Deadline for submitting applications will end on 28/12/2020

IG190 - AXUDAS AOS SERVIZOS DE DESENVOLVEMENTO ESTRATÉXICO, PROFESIONALIZACIÓN, INNOVACIÓN E DIXITALIZACIÓN (PROGRAMA RE-ACCIONA)

Purpose / Objective

O programa queda configurado deste xeito como un programa de servizos a pemes que, a través das empresas prestadoras de servizos -seleccionadas mediante procedemento aberto de acordo coa Lei de contratos do sector público-, permítelle ás pemes executar proxectos de mellora en distintos ámbitos: desenvolvemento estratéxico, profesionalización, innovación e adopción de solucións de dixitalización.

A prestación destes servizos está cofinanciada ao 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 e, en particular:
Obxectivo temático 01: potenciar a investigación, o desenvolvemento tecnolóxico e a innovación.
Prioridade de investimento 01.02: fomento do investimento por parte das empresas en innovación e investigación, desenvolvemento de vínculos e sinerxías entre as empresas, os centros de investigación e desenvolvemento e o sector do ensino superior, en particular o investimento no desenvolvemento de produtos e servizos, a transferencia de tecnoloxía, a innovación social, a innovación ecolóxica, as aplicacións de servizo público, o estímulo da demanda, a interconexión en rede, as agrupacións e a innovación aberta a través dunha especialización intelixente e o apoio á investigación tecnolóxica e aplicada, liñas piloto, accións de validación precoz dos produtos, capacidades de fabricación avanzada e primeira produción, en particular en tecnoloxías facilitadoras esenciais e difusión de tecnoloxías polivalentes.
Obxectivo específico 01.02.01: impulso e promoción de actividades de I+i lideradas polas empresas, apoio á creación e consolidación de empresas innovadoras e apoio á compra pública innovadora.
Actuación 1.2.1.8: actuacións de modernización tecnolóxica dos sectores produtivos.
Obxectivo temático 03: mellorar a competitividade das pemes, do sector agrícola (no caso do Feader) e do sector da pesca e a acuicultura (no caso do FEMP).
Prioridade de investimento 03.04: apoio á capacidade das pemes para crecer nos mercados rexionais, nacionais e internacionais e nos procesos de innovación.
Obxectivo específico 03.04.01: promover o crecemento e a consolidación das pemes, en particular mellorando o seu financiamento, tecnoloxía e acceso a servizos de apoios avanzados; incluíndo os sectores agrícola pesqueiro, mariño, marítimo, turístico, cultural, comercial (….).
Actuación 3.4.1.5: identificación de oportunidades e prestación de servizos para a profesionalización, modernización e reconfiguración de negocio, procesos, organización e intelixencia competitiva.

Types of support

Axudas en réxime de concorrencia competitiva. Réxime de mínimis.

Potential beneficiaries

As pequenas e medianas empresas (pemes), incluíndo os autónomos, comunidades de bens, asociacións, fundacións ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, leven a cabo actividade empresarial. En calquera caso, deberán ter radicado algún centro de traballo en Galicia, e cumprir a definición de peme.

Non poderán ter a condición de beneficiarios:
a) Entidades ou empresas nas que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 e 3 da Lei 9/2007.
b) Entidades ou empresas que entren dentro da categoría de empresas en crise, ao abeiro da definición do artigo 2.18 do Regulamento UE nº 651/2014.
c) Entidades ou empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión da Comisión que teña declarada unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.

Para solicitar as axudas para a prestación dos seguintes servizos, tendo en conta as súas características, as pemes deben cumprir as seguintes condicións:

a) Para todos os servizos definidos no artigo 1, as solicitantes deberán contar cun número total de empregados ou socios traballadores non inferior a 3.

b) Para o “Servizo de construción dun proxecto de futuro e plan de mellora empresarial”, as pemes deben ter realizado previamente unha análise da empresa que achegue a información necesaria para o arranque do servizo, ou comprometerse a realizalo durante a primeira fase do mesmo. Así mesmo, deben contar cun equipo mínimo de 4 persoas no desenvolvemento da estratexia (que poderán ser empregados, socios ou outros colaboradores).

c) Para o “Desenvolvemento de plans de acción e plan transversal”, as pemes deben ter desenvolvido previamente un plan estratéxico que dese orixe aos plans de acción que se van desenvolver. Así mesmo, deben contar cun equipo mínimo de 4 persoas na execución de plans (que poderán ser empregados, socios ou outros colaboradores).

As condicións relativas ao número de empregados, socios traballadores ou membros do equipo declararase responsablemente no formulario electrónico de solicitude.

Required qualifications do proxecto

O órgano avaliador avaliará as solicitudes en función dos datos declarados na solicitude de axuda e no formulario e elaborará unha relación delas coa puntuación que lle corresponde a cada unha, en aplicación dos seguintes criterios de valoración:

a) Segundo o número de empregados da peme no último exercicio:

De 0 a 5: 5 puntos
De 6 a 15: 10 puntos
De 16 a 50: 25 puntos
51 ou superior: 15 puntos

b) Non ter executado algún servizo do mesmo en convocatorias anteriores do programa que finalizara nos dous anos anteriores á solicitude: 25 puntos.

c) Ter desenvolvido unha análise previa ou plan estratéxico onde se poña de manifesto a necesidade do servizo para o que se solicita a axuda: 25 puntos. Para a asignación desta puntuación, a análise deberá conter, polo menos: presentación da empresa, principais magnitudes económicas e organizativas, exposición da situación actual da empresa, proposta estratéxica, e de plans de acción motivados (ou borrador dos mesmos).

d) Actividades preferentes dos sectores estratéxicos do territorio recollidos na Axenda Dixital de Galicia (ADG2020), da Axenda de Competitividade Galicia Industria 4.0, que constitúe o Plan Director de la Industria de Galicia 2015-2020, definido no artigo 23 da Lei 13/2011, do 16 de decembro, reguladora da política industrial de Galicia, ou referenciados no Reto 2 (O modelo industrial da Galicia do futuro) da estratexia RIS3 de Galicia: 15 puntos. En particular:
- Sectores de impulso á economía dixital recollidos na ADG2020.
- Sectores tractores: automoción; agroalimentación – mar – acuicultura; sectores primarios; pedra natural; confección – moda; industria marítima; madeira; turismo.
- Sectores emerxentes de gran potencia: industrias culturais e creativas; biotecnoloxía; industria da saúde; novos materiais; aeronáutica – aeroespacial; eco industrial.
- Soporte da nova industria: enerxía; industria TIC; manufactura avanzada.

e) Pola asociación a un clúster: 10 puntos.

No caso de empate na baremación, decidirase a favor do proxecto que obtivese máis puntos na valoración do criterio “a”. Se aínda así seguise existindo empate, decidirase pola maior puntuación no criterio “b” e así sucesivamente. Esgotados estes criterios de desempate, se aínda así seguise existindo empate, co fin de promover a incorporación do principio transversal de igualdade enunciado no art. 7 do Regulamento (UE) nº 1303/2013, decidirase a favor do proxecto no que a empresa participante teña implantado un plan de igualdade, segundo a declaración responsable que se cubrirá no formulario electrónico de solicitude e, en último caso, polo número de expediente máis baixo, que se outorga segundo a data de presentación da solicitude no Igape.

Investments or eligible costs

A Amtega poderá conceder axudas en especie consistentes na execución de servizos para a súa realización en empresas galegas integrados nas seguintes categorías:

Adopción de solucións de dixitalización:

- Servizos para a definición dunha estratexia dixital da empresa.
- Definición e implantación dunha estratexia de ciberseguridade para a peme.
- Apoio na adopción de solucións de xestión empresarial en mobilidade.
- Deseño dunha estratexia de marketing de contidos para a peme.

O Igape poderá conceder axudas en especie consistentes na execución de servizos para a súa realización en empresas galegas integrados nas seguintes categorías:

1. Profesionalización e desenvolvemento estratéxico:

- Análise do potencial competitivo e primeiras accións de mellora.
- Construción dun proxecto de futuro e plan de mellora empresarial.
- Desenvolvemento de plans de acción e plan transversal.
- Análise do cumprimento normativo e os riscos legais.
- Mellora da xestión financeira e procura de financiamento.
- Optimización da produción e cadea loxística.
- Asesoramento para o relanzamento comercial.
- Preparación de procesos certificables.

2. Innovación:

- Deseño e lanzamento de produtos e servizos innovadores.
- Protección da innovación.
- Asesoramento para o financiamento da innovación.

As pemes poderán solicitar axudas para a prestación dun ou varios servizos, se ben non poderán solicitar un servizo do mesmo tipo que outro xa solicitado anteriormente, agás que renuncie ao anterior ou que a súa prestación xa estivera finalizada.

Os servizos adaptaranse en cada unha das prestacións á realidade da peme destinataria. Para este efecto, deberán establecerse inicialmente os parámetros de cada un deles: priorización de necesidades, alcance do traballo e ámbitos complementarios necesarios. A empresa contratada polo Igape para a prestación do servizo actuará durante todo o proceso como facilitador, aportando a metodoloxía de traballo e asegurando a súa calidade.

Amount of aid

As axudas previstas nestas bases reguladoras configúranse como axudas en especie, da disposición adicional terceira da Lei 9/2007. A dita axuda confórmase como a diferenza entre o custo aboado polo Igape pola prestación do servizo e o importe esixido ás beneficiarias en concepto de cofinanciamento.

O importe do cofinanciamento privado pode consultarse no artigo 3 das bases reguladoras.

Ás empresas que tiveran finalizado un ou varios servizos do mesmo tipo nos dous anos anteriores á solicitude aplicaráselles un incremento no seu cofinanciamento crecente dun 20% por cada un dos servizos do mesmo tipo reiterados nese período.

A diferenza entre o custo do servizo e o cofinanciamento privado terá a consideración de axuda en especie, en réxime de minimis, e a súa contía indicarase na resolución de concesión.

Deadline for submitting applications

Os prazos para a presentación de solicitudes serán os seguintes:

Convocatoria // Inicio do prazo - Fin do prazo

2020.1 // 03/06/2020 - 02/07/2020
2020.2 // 06/07/2020 - 17/09/2020
2020.3 // 21/09/2020 - 05/11/2020
2020.4 // 09/11/2020 - 28/12/2020

Legislative Reference

Resolución do 18 de maio de 2020 (DOG Nº106 do 02/06/2020) - Bases reguladoras e convocatoria
Resolución do 18 de maio de 2020 (DOG Nº114 do 12/06/2020) - Corrección de erros
Resolución do 22 de setembro de 2020 (Nº202 do 06/10/2020) - Modificación da distribución dos servizos

Information and processing in

* Información:

- Nas oficinas territoriais do IGAPE
- No Servizo de Atención Telemática a través do teléfono 900 81 51 51 ou 981 54 11 47
- A través de www.igape.es ou en informa@igape.es

* Tramitación:

As solicitudes de axuda presentaranse mediante o formulario normalizado que se obterá de xeito obrigatorio na aplicación www.tramita.igape.es e que se xunta como anexo I a estas bases a título informativo.

Unha vez xerada a solicitude deberá presentarse obligatoriamente por vía electrónica a través do formulario de solicitude normalizado co IDE (anexo I), accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es. Para achegar xunto co formulario de solicitude os documentos en formato electrónico o solicitante deberá previamente dixitalizar os documentos orixinais obtendo arquivos en formato PDF (máx. 4 MB). O asinante deberá posuír un certificado dixital en vigor baixo a norma X.509 V3 válido e será necesario que o asinante da solicitude teña a representación legal da empresa ou entidade solicitante.