Deadline for submitting applications will end on 30/09/2020

IG277 - AXUDAS PARA A FABRICACIÓN DE PRODUTOS RELACIONADOS CO COVID-19 (INVISTE COVID)

Purpose / Objective

Estas axudas teñen como obxecto subvencionar aqueles proxectos de investimento levados a cabo polas empresas galegas que permitan a fabricación de produtos relacionados co COVID-19, como os seguintes:

- Medicamentos (incluídas as vacinas) e os tratamentos, os seus produtos intermedios, os ingredientes farmacéuticos activos e as materias primas necesarias para a súa produción.

- Produtos sanitarios, equipamentos hospitalarios e médicos (incluídos os respiradores, a roupa e o equipamento de protección e as ferramentas de diagnóstico), así como as materias primas necesarias para a súa produción.

- Desinfectantes e os seus produtos intermedios, así como as materias primas químicas necesarias para a súa produción.

- Ferramentas de recollida/tratamento de datos.

Esta convocatoria finánciase no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, que ten unha taxa de cofinanciamento do Feder do 80 %, computándose como cofinanciamento nacional o investimento privado elixible das beneficiaris polo 20 % restante. En particular:
Obxectivo temático 03: mellorar a competitividade das pemes, do sector agrícola (no caso do Feader) e do sector da pesca e a acuicultura (no caso do FEMP).
Prioridade de investimento 03.04: apoio á capacidade das pemes para crecer nos mercados rexionais, nacionais e internacionais e para implicarse en procesos de innovación.
Obxectivo específico 03.04.01: promover o crecemento e a consolidación das pemes, en particular mellorando o seu financiamento, tecnoloxía e acceso a servizos de apoio avanzados; incluíndo os sectores agrícola, pesqueiro, mariño, marítimo e turístico, así como ás pemes (...).
Actuación 3.4.1.3: apoio a proxectos de investimento empresarial para promover o crecemento e consolidación das pemes.
Campo de intervención CE001: investimento produtivo xenérico en pemes.
Liña de actuación 07: apoio financeiro a proxectos de investimento empresarial.

Types of support

Subvencións en réxime de concorrencia non competitiva.

Potential beneficiaries

1. As pequenas e medianas empresas (pemes), calquera que sexa a súa forma xurídica, polo que tamén poderán acceder á condición de beneficiario as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, poidan levar a cabo os proxectos, as actividades ou os comportamentos ou se atopen na situación que motiva a concesión da subvención.

2. Deberán levar, ou proxectar levar, a cabo un investimento nun centro de traballo localizado na Comunidade Autónoma de Galicia, que permita a fabricación de produtos relacionados co COVID-19, segundo o establecido no artigo 1 das presentes bases.

3. Non poderán ter a condición de beneficiarias:

a) As empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación de axudas, consecuencia dunha decisión da Comisión Europea.

b) As empresas que, a 31 de decembro de 2019, estaban en crise.

c) As empresas nas que concorra algunha das circunstancias previstas nas letras a), c), d), e), f), g) e h) do artigo 10.2, e nas do 10.3, da Lei 9/2007, ou incumpran as obrigas do artigo 11 da dita Lei.

Main project requirements

O investimento subvencionable deberá ser igual ou superior a 100.000 euros, excluíndo impostos, taxas e arbitrios. Poderá incluírse o IVE no caso de que este non sexa recuperable.

Required qualifications do proxecto

1. Os proxectos deberán contar coa validación do Comité de Fabricación de Emerxencia Sanitaria, creado mediante acordo Sexto do Centro de Coordinación Operativa (Cecop), na súa reunión do 30 de marzo de 2020 (DOG núm. 63, do 31 de marzo). Así mesmo, o devandito Comité establecerá, de ser o caso, as certificacións e/ou acreditacións que deberán obter os beneficiarios para a posta no mercado do produto ou produtos fabricados.

2. A axuda solicitada debe supoñer un efecto incentivador para o proxecto presentado.

Para os efectos das presentes axudas, considerarase que a axuda ten un efecto incentivador para os proxectos iniciados a partir do 1 de febreiro de 2020. No caso dos proxectos iniciados antes do 1 de febreiro de 2020, considerarase que a axuda ten un efecto incentivador se é necesaria para acelerar ou ampliar o alcance o proxecto; en tales casos, só se poderá solicitar axuda para sufragar os custos adicionais relacionados cos esforzos de aceleración ou a ampliación do alcance.

Considérase que o proxecto xa foi iniciado cando exista un primeiro compromiso en firme para a execución das obras ou para a adquisición dalgún dos elementos integrantes do proxecto, entendéndose por proxecto calquera dos investimentos comprendidos na solicitude da axuda. Neste sentido, considérase que existe compromiso en firme no caso da existencia dun contrato ou oferta asinado entre as partes, ou da existencia dun pedido, para calquera dos elementos subvencionables.

3. O período de execución dos investimentos subvencionables denomínase prazo de execución do proxecto e abarcará desde o 1 de febreiro de 2020 ata o final do prazo establecido na resolución de concesión. Este prazo estará baseado no proposto polo solicitante no plan de investimentos e, con carácter xeral, finalizará dentro dos 6 meses seguintes á data da resolución de concesión, sen que poida exceder o prazo máximo de execución establecido na resolución de convocatoria. Calquera investimento realizado fóra do prazo de execución non será subvencionable.

Dentro do prazo de execución o proxecto de investimento deberá estar completado. Un proxecto de investimento considérase completado cando os investimentos realizados permitan a posta no mercado dos produtos fabricados e obtivesen, de ser o caso, as certificacións e/ou acreditacións referidas no punto 1 do presente artigo

4. Cando o importe subvencionable dos elementos que se van adquirir supere as contías establecidas na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público (importe igual ou superior a 15.000 euros no caso de prestacións de servizos ou adquisicións de bens e importe igual ou superior a 40.000 euros no caso de execución de obra, no momento de publicar estas bases) o beneficiario deberá solicitar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores independentes (do solicitante e entre si) con carácter previo á contratación da execución da obra, da prestación do servizo ou da adquisición do ben, agás que polas súas especiais características non exista no mercado suficiente número de provedores que as realicen, presten ou subministren. Neste caso, presentarase un escrito acreditativo desta circunstancia, asinado polo representante legal ou por un experto independente.

5. En ningún caso o custo de adquisición dos investimentos subvencionables poderá ser superior ao valor de mercado.

6. Non serán subvencionables os proxectos de investimento vinculados a un contrato de xestión de servizos públicos.

Investments or eligible costs

1. Serán subvencionables os custos de investimento necesarios para a produción dos produtos enumerados no artigo 1.

2. Os investimentos deberán cumprir os requisitos establecidos sobre os gastos subvencionables do programa operativo do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional.

3. Os investimentos poderán materializarse nos conceptos que se relacionan a continuación:

a) Obra civil necesaria para a instalación dos equipamentos descritos nas letras seguintes, co límite do 20% do investimento subvencionable total. Non serán subvencionables os investimentos consistentes na adquisición de terreos, tanto edificados como non edificados.

b) Maquinaria: máquinas de proceso e bens de equipo, así como as instalacións específicas necesarias para a súa posta en funcionamento.

c) Utillaxe: conxunto de utensilios que poidan ser utilizados autonomamente ou conxuntamente coa maquinaria, como os moldes, troqueis ou plantillas.

d) Outros investimentos en activos fixos materiais necesarios para a adaptación dos procesos produtivos.

e) Activos intanxibles relacionados directamente cos proxectos obxecto de apoio previstos no artigo 1 das bases reguladoras.

4. Os bens obxecto de investimento deberán ser novos.

5. Os bens obxecto de investimento deberán ser adquiridos a terceiros. Os provedores non poderán estar asociados nin vinculados coa entidade solicitante ou cos seus órganos directivos ou xestores.

6. Os bens obxecto de investimento deberán ser adquiridos en propiedade polo beneficiario. A estes efectos, para o caso de investimentos en obra civil, admítense expresamente a obra civil en terreos sobre os que exista un dereito de superficie ou unha concesión administrativa e as reformas de instalacións en inmobles alugados.

7. Quedan excluídos dos investimentos subvencionables:

• Os investimentos de reposición ou mera substitución de elementos, agás que a nova adquisición corresponda a elementos distintos dos anteriores, ben pola tecnoloxía usada ou polo seu incremento de rendemento manifesto, que estean vinculados coa tipoloxía do proxecto subvencionable.

• Os investimentos non directamente relacionados e vinculados co proxecto que se vai executar, de acordo co previsto no artigo 1 destas bases.

• Os custos de traslado de bens de equipamento que xa sexan propiedade da empresa e non formen parte do proxecto de investimento que se vai realizar.

• Os custos de adaptacións á normativa vixente, agás as directamente relacionadas cos elementos novos obxecto de investimento.

Amount of aid

1. A contía da axuda será o resultado de multiplicar a porcentaxe de subvención do 75 % polo importe do investimento subvencionable, co tope máximo de axuda de 800.000 euros por empresa.

2. En todo caso, a axuda global que unha empresa poida percibir ao abeiro do Marco nacional temporal II e, en xeral, ao do resto dos marcos nacionais temporais e ao do Marco temporal relativo ás medidas de axuda estatal destinadas a apoiar a economía no contexto do actual brote de COVID-19, recollido na Comunicación da Comisión Europea, do 19 de marzo de 2020 (2020/C 91 I/01) (DOUE do 20 de marzo de 2020), e as súas posteriores modificacións, en forma de subvencións directas, vantaxes fiscais e de pagamento ou outras formas, como anticipos reembolsables, garantías, préstamos e capital, todas elas antes de impostos e outras retencións, non poderá superar os 800.000 euros.

3. No caso de que a empresa pertenza aos sectores da pesca e a acuicultura, o límite de contía de axuda e de axuda global por empresa previsto nos dous puntos anteriores será de 120.000 euros e, no caso de que a empresa pertenza ao sector da produción primaria de produtos agrícolas, de 100.000 euros.

Deadline for submitting applications

O prazo de presentación de solicitudes de axuda comezará o día seguinte á publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia e finalizará o 30 de setembro de 2020, agás que se produza o suposto de esgotamento do crédito.

Incompatibility

1. Estas axudas non poderán combinarse con outras axudas ao investimento polos mesmos custos subvencionables.

Sen prexuízo do anterior, estas axudas poderán combinarse con axudas en forma de garantía para cubrir perdas, de acordo co previsto no apartado 5.9. do Marco Nacional Temporal II referido anteriormente.
Sen prexuízo do anterior, sempre que se respecten as normas do Regulamento (UE) 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado (en diante, Regulamento (UE) 651/2014) e dos diferentes Regulamentos de minimis, estas axudas poden acumularse de conformidade coas normas sobre acumulación recollidas no devandito Regulamento (UE) 651/2014 e nos diferentes Regulamentos de minimis.

2. Unha operación poderá recibir axuda dun ou varios Fondos EIE ou dun ou varios programas e de outros instrumentos da Unión, a condición de que o gasto declarado nunha solicitude de pago correspondente a un dos Fondos EIE non se declare para solicitar axuda doutro Fondo ou instrumento da Unión, ou axuda do mesmo Fondo no marco dun programa operativo distinto. O importe do gasto que deberá consignarse nunha solicitude de pago dun Fondo EIE pode ser calculado para cada Fondo EIE e para o programa ou programas de que se trate a pro rata, conforme ao documento no que se establezan as condicións da axuda.

A obtención doutras axudas ou subvencións (incluídas as vantaxes fiscais, anticipos reembolsables, garantías, préstamos e capital) deberá comunicarse ao Igape ten axiña como se coñeza e, en todo caso, no momento en que se presente documentación xustificativa das accións realizadas.

Legislative Reference

Resolución do 13 de maio de 2020 (DOG Nº100 do 26/05/2020) - Bases reguladoras e convocatoria 2020
Cuestionario de exemplo
Resolución do 22 de setembro de 2021 (DOG Nº188 do 29/09/2021) - Ampliación do prazo de execución e xustificación.

Information and processing in

* Información:

- No Servizo de Atención Telemática a través do teléfono 900 81 51 51 ou 981 54 11 47
- A través de www.igape.es ou en informa@igape.es


* Tramitación:

As solicitudes de axuda presentaranse mediante o formulario normalizado que se obterá de xeito obrigatorio na aplicación www.tramita.igape.es e que se xunta como anexo I a estas bases a título informativo.

Unha vez xerada a solicitude deberá presentarse obligatoriamente por vía electrónica a través do formulario de solicitude normalizado co IDE (anexo I), accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es. Para achegar xunto co formulario de solicitude os documentos en formato electrónico o solicitante deberá previamente dixitalizar os documentos orixinais obtendo arquivos en formato PDF (máx. 4 MB). O asinante deberá posuír un certificado dixital en vigor baixo a norma X.509 V3 válido e será necesario que o asinante da solicitude teña a representación legal da empresa ou entidade solicitante.

A solicitude deberá presentarse xunto coa seguinte documentación complementaria:

a) Documentación do expediente administrativo:

1º. Escritura ou documento xuridicamente válido de constitución, estatutos debidamente inscritos no rexistro competente, modificacións posteriores destes e acreditación da representación coa que se actúa, no caso de entidades non inscritas no Rexistro Mercantil. No caso de agrupacións, referirase ao representante ou apoderado único da agrupación.

2º. No caso de entidades obrigadas a formular e aprobar contas anuais, contas anuais correspondentes ao último exercicio pechado para o que se cumpriu o prazo de aprobación legalmente establecido, ou de depósito, no caso de obriga de depósito no Rexistro Mercantil, xunto co informe de auditoría no caso de que a entidade estea obrigada a someter as súas contas a auditoría. Achegaranse, igualmente, as contas anuais de todas as entidades que deban ser tidas en conta para os efectos de determinar a consideración ou non de peme da entidade solicitante.

3º. Memoria descritiva do investimento proxectado, que deberá conter unha descrición dos aspectos indicados no artigo 8 das bases.

4º. En relación coa declaración doutras axudas para o mesmo proxecto, cando teña axudas concedidas, deberá achegar copia das súas resolucións.

b) Documentación relativa aos investimentos:

1º. Relación dos investimentos que compoñen o proxecto, con indicación expresa dos xa realizados na data de presentación da solicitude da axuda e dos que se proxectan realizar con posterioridade á devandita data.

2º. As tres ofertas que, en aplicación do artigo 29.3 da Lei 9/2007, deba solicitar o solicitante, de acordo co establecido no artigo 6.4 destas bases reguladoras.

3º. No caso de investimentos realizados con anterioridade á data de solicitude, facturas acreditativas dos custos de tales investimentos.

4º. No caso de investimentos en obra civil, deberán achegar os seguintes planos:

i) Esbozo de localización dentro do termo municipal.

ii) Plano xeral acoutado das instalacións, diferenciando a situación anterior da posterior ao investimento, no cal deberá poder verificarse a superficie correspondente á obra civil do proxecto.

iii) Planos de distribución en planta, nos cales se aprecien os espazos da nova construción e a instalación dos novos bens de equipamento.

Observations

O prazo de execución dos proxectos finalizará na data establecida na resolución de concesión, sen que nunca poida exceder do 30 de decembro de 2021.

O beneficiario deberá presentar a xustificación dos investimentos e a solicitude de cobramento como moi tarde o 31 de outubro de 2020 para a anualidade 2020, e como moi tarde o 31 de xaneiro de 2022 para a anualidade 2021 e, en todo caso, no prazo máximo dun mes desde a finalización do prazo de execución fixado na resolución de concesión.

Poderá solicitarse un anticipo no prazo máximo dun mes desde a data da notificación da resolución de concesión.