Deadline for submitting applications will end on 30/12/2021

IG254 - NOVACIÓNS PARA O REFINANCIAMENTO DE DÉBEDAS CO IGAPE (2021)

Purpose / Objective

Bases reguladoras das novacións para o refinanciamento de débedas co Igape e convocar para o ano 2021 as devanditas operacións de refinanciamento, que non terán a consideración de axuda de estado, en réxime de concorrencia non competitiva.

Types of support

En función da situación da débeda que se vai novar, as operacións revestirán as seguintes modalidades:

1. Novación modificativa e, se é o caso, extintiva, de préstamos en vigor, para axustar o calendario de reintegro á capacidade de reembolso do titular. En todo o non modificado na novación, mantense vixente o establecido no contrato inicial de préstamo.

2. Novación extintiva de préstamos vencidos, ou das cotas ou cantidades impagadas de préstamos en vigor. Poderán formalizarse tanto cos titulares iniciais como cos garantes ou fiadores, ou cos titulares de bens que garantan a débeda. En todos os casos, suporá a formalización dun nova operación.

As solicitudes serán resoltas por orde de entrada de solicitudes completas no Igape, ata a total utilización do orzamento de convocatoria, en réxime de concorrencia non competitiva.

Potential beneficiaries

Poderán ser titulares das operacións de novación reguladas nestas bases as persoas físicas e/ou xurídicas que cumpran algún dos seguintes requisitos:

a) Sexan titulares de débedas vivas co Igape por préstamos en vigor, que presenten dificultades de liquidez que non lles permiten afrontar as obrigas de pagamento co calendario actual do préstamo.

b) Sexan titulares de débedas co Igape derivadas da falta de pagamento de préstamos xa vencidos.

c) Sexan fiadoras de préstamos do Igape con débedas vencidas.

d) Sexan titulares de bens que garantan débedas vencidas co Igape, derivadas da falta de pagamento de préstamos, e pretendan facer fronte ao reembolso das débedas para evitar a perda do ben.

Non poderán ter a condición de beneficiarias as persoas en que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia. Para os titulares sinalados nas alíneas a) e b) anteriores, exceptúanse as circunstancias previstas nas letras b), e) e g) do citado artigo 10.2, en atención á natureza das novacións reguladas nestas bases cuxa finalidade é o reintegro de débedas preexistentes.

Main project requirements

Condicións xerais das operacións

1. Prazo e amortización.

1.1. No caso de novacións modificativas de préstamos en vigor, poderá ampliarse a vixencia dos préstamos ata o máximo de 25 anos establecido no Decreto 133/2002, e poderán preverse periodicidades de amortización e de liquidación de xuros diferentes ás establecidas inicialmente, así como incluír períodos de carencia intermedios e/ou adicionais.

No caso de novacións extintivas, dentro do prazo máximo dos 25 anos fixado no Decreto 133/2012, axustaranse os prazos e cadros de amortización á capacidade financeira e de reembolso dos titulares, de forma que se facilite o reintegro e a recuperación dos importes debidos ao erario público autonómico, conforme un plan económico-financeiro que deberá achegar a solicitante.

1.2. A prestameira terá a facultade de proceder ao reembolso total ou parcial anticipado do préstamo, mediante a notificación dirixida ao Igape cun aviso previo mínimo de 15 días hábiles.

1.3. As novacións concedidas poderán incluír cláusulas de amortización anticipada obrigatoria en función de determinadas circunstancias que melloren a liquidez da prestameira, como a obtención do Ebitda en exercicios futuros superiores a determinados limiares ou o cobramento de axudas públicas, entre outros, así como de limitacións na repartición de dividendos da sociedade titular e na devolución de préstamos a socios ou a outras persoas vinculadas. A inclusión destas cláusulas e a súa cuantificación estará fundamentada no plan financeiro achegado pola solicitante.

2. Contías financiables.

Poderá novarse o importe total das cantidades debidas, que pode incluír os xuros e os demais conceptos devindicados ata a data da formalización, momento no cal quedará fixado o importe da operación e o cadro de amortización definitivo.

3. Garantías.

As novacións que se aproben ao abeiro destas contarán con garantías adecuadas en función das características da operación. A cuantificación da garantía realizaraa o Igape mediante o procedemento descrito no anexo III.

4. Xuros.

O tipo de xuro determinarase do xeito seguinte:

a) Xuros ordinarios. As novacións que o Igape conceda ao abeiro destas bases devindicarán un tipo de xuro que permita excluír a presenza de axuda de estado.
Para iso, o Igape percibirá xuros adaptados á cualificación do risco e das garantías tomadas. Naquelas solicitudes que cumpran as condicións necesarias, o Igape realizará un estudo dunha cualificación de risco da solicitante seguindo a metodoloxía descrita no anexo II, do cal resultará encadrada nunha das categorías «excelente (AAA-A)», «boa (BBB)», «satisfactoria (BB)», «deficiente (B)», ou «mala/dificultades (CC)». Conforme os criterios descritos no anexo III cualificaranse as garantías para constituír a favor do Igape en tres niveis de colateralización: «alta», «normal» e «baixa».

O tipo de xuro ordinario será a suma do tipo base máis a marxe, que serán determinados conforme os seguintes métodos:

1º. Tipo base: determinarase con base na media do Euríbor a 1 ano rexistrado en setembro, outubro e novembro do ano anterior ao da concesión. O tipo base fixado deste xeito entrará en vigor a partir de xaneiro do ano seguinte.
2º. Marxe: determinarase, para cada operación, con base na súa cualificación do risco e das garantías presentadas, consonte a táboa do artigo 3 das bases.

Para os prestameiros que non teñan un historial crediticio, ou unha cualificación baseada unicamente nun enfoque de balance de situación, tales como determinadas empresas constituídas cun obxectivo específico, ou as empresas de nova creación, a marxe será polo menos de 4 puntos porcentuais. En caso de sociedades integradas en grupos, a marxe aplicable a unha empresa nunca podería ser inferior á que sería aplicable á empresa matriz.

b) Xuros de mora. En caso de atraso no pagamento dalgunha das sumas debidas en virtude dos contratos de préstamo que se formalicen, a prestameira incorrerá de pleno dereito en mora sen necesidade de requirimento previo e estará obrigada a pagar sobre a suma vencida o tipo de xuro ordinario do período máis 6 puntos porcentuais anuais. Os devanditos xuros liquidaranse coincidindo co seguinte vencemento trimestral de xuros.

5. Os contratos mediante os cales se formalicen as novacións someteranse ao dereito privado, aínda cando a débeda a favor do Igape por razón destas operacións terá a cualificación de crédito de dereito público.

Required qualifications do proxecto

O Igape concederalles as operacións previstas nestas bases aos solicitantes que cumpran as condicións establecidas, salvo que se aprecie algún dos seguintes motivos de denegación:

a) Falta de capacidade de reembolso da solicitante para a operación regulada nestas bases.

b) Non se supera a puntuación mínima na cualificación do risco de crédito realizada polo Igape consonte a metodoloxía descrita no anexo II.

c) Falta de coherencia do calendario proposto co plan financeiro da solicitante.

d) Vontade inxustificada de subordinación do reembolso da débeda co Igape fronte ao pagamento a outros acredores ou outras aplicacións dos recursos financeiros dispoñibles.

e) Falta de asunción de compromisos que puidesen ser razoablemente exixibles, tales como o mantemento de actividades, emprego, etc.

f) O menoscabo da solvencia da parte debedora ou avalista.

g) Cando da análise do risco e do plan económico financeiro presentado non se infira a necesidade de novar a débeda..

Deadline for submitting applications

O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, e rematará cando se produza a primeira das seguintes circunstancias:

a) Que se esgote o crédito orzamentario.

b) O 30.12.2021

Legislative Reference

Resolución do 26 de marzo de 2021 (DOG Nº68 do 13/04/2021) - Bases reguladoras 2021

Information and processing in

Para presentar a solicitude, o interesado deberá cubrir previamente un formulario electrónico descritivo das circunstancias do solicitante e do proxecto de financiamento a través da aplicación establecida no enderezo da internet http://www.tramita.igape.es, dentro do prazo establecido na convocatoria.

A solicitude presentarase obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I) que se obterá de xeito obrigatorio na citada aplicación informática. Será necesario que o asinante da solicitude teña a representación da empresa ou entidade solicitante.

As persoas interesadas deberán achegar xunto coa solicitude a documentación específica sinalada no anexo IV. Complementariamente, o Igape poderá solicitar a achega con carácter facultativo daqueloutra documentación xustificativa para os efectos de valoración do risco.

Documentación para presentar coas solicitudes:

1. Informe detallado da Central de Información de Riscos do Banco de España (CIR) correspondente ao último período dispoñible, consistente nun arquivo en formato PDF asinado electrónicamente que o solicitante deberá obter da Oficina Virtual do Banco de España (actualmente no enderezo da internet https://sedeelectronica.bde.es).
2. Detalle da situación de débedas con Facenda, coa Seguridade Social e a Comunidade Autónoma, incluíndo expresamente a relación de aprazamentos concedidos con indicación do calendario de pagamentos.
3. Plan económico financeiro, incluídas as contas de resultados, os fluxos de efectivo e os balances previsionais, describindo as hipóteses que sustentan as previsións.
4. Memoria xustificativa da solicitude, evolución das actividades e do emprego, identificación das causas que motivan a incapacidade de cumprir cos calendarios pactados e feitos que sustentan a capacidade de reembolso futura.
5. Evolución do restante endebedamento da compañía desde a formalización do préstamo. Operacións financeiras concedidas e amortizacións pagadas a outras entidades.
6. Refinanciamento doutras débedas previsto: no caso de prever un plan de refinanciamento máis amplo, acreditación deste mediante escrito das entidades financeiras afectadas e/ou copia dos contratos.
7. Operacións de financiamento con socios, administradores ou partes vinculadas. Detalle dos saldos con socios, relación de préstamos recibidos ou concedidos, con copia dos contratos, se é o caso.
8. Plan de amortización da débeda proposto, comparativo coa amortización do restante endebedamento financeiro.
9. Nos casos en que o titular da operación sexa diferente do debedor da débeda que se vai novar (fiadores, avalistas ou titulares de bens que garantan as ditas débedas):

a) Para sociedades mercantís:
1º. Escritura de constitución e dos estatutos debidamente inscritos no rexistro competente e as súas modificacións posteriores, e poder do representante que presenta a solicitude, inscrito, de ser o caso, no rexistro competente.
2º. Contas anuais correspondentes ao último exercicio pechado.
3º. Balance e conta de resultados recentes, asinados polos administradores.

b) No caso de persoas físicas:
1º. Declaración do imposto de patrimonio.
2º. Declaración de bens e débedas persoais, especificando:
• Bens inmobles, indicarase a valoración aproximada ou taxación, e cargas dos bens.
• Bens mobles, indicarase a valoración.
• Activos financeiros.
• Débedas.
• Avais prestados.
3º. No caso de exercer actividade económica: copias das declaracións do IVE: resumo anual do exercicio anterior e liquidacións periódicas do exercicio corrente.

Observations

Os prazos de formalización das operacións serán os establecidos nos correspondentes acordos de concesión, sen que poidan exceder o 30 de setembro de 2022.
O prazo máximo para resolver e notificar o acordo de concesión/denegación será de cinco meses desde a data de presentación da solicitude de novación.