Deadline for submitting applications will end on 31/05/2017

IG236 - PROGRAMA REACCIONA TIC - AXUDAS AOS SERVIZOS DE ASISTENCIA, DIAGNÓSTICO E SOPORTE NA IMPLANTACIÓN DE SOLUCIÓN DE EMPRESA DIXITAL E INDUSTRIA 4.0 (2016)

Purpose / Objective

O programa Re-accionaTIC queda configurado como un programa de servizos a pemes que, a través das empresas prestadoras de servizos, permítelle ás pemes executar proxectos de mellora en distintos ámbitos: diagnóstico de capacidades e oportunidades para a aplicación de solucións Industria 4.0; diagnóstico para a aplicación de solucións dixitais na empresa; acompañamento na posta en marcha de solucións Industria 4.0; xeración de modelos e simulación industrial; soporte para a adopción e despregamento de solucións en mobilidade; asistencia na implantación de solucións dixitais innovadoras para a mellora da xestión empresarial; e acompañamento na definición e posta en marcha de estratexias de Marketing Dixital.

Types of support

Axudas en réxime de concorrencia competitiva.

Potential beneficiaries

1. Poderán ser beneficiarias as pequenas e medianas empresas (pemes), incluíndo os autónomos, comunidades de bens, asociacións, fundacións ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, leven a cabo actividade empresarial. En calquera caso, deberán ter radicado algún centro de traballo en Galicia e cumprir a definición de peme.

2. Non poderán ter a condición de beneficiarios:
a) Entidades ou empresas nas que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2º e 3º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
b) Entidades ou empresas que entren dentro da categoría de empresas en crise, ao abeiro da definición do artigo 2.18 do Regulamento xeral de exención.
c) Entidades ou empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión da Comisión que teña declarada unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.

Sectors eligible for subsidy

Anexo

Main project requirements

1. A Amtega poderá conceder axudas en especie consistentes na execución de servizos de asistencia, diagnóstico e soporte na implantación de solucións de Empresa Dixital e Industria 4.0 para a súa realización en empresas galegas, dentro do Programa Re-accionaTIC, integrados nas seguintes categorías:

* Empresa Dixital:

1º Servizo de diagnóstico para a aplicación de solucións dixitais na empresa.- Neste servizo analizarase o grao de modernización tecnolóxica da empresa e identificaranse as oportunidades de mellora para a provisión de novos procesos e produtos de alto valor engadido a través do uso intensivo das TIC. O resultado será a definición dunha folla de ruta que permita á empresa incorporar solucións dixitais innovadoras para mellorar ou optimizar os modelos de xestión, relación, produción, prestación de servizos e comercialización.

2º Servizo de soporte para a adopción e despregamento de solucións en mobilidade.- Unha vez realizado o diagnóstico para a aplicación de solucións dixitais na empresa, dentro deste programa ou como resultado doutra análise que ofreza resultados similares, neste servizo profundarase na definición dun catálogo de novas solucións e servizos baseados na mobilidade que permitan unha transformación dixital da empresa e levarase a cabo a implantación de cando menos unha das medidas consideradas de maior relevancia.

3º Servizo de asistencia para a adopción de solucións dixitais innovadoras para a mellora da xestión empresarial.- Unha vez realizado o diagnóstico para a aplicación de solucións dixitais na empresa, dentro deste programa ou como resultado doutra análise que ofreza resultados similares, neste servizo profundarase na definición dun catálogo de solucións dixitais innovadoras capaces de agregar valor ás actividades de xestión empresarial (xestión financeira, loxística, de recursos humanos, clientes, provedores, compras, ordes de produción, etc.) e levarase a cabo a implantación de cando menos unha das medidas consideradas de maior relevancia.

4º Servizo de acompañamento na definición e posta en marcha de estratexias de Marketing Dixital.- Unha vez realizado o diagnóstico para a aplicación de solucións dixitais na empresa, dentro deste programa ou como resultado doutra análise que ofreza resultados similares, neste servizo profundarase na definición dunha estratexia corporativa de marketing dixital, que permita aproveitar con intelixencia os datos relevantes sobre a relación co cliente e as súas experiencias para mellorar o achegamento “empresa – consumidor”, potenciando a imaxe de marca e os resultados de negocio, e levarase a cabo a implantación de cando menos unha das medidas consideradas de maior relevancia.

2. O Igape poderá conceder axudas en especie consistentes na execución de servizos de asistencia, diagnóstico e soporte na implantación de solucións de Empresa Dixital e Industria 4.0 para a súa realización en empresas galegas, dentro do Programa Re-accionaTIC, integrados nas seguintes categorías:

* Industria 4.0:

1º Servizo de diagnóstico de capacidades e oportunidades para a aplicación de solucións Industria 4.0.- Neste servizo analizarase a situación actual da empresa e farase unha detección das súas capacidades para orientarse cara a unha Industria 4.0. Tras a elaboración deste diagnóstico inicial a contratista identificará as necesidades organizativas e tecnolóxicas que lle permitan á empresa incorporar novas tecnoloxías e preparará un itinerario de implantación tecnolóxico.

2º Servizo de acompañamento na posta en marcha de solucións Industria 4.0.- Trátase de xestionar o proxecto de implantación dun mínimo de 2 medidas de solucións Industria 4.0 consideradas de maior relevancia pola empresa procedentes dun diagnóstico de capacidades que pode ser realizado dentro deste programa ou ben pode ser resultado doutra análise que ofreza similares resultados.

3º Servizo de xeración de modelos e simulación industrial.- Consiste en executar un proxecto de xeración de modelos e simulacións sobre os mesmos. Deste xeito, debe existir un produto, prototipo ou proceso que sexa susceptible da súa modelización, así como un problema a resolver para o que se necesite realizar procesos de simulación sobre o modelo xerado

3. As pemes poderán solicitar axudas para a prestación dun ou varios servizos.

4. Os servizos adaptaranse en cada unha das prestacións á realidade da peme destinataria. Para este efecto, deberán establecerse inicialmente os parámetros de cada un deles: priorización de necesidades, alcance do traballo e ámbitos complementarios necesarios. A empresa contratada polo Igape para a prestación do servizo actuará durante todo o proceso como facilitador, aportando a metodoloxía de traballo e asegurando a calidade do mesmo.

5. Determinados servizos poderían contar coa participación dun bolseiro tutelado polo axente colaborador do Igape e Amtega, o cal será determinado pola dispoñibilidade dos mesmos no Igape, e pola especificidade do servizo a prestar.

Amount of aid

1. As axudas previstas nestas bases reguladoras configúranse como axudas en especie. A dita axuda confórmase como a diferenza entre o custo aboado polo Igape pola prestación do servizo e o importe esixido ás beneficiarias en concepto de cofinanciamento.

O importe do cofinanciamento privado é o que se indica na táboa do artigo 3.1 das bases reguladoras.

2. Tendo en conta o anterior, a diferenza entre o custo do servizo e o cofinanciamento privado terá a consideración de axuda en especie, en réxime de minimis, e a súa contía indicarase na resolución de concesión.

Deadline for submitting applications

Os prazos para a presentación de solicitudes serán os seguintes:

Convocatoria / Inicio do prazo - Fin do prazo

2016.1 / 31/10/2016 - 30/11/2016
2016.2 / 5/12/2016 - 10/1/2017
2017.1 / 13/01/2017 - 28/02/2017
2017.2 / 6/03/2017 - 31/05/2017

Incompatibility

Estas axudas son incompatibles con calquera outra subvención pública para o mesmo proxecto. A solicitude e obtención doutras axudas ou subvencións deberá comunicarse ao Instituto Galego de Promoción Económica tan axiña como se coñeza e, en todo caso, no momento en que se presente documentación xustificativa do proxecto realizado.

Legislative Reference

Resolución do 14 de outubro de 2016 (DOG Nº 204 do 26/10/2016) - Bases reguladoras
Resolución 17 de febreiro de 2017 (DOG Nº45 do 06/03/2017) - Modificación da distribución de servizos ofertados
Resolución do 19 de maio de 2017 (DOG Nº 103 do 01/06/2017) - Modificación da distribución de servizos ofertados
Resolución do 7 de agosto de 2017 (DOG Nº155 do 17/08/2017) - Resolución concesión

Information and processing in

* Información:

- Nas oficinas territoriais do IGAPE
- No Servizo de Atención Telemática a través do teléfono 900 81 51 51 ou 981 54 11 47
- A través de www.igape.es ou en informa@igape.es

* Tramitación:

As solicitudes de axuda presentaranse mediante o formulario normalizado que se obterá de xeito obrigatorio na aplicación www.tramita.igape.es e que se xunta como anexo I a estas bases a título informativo.

Unha vez xerada a solicitude deberá presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario de solicitude normalizado co IDE (anexo I). Para achegar xunto co formulario de solicitude os documentos en formato electrónico o solicitante deberá previamente dixitalizar os documentos orixinais obtendo arquivos en formato PDF (máx. 4 MB). O asinante deberá posuír un certificado dixital en vigor baixo a norma X.509 V3 válido e será necesario que o asinante da solicitude teña a representación legal da empresa ou entidade solicitante.

Alternativamente, unha vez xerada a solicitude, tamén se poderá presentar en soporte papel no rexistro xeral dos servizos centrais do Igape, nas oficinas territoriais do Igape ou por calquera dos medios establecidos no art. 16.4 da Lei 39/2015 utilizando o formulario de solicitude normalizada (anexo I) co IDE.