Deadline for submitting applications will end on 31/10/2016

AXUDAS PARA O DESENVOLVEMENTO DO PLAN FOEXGA 2016-2017

Purpose / Objective

O obxectivo principal do Plan Foexga é conseguir a internacionalización real das pemes galegas e propiciar a comercialización dos seus bens e servizos nos mercados exteriores.

As actuacións que engloban o Plan Foexga están dirixidas a:

a) Aumentar a base de empresas exportadoras.
b) Fomentar e consolidar a presenza de empresas galegas nos mercados internacionais.
c) Conseguir unha maior diversificación, tanto sectorial coma xeográfica das exportacións, incorporando novos mercados e produtos aos procesos de internacionalización das empresas galegas.
d) Difundir a cultura da internacionalización como ferramenta de progreso e competitividade.

Entidades colaboradoras adheridas ao programa


Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación da Coruña
Cámara Oficial de Comercio e Industria de Ourense
Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía de Arousa
Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Santiago de Compostela
Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Tui

Types of support

Subvencións en réxime de concorrencia non competitiva.

Potential beneficiaries

Poderán ser entidades colaboradoras as Cámaras Oficiais de Comercio, Industria e Navegación galegas, que acrediten as condicións de solvencia técnica e económica que se establecen neste artigo.

As entidades colaboradoras actuarán de enlace entre as empresas solicitantes das actuacións indicadas no artigo 3.1 destas bases e o Igape. Serán as encargadas de organizar e executar as devanditas actuacións, promovendo a participación das pemes galegas.

1. Poderán ser beneficiarios destas axudas as empresas que cumpran os seguintes requisitos:

a) Que sexan sociedades mercantís que cumpran a definición de peme.

b) Que teñan algún centro de traballo radicado na Comunidade Autónoma de Galicia.

c) Que estean dadas de alta en programas avanzados de Igape de apoio á internacionalización con informe positivo. A solicitude de alta en programas avanzados de Igape de apoio á internacionalización, deberá facerse antes da presentación da solicitude de participación na acción (Anexo III), a través do procedemento do Igape IG192.

d) Que estean ao día das súas obrigas coa Facenda Pública, coa Comunidade Autónoma de Galicia e coa Seguridade Social e non ser considerados empresas en crise.

e) Que cumpran a normativa de axudas de minimis.

f) Que estean ao día de pagamentos adebedados ás Cámaras.

g) Que cumpran os requisitos establecidos no artigo 10 da Lei de subvencións de Galicia para ser beneficiario da axuda, e cumpran as obrigas do artigo 11 da citada Lei de subvencións.

Sectors eligible for subsidy

Todos.

Investments or eligible costs

1. Serán subvencionables as seguintes actuacións de internacionalización organizadas e executadas por unha entidade colaboradora adherida:

a) Misións empresariais directas ao estranxeiro (incluíndo encontros empresariais ou visitas a feiras que teñan lugar en calquera país estranxeiro).

b) Participación en feiras ou noutros eventos expositivos que teñan lugar no estranxeiro.

Estas actuacións deberán executarse preferentemente nos países que se recollen no Anexo IV.

2. Gasto subvencionable: o importe facturado polas entidades colaboradoras para a organización e execución dos eventos subvencionables, polos seguintes conceptos e cos límites seguintes de gasto máximo subvencionable indicados no artigo 3.2 das bases reguladoras.

3. Cando o importe do gasto subvencionable supere as contías establecidas na Lei de contratos do sector público para o contrato menor (18.000 euros), o beneficiario deberá solicitar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores, con carácter previo á contratación do com¬promiso para a obra, a prestación do servizo ou a entrega do ben.

4. Admítese a subcontratación das actividades subvencionadas polos beneficiarios, sen límite respecto ao importe da actividade subvencionada.

5. Os provedores non poderán estar vinculados coa entidade colaboradora ou a peme beneficiaria ou cos seus órganos directivos ou xestores, agás que concorran as seguintes circunstancias:

a) Que a contratación se realice de acordo coas condicións normais de mercado.
b) Que se solicite e conceda a súa previa autorización (a solicitude de autorización e a súa xustificación presentaranse xunto coa solicitude de subvención).

6. No caso de que a entidade colaboradora solicitante teña a condición de poder adxudicador nos termos previstos no artigo 3.3.b) do TRLCSP deberán presentar, se é o caso, o correspondente expediente de contratación tramitado ao efecto nos termos previstos nos artigos 189, 190 e 191 do TRLCSP

7. Polo que respecta á asistencia externa para a realización de axendas en destino, as empresas subcontratadas polas entidades colaboradoras para prestar este tipo de servizos deberán estar dadas de alta na base de datos de axentes comerciais mediadores no exterior do Igape. Este requisito non se requirirá cando o servizo sexa prestado por: oficinas comerciais de España no estranxeiro, cámaras de comercio españolas no exterior, ou por cámaras de comercio estranxeiras.

8. Os gastos subvencionables deberán estar realizados e efectivamente pagados entre o día da presentación da solicitude de axuda e o derradeiro día do prazo de xustificación. Tamén serán subvencionables os gastos efectuados con anterioridade á da presentación da solicitude de axuda para a reserva de espazo de stands, salas, hoteis ou viaxes correspondentes a accións que se realicen desde a presentación da solicitude de axuda e ata o prazo máximo de xustificación indicado na resolución de convocatoria.

9. En ningún caso o custos dos gastos subvencionables poderá ser superior ao valor do mercado e non se admitirán os pagamentos en efectivo.

Amount of aid

A contía da axuda será será dun 90% sobre importe dos gastos subvencionables.

Deadline for submitting applications

O prazo de presentación de solicitudes de axuda comezará aos 5 días hábiles despois da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia e finalizará o 31 de outubro de 2016, agás que se produza o suposto de esgotamento do crédito (procedemento do Igape co código IG202).

Incompatibility

Estas axudas son compatibles con calquera outra subvención pública para o mesmo proxecto sempre que subvencionen conceptos de gasto diferentes, ata o 100% do gasto subvencionable.

Ao estar este réxime de axudas suxeito ao réxime de minimis, deberase garantir que de recibir o beneficiario outras axudas baixo o réxime de minimis non se supera os límites nun período de 3 exercicios fiscais.

A obtención doutras axudas ou subvencións deberá comunicarse ao Instituto Galego de Promoción Económica tan axiña como se coñeza e, en todo caso, no momento en que se presente documentación xustificativa do proxecto realizado.

Legislative Reference

Resolución do 5 de agosto de 2016 (DOG Nº165 do 01/09/2016) - Bases e convocatoria 2016
Resolución do 5 de agosto de 2016 (DOG Nº190 do 05/10/2016) - Corrección de erros
Resolución do 5 de agosto de 2016 (DOG Nº233 do 07/12/2016- Corrección de erros
Resolución do 5 de agosto de 2016 (DOG Nº104 do 02/06/2017)- Corrección de erros
Resolución do 29 de maio de 2017 (DOG Nª106 do 06/06/2017)- Amliación prazo

Information and processing in

TRAMITACIÓN:

Co fin de prestar asistencia para cubrir o formulario, o Igape pon a disposición dos interesados o seu servizo de asistencia técnica, a través do número de teléfono 900 815 151.

Observations

Para aqueles proxectos cuxo prazo máximo de execución sexa o 13 de novembro de 2016, o beneficiario deberá presentar a solicitude de cobramento como máximo o 18 de novembro de 2016. Para aqueles proxectos cuxo prazo máximo de execución sexa o 30 de setembro de 2017, o beneficiario deberá presentar a solicitude de cobramento como máximo o 30 de setembro de 2017.