

O importe mínimo do préstamo será de 75.000 euros e o máximo de 1.500.000 euros. En ningún caso superará o 75 % do custo da actuación financiable.

2) Prazos de amortización e de carencia.

Axustados ao plan económico-financeiro e á vida útil dos bens adquiridos, cun máximo de 12 anos, podendo incluír carencia na amortización de principal.

3) Tipo de xuro e axuda implícita.

a) Tipo de xuro ordinario.

O tipo de xuro aplicable será fixo, e inferior en 1,5 puntos porcentuais ao tipo determinado conforme ao Anexo II destas bases. En ningún caso o tipo de xuro resultante será inferior ao 0 %.
Os xuros ordinarios liquidaranse trimestralmente, coincidindo co último día do trimestre natural.

b) Tipo de xuro de mora.

Sen prexuízo do dereito de resolución do préstamo, en caso de atraso no pago dalgunha das sumas debidas en virtude deste contrato, o prestameiro incorrerá de pleno dereito en mora sen necesidade de requirimento previo e virá obrigado a pagar sobre a suma vencida o tipo de xuro ordinario do período máis 6 puntos porcentuais anuais.

c) Axuda implícita.

Os préstamos desta modalidade incluirán unha axuda implícita de minimis, nos termos establecidos no artigo 5 destas bases.

4) Plan de amortización.

Unha vez finalizado o período de carencia, o reintegro do préstamo realizarase en cotas trimestrais con vencemento o último día de cada trimestre natural, xunto coa cantidade destinada ao pago de xuros, con cotas constantes de xuros ordinarios máis amortización unha vez finalizada a carencia. Nos casos nos que o provedor ofreza a posibilidade de recompra, o calendario poderá contemplar unha cota de amortización final maior, coincidente co pago desta recompra.

5) Garantías.

En función da dispoñibilidade e das características da actuación

Required qualifications do proxecto

Sen prexuízo do cumprimento do limiar da cualificación do risco de crédito, para a súa aprobación deberá obter unha puntuación mínima de 50 puntos, resultante de sumar as puntuacións obtidas nos seguintes criterios:

1) Sector de actividade: Puntuarase con 40 puntos cando o resultado previsto da actuación teña un aproveitamento por parte de industrias ou sectores empresariais conexos á actividades industriais. Puntuarase con 30 puntos cando o resultado previsto da actuación teña un aproveitamento por outros sectores, e con 10 puntos adicionais cando exista informe favorable de interese para o sector en Galicia emitido pola correspondente Consellería sectorial, ou polo carácter innovador segundo informe da Axencia Galega de Innovación. Estes informes serán solicitados polo Igape na tramitación do expediente.

2) Presencia de grupos empresariais ou empresas tractoras de recoñecida solvencia, que guíen a actuación cara a liñas con alto potencial industrial e faciliten a chegada ao mercado: Máximo de 40 puntos.

3) A actuación inclúe investimentos en equipamento científico-tecnolóxico, e figuran detallados os sistemas de xestión que permitan o uso compartido: Máximo de 20 puntos.

4) A actuación inclúe tecnoloxías relacionadas coa fábrica do futuro e o concepto Industria 4.0: 10 puntos por cada ámbito, cun máximo de 40.

5) Emprego vinculado: Máximo 20 puntos, calculado segundo a fórmula: (nº medio de empregados do último exercicio da entidade + expectativas de creación de emprego na entidade) / préstamo en miles de € x 100.

Investments or eligible costs

Poderán ser financiados os seguintes conceptos:

a) Bens tanxibles cuxo uso previsto pola beneficiaria sexa a produción ou subministro de bens ou servizos, ou ben para fins administrativos: terreos e bens naturais, construcións, instalacións técnicas, maquinaria, utillaxe, outras instalacións, mobiliario, equipos para proceso de información e elementos de transporte, así como outro inmobilizado material necesario para o desenvolvemento da actividade. Exclúense os investimentos inmobiliarios, entendendo como tales os activos inmobles que se adquiran ou constrúan para obter rendas, plusvalías ou ambas.

b) Bens intanxibles, tales como investigación, desenvolvemento, concesións administrativas, propiedade industrial ou intelectual, dereitos de traspaso e aplicacións informáticas.

c) Gastos de investigación, desenvolvemento e innovación, aínda que contablemente teñan a consideración de gasto corrente, por non cumprirse as condicións para a súa activación previstas nas normas particulares sobre o inmobilizado intanxible recollidas no vixente Plan Xeral de Contabilidade, por canto unha vez finalizado o prazo para xustificar o proxecto poidan non presentarse motivos fundados de éxito técnico e rendibilidade económico-comercial.

d) Capital de explotación: entendendo como tal o incremento permanente de capital corrente necesario para a actividade , que deberá cumprir o seguintes dous requisitos:

1º. A contía financiable por este concepto será determinada polo Igape en base a solicitude da titular, aos estados financeiros históricos e as previsións de actividade.

2º. Os fondos obtidos do produto financeiro con esta finalidade, serán aplicados ao pagamento a provedores e acredores dos seguintes conceptos de gasto corrente do exercicio:

i) Compras de mercadorías, materias primas e outros aprovisionamentos, mediante transferencia ou pago de efectos.
ii) Prestación de servizos: arrendamentos e canons, reparacións e conservación, servizos de profesionais independentes, transportes, publicidade, propaganda e relacións públicas, subministracións e outros servizos relacionados coa actividade.
iii) Gastos de persoal: soldos e salarios, indemnizacións, seguros sociais e outros gastos sociais.
iv) Gastos financeiros asociados á operativa da conta específica.
v) Primas de seguros, en cobertura de riscos asociados á actividade empresarial.
vi) Cando así se contemple expresamente no acordo de concesión, os fondos do préstamo desembolsado poderán destinarse a constituír un depósito nunha entidade financeira en euros, peñorado a favor dun terceiro, como fianza ou contragarantía dun aval ou liña de avais que este terceiro emita, en garantía do cumprimento, por parte da beneficiaria, de compromisos, continxencias ou obrigas de carácter técnico ou financeiro relacionados coa actuación ou coa actividade corrente da beneficiaria. Nestes supostos:

vi1) O acordo de concesión determinará expresamente a porcentaxe de cobertura máxima desta contragarantía líquida sobre o nominal dos avais que se emitan, computándose, se é o caso, a parte do risco non cuberta por esta garantía peñoraticia para o 25% de contribución financeira exenta de apoio público requirida segundo o artigo 1.1.c).
vi2) O acordo de concesión determinará tamén a tipoloxía de compromisos, continxencias ou obrigas a garantir cos avais que se emitan, os requisitos dos terceiros ante os que se avala, e os requisitos dos avalistas beneficiados do peñoramento do depósito.
vi3) Sen prexuízo de que se poida instrumentar unha liña de avais revolving por un prazo máximo determinado, unha vez vencidas as obrigas garantidas co peñoramento do depósito, o importe líquido do mesmo deberá ser transferido ao Igape nun prazo máximo de 15 días hábiles. Estes fondos serán aplicados á amortización anticipada do préstamo ou, se é o caso, ao pagamento de débedas vencidas.

e) Salvo nos conceptos recollidos no punto d) anterior, se exclúen impostos, taxas e arbitrios, a excepción do IVE cando non sexa recuperable.

Amount of aid

Os préstamos desta modalidade incluirán unha axuda implícita de minimis, nos termos establecidos no artigo 5 destas bases.

Deadline for submitting applications

O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e finalizará o 30 de decembro de 2022, agás que se produza o suposto de esgotamento do crédito.

Incompatibility

Os préstamos contemplados nestas Bases Reguladoras serán compatibles con calquera outra axuda.

Para os casos nos que se contemple axuda implícita, serán compatibles con outras a condición de que o importe conxunto non supere os límites máximos de intensidade da axuda resultante da normativa de aplicación.

Legislative Reference

Resolución do 5 de abril de 2022 (DOG Nº69 do 08/04/2022) - Bases reguladoras dos préstamos directos

Information and processing in

* Información:

- No Servizo de Atención Telemática a través do teléfono 900 81 51 51 ou 981 54 11 47
- A través de www.igape.es ou en informa@igape.es

* Tramitación

1. O interesado deberá cubrir previamente un formulario descritivo das circunstancias do solicitante e do proxecto a través de https://www.igape.gal/gl/oficinavirtual

Unha vez xerada a solicitude deberase presentar obrigatoriamente por vía electrónica.
Será necesario que o asinante da solicitude teña a representación da empresa ou entidade solicitante. Esta representación deberá ser individual ou solidaria, de maneira que coa súa firma baste para acreditar a vontade do solicitante. O asinante deberá posuír un certificado dixital en vigor baixo a norma X.509 V3 válido.

2. As persoas interesadas deberán achegar xunto coa solicitude a seguinte documentación:

a) Memoria da Actuación, que desenvolverá o seguinte contido:

- Antecedentes da entidade: Historial, partícipes, principais fitos na evolución da entidade, capacidades básicas (estratéxicas, capacitación da xerencia, organizativas e de control), capacidade técnica da entidade (recursos humanos, técnicos, materiais, colaboracións, cooperacións, certificacións de calidade e ambientais), capacidade tecnolóxica da entidade (recursos humanos, técnicos e económicos, patentes, I+D+i), capacidade económica da entidade (análise dos estados financeiros, solvencia dos promotores, política de financiamento e rendibilidade).

- Descrición da actuación: Obxectivos (fins inmediatos e fins últimos ou estratéxicos para a entidade), orixe e xustificación (necesidade, oportunidade e adecuación da actuación respecto da entidade), descrición técnica (contido, metodoloxía, fases, etc.), necesidades de medios técnicos (descrición detallada e valorada dos novos investimentos e/ou gastos).

- Análise económica da actuación (previsións económicas, estrutura do financiamento, rendibilidade e previsións de tesourería), cuantificación das necesidades de incremento de capital circulante se é o caso. Necesidades de persoal e de subcontratacións externas. Para entidades en funcionamento, as previsións económicas deberán estar referidas ao conxunto da entidade, mostrando separadamente o impacto da actuación.

b) Informe detallado da Central de Información de Riscos do Banco de España (CIR) correspondente ao último período dispoñible, consistente nun arquivo en formato PDF asinado electronicamente que o solicitante deberá obter da Oficina Virtual do Banco de España (actualmente no enderezo da internet https://sedeelectronica.bde.es).

c) En caso de persoas xurídicas:
1º. Escritura/acta de constitución e dos estatutos debidamente inscritos no rexistro competente e as súas modificacións posteriores.
2º. Poder do representante que presenta a solicitude, inscrito, se é o caso, no rexistro competente.
3º. Contas anuais, auditadas, se é o caso, correspondentes ao último exercicio pechado.
4º. Balance e conta de resultados recentes, asinados polos administradores.

d) No caso de persoas físicas ou comunidades de bens: copias das declaracións de IVE: resumo anual do exercicio anterior e liquidacións periódicas do exercicio corrente.

e) Copia da declaración de solicitude de impacto ambiental, ou declaración responsable de non ter que realizala, se é o caso.

f) En caso de actividades situadas en zonas naturais protexidas, descrición completa das actividades afectadas, ou declaración responsable de non estar as actividades situadas en zonas naturais protexidas.

g) Se é o caso, anteproxecto ou proxecto técnico elaborado para a obtención da correspondente licenza urbanística no caso de proxectos que inclúan gastos de obra civil e cando sexa preceptiva a dita licenza (construción ou reforma de nave, oficinas, locais comerciais, etc.). Exceptúase da necesidade de presentación de anteproxecto ou proxecto técnico a execución de obras ou instalacións menores.

h) Relación detallada dos investimentos e/ou gastos que se van realizar, distinguindo entre bens novos e usados.

i) Acreditación da dispoñibilidade do inmoble afecto ao proxecto de investimento (copia do contrato de aluguer, concesión, superficie ou adquisición, segundo proceda).

j) Se é ocaso, acreditación da capacidade de financiamento da parte da actuación non cuberta co préstamo solicitado. Esta acreditación poderá consistir:
- nunha certificación bancaria da dispoñibilidade líquida (que terá que indicar expresamente que o saldo dispoñible non está peñorado nin suxeito a limitacións de dispoñibilidade) e/ou unha comunicación bancaria de estar en disposición de conceder o financiamento (importe, prazo, carencia e garantías a tomar);
- nun compromiso firme do financiamento a aportar polos socios, no que figure a natureza, importe e prazos da mesma.

k) Complementariamente, o Igape poderá solicitar a achega, con carácter facultativo, daqueloutra documentación xustificativa para os efectos de valoración do risco.

Observations

O prazo máximo para resolver e notificar o acordo de concesión/denegación será de cinco meses desde a data de presentación da solicitude e, transcorrido este, poderase entender desestimada por silencio administrativo a solicitude de concesión.

A beneficiaria deberá presentar a solicitude de disposición antes do prazo establecido no acordo de concesión, sen que nunca poida exceder do 30.11.2023.

Para os efectos do previsto no artigo 19 das bases reguladoras, para a xustificación dos actuacións financiadas mediante esta modalidade de préstamos, cando o importe do préstamo supere os 300.000 euros, será preceptiva a presentación do informe de auditor independente establecido no apartado 6. do referido artigo.