Deadline for submitting applications will end on 03/02/2015

IG212 - PROXECTOS COLABORATIVOS DE CAPACITACIÓN SECTORIAL (2015)

Purpose / Objective

O PRAZO DE PRESENTACIÓN COMEZA O DÍA 2 DE XANEIRO DE 2015.

A mellora da competitividade empresarial mediante a formación do seu capital humano a través de proxectos propostos por organismos intermedios e dirixidos a colectivos de empresas galegas.

Types of support

Subvención a fondo perdido en réxime de concorrencia competitiva.

Potential beneficiaries

- Os organismos intermedios de carácter empresarial de Galicia.
Entenderase como tal unha entidade con personalidade xurídica propia, sen ánimo de lucro e domiciliada en Galicia, que pertenza a unha das seguintes categorías: asociacións empresariais, fundacións empresariais ou universidade-empresa, consellos reguladores de denominacións de orixe ou clusters empresariais apoiados no ámbito das axudas do Igape ás agrupacións (clusters) innovadoras ou que teñan a cualificación de AEI outorgada polo Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.

- Os centros tecnolóxicos e centros de apoio á innovación tecnolóxica domiciliados en Galicia e que estean inscritos con anterioridade ao 31.12.2014 no rexistro establecido para o efecto polo Ministerio de Ciencia e Innovación.

Non poderán ter a condición de beneficiarios as entidades que entren dentro da categoría de empresas en crise. Tampouco poderán ser beneficiarias aquelas empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión da Comisión que teña declarada unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.

Non poderán ter a condición de beneficiarios as entidades en que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2º e 3º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Main project requirements

1. Poderán subvencionarse os seguintes tipos de proxectos promovidos e desenvolvidos por organismos intermedios para mellorar a capacitación do equipo humano nas empresas ás que representan:

a) Proxectos de capacitación en tecnoloxías, metodoloxías ou técnicas aplicables a un determinado sector ou ámbito de negocio.
b) Proxectos de capacitación en deseño de produto, “packaging”, novos modelos de negocio, comercialización ou acceso a mercados que sexan específicos dun determinado sector ou ámbito de negocio.
c) Proxectos de capacitación dirixidos a acadar competencias necesarias de cara a abordar no futuro a implantación de certificacións de calidade sectoriais.
d) Proxectos de capacitación en xestión empresarial e de capacitación directiva nun determinado sector ou ámbito de negocio.

En todos os proxectos deben participar un mínimo de 10 persoas pertencentes a 5 ou máis empresas galegas ou con centro de actividade en Galicia que, necesariamente, deberán participar no financiamento cun mínimo conxunto do 10% do custo total subvencionable do proxecto e co máximo na porcentaxe non cuberta pola subvención. Os proxectos terán unha duración presencial mínima de 30 horas para cada asistente, que deberá levarse a cabo en Galicia. Poderanse realizar varias edicións dos proxectos formativos con distintos asistentes.

2.- Cada solicitude de axuda debe ser relativa a só un dos tipos de proxectos de capacitación admisibles, podendo cada solicitude comprender unha ou varias edicións sempre que sexa para distintos participantes (na mesma ou distintas localizacións). Cada organismo intermedio poderá presentar varias solicitudes (unha por cada proxecto distinto para o que solicite axuda).

3.- Non se concederá axuda a aqueles proxectos que, unha vez avaliados, resulten cun gasto subvencionable inferior a 8.000 euros.

Required qualifications do proxecto

Os proxectos serán avaliados de acordo co seguinte baremo:

1) Tipo de proxecto de capacitación presentado, segundo artigo 1 (ata 20 puntos):
2) Orientación sectorial do organismo intermedio (ata 20 puntos):
3) Nº total de empresas participantes no proxecto de capacitación (ata 20 puntos):
4) Orientación práctica da formación (ata 15 puntos):
5) Experiencia previa do solicitante na execución de proxectos de capacitación similares (ata 15 puntos):
6) Inclusión da actividade formativa nun plan estratéxico previo do solicitante: 10 puntos.

Aquelas solicitudes correspondentes a actividades a desenvolver nas localizacións do anexo III terán un 5% adicional por enriba da base total de puntuación que é posible alcanzar. Se a solicitude contempla varias edicións do proxecto formativo en distintas localizacións requirirase que polo menos o 50% delas se desenvolvan en localizacións do Anexo III para obter ese 5% adicional.

Investments or eligible costs

1.- Conceptos subvencionables:

- Custos de contratación externa para o desenvolvemento do proxecto formativo relativos a:

a) Horas de formación do proxecto. O gasto subvencionable máximo por este concepto establécese en 300 €/hora para a formación presencial e 100 €/hora para a titorización on-line. O gasto subvencionable correspondente a titorización on-line non poderá ser superior a un 20% do gasto subvencionable total de cada edición dun proxecto formativo.
b) Nos casos en que a actividade formativa teña que ser deseñada dende o principio pola súa especificidade ou novidade, poderán ser subvencionables os custos de servizos de asesoramento relacionados co proxecto de formación (establecemento de programa, determinación de contidos, tipo de formación, elaboración de material didáctico, definición de perfís do alumnado, etc.), ata un máximo do 5% do gasto subvencionable total.
c) Material didáctico e para prácticas.
d) Deseño e impresión de material promocional do proxecto formativo.

- Cada proxecto formativo que se presente deberá contemplar necesariamente a realización de gastos do tipo a), sendo os demáis opcionais para o/a solicitante.
- Cada un destes gastos deberá estar diferenciado e identificado nas facturas do/s provedor/es.
- Non poderá existir un único provedor de todos os servizos a), b), c) e d) contemplados neste punto. En particular, o material promocional, de existires, terá que ser contratado cunha empresa distinta da provedora dos servizos de formación.

2.- Os gastos e investimentos subvencionables serán os realizados dentro do prazo de execución do proxecto establecido na resolución de concesión para os efectos de cumprir todas as condicións nela establecidas. O prazo de execución iniciarase coa presentación da solicitude de axuda e rematará na data establecida na resolución de concesión de axuda, sen que nunca poida exceder do 20 de xullo de 2015.

3.- Cando o importe do gasto subvencionable supere as contías establecidas na Lei de contratos do sector público para o contrato menor (18.000 euros), o beneficiario deberá solicitar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores, con carácter previo á contratación e a prestación do servizo, agás que polas súas especiais características non exista no mercado suficiente número de entidades que as realicen, presten ou subministren, o que deberá acreditar o solicitante.

4.- Os gastos subvencionables deberán ser contratados e pagados directamente entre o beneficiario da axuda e o provedor final. Non poderá existir relación xurídica ou societaria entre o provedor e a entidade solicitante nin entre o provedor e as empresas relacionadas coa entidade solicitante ou asociadas ao organismo intermedio, sexan ou non destinatarias da formación. Esta falta de relación, que se estende aos seus órganos directivos ou xestores, acreditarase a través dunha declaración responsable do solicitante, que se cubrirá no formulario de solicitude.

5.- No caso de que o solicitante teña a condición de poder adxudicador nos termos previstos no artigo 3.3.b) do TRLCSP deberán presentar, se é o caso, o correspondente expediente de contratación tramitado.

6.- En ningún caso o custo dos conceptos subvencionables poderá ser superior ao seu valor de mercado.

Amount of aid

A intensidade de axuda será do 70% de subvención sobre os gastos subvencionables no caso de que o beneficiario cumpra as condicións establecidas para pequena empresa, do 60 % no caso de que cumpra as condicións de mediana empresa, e do 50% nos restantes casos, co límite máximo de subvención de 50.000 euros por convocatoria para cada organismo intermedio.

Aquelas solicitudes correspondentes a actividades a desenvolver nas localizacións do anexo III terán un 5% adicional por enriba da base total de puntuación que é posible alcanzar. Se a solicitude contempla varias edicións do proxecto formativo en distintas localizacións requirirase que polo menos o 50% delas se desenvolvan en localizacións do Anexo III para obter ese 5% adicional.

Deadline for submitting applications

O prazo de presentación de solicitudes comezará o 2 de xaneiro de 2015 e rematará o 3 de febreiro de 2015.

Incompatibility

Estas axudas son incompatibles con calquera outra subvención pública para o mesmo proxecto.

A obtención doutras axudas ou subvencións deberá comunicarse ao Instituto Galego de Promoción Económica tan axiña como se coñeza e, en todo caso, no momento en que se presente documentación xustificativa do proxecto realizado.

Legislative Reference

Resolución do 19 de decembro de 2014 (DOG Nº248 do 29/12/2014) - Bases reguladoras e convocatoria 2015

Information and processing in

INFORMACIÓN:

- Nas oficinas territoriais do IGAPE
- No Servizo de Atención Telemática a través do teléfono 900 81 51 51 ou 981 54 11 47
- A través de www.igape.es ou en informa@igape.es

TRAMITACIÓN:

Para presentar unha solicitude de axuda o interesado deberá cumprimentar previamente un formulario descritivo do proxecto a través da aplicación establecida no enderezo de Internet http://www.tramita.igape.es

Unha vez completado o formulario e aceptados os datos, deberá presentarse a solicitude xerada pola aplicación (Anexo I). Para iso hai 2 opcións:

- Presentala por vía electrónica: será necesario que o asinante da solicitude teña a representación legal da empresa ou entidade solicitante e deberá posuír un certificado dixital en vigor baixo a norma X.509 V3 válido. Neste caso, deberán achegar no formulario as copias dixitalizadas dos documentos relacionados no artigo 8.4.

- En papel: xerando a instancia de solicitude (Anexo I) na opción “Ver instancia” e presentandoa nun rexistro do Igape ou en calquera outro rexistro público acompañado das copias simples dos documentos relacionados no artigo 8.4 das bases.

Na presentación por vía electrónica, os interesados deberán achegar coa solicitude as copias dixitalizadas dos documentos relacionados no artigo 8.4 en formato PDF, responsabilizándose e garantindo a persoa que asina a solicitude a fidelidade dos ditos documentos co orixinal mediante o emprego da súa sinatura electrónica.

A fin de prestar asistencia na cumprimentación do cuestionario, o Igape dispón dun Servizo de Atención Telemática a través dos teléfonos 900 81 51 51 ou 981 541 147

O formulario de solicitude deberá vir acompañado da seguinte documentación:

- Acreditación da representación con que se actúa.
- Documentación acreditativa da súa constitución: acta e estatutos de constitución, con acreditación da súa inscrición no rexistro correspondente e modificacións posteriores destes.
- Se é o caso, documentación acreditativa da condición de exención do IVE, expedido pola Axencia Estatal da Administración Tributaria referida ao exercicio 2014 e certificación do organismo de que non se deduce o IVE das facturas que soportan o proxecto subvencionable.
- No caso de centros de innovación e tecnoloxía, certificado acreditativo da súa inscrición no Rexistro de Centros de Innovación e Tecnoloxía con anterioridade ao 31/12/2014.
- No seu caso, as tres ofertas que deba ter solicitado o beneficiario, de acordo co establecido no artigo 5.3 das bases reguladoras.
- Ademais disto e, se é o caso, para os efectos sinalados no artigo 6.2 destas bases, achegarase o Plan estratéxico, que se deberá xuntar como documento PDF ao formulario de solicitude.

Observations

O prazo de execución dos proxectos non poderá superar o 20 de xullo de 2015 e o prazo máximo para presentar a solicitude de cobramento rematará o 31 de xullo de 2015.