Deadline for submitting applications will end on 20/10/2017

IG241 - APOIO AO ACCESO E ADECUACIÓN DO FINANCIAMENTO DAS EXPLOTACIÓNS DE UVA, CASTAÑAS E DE PATACA, CEREAL, HORTA E FROITEIRAS - REFINANCIAMENTO DE PASIVOS

Purpose / Objective

Liñas de financiamento bonificado dirixido a explotacións produtoras e transformadoras de uva e de castañas afectadas polas xeadas dos días 27 e 28 de abril do presente ano, as explotacións produtoras de pataca, cereal e horta afectadas pola sarabia do día 6 de xullo, e ás explotacións produtoras e transformadoras de uva, castañas e de froiteiras afectadas polas sarabias do día 27 de agosto, co obxecto de adecuar e reforzar a súa estrutura financeira.

Types of support

Liñas de financiamento.

Potential beneficiaries

1. As pequenas e medianas empresas, incluídos os autónomos, que desenvolvan a actividade económica de produción ou transformación de uva ou castañas e se viran afectadas polas xeadas ou sarabias así coma as produtoras de pataca, cereal, horta e froiteiras afectadas polas sarabias.

Tamén poderán acceder á condición de beneficiario as comunidades de bens, sociedades civís ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, poidan levar a cabo as actividades ou se atopen na situación que motiva a concesión da axuda.

2. Ademáis deberán cumplir os seguintes requisitos:

a) No caso de explotacións vitícolas, deberán estar inscritas no Rexistro Vitícola de Galicia e ter viñedos na zona xeográfica delimi¬tada nos mapas de xeadas dos días 27 e 28 de abril de 2017, e de sarabias do día 27 de agosto de 2017, emitidos por MeteoGalicia. No caso de adegas, deben cumprir o requisito de que elaboraron viño de denominación de orixe con uvas da colleita do ano 2016 procedentes de viñedos da zona xeográfica delimitada no referido mapa de xeadas.

b) No caso de explotacións de castañas, deberá tratarse de explotacións propietarias ou xestoras de terreos rústicos de carácter privado que cumpran os seguintes requisitos:

Os predios deberán estar situados nos concellos nos que as xeadas ou sarabias afectaron gravemente aos castiñeiros, estes son:

1º Provincia de Lugo: Baleira, Baralla, Becerreá, A Fonsagrada, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, As Nogais, Pedrafita do Cebreiro
2º Provincia de Ourense: Castrelo do Val, Cualedro,A Gudiña, Laza; A Mezquita, Monterrei, Oimbra, Riós; Vilardevós, Vilariño de Conso, Viana do Bolo; Arnoia, Avión, Beade, Carballeda de Avia, Castrelo de Miño, Cenlle, Cortegada, Leiro, Melón, Ribadavia; Beariz, Boborás, Carballiño, Irixo, Maside; Priñor, Pungín, San Amaro e San Cristóbal de Cea; Amoeiro, Barbadás, Coles, Esgos, Nogueira de Ramuín, Ourense, Pereiro de Aguiar, A Peroxa, San Ciprián das Viñas, Taboadela, Toén, Vilamarín; O Barco, A Rúa, O Bolo, Carballeda de Valdeorras, Laroco, Petín, Rubiana, A Vega e Vilamartín de Valdeorras ; Verín ; Chandrexa de Queixa, Manzaneda, A Pobra de Trives, e San Xoán do Río.

Tamén poderán ser beneficiarios, aquelas empresas de transformación situadas no territorio da Comunidade autónoma que transformen castaña orixinaria de soutos desta comunidade autónoma que por mor das xeadas ou sarabias non van ter subministro de materia prima orixinaria de Galicia e que, polo tanto, van ver diminuída a súa capacidade de transformación.

c) No caso de explotacións de pataca, cereal, horta e froiteiras, os produtores que cumpran os seguintes requisitos:

Estar inscrito no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia e ter predios que deberán estar situados nas parroquias dos concellos nos que a sarabia afectou gravemente aos cultivos de pataca, cereal, horta e froiteiras, e estas son:

1º Concello de Allariz: parroquia de San Miguel de Torneiros.
2º Concello de Xunqueira de Ambía: parroquias de Abeleda, A Graña, Bovadela e Sobradelo.
3º Concello de Vilardevós: parroquias de Arzádegos, Florderrei, Berrande, Enxames, Moialde, Osoño, Santa María de Traseirexa, Soutochao, Terroso, Vilar de Cervos, Vilardevós, Vilarello da Cota e Feilas.

Ademais, deberán cumprir os requisitos para obter a condición de beneficiario establecida no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e cumprir as obrigas do artigo 11 da citada Lei de subvencións, e non ser considerados empresas en crise.

Sectors eligible for subsidy

Produción ou transformación de uva ou castañas e produtoras de pataca, cereal, horta e froiteiras.

Main project requirements

Poderán acollerse a esta liña aquelas explotacións que formalicen un préstamo a longo prazo que se destine a cancelación, en todo ou en parte, de pasivos financeiros formalizados con entidades de crédito e con vencemento a curto ou medio prazo, co obxecto de alcanzar o equilibrio financeiro e acomodar os fluxos monetarios de entrada e saída e evitar, deste xeito, problemas de liquidez.

Aos efectos do establecido no parágrafo anterior entenderanse por pasivos financeiros refinanciables, os seguintes:

a) Pólizas de préstamo ou contratos de leasing, con vencemento non superior a 3 anos a partir da data de solicitude da axuda no Igape.
b) Pólizas de crédito, con vencemento non superior a 3 anos a partir da data de solicitude da axuda no Igape.
c) Posicións bancarias debedoras, sempre que sexan consecuencia de non atender aos vencementos de operacións financeiras das modalidades descritas nos apartados a) e b) anteriores.

Non se considerarán pasivos refinanciables aqueles que tivesen calquera tipo de subvención encamiñada a mellorar as condicións financeiras respecto das normais de mercado.

Non poderán acollerse a esta liña aquelas empresas incursas en situación concursal ou ben se atopen en algunha das situacións legais de disolución da sociedade.

* Características das operacións de préstamo

a) Modalidade: Préstamos.

b) Importe: O importe mínimo atendible será de 3.000 euros. O préstamo con dereito a subsidiación constituirao a suma do importe do capital vivo, á data de solicitude, dos préstamos/leasing a cancelar e do importe nominal das pólizas de crédito.

c) Prazo: Serán atendibles, os préstamos formalizados a un prazo igual ou superior a 5 anos. Non se establece prazo máximo, non obstante, a subsidiación calcularase para un préstamo teórico a 7 anos, incluída unha carencia dun máximo de dous anos.

* Tipos de xuro e comisións.

1. O tipo de xuro nominal anual para as operacións de préstamo acollidas a estas bases poderá ser fixo ou variable.

No caso de tipo de xuro FIXO, este será o que libremente pacten as partes, sen que en ningún caso, poida exceder do 4%. No caso de contar con aval dunha SGR, non poderá superar o 3%.

No caso de tipo de xuro VARIABLE, o tipo de xuro nominal anual dos préstamos será, para cada semestre natural, o resultante de engadirlle ao tipo de referencia, o tipo adicional que pacten as partes e o seu sistema de variación establécese do seguinte xeito:
Será Euribor a prazo de 6 meses + Tipo adicional: Será o que libremente pacten as partes, sen que en ningún caso, poida exceder de 3 puntos porcentuais sen aval de SGR e de 2 puntos porcentuais, no caso de contar co aval da SGR.

As comisións máximas que a entidade financeira poderá repercutir en conceptos de apertura e estudo será do 0,60%. Para as comisións de estudo e apertura, conxuntamente, a entidade financeira poderá estipular un mínimo de ata 30 €. Para estes efectos, non se considerará comisión o cobramento da tarifa de reclamación de posicións debedoras.

No caso de operacións avaladas por unha SGR, estas poderán cobrar ao cliente ata o 0,5% en concepto de comisión de estudo, ata o 1% en concepto de comisión de aval, calculado sobre o saldo vivo anual do importe avalado e ata o 4% do importe do financiamento avalado en concepto de cota social mutualista, que se aboará ao inicio da operación. Este importe será reembolsado ao cliente unha vez remate a súa relación coa SGR.

A garantía a favor das entidades financeiras serán as aportadas pola prestameira ou, no seu caso, o aval da sociedade de garantía recíproca adherida ao convenio, polo 100% do risco.

Amount of aid

1. A axuda financeira do Igape poderá consistir nos seguintes apoios:

a) Bonificación do tipo de xuro nominal das operacións de préstamo acollidas a estas bases de tal xeito que o tipo de xuro sexa cero para o beneficiario. No caso de préstamos a tipo de xuro fixo, a bonificación corresponderase co tipo de xuro establecido para toda a vida do préstamo. No caso de préstamos a tipo de xuro variable, a bonificación corresponderase co tipo de xuro establecido para o primeiro período semestral.

b) Axudas en forma de garantía: No caso de contar co aval dunha SGR, o Igape compensará o custo da comisión do aval financeiro prestado pola SGR.

Deadline for submitting applications

O prazo de presentación de solicitudes por parte do interesado nas entidades financeiras comezará o día seguinte á publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e rematará o 20 de outubro de 2017. As entidades financeiras deberán solicitar as axudas financeiras no Igape, en nome do interesado, ate o 15 de novembro de 2017

Incompatibility

Serán compatibles con calquera outra axuda pública ou privada pero en ningún caso, illadamente ou en concorrencia con outras, poderán superar os límites máximos de intensidade de axuda establecidos pola Unión Europea.

A obtención doutras axudas ou subvencións deberá comunicarse ao Instituto Galego de Promoción Económica tan axiña como se coñeza e, en todo caso, no momento da solicitude da axuda e no momento en que se presente documentación xustifi¬cativa do proxecto realizado.

Estas axudas terán a consideración de axuda de minimis.

Legislative Reference

Resolución do 27 de setembro de 2017 (DOG Nº191 do 06/10/2017) - Bases reguladoras
Resolución do 20 de outubro de 2017 (DOG Nº208 do 02/11/2017) - Adhesión entidades financeiras

Information and processing in

* Información:

- Nas oficinas territoriais do IGAPE
- No Servizo de Atención Telemática a través do teléfono 900 81 51 51 ou 981 54 11 47
- A través de www.igape.es ou en informa@igape.es

* Tramitación:

Deberá cubrir previamente un formulario descritivo dos requisitos para ser beneficiario en www.tramita.igape.es

Unha vez cuberto o formulario, este pasará a disposición da entidade financeira e, no seu caso, da SGR a través da Extranet de Entidades Colaboradoras e xerará unha solicitude de tramitación do expediente en formato papel que se presentará na entidade financeira, asinada polo solicitante, que a título informativo se xunta como anexo I a estas bases.

As entidades de crédito centralizarán as solicitudes de axuda recibidas nas distintas sucursais e, no caso de aprobación da operación financeira, solicitarán en nome do interesado as axudas financeiras ao Igape no prazo establecido na convocatoria.

Observations

O prazo máximo para a formalización do préstamo, ou, no seu caso, adaptación da póliza ás condiciones da resolución de concesión do Igape será de 5 días hábiles, a contar desde o día seguinte á data de notificación da concesión ao beneficiario.