Servizo orientado a aquelas empresas galegas sen experiencia ou que se estean iniciando no seu proceso de internacionalización, axudandoas a identificar o seu potencial así como a aquelas, que tendo xa experiencia, precisen apoio para revisar o seu posicionamento internacional decidindo onde medrar e/ou consolidarse, sempre en función das súas capacidades.
A finalidade deste servizo de diagnósticos é:
- A sensibilización e promoción de novas empresas exportadoras.
- A orientación sobre os servizos e apoios existentes, tanto para as empresas que se inicien na exportación como as que xa contan con experiencia exportadora.
- A orientación sobre o camiño exportador a seguir tanto no caso de inicio coma no caso de mellora e potenciación da experiencia exportadora.
Servizo.
Empresas.
Todos.
Método de asistencia.
Reunión na sede da empresa cun profesional especializado que elaborará o informe correspondente.
Non é unha axuda, senón un servizo e será de carácter gratuito para a empresa.
Para solicitar un servizo "diagnóstico do potencial de internacionalización" debe:
- Acceder á oficina virtual do igape: http://tramita.igape.es
- Usar o botón "Acceso á Oficina Virtual"
- Identificar a súa empresa.
- Cubrir un formulario da liña IG192.
- Presentalo telemáticamente co certificado dixital.