Deadline for submitting applications will end on 17/08/2020

IG280 - REACTIVA TURISMO - GARANTIR A SEGURIDADE LABORAL E XERAR CONFIANZA NO CONSUMIDOR

Purpose / Objective

O obxecto das axudas reguladas nestas bases é contribuír a xerar confianza nos consumidores mediante a adopción de medidas para crear espazos seguros, e introducir cambios nas prácticas empresariais que faciliten unha adecuada reactivación das actividades económicas tras o confinamento consecuencia da crise sanitaria provocada polo COVID19.

O financiamento Feder desta convocatoria descríbese nos artigos 2.4 e 2.5 das bases reguladoras. En particular:
Obxectivo temático 03: mellorar a competitividade das pemes, do sector agrícola (no caso do Feader) e do sector da pesca e a acuicultura (no caso do FEMP).
Prioridade de investimento 03.04: apoio á capacidade das pemes para crecer nos mercados rexionais, nacionais e internacionais e para implicarse en procesos de innovación.
Obxectivo específico 03.04.01: promover o crecemento e a consolidación das pemes, en particular mellorando o seu financiamento, tecnoloxía e acceso a servizos de apoio avanzados; incluíndo os sectores agrícola, pesqueiro, mariño, marítimo e turístico, así como ás pemes (...).
Campo de intervención CE001: investimento produtivo xenérico en pemes.
Liña de actuación 07: apoio financeiro a proxectos de investimento empresarial.

Types of support

Subvencións en réxime de concorrencia non competitiva. Réxime de mínimis.

Potential beneficiaries

Poderán ser beneficiarias destas axudas as pequenas e medianas empresas (pemes), calquera que sexa a súa forma xurídica (inclúe autónomos) polo que tamén poderán acceder á condición de beneficiario as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, poidan levar a cabo os proxectos, as actividades ou os comportamentos ou se atopen na situación que motiva a concesión da subvención.

2. Exímese ás persoas beneficiarias desta subvención do requisito de atoparse ao corrente no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social ou fronte á Administración pública da Comunidade Autónoma, no momento da concesión da axuda e do pagamento do anticipo concedido. No momento da xustificación, os beneficiarios deberán estar ao día das súas obrigas coa Facenda Pública, coa Comunidade Autónoma de Galicia e coa Seguridade Social.

3. Non poderán ter a condición de beneficiarias as empresas nas que concorra algunha do resto de circunstancias previstas no artigo 10.2 e 3 da Lei 9/2007, ou incumpran as obrigas do artigo 11 da citada Lei, as empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación de axudas, consecuencia dunha decisión da Comisión Europea.

Ademáis deberán cumprir as seguintes condicións:

- Que desenvolvan a súa actividade en Galicia polo menos nun centro de traballo.
- Que, tendo a condición de peme, empreguen menos de 10 traballadores.
- Que estean dados de alta nalgunhas das epígrafes do IAE que se relacionan no Anexo I.

Sectors eligible for subsidy

Epígrafes do IAE que se relacionan no Anexo I.

Actividades empresariais turismo.

Agrupación 67. Servizo de alimentación.

Agrupación 68. Servizo de hospedaxe.

Grupo 755. Axencias de viaxe.

Agrupación 96. Servizos recreativos e culturais, que estean escritos no Rexistro de Actividades Turisticas de Galicia (REAT).

Agrupación 98. Parques de recreo, feiras e outros servizos relacionados co espectáculo. Organización de congresos. Parques ou recintos feirais, que estean escritos no Rexistro de Actividades Turisticas de Galicia (REAT).

Epigrafe 942.2 Balnearios e baños.

Main project requirements

O importe dos proxectos subvencionables estará comprendido entre 300 e 1.200 euros.

En ningún caso o custo dos gastos e dos investimentos subvencionables poderá ser superior ao valor de mercado.

Para proxectos cuios importes estean comprendidos entre 1.500 e 3.750 euros poderán solicitar o procedemento IG281 - Reactiva servizos.

Investments or eligible costs

Serán subvencionables os gastos e investimentos realizados entre o 15 de Marzo de 2020 e a data límite de xustificación establecida na resolución de concesión.

Estas axudas teñen como obxecto subvencionar aqueles proxectos que inclúan unha ou varias das seguintes actuacións:

1. Medidas de protección dos empregados e clientes nos espazos de traballo, tales como:

- Pantallas protectoras para mostradores e zonas de caixa.
- Vinilos adhesivos para a delimitación no chan de zonas seguras, marcación dos fluxos de clientes, de marcación de posicionamento e a da distancia de seguridade interpersoal.
- Dispositivos de control de aforos e de sistemas de conteo de clientes ou outro sistema para garantir a distancia entre clientes.
- Dispositivos de control de temperatura.
- Calquera outra medida das recomendadas pola autoridade sanitaria que permita incrementar a protección dos empregados e clientes.

2. A adaptación dos espazos de traballo para reducir o contacto do cliente con elementos ou superficies e evitar a súa contaminación, tales como:

- Portas de apertura automática.
- Instalación de puntos de autopago.
- Sensores de luz.
- Calquera outra medida ou dispositivo para minimizar o contacto.

3. A adquisición de medios de protección e hixiene para empregados e clientes: máscaras protectoras individuais, máscaras para o persoal da empresa, luvas, calzas, dispensadores automáticos de xeles hidroalcólicos e calquera outro para a protección persoal que sexa adecuada á específica actividade que se desenvolve na empresa. A cantidade destinada a este apartado non poderá exceder do 20% do total de actuacións subvencionables; consecuentemente, ningún proxecto poderá constar únicamente de actuación contempladas neste epígrafe.

4. A instalación de equipos de desinfección de superficies, ambientes e produtos.

5. A contratación de servizos para reforzar a limpeza dos locais e realizar desinfeccións de forma periódica. A cantidade destinada a este apartado non poderá exceder do 20% do total de actuacións subvencionables, para un período máximo de prestación de servizos de 6 meses. Consecuentemente, ningún proxecto poderá constar únicamente de actuación contempladas neste epígrafe.

6. A adquisición de equipos ou realización de obras que permitan a ventilación e renovación do aire do establecemento.

7. Cartelaría e puntos de informacións, físicos ou dixitais, sobre as medidas de prevención ante a COVID-19, implementadas no establecemento.

8. De xeito excepcional, outros que poidan contribuír a protexer a saúde das persoas empresarias, empregadas e clientes fronte ao COVID-19, o cal se motivará na resolución de concesión.

9. Capacitación específica das personas traballadoras para aplicar os protocolos adaptados ás normativas e recomendacións sanitarias fronte ao COVID-19.

10. Gastos externos (consultoría, análises, custo da certificación y similares) aplicados á obtención de certificacións para cumprimento de protocolos e medidas.

Tódolos equipamentos e materiais adquiridos en calquera das actuacións anteriores deben cumprir as normas e directivas que son necesarias para a fabricación de equipos de protección individual, material sanitario e outros produtos necesarios para a loita contra o COVID-19. Unha guía orientativa desta normativa está dispoñible en: https://marketplacecovid19.gal/info/normas-e-directivas-para-fabricacion-de-produto

En ningún caso se admitirán os pagamentos xustificados mediante recibo do provedor, nin os pagamentos por caixa ou en efectivo.

Amount of aid

Para as pemes adicadas a actividades turísticas, segundo a relación detallada de actividades subvencionables contida no anexo I; que empreguen menos de 10 traballadores, e con proxectos de gasto subvencionable entre 300 e 1.200 euros, a intensidade de axuda será do 100 % dos conceptos subvencionables, cun límite máximo por solicitante de 1.200 euros.

Estas pemes tamén poderán optar pola modalidade de axuda IG281 - Reactiva servizos, renunciando expresamente ás previstas neste parágrafo.

Deadline for submitting applications

O prazo de presentación de solicitudes de axuda comezará o día seguinte á publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia e finalizará o 17 de agosto de 2020, agás que se produza o suposto de esgotamento do crédito.

Incompatibility

Estas axudas son incompatibles con outras axudas ou subvencións públicas destinadas ás mesmas actuacións.

Legislative Reference

Resolución do 15 de xuño de 2020 (DOG Nº124 do 25/06/2020) - Bases reguladoras e convocatoria 2020
Cuestionario de exemplo
Resolución do 23 de xullo de 2020 (DOG Nº152 do 30/07/2020) - Ampliación prazo presentación solicitudes
Resolución do 14 de outubro de 2020 (DOG Nº212 do 21/10/2020) - Ampliación prazo de execución

Information and processing in

* Información:

- No Servizo de Atención Telemática a través do teléfono 900 81 51 51 ou 981 54 11 47
- A través de www.igape.es ou en informa@igape.es

* Tramitación:

Para presentar a solicitude, a entidade solicitante deberá cubrir previamente un formulario electrónico descritivo das circunstancias do solicitante e do proxecto para o que solicita a subvención, a través da aplicación establecida no enderezo da internet http://www.tramita.igape.es

A solicitude presentarase obrigatoriamente por medios electrónicos. Para poder presentar a solicitude por medios electrónicos, os solicitantes deberán reunir os seguintes requisitos:

Será necesario que o asinante da solicitude teña a representación legal da empresa. A oficina virtual do Igape acepta todos os certificados validados pola plataforma @firma da Administración Xeral do Estado. A presentación ante o Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia admite a sinatura da solicitude por parte dun único solicitante.

As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude o informe obtido do Autodiagnóstico efectuado coa ferramenta ComercioSeguroGalicia, da Conselleria de Economia, Emprego e Industria, agás as empresas e autónomos adicados a actividades turísticas.

O formulario de solicitude incluirá unha opción para que os solicitantes poidan pedir un anticipo do 50% da subvención concedida.

Observations

O prazo máximo para resolver e notificar a resolución será de 2 meses desde a data de presentación de solicitude de axuda. Transcorrido este, poderase entender desestimada por silencio administrativo a solicitude de concesión de axuda.

O prazo para presentar a solicitude de cobramento e a xustificación de execución dos proxectos rematará na data establecida na resolución de concesión, sen que nunca poida exceder do 15 de decembro de 2020.