Deadline for submitting applications will end on 29/09/2017

IG191 - BOLSAS FORMATIVAS PARA A REALIZACIÓN DE PROXECTOS DE MELLORA DAS PEMES GALEGAS (2017)

Purpose / Objective

O obxecto destas axudas é a concesión de 100 bolsas para a realización de prácticas formativas incardinadas en programas de mellora nas pemes galegas, segundo o Plan Formativo do anexo III destas bases, coa finalidade de formar a titulados universitarios en diversas áreas relacionadas coa profesionalización e desenvolvemento estratéxico da empresa.

Os titulados participarán nun itinerario formativo especificamente deseñado para a participación no programa, e realizarán prácticas formativas baixo a tutela de axentes colaboradores do Igape en proxectos de mellora de pequenas e medianas empresas, apoio ao emprendedor ou proxectos colaborativos de asociacións ou clusters empresariais, período no que recibirán formación e titorización directamente por parte do axente colaborador.

Types of support

Bolsas en réxime de concorrencia competitiva.

Potential beneficiaries

Poderán presentar solicitude para acollerse a estas bolsas aqueles titulados que cumpran os seguintes requisitos:

a) Posuír a nacionalidade española ou ser nacional dun estado membro da Unión Europea e estar empadroado nun municipio da Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Cumprir os requisitos do art. 10 da Lei 9/2007 de subvencións de Galicia, para ser considerado beneficiario de subvencións.

c) Estar en posesión dalgunha das seguintes titulacións universitarias na data en que finaliza o prazo de presentación de solicitudes: física, enxeñería, matemáticas, química, administración e dirección de empresas, economía, dereito, bioloxía/biotecnoloxía e farmacia.

A titulación deberá terse obtido con posterioridade á ao 31 de decembro de 2010

d) Non ter desfrutado con anterioridade ningunha outra bolsa do Igape.

e) Non ter desempeñado con anterioridade algún traballo profesional para o que se requirise a mesma titulación esixida nesta convocatoria, en virtude de calquera tipo de contrato laboral de duración igual ou superior a SEIS MESES, o cal se acreditará mediante informe de vida laboral da Seguridade Social.

f) Non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física ou psíquica que imposibilite o cumprimento das súas obrigas como bolseiro.

g) Estar ao corrente das súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e da Seguridade Social, así como non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda por ningún concepto coa Administración Pública da Comunidade Autónoma.

h) Ter nacido despois do 31/12/1983

Main project requirements

* Duración e destino:

A duración inicial da bolsa establécese nun máximo de 12 meses, contados desde a asignación do bolseiro ao seu destino, podendo ser prorrogada polo Igape por un período máximo de ata catro meses adicionais. As prórrogas das bolsas poderanse conceder, mediante resolución motivada, en función da necesidade de finalizar unha parte do programa formativo que xa tivera comezado ou estivera a piques de comezar.

As bolsas desfrutaranse en destinos escollidos polo Igape, baixo a supervisión de axentes colaboradores concertados que participen na prestación ás pemes de servizos de mellora da competitividade.

Poderanse establecer listas de reserva para cubrir posibles desistencias ou renuncias por un tempo que cubrirá unicamente o que reste desde a data de inicio da nova bolsa concedida ata a data de finalización que tivese a bolsa inicial. Non poderán concederse bolsas para suplir renuncias ou incidencias por un tempo inferior a catro meses.

* Programa de formación teórica:

Durante a execución do programa de bolsas, o Igape organizará un curso de formación teórica destinado aos bolseiros seleccionados.

Este curso terá a consideración de non computable no período da bolsa, será gratuíto e non remunerado e será obrigatorio para participar nas prácticas formativas, entendéndose a non asistencia como renuncia á solicitude, procedéndose ao arquivo da mesma.

* Prácticas formativas.

As prácticas formativas realizaranse baixo a supervisión do Igape en axentes colaboradores concertados que participen na prestación de servizos de mellora da competitividade ás pemes.

O Igape e o axente colaborador establecerán, mediante convenio, o programa de prácticas formativas en unha ou varias das tipoloxías de proxectos de mellora, no que se detallarán as actividades do bolseiro, a documentación na que se reflectirán as mesmas, así como a formación específica que se deberá impartir ao bolseiro para a súa execución. Ao longo das prácticas formativas programarase formación adicional nas materias obxecto das prácticas.

Required qualifications do proxecto

A Área de Competitividade valorará as solicitudes de acordo co seguinte baremo:

a) Expediente académico: ata un máximo de 5,00 puntos, que se asignará dividindo entre dous a nota media calculada para as titulacións universitarias polo R.D. 1125/03, de 5 de setembro. No caso de que esta nota non apareza no expediente académico presentado calculada polas normas referidas ou estas non se especifiquen valorarase con 0,00 puntos.

b) Ata 1,5 puntos pola formación específica nos ámbitos relacionados no artigo 1 destas bases (masters, curso de postgrao, cursos ou similares), polo que os candidatos que acrediten a realización dun curso completo nesta materia de duración igual ou superior a 600 horas ou 60 créditos obterán 1,5 puntos neste apartado, ou 0,75 por curso se o curso acreditado é de duración igual ou superior a 300 horas ou 30 créditos e inferior a 600 horas ou 60 créditos. Os candidatos que accedan con titulacións de licenciatura, arquitectura ou enxeñería (títulos pre-Bolonia) que teñan unha resolución oficial da súa correspondencia co nivel 3 MECES (Marco Español de Cualificación para a Educación Superior) terán unha puntuación de 0,75 puntos neste apartado.

c) 1,5 puntos se a titulación que acredita o candidato é unha das seguintes titulacións superiores: Administración e Dirección de Empresas, Economía, Empresariais, Enxeñería Industrial, Enxeñería Informática e Enxeñería en Telecomunicacións.

d) 1 punto polo coñecemento dalgún idioma estranxeiro a nivel polo menos B2 segundo o Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas, acreditado mediante título oficial.

A suma total destas puntuacións será como máximo de 9 puntos.

Amount of aid

As bolsas estarán dotadas cunha cantidade base anual de 10.800 euros brutos por bolsa.

Considéranse incluídos dentro da dotación da bolsa a seguridade social, no seu caso, os impostos de carácter persoal así como todos os gastos en que teña que incorrer o bolseiro para o desenvolvemento das fases teóricas ou prácticas da bolsa.

Deadline for submitting applications

O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e rematará o 29 de setembro de 2017

Incompatibility

Estas bolsas son incompatibles con calquera outra bolsa ou axuda de similares características, así como con calquera relación laboral ou de prestación de servizos remunerada do bolseiro durante o período de formación práctica.

Legislative Reference

Resolución do 7 de xullo de 2017 (DOG Nº137 do 19/07/2017) - Bases reguladoras e convocatoria
Resolución do 4 de setembro de 2017 (DOG Nº173 do 12/09/2017) - Ampliación do prazo de presentación de solicitudes
Resolución do 19 de decembro de 2017 (DOG Nº9 do 12/01/2018) - Resolución de concesión

Information and processing in

Información:

- Nas oficinas do Igape
- Por teléfono: 900 81 51 51
- Por correo electrónico: informa@igape.es
- Na web do Igape: www.igape.es

Tramitación:

Para presentar a solicitude de axuda, os interesados deberán cubrir previamente un formulario a través da aplicación establecida no enderezo da internet http://www.tramita.igape.es

Unha vez cuberto o formulario na aplicación informática obterase o formulario normalizado de solicitude que se xunta como anexo I.

Unha vez xerada a solicitude, deberá presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario de solicitude normalizada (anexo I), accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es.

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

a) Currículo vitae.
b) Copia do pasaporte, no caso de que o solicitante sexa estranxeiro e non teña o número de identificación de estranxeiría (NIE).
c) Expediente académico oficial expedido polo centro ou institución onde o solicitante realizou os seus estudios universitarios superiores ou medios. Para a súa valoración, no expediente académico deberá constar a nota media, calculada segundo o sistema establecido no R.D. 1125/03, do 5 de setembro.
d) Resgardo de ter pagadas as taxas para a obtención do título de estudos universitarios acadado segundo o expresado no artigo 4.3, no seu defecto.
e) Para o caso de títulos expedidos por centros estranxeiros ou privados, acreditación da súa homologación polo Ministerio de Educación español.
f) Certificado médico de boa saúde para o normal exercicio da bolsa, emitido con posterioridade á data de convocatoria.
g) Informe de vida laboral expedido pola Tesourería Xeral da Seguridade Social ou organismo equivalente estranxeiro emitido con posterioridade á data de convocatoria.
h) Acreditación da formación específica, se é o caso; certificado de realización do curso completo nesta materia no que conste o número de horas ou créditos do curso. O curso deberá estar finalizado na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.
i) Certificado oficial de nivel de lingua estranxeira, se é o caso. O nivel deberá estar certificado en data non superior á de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

A documentación presentarase preferiblemente por vía electrónica. Para iso os solicitantes deberán achegar coa solicitude as copias dixitalizadas dos documentos. Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a copia simple da documentación presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.