Deadline for submitting applications will end on 12/02/2016

IG114 - INICIATIVAS ABERTAS DE DIFUSIÓN (2016)

Purpose / Objective

O PRAZO DE PRESENTACIÓN COMEZA O DÍA 4 DE XANEIRO DE 2016.

Incentivar proxectos e actuacións empresariais de distinta tipoloxía concedendo subvencións a fondo perdido ós seguintes tipos de iniciativas:

a) Xornadas técnicas, seminarios, foros ou premios dirixidos á difusión de técnicas, metodoloxías, ferramentas ou boas prácticas nos eidos da innovación e a competitividade.

b) Celebración en Galicia de encontros empresariais entre emprendedores e investidores privados (business angels).

c) Celebración en Galicia de congresos ou eventos expositivos de alcance internacional.

Types of support

Subvención a fondo perdido en réxime de concorrencia competitiva.

Potential beneficiaries

Entidades sen fin de lucro, con personalidade xurídica propia (Organismos intermedios) que cumpran as seguintes condicións:

a) Que estean domiciliadas en Galicia ou que tendo algún centro de actividade en Galicia desenvolvan en Galicia, na súa totalidade, o proxecto obxecto de apoio.

b) Que a súa actividade estea dirixida eminentemente ao mundo empresarial.

Non poderán ter a condición de beneficiarios as entidades en que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2º e 3º da Lei de subvencións de Galicia.

Sectors eligible for subsidy

Todos.

Main project requirements

1. Serán subvencionables as iniciativas abertas de difusión, entendendo por tales:

a) Xornadas técnicas, seminarios, foros ou premios dirixidos á difusión de técnicas, metodoloxías, ferramentas ou boas prácticas nos eidos da innovación e a competitividade.

b) Celebración en Galicia de encontros empresariais entre emprendedores e investidores privados (business angels).

c) Celebración en Galicia de congresos ou eventos expositivos de alcance internacional. O alcance internacional do evento proposto, será determinado en función do seu historial previo de congresistas e relatores no caso de congresos ou de asistentes e expositores no caso de eventos expositivos, non podendo por tanto ser considerados como tales as primeiras edicións dun determinado congreso ou evento, aqueles cuxa periodicidade sexa inferior a un ano, nin aqueles cuxo carácter internacional estea exclusivamente determinado por unha asistencia transfronteiriza ou pola presenza de relatores estranxeiros

2. Os proxectos subvencionables terán que acreditar a súa capacidade económica para organizar o evento (o orzamento anual da entidade non debe ser inferior ao custo do proxecto).

3. Non se concederá axuda a aqueles proxectos que, unha vez avaliados, recibirían unha axuda inferior a 3.000 euros.

Investments or eligible costs

1. As xornadas técnicas, seminarios, foros ou premios dirixidos á difusión de técnicas, metodoloxías, ferramentas ou boas prácticas nos eidos da innovación e a competitividade, terán os seguintes conceptos subvencionables de gasto:

a) Gastos de publicidade.
b) Edición de documentación e de relatorios ou publicacións.
c) Custos de contratación de relatores (excluídos desprazamentos, aloxamentos e manutención). Cun máximo de gasto subvencionable de 3.000 euros por relator.
d) O IVE cando o solicitante acredite a súa exención.

2. Para a celebración en Galicia de encontros empresariais entre emprendedores e investidores privados (business angels), o Igape poderá patrocinar a organización dos encontros, suxeito á xustificación de custos producidos pola organización dos encontros empresariais patrocinados, por importe non inferior á cantidade asignada polo Igape.

3. Para a celebración en Galicia de congresos ou eventos expositivos de alcance internacional, o Igape poderá patrocinar a organización de iniciativas de interese xeral, no seo do congreso ou evento expositivo.

O aboamento da subvención estará suxeito á xustificación de custos incorridos pola organización das actividades patrocinadas, por importe non inferior á cantidade asignada polo Igape.

Os gastos subvencionables serán os realizados dentro do prazo de execución do proxecto establecido na resolución de concesión para os efectos de cumprir todas as condicións nela establecidas. Este prazo iniciarase, con carácter xeral na data de presentación da solicitude de axuda e rematará na data que sexa establecida na resolución de concesión. Igualmente poderán subvencionarse os gastos executados desde o exercicio anterior ao da convocatoria, sempre que as datas de execución dependan exclusivamente de accións de terceiros e fosen posteriores á data límite de execución dos proxectos subvencionados dunha convocatoria anterior do Igape para a mesma tipoloxía de proxectos

Cando o importe do gasto subvencionable supere as contías establecidas na Lei de contratos do sector público para o contrato menor (actualmente 18.000 euros no caso de adquisición de bens ou prestación de servizos) o beneficiario deberá solicitar como mínimo tres ofertas de diferentes provedores, con carácter previo a contratación do compromiso para a obra, a prestación do servizo ou a entrega do ben.

Quedan expresamente excluídos do ámbito de aplicación destas bases os impostos indirectos cando sexan suscepti¬bles de recuperación ou compensación e os impos¬tos persoais sobre a renda. Poderase considerar subvencionable o imposto sobre o valor engadido (IVE) cando o solicitante da axuda sexa unha asocia¬ción ou entidade sen ánimo de lucro e acredite mediante a correspondente certificación que se ato¬pa acollido ao réxime de exención do IVE

Os gastos subvencionables deberán ser contratados e pagados directamente entre o beneficiario da axuda e o provedor final. Os provedores non poderán estar vinculados coa entidade solicitante ou cos seus órganos directivos ou xestores. A non concorrencia destes extremos demostrarase a través dunha declaración responsable do solicitante, que se cubrirá no formulario de solicitude. En ningún caso poderá ser concertada polo beneficiario a execución total ou parcial das actividades.

En ningún caso o custo de adquisición dos gastos subvencionables poderá ser superior ao valor de mercado.

Amount of aid

a) Xornadas técnicas, seminarios, foros ou premios dirixidos á difusión de técnicas, metodoloxías, ferramentas ou boas prácticas nos eidos da innovación e a competitividade, a subvención será do 70% dos gastos subvencionables, e teranse en conta na avaliación e selección de proxectos os seguintes criterios:

- A participación de representantes de empresas privadas, institucións públicas e universidades no evento (máximo 20 puntos).
- A singularidade da temática e as formulacións previstas (máximo 45 puntos).
- O nivel contrastado dos relatores (máximo 35 puntos).

Segundo o alcance do evento, os límites de axuda serán os seguintes:
i. Provincial ou inferior: 6.000 euros
ii. Autonómico: 9.000 euros
iii. Nacional: 12.000 euros
iv. Internacional: 20.000 euros


b) Para a celebración en Galicia de encontros empresariais entre emprendedores e investidores privados (business angels) prevista na letra b) do artigo 1.1, o Igape poderá patrocinar a organización dos encontros, cun límite por xuntanza de 10.000 euros, suxeito á xustificación de custos producidos pola organización dos encontros empresariais patrocinados, por importe non inferior á cantidade asignada polo Igape.


c) Para a celebración en Galicia de congresos ou eventos expositivos de alcance internacional prevista na letra c) do artigo 1.1, o Igape poderá patrocinar a organización de iniciativas de interese xeral, no seo do congreso ou evento expositivo, cun límite xeral de 50.000 euros, e un límite especial de 125.000 euros cando concorran as seguintes circunstancias:

1º Eventos de carácter rotativo por diferentes países cun histórico de celebración de polo menos tres edicións en tres países diferentes.
2º Participación de congresistas (congresos) ou expositores (eventos expositivos) de polo menos 10 países distintos na última edición.

O aboamento da subvención estará suxeito á xustificación de custos incorridos pola organización das actividades patrocinadas, por importe non inferior á cantidade asignada polo Igape.

Deadline for submitting applications

O prazo de presentación de solicitudes comezará o 4 de xaneiro de 2016 e rematará o 12 de febreiro de 2016.

Incompatibility

1. As subvencións que se outorguen ao abeiro destas bases serán compatibles con subvencións, axudas, ingresos ou recursos para a mesma finalidade procedentes doutras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais, da Unión Europea ou de organismos internacionais.

2. Non obstante, o importe da subvención en ningún caso poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con outras subvencións ou axudas procedentes de calquera outra Administración ou de entes públicos ou privados, estatais, da Unión Europea ou doutros organismos internacionais, supere o 100% do investimento subvencionable.

3. A obtención doutras axudas ou subvencións deberá comunicarse ao Instituto Galego de Promoción Económica tan axiña como se coñeza e, en todo caso, no momento en que se presente documentación xustifi¬cativa do proxecto realizado. En todo caso, antes de conceder a axuda, solicitarase da empresa unha declaración escrita ou en soporte electrónico, sobre calquera axuda recibida para este mesmo proxecto. O incumprimento do disposto neste artigo considerarase unha alteración das condicións tidas en conta para a concesión da axuda e poderá dar lugar a un procedemento de reintegro.

Legislative Reference

Resolución do 24 de novembro de 2015 (DOG Nº236 do 11/12/2014) - Bases reguladoras e convocatoria 2016
Resolución de 10 de abril de 2016 (DOG Nº72 de 15/04/2016) - Requirimentos emenda
Resolución do 29 de xuño de 2016 (DOG Nº132 do 13/07/2016) - Resolución de concesión

Information and processing in

INFORMACIÓN:

- Nas oficinas territoriais do IGAPE
- No Servizo de Atención Telemática a través do teléfono 900 81 51 51 ou 981 54 11 47
- A través de www.igape.es ou en informa@igape.es


TRAMITACIÓN:

Para presentar unha solicitude de axuda o interesado deberá cumprimentar previamente un formulario descritivo do proxecto a través da aplicación establecida no enderezo de Internet http://www.tramita.igape.es

Unha vez aceptados os datos do formulario deberá presentarse a instancia de solicitude xerada a través da aplicación e acompañada da documentación. Para iso hai 2 opcións:

- Presentar telemáticamente: Neste caso será necesario que o asinante da solicitude teña a representación legal da empresa ou entidade solicitante e deberá posuír un certificado dixital en vigor baixo a norma X.509 V3 válido. Os interesados deberán achegar coa solicitude as copias dixitalizadas dos documentos relacionados no artigo 8.4, responsabilizándose e garantindo a persoa que asina a solicitude a fidelidade dos ditos documentos co orixinal mediante o emprego da súa sinatura electrónica.

- En papel: xerar a instancia de solicitude (Anexo I) na opción Ver instancia e presentala nun rexistro do Igape ou en calquera outro rexistro público acompañado da documentación en orixinal ou copia cotexada.

Documentación a presentar xunto coa instancia de solicitude:

a) DNI do representante legal, só no caso de non autorizar a súa consulta.
b) NIF da entidade solicitante, só no caso de denegar expresamente a súa consulta.
c) Imposto de actividades económicas (IAE) da entidade solicitante, só no caso de denegar expresamente a súa consulta.
d) Escritura de constitución e de nomeamento do representante legal e estatutos debidamente inscritos no rexistro competente e modificacións posteriores destes.
e) As tres ofertas que, deba ter solicitado o beneficiario, de acordo co establecido no artigo 5.3 das bases reguladoras.
f) Certificado de exención de IVE de ser o caso; os organismos públicos deberán facer referencia á norma que os rexe.

A fin de prestar asistencia na cumprimentación do cuestionario, o Igape dispón dun Servizo de Atención Telemática a través dos teléfonos 900 81 51 51 ou 981 54 11 47

Observations

O prazo de execución dos proxectos non poderá superar o 15 de xullo de 2016 e o prazo máximo para presentar a solicitude de cobramento será o 29 de xullo de 2016.