Deadline for submitting applications will end on 08/07/2013

IG135 - INNOEMPRESA: IDENTIFICACIÓN DE NECESIDADES TECNOLÓXICAS, DESENVOLVEMENTO DE SOLUCIÓNS TÉCNICAS E ORGANIZATIVAS COMÚNS E UTILIZACIÓN DE SERVIZOS AVANZADOS (2013)

Purpose / Objective

Identificación de necesidades tecnolóxicas, desenvolvemento de solucións técnicas e organizativas comúns e utilización de servizos avanzados compartidos por grupos de pemes.

Types of support

Subvencións a fondo perdido en réxime de concorrencia competitiva.

Potential beneficiaries

• As pemes, que sexan sociedades con personalidade xurídica propia ou autónomos, que teñan un centro de traballo en Galicia no que se vaia realizar o proxecto, que desenvolvan actividades subvencionables e conten con, polo menos, UN EMPREGADO a xornada completa con contrato laboral ou ben o equivalente en termos UTA.

Non poderán ser beneficiarias aquelas empresas cuxa actividade de subministradoras de bens ou prestadoras de servizos se desenvolva nos mesmos ámbitos para os que solicitan a axuda.

• Os organismos intermedios, sempre que no proxecto subvencionable contemplen a prestación de servizos de carácter innovador a un conxunto de pemes galegas ou con centro de actividade en Galicia que cumpran cos requisitos esixidos ás pemes en canto ao seu número, condición de pequena ou mediana empresa, sector de actividade e ámbito xeográfico que, necesariamente, terán que participar na súa execución e nun mínimo dun 10% no financiamento dos servizos recibidos.

Entenderase como organismo intermedio:

a) As organizacións públicas ou privadas, sen ánimo de lucro e con personalidade xurídica propia, que de forma habitual presten servizos de apoio á innovación e á modernización nas súas diversas formas ás pemes e dispoñan de recursos materiais e humanos para impulsar e orientar os proxectos.

b) As entidades con participación maioritaria de capital público que presten de forma habitual servizos empresariais de apoio á innovación e á competitividade das pemes e promovan proxectos nos que non persigan a obtención de beneficios.

Sectors eligible for subsidy

Poderán ser beneficiarios as pemes dos sectores de industria (incluída a agroalimentaria), construción, turismo, comercio e servizos, e os organismos intermedios que desenvolvan proxectos para pemes destes sectores.

Non serán subvencionables as seguintes actividades:

a) As actividades relacionadas coa exportación, concretamente as directamente vinculadas ás cantidades exportadas, ao establecemento e funcionamento dunha rede de distribución ou a outros gastos correntes vinculados á actividade exportadora.

b) As axudas subordinadas á utilización preferente de produtos nacionais respecto a produtos importados.

c) As actividades de produción primaria dos produtos agrarios e as actividades nos sectores da pesca e da acuicultura:
- CNAE 09: Divisións 01, 02, 03 e 05 (todos os grupos e clases agás 01.61, 01.62 e 02.40)
- CNAE 09: Grupo 10.2 (todas as clases) e Clase 46.38.
d) O sector da industria siderúrxica: CNAE 09: Grupos 24.1, 24.2 e 24.3 (todas as clases) e clases 24.51, 24.52
e) O sector de fibras sintéticas.
f) O sector do carbón e do aceiro: CNAE 09: División 05 (todos os grupos e clases)
g) O sector da construción naval: CNAE 09: Clase 30.11

Main project requirements

Proxectos de identificación de necesidades tecnolóxicas, desenvolvemento de solucións técnicas e organizativas comúns e utilización de servizos avanzados compartidos por grupos de pemes

Consideraranse aqueles proxectos desenvolvidos por, polo menos, tres pemes independentes, relacionadas por necesidades tecnolóxicas comúns que traballen colaborativamente para a súa solución mediante a realización de proxectos de estudos de identificación de necesidades tecnolóxicas, desenvolvemento de solucións técnicas e organizativas comúns ou utilización conxunta de servizos avanzados.

As pemes participantes en proxectos colaborativos de grupos de empresas deberán ter documentadas as súas relacións mediante un contrato, convenio ou acordo no que se establezan os dereitos e obrigas dos distintos suxeitos participantes.

Os proxectos que os organismos intermedios presenten a esta liña deberán contar cun mínimo de 5 pemes participantes.

Required qualifications do proxecto

Requisitos dos proxectos subvencionables:

a) Os proxectos subvencionables terán que acreditar a súa viabilidade técnica, económica, financeira e, se é o caso, ambiental.

b) No caso de proxectos que inclúan investimentos, o beneficiario deberá achegar unha contribución financeira, exenta de calquera tipo de apoio público, de polo menos un 25% dos custos, xa sexa mediante os seus recursos propios ou mediante financiamento externo.

c) Os proxectos subvencionables non poderán ter comezado antes da presentación da solicitude no Igape. Ningún dos custos alegados, sobre os que se solicita subvención, poderán ser incorridos con carácter previo á solicitude da axuda; de ser así, o proxecto no seu conxunto sería non subvencionable. Serán subvencionables os investimentos e gastos que cumpran os requisitos destas bases, realizados e pagados unha vez presentada a solicitude de axuda e dentro do prazo concedido para a execución dos proxectos.

d) Non se concederá máis dunha axuda por cada liña a unha mesma peme ou a un mesmo organismo intermedio dentro da mesma convocatoria.

e) Non se concederá axuda a aqueles proxectos que, unha vez avaliados, recibirían unha axuda inferior a 3.000 €.

Investments or eligible costs

• Cando os beneficiarios directos das axudas sexan PEMES, poderanse subvencionar os gastos descritos nos apartados a) e c):

a) Investimentos materiais e/ou inmateriais novos adquiridos en propiedade, excluídos a adquisición e acondicionamento de inmobles, gastos de mobiliario, medios de transporte e equipamento de oficina (agás elementos informáticos). A adquisición e adaptación de software considerarase investimento subvencionable. Sen prexuízo da aplicación das porcentaxes de subvención establecidas nestas bases, a subvención máxima por este concepto será 18.000 € para pemes.

c) Colaboracións externas: asistencia técnica, gastos externos de consultoría, titorización e servizos directamente relacionados coa execución do proxecto.

O período de cobertura dos gastos e investimentos subvencionados denomínase prazo de execución do proxecto e abarcará desde a data de solicitude da axuda ata o remate do prazo establecido na resolución de concesión. Ningún dos custos alegados, sobre os que se solicita subvención, poderán ser incorridos con carácter previo á solicitude da axuda; de ser así, o proxecto no seu conxunto sería non subvencionable.

Cando o importe do gasto subvencionable supere as contías establecidas no Texto Refundido da Lei de contratos do sector público para o contrato menor (RDL 3/2011 do 14/11/2011), o beneficiario deberá solicitar como mínimo tres ofertas de diferentes provedores, con carácter previo á contratación do compromiso para a obra, a prestación do servizo ou a entrega do ben. A elección entre as ofertas presentadas, deberá presentarse coa solicitude de axuda. As ofertas deberán ter firma e selo orixinal do provedor.


• Cando os beneficiarios directos das axudas sexan ORGANISMOS INTERMEDIOS, poderanse subvencionar os seguintes tipos de gasto:

a) Investimentos materiais e/ou inmateriais novos adquiridos en propiedade, excluídos a adquisición e acondicionamento de inmobles, gastos de mobiliario, medios de transporte e equipamento de oficina (agás elementos informáticos). A adquisición e adaptación de software considerarase investimento subvencionable. Sen prexuízo da aplicación das porcentaxes de subvención establecidas nas bases, a subvención máxima por este concepto será de 55.000 euros para organismos intermedios e 18.000 euros para pemes.

b) Gastos de persoal técnico directamente relacionado coa execución do proxecto. Por persoal técnico enténdese persoal que desenvolva funcións técnicas (non administrativas nin directivas) específicas para a execución do proxecto de que se trate. Para estes efectos considerarase persoal técnico os técnicos superiores e medios (grupos de cotización 1 e 2). Para os demais casos, teranse en conta as funcións concretas que se van desenvolver na execución do proxecto e que sexa preciso unha capacitación profesional específica para levalas a cabo. Neste apartado estarase aos máximos aplicables por categoría laboral especificados no anexo III.

c) Colaboracións externas: asistencia técnica, gastos externos de consultoría, titorización e servizos directamente relacionados coa execución do proxecto.

d) Viaxes interurbanas e aloxamento do persoal propio necesarios para a realización do proxecto. A este respecto haberá que aterse aos límites máximos especificados no anexo III.

e) IVE ou equivalente soportado polo beneficiario cando lle supoña un custo real, o que se acreditará mediante acordo de exención do IVE emitido pola Axencia Tributaria.

f) Gastos xerais, que non poderán superar o 10% do orzamento subvencionable.

g) Os proxectos promovidos por organismos intermedios poderán destinar un máximo do 30% do gasto subvencionable total a actividades de preparación e difusión, agás en casos excepcionais xustificados pola natureza do proxecto, que poderán acadar ata o 50%.

Amount of aid

A subvención poderá chegar ata o 40% dos investimentos subvencionables, e ata o 50% se se dirixe exclusivamente a pequenas empresas, sen superar as limitacións específicas. Para os restantes gastos subvencionables a axuda poderá chegar ata o 50%.

Deadline for submitting applications

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, que comezará o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. No caso de que o día final do prazo coincidise en sábado ou día inhábil en Santiago de Compostela, posporase ao día hábil seguinte.

Poderanse cubrir e obter os formularios a través da aplicación informática ata as 14.00 horas do día da data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

Incompatibility

Estas liñas de axuda son incompatibles con calquera outra subvención pública.

Legislative Reference

Resolución do 20 de maio de 2013 (DOG Nº107 do 06/06/2013) - Bases reguladoras e convocatoria 2013
Resolución do 7 de xuño de 2013 (DOG Nº129 do 09/07/2013) - Corrección de erros
Resolución do 24 de setembro de 2013 (DOG Nº189 do 03/10/2013) - Requirimentos de emenda das solicitudes
Resolución do 17 de decembro de 2013 (DOG Nº242 do 19/12/2013) - Ampliación orzamentaria
Resolución do 3 de abril de 2014 (DOG Nº72 do 14/04/2014) - Redistribución dos créditos orzamentarios

Information and processing in

Información:

Nas oficinas territoriais do IGAPE e no Servizo de Atención Telemática a través do teléfono 902 300 903 ou 981 54 11 47. Tamén a través de www.igape.es ou en informa@igape.es

Tramitación:

Para presentar unha solicitude de axuda o interesado deberá cubrir previamente un formulario a través da aplicación de axuda establecida no enderezo http://www.tramita.igape.es

As solicitudes de axuda presentaranse mediante a instancia normalizada que se obterá de xeito obrigatorio na citada aplicación informática e que se xunta como anexo I.

A instancia de solicitude deberá vir acompañada da seguinte documentación:
a) No caso de persoas xurídicas: escritura ou documento xuridicamente válido de constitución e de nomeamento do representante legal e estatutos debidamente inscritos no rexistro competente e modificacións posteriores destes.

b) No caso de pemes, informe de vida laboral da empresa desde o 1 de xaneiro do ano da convocatoria da axuda.

c) Os organismos intermedios: certificado de exención de IVE de ser o caso; os organismos públicos deberán facer referencia á norma que os rexe; se no proxecto aprobado o organismo se comprometera á creación de emprego, deberá achegar tamén informe de vida laboral desde o 1 de xaneiro do ano da convocatoria da axuda.

d) As tres ofertas que deba ter solicitado o beneficiario, de acordo co establecido no artigo 5.8 das bases reguladoras. Calquera cambio na oferta seleccionada deberá contar coa autorización do Igape.

Observations

O prazo de execución dos proxectos non poderá superar o 30 de setembro de 2014.

Os beneficiarios deberán presentar a solicitude de cobramento no prazo improrrogable dun mes desde o día seguinte á devandita data (no caso de que coincida en sábado ou día inhábil en Santiago de Compostela, posporase ao día hábil seguinte).